Provincia de Santiago del Estero

A provincia de Santiago del Estero[1][2] é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 896.461 habitantes (2010) e a súa capital é Santiago del Estero.

Situada na Rexión do Norte Grande, limita polo noroeste coa Provincia de Salta, polo norte e nordeste coa Provincia do Chaco, polo sueste coa Provincia de Santa Fe, polo sur coa Provincia de Córdoba e polo oeste coa Provincia de Catamarca e Tucumán. É, detrás de Formosa, a segunda provincia con menor desenvolvemento humano[3] e a terceira de menor PBX por cápita do país.[4]

Provincia de Santiago del Estero
Bandera de la Provincia de Santiago del Estero Escudo de la Provincia de Santiago del Estero
Capital
poboación (ano)
Santiago del Estero
277.312 habitantes (2010)
Provincia de Santiago del Estero (Argentina)
Gobernador Gerardo Zamora (Frente Cívico por Santiago)
Superficie 136.351 km²
Poboación
Densidade
896.461 hab.(2010)
6,57 hab./km²
Xentilicio santiagueño/a[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para santiagueño.
  2. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1887. ISBN 9788482893600.
  3. Aportes para el Desarrollo Humano en Argentina 2009 Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento.
  4. Estimación elaborada pola consultora Abeceb, a setembro de 2008. Informe completo Arquivado 02 de marzo de 2012 en Wayback Machine..

Véxase tamén

Ligazóns externas

Autódromo Termas de Río Hondo

O Autódromo Internacional de Termas de Río Hondo é un autódromo localizado nas aforas da cidade de Termas de Río Hondo e á beira do Encoro de Termas de Río Hondo na Provincia de Santiago del Estero, Arxentina.

O circuíto comezouse a construír no 2007 e rematouse en maio do 2008. A construción foi executada polo goberno da provincia e valeu sobre 144 millóns de pesos arxentinos. Este autódromo recibe cada ano, as mellores competicións do país: o Turismo Carretera, o TC2000 e a Top Race.

Casares

O topónimo Casares pode referirse a:

En Galicia

Casares, lugar da parroquia de Vilaíz, no concello de Becerreá;

Casares, lugar da parroquia de Abelenda das Penas, no concello de Carballeda de Avia;

Casares, lugar da parroquia de Carballedo, no concello de Carballedo;

Casares, lugar da parroquia de Banga, no concello do Carballiño;

Casares, lugar da parroquia de Filgueira, no concello de Crecente;

Casares, lugar da parroquia de Campo, no concello do Irixo;

Casares, lugar da parroquia de Goiás, no concello de Lalín;

Casares, lugar da parroquia de Baamorto, no concello de Monforte de Lemos;

Casares, lugar da parroquia de Torés, no concello das Nogais;

Casares, lugar da parroquia do Salto, no concello de Rodeiro;

Casares, lugar da parroquia de Santalla, no concello de Samos;

Casares, lugar da parroquia de Belmil, no concello de Santiso;

Casares, lugar da parroquia de Millán, no concello de Sober;

Os Casares, lugar da parroquia de Amoeiro, no concello de Amoeiro;

Os Casares, lugar da parroquia de Vilamaior de Caldelas, no concello de Castro Caldelas;

Os Casares, lugar da parroquia de Loimil, no concello da Estrada;

Os Casares, lugar da parroquia da Cidá, no concello do Irixo;

Os Casares, lugar da parroquia de Lougares, no concello de Mondariz;

Os Casares, lugar da parroquia de Arrabaldo, no concello de Ourense;

Os Casares, lugar da parroquia de Zanfoga, no concello de Pedrafita do Cebreiro;

Os Casares, lugar da parroquia da Encomenda, no concello da Pobra de Trives;

Os Casares, lugar da parroquia de Sanguñedo, no concello de Verea;

Os Casares, lugar da parroquia de Armariz, no concello de Xunqueira de Ambía;

Casares da Virxe, lugar da parroquia de Refoxos, no concello de Cortegada;

Casares de Refoxos, lugar da parroquia de Refoxos, no concello de Cortegada.En España

Casares, concello andaluz da provincia de Málaga;

Casares, localidade castelá do concello de Merindad de Cuesta Urria, na provincia de Burgos;

Casares, parroquia do concello asturiano de Quirós;

O río Casares, na provincia de León.En Arxentina

Casares, localidade da provincia de Santiago del Estero.Amais, como apelido pode referirse a:

Santiago Casares Quiroga, político galego (1884-1950).

