Provincia de Segovia

A provincia de Segovia está situada en Castela e León, a capital da mesma é a cidade homónima. Conta con 155.015 habitantes. Linda con seis provincias de Castela e León (de Este a Oeste, a saber: Soria, Burgos, Valladolid, e máis Ávila); polo sueste limita coa Comunidade de Madrid.

Os seus principais núcleos de poboación son: Segovia, Cuéllar, San Ildefonso, San Rafael, El Espinar, Sepúlveda e Ayllón. É unha provincia moi deshabitada, cunha densidade demográfica moi baixa. A súa economía na actualidade baséase nos sectores de servizos e primario (gandaría porcina).

O seu clima é continental, con longos invernos, secos e fríos, e veráns calorosos, pero curtos. Conta con importantes recursos culturais. As súas comunicacións son aceitábeles, estando en construción actualmente a liña do AVE que unirá Madrid con Valladolid a través de Segovia.

Provincia de Segovia
Flag Segovia province
Escudo de la provincia de Segovia
Provincia Segovia
Capital Segovia
Área 6.796 km²
Poboación 164.268 hab. (2010)
Densidade 24,17 hab./km²
Concellos 209
Xentilicio Segoviano/a
Aguilafuente

Aguilafuente é un concello situado na provincia de Segovia, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Está enclavado no centro da provincia. Consta de aproximadamente 900 habitantes (que incrementan nos meses de verán, chegando a uns 3000 habitantes), que se dedican á agricultura e gandería. na súa maioría, aínda que na actualidade estanse creando novos sectores que se dedican á hostalaría e ao turismo rural en maior parte.

Conta cun patrimonio e unha rica historia desde a época romana que deixou pegadas nas ruínas de Santa Lucía, (estrada de Sauquillo), así como un vestixios visigodos dentro do actual casco urbano. A igrexa de San Juan, é a sede do museo e recolle todos os vestixios aparecidos desta época romana e visigoda.

Neste municipio celebrouse en 1472 un Sínodo que daría lugar ao primeiro libro impreso en lingua castelá: o Sinodal de Aguilafuente, e editado por Juan Parix na Igrexa de Santa María. O concello atópase situado a uns 36 quilómetros da capital segoviana. A súa patroa é a Virxe da Asunción, festexando as súas festas a mediados do mes de agosto. Outras das festividades importantes son en outubro, as festas de San Froitos celebrando a festa do Santo Cristo da Pena, en febreiro eran antigamente coñecidas as candeas e para rematar en xullo Santa Isabel.

Ayllón

Ayllón é un concello situado na provincia de Segovia, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España de área 128,19 km² con poboación de 1243 habitantes (2007) e densidade poboacional de 9,7 hab./km². O seu lema coñecido é «Ayllón Historia e Arte». Trátase dun enclave onde se unen a natureza e a arte, destacando os seus monumentos civís, igrexas e palacios. Polo municipio pasan os ríos Aguisejo e Riaza. O seu monumento máis destacado é a Martina, no alto da vila. Tamén a Serra de Ayllón toma o nome desta vila. Ao longo do ano celébranse varias festas de interese cultural, as que se honra ao seu patrón San Miguel, e nos últimos anos o último fin de semana de xullo celébrase o “Ayllón Medieval” durante dous días, onde o ritmo do pobo trasládase aos tempos do Rei Xoán II de Castela e o condestable de Castela Don Álvaro de Luna.

Cantimpalos

Cantimpalos é un concello de España, na provincia de Segovia, comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha superficie de 26,41 km² cunha poboación de 1.401 habitantes e unha densidade de 53,05 hab/km². Pertence á subcomarca de Vales del Pirón e Polendos e El Llano.

Cuéllar

Cuéllar é unha vila e municipio da provincia de Segovia, na comunidade autónoma de Castela e León.

El Espinar

El Espinar é un municipio da provincia de Segovia, Castela e León, pertencente á comarca de Segovia cunha poboación de 9.217 habitantes segundo os datos do padrón correspondentes ao ano 2008. A extensión do municipio é de 205,10 km² polo que a densidade poboacional é de 44,93 hab./km².

Estación de Segovia-Guiomar

Segovia-Guiomar é a estación ferroviaria de alta velocidade de Adif da cidade de Segovia. Atópase na liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, a uns 6 quilómetros do centro da cidade, na contorna do polígono industrial de Hontoria.