Carlos Casares, escritor galego (1941-2002).

Diego de Rojas

Diego de Rojas, nado en Burgos, España no ano 1500 e finado na Provincia de Santiago del Estero en 1544, foi un explorador, adiantado e conquistador español de mediados do século XVI.

Escudo da Arxentina

O escudo de armas da Arxentina é un dos símbolos nacionais do país e foi establecido na súa forma actual en 1944, aínda que ten as súas orixes no selo da Asemblea Xeral Constituínte de 1813.

Gabriel Deck

Gabriel Alejandro Deck, nado o 8 de febreiro de 1995 en Añatuya, Santiago del Estero, é un xogador arxentino de baloncesto profesional. Xoga de ala no Real Madrid da Liga ACB. Formou parte de diversos equipos da selección arxentina en categorías formativas.

Historia do viño

A historia do viño entrelazouse coa historia doutras actividades humanas como poida ser a agricultura, a gastronomía, as actividades lúdicas das civilizacións, así como do devir do home mesmo. O viño é unha bebida alcohólica fermentada procedente do zume da uva (Vitis vinifera) que contén alcol etílico e que en cantidades moderadas provócanos a expresión sincera de sentimentos, mentres que en grandes cantidades trátase dun narcótico. A natureza humana estivo, desde os seus comezos, sedenta de viño e isto provocou que sexa unha mercancía de valor en diferentes culturas. Existen evidencias arqueolóxicas nas que se indica que as producións de viño máis antigas proveñen dunha extensa área que abarca Xeorxia (véxase: Viño de Xeorxia) e Irán (Montes Zagros), datando estes comezos no período que vai desde o 6000 ao 5000 a. C. Os primeiros cultivos da uva (vitis vinifera) ocorreron na idade de bronce en lugares próximos ao Oriente Próximo, Sumeria e Antigo Exipto ao redor do terceiro milenio a. C.A vide foise estendendo grazas ás súas características adaptativas desde a especie eurasiática (vitis vinifera L. subsp. sylvestris), requiriu poucos cambios xenéticos para adaptarse ao cultivo das diferentes zonas, posúe uns baixos requirimentos de auga e minerais, crece en terras onde outros froiteiros non crecerían, grazas á súa capacidade rexenerativa permite unha recolección intensiva. Esta adaptabilidade foi unha das claves da súa expansión ao longo de Europa, así como na maioría dos climas tépedos da terra. Un dos maiores cambios que sufriu a vide foi cando, na antigüidade, converteuse por selección artificial dunha variedade "salvaxe" (de sexualidade dioica na súa maioría) a unha "domesticada" (hermafrodita), descoñecesen hoxe en día as razóns deste cambio. Pronto se puido comprobar que o viño era a suma dun conxunto de factores ambientais: clima, latitude, altura, horas de luz etc.Moitas das grandes culturas do Mediterráneo así como Oriente Próximo reclaman inventar eles mesmos o proceso de vinificación atribuíndo o seu descubrimento a un heroe local ou a unha divindade agraria. Pero o caso é que o comercio e a expansión dalgunhas culturas e imperios fixo que o viño e o seu cultivo se fora estendendo por diversas rexións da Terra, adoptando novos sabores e aromas. O viño (do mesmo xeito que outros alimentos básicos) aparece na cultura cargado de simbolismo. O viño aparece na Biblia (Libro do Xénese) tras o Diluvio universal replantado por Noé (do que a tradición xudeu-cristiá aclama como inventor do viño), aínda que pode establecerse un paralelismo con Noé no personaxe do poema de Gilgamesh (narración de orixe sumerio) denominado Utnapishtim que igualmente planta viñas tras un diluvio. Nas diversas culturas da Terra existen outras bebidas fermentadas similares, como pode ser a hidromel e a sidra dos pobos do Norte de Europa, os kumis da Asia Central, os mesmos romanos fermentaron figos e dátiles para facer bebidas alcohólicas. A capacidade adaptativa da uva a diferentes climas e chans, o seu alto rendemento, é a única froita que retén na súa interior cantidades dun infrecuente ácido denominado tartárico que favorece a acción dos lévedos. Pódese dicir que hoxe en día a uva é a froita máis colleitada a nivel mundial, sendo o 70% da mesma dedicado á produción de viño.

Loreto

O topónimo italiano Loreto é un fitónimo que indica un lugar poboado de loureiros. Acadou difusión polo mundo grazas á advocación mariana da Virxe de Loreto. Pode referirse a:

En Galiza

Loreto, lugar da parroquia de Noal, no concello de Porto do Son;En Arxentina

Loreto, localidade da provincia de Corrientes;

Loreto, localidade da provincia de Misiones;

Loreto, localidade da provincia de Santiago del Estero;

Departamento Loreto, división administrativa da provincia de Santiago del Estero;En Bolivia

Loreto, localidade do departamento de Beni;No Brasil

Loreto, municipio do estado de Maranhão;En Ecuador

Loreto, localidade da provincia de Orellana;

Cantón Loreto, na provincia de Orellana;En España

Loreto, localidade na provincia de Granada;En Filipinas

Loreto, municipio da provincia de Agusan del Sur;

Loreto, municipio da provincia das illas de Dinagat;En Francia

Loreto-di-Casinca, localidade do departamento de Alta Córsega;

Loreto-di-Tallano, localidade do departamento de Córcega do Sur;En Italia

Loreto, localidade da provincia de Ancona;

Loreto Aprutino, localidade da provincia de Pescara;En México

Loreto, localidade do estado de Baixa California Sur;

Loreto, localidade do estado de Jalisco;

Loreto, localidade do estado de Zacatecas;En Paraguai

Loreto, cidade do departamento de Concepción;No Perú

Departamento de Loreto, división administrativa;

Distrito Judicial de Loreto;

Provincia de Loreto, división administrativa do departamento de Loreto;Amais, o antropónimo feminino Loreto pode referirse a:

Loreto Mauleón, actriz vasca (n. 1988).

Medellín (homónimos)

Medellín pode referirse a:

Medellín, un concello do Departamento Atamisqui de la Provincia de Santiago del Estero, na Arxentina.

Medellín, a capital e maior cidade do departamento de Antioquia, en Colombia.

Medellín, un concello da provincia de Badaxoz, Estremadura, de España.

Medellín, un concello da provincia de Cebú, en Filipinas.

Medellín, un concello do estado de Veracruz de Ignacio de la Llave, en México.

Santiago

Santiago pode referirse á:

Santiago, antropónimo masculino, coas variantes galegas Iago, Xacobe, Xácome, Xaime, Tiago e Diego.

Santiago del Estero

Santiago del Estero é unha cidade do norte da Arxentina, capital da provincia homónima.

Atópase nunha vasta chaira, sobre a marxe dereita do río Dulce. A súa poboación é de 230.614 habitantes que, unidos aos da súa área metropolitana, que inclúe a cidade de La Banda, ascende a 327.974 (2001).

Aínda que non foi a primeira cidade que fundaron os españois no territoria da actual Arxentina, si é a máis antiga que logrou sobrevivir, e dela partiron numerosas expedicións que estableceron outros asentamentos.

Posúe interesantes edificios, como a Catedral, o Convento de Santo Domingo e o Museo Arqueolóxico Provincial. É sede de dúas universidades e dunha diocese católica.

Santo Domingo

Santo Domingo é a forma castelá para referirse a San Domingos. Como topónimo pode referirse a:

En Galicia

Santo Domingo, lugar da parroquia de Sanguiñedo, no concello de Dozón;En Arxentina

Santo Domingo, localidade do partido de Maipú na provincia de Bos Aires;

Santo Domingo, localidade do departamento Famatina na provincia de La Rioja;

Santo Domingo, localidade do departamento Las Colonias na provincia de Santa Fe;

Santo Domingo, localidade do departamento Pellegrini na provincia de Santiago del Estero;En Chile

Santo Domingo, comuna de la V Región de Valparaíso;En Colombia

Santo Domingo, municipio do departamento de Antioquia;

Santo Domingo, municipio do departamento de Caquetá;En Costa Rica

Santo Domingo, cantón da provincia de Heredia;En Cuba

Santo Domingo, municipio da provincia de Villa Clara;En Ecuador

Santo Domingo de los Colorados, capital da provincia de Santo Domingo de los Tsáchilas;

Provincia de Santo Domingo de los Tsáchilas, provincia de Ecuador;

Santo Domingo, cantón da provincia de Santo Domingo de los Tsáchilas;En España

Santo Domingo de la Calzada, municipio da Rioxa.