Fuentidueña

Fuentidueña é un concello español da provincia de Segovia, en Castela e León. Tiña en 2015 unha poboación de 144 habitantes.

Situada no extremo norte da provincia, a vila de Fuentidueña álzase sobre un estreito val formado polo río Duratón, situación xeográfica única que explica a importancia da vila durante a Idade Media. Entre os seus lugares de interese destacan as ruínas do castelo de Fuentidueña, as igrexas de San Martín, San Miguel e Santa María, o Hospital da Magdalena, a Capela do Pilar e a necrópole medieval.

Jerónimo del Hoyo

Jerónimo del Hoyo, nado en Aguilafuente (provincia de Segovia), foi un relixioso español.

Juan de Borbón y Battenberg

Juan de Borbón y Battenberg, conde de Barcelona, nado no Palacio Real de La Granja de San Ildefonso o 20 de xuño de 1913 e finado en Pamplona o 1 de abril de 1993, foi o terceiro fillo home do rei Afonso XIII e pai do rei Xoán Carlos I. Desde o 15 de xaneiro de 1941 foi o Xefe da Casa Real española ata o 14 de maio de 1977. Nese día, nun discurso dado no Palacio da Zarzuela, renunciou oficialmente ós seus dereitos sucesorios en favor do seu fillo o rei Xoán Carlos I, reservándose para si mesmo o título de conde de Barcelona, propio dos soberanos españois.

Nava de la Asunción

Nava da Asunción é un concello de España, na provincia de Segovia, comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha superficie de 83,15 km² cunha poboación de 2.881 habitantes e unha densidade de 34,65 hab/km².

Nesta localidade naceu en 1893 o militar republicano Segismundo Casado López.

Navares de las Cuevas

Navares de las Cuevas é un concello escasamente poboado da comunidade autónoma de Castela e León, ao norte da provincia de Segovia, á beira do arroio dos Navares ne Serra Pradales.

Provincia de Soria

A provincia de Soria é unha provincia española da comunidade autónoma de Castela e León. É unha provincia periférica desta comunidade, situada no centro-norte de España. A súa capital é Soria.

San Ildefonso, Segovia

San Ildefonso, tamén coñecido como La Granja ou Real Sitio de La Granja de San Ildefonso, é unha localidade situada na provincia de Segovia, en Castela e León.

Santa María la Real de Nieva

Santa María la Real de Nieva é un municipio de España na provincia de Segovia, Comunidade autónoma de Castela e León.

Segovia

Segovia é a cidade capital da provincia de Segovia, situada na meseta central española, pertence á comunidade autónoma de Castela e León. Sitúase na parte meridional da comunidade autónoma, na confluencia dos ríos Eresma e Clamores á beira da serra de Guadarrama.

A cidade vella de Segovia e o seu acueduto foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985. É coñecida internacionalmente polo seu acueduto de 818 metros de longo, é considerada a obra de enxeñería civil romana máis importante de España, e é un dos monumentos máis significativos e mellor conservados dos que deixaron os romanos na península ibérica. Tamén destaca a súa catedral e o alcázar.

Sepúlveda

Sepúlveda é un concello español da provincia de Segovia, en Castela e León. Pertence á comarca de Villa y Tierra de Sepúlveda.

Tiña en 2015 unha poboación de 1.168 habitantes, repartidos en varios núcleos de poboación: Aldehuelas de Sepúlveda, Castrillo de Sepúlveda, Consuegra de Murera, Duratón, Hinojosas del Cerro, Perorrubio, Sepúlveda, Tanarro, Vellosillo, Villar de Sobrepeña e Villaseca; a maioría deles concellos independentes outrora.

No seu termo atópase parte do Parque Natural das Hoces do Río Duratón.

Valverde del Majano

Valverde del Majano é un concello da comunidade autónoma de Castela e León, na provincia de Segovia.

Villacastín

Villacastín é un municipio de España na provincia de Segovia, comunidade autónoma de Castela e León.

Ten unha superficie de 110 km² e unha poboación de 1 600 habitantes (2006), polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 14,40 hab/km².A localidade, situada na Serra de Guadarrama, está a unha altitude de 1 099 msnm.

Dista 34 km de Segovia, 27 km de Ávila e 83 km de Madrid.

Castela e León Castela e León  · Concellos da provincia de Segovia

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.