Comarca de Santo Domingo de la Calzada, comarca da Rioxa;

Santo Domingo de Silos, municipio da provincia de Burgos;

Santo Domingo-Caudilla, municipio da provincia de Toledo;En Filipinas

Santo Domingo, municipio da provincia de Ilocos del Sur;

Santo Domingo, municipio da provincia de Nueva Écija;En México

Santo Domingo, municipio de San Luis Potosí;

Santo Domingo Ingenio, municipio de Oaxaca;

Santo Domingo Tonaltepec, municipio de Oaxaca;

Santo Domingo Zanatepec, municipio de Oaxaca;En Nicaragua

Santo Domingo, municipio do departamento de Chontales;En Perú

Distrito de Santo Domingo, distrito da provincia de Morropón no departamento de Piura;

Distrito de Santo Domingo de los Olleros, distrito da provincia de Huarochirí no departamento de Lima;

Distrito de Santo Domingo de la Capilla, distrito da provincia de Cutervo no departamento de Cajamarca;

Distrito de Santo Domingo de Acobamba, distrito da provincia de Huancayo no departamento de Junín;

Distrito de Santo Domingo de Capillas, distrito da provincia de Huaytará no departamento de Huancavelica;No Salvador

Santo Domingo, municipio de San Vicente;Na República Dominicana

Santo Domingo de Guzmán, capital da República Dominicana;

Provincia de Santo Domingo, provincia da República Dominicana;

Santo Domingo Este, capital da provincia de Santo Domingo;

Santo Domingo Norte, municipio da provincia de Santo Domingo;

Santo Domingo Oeste, municipio da provincia de Santo Domingo.

Xeografía da Arxentina

O territorio da Arxentina é o segundo máis grande de América do Sur, tras o Brasil, e o oitavo en extensión da Terra. Limita con Chile, Bolivia, Paraguai, o Brasil e Uruguai. A súa xeografía é moi variada, encontrándose maiormente chairas no leste, serras no centro e montañas no oeste. O país atópase atravesado, pola beira occidental, de sur a norte, pola Cordilleira dos Andes, que marca o límite con Chile. O pico máis alto da Arxentina (e tamén de América) é o Aconcagua, de 6.962 msnm.

Segundo o Instituto Xeográfico Militar da República Arxentina, a superficie continental americana é de 2.791.810 km². De aquí despréndense: 2.780.400 km² correspondentes á Capital Federal (Cidade de Buenos Aires), 22 provincias arxentinas e os departamentos de Ushuaia e Río Grande da Tierra del Fuego. O resto está constituído polos 11.410 km² das Illas Malvinas.

Á súa vez, a superficie continental antártica comprende 969.464 km². Destes, uns 965.597 km² corresponden á Antártida Arxentina (territorio reclamado), incluída como departamento da Tierra del Fuego. Ademais esta superficie inclúe ás Illas Shetland do Sur e as Illas Orcadas do Sur. Os 3.867 km² restantes están formados polas illas Xeorxia do Sur (3.560 km²) e as Illas Sandwich do Sur (307 km²) que forman parte do departamento das Illas do Atlántico Sur da Tierra de Fuego. Estes dous últimos arquipélagos máis as Illas Malvinas atópanse baixo dominio británico pero tamén son reclamados pola República Arxentina. A superficie total ascendería así aos 3.761.274 km². Aínda así, nesta non están incluídas: a franxa oceánica arxentina de 200 millas náuticas correspondentes ao Mar Arxentino, nin as augas do Río de la Plata; por outra banda ante a pretensión do Reino Unido de estender a súa área marítima (a partir de territorios ocupados por Inglaterra a Arxentina ou reivindicados por Arxentina) a 350 millas náuticas (aprox. 564 km) desde a liña costeira de baixamar, Arxentina realiza reivindicacións de extensión marítima que se sobrepón ás do Reino Unido, especialmente nas Illas do Atlántico Sur e a zona antártica.

Provincias
Cidade autónoma

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.