Provincia de Santa Cruz de Tenerife

Santa Cruz de Tenerife é unha provincia española situada na comunidade autónoma de Canarias, formada polas illas de La Palma, La Gomera, El Hierro e Tenerife; así como por unha serie de roques adxacentes (Salmor, Garachico, Anaga). No ano 2006 contaba con 971.647 habitantes (INE).

A capital da provincia é a cidade homónima de Santa Cruz de Tenerife, sita na illa de Tenerife.

Provincia de Santa Cruz de Tenerife
Provincia de Santa Cruz de Tenerife - Bandera
Provincia de Santa Cruz de Tenerife - Escudo
Provincia Tenerife
Capital Santa Cruz de Tenerife
Área 3.381 km²
Poboación 1.027.914 hab. (2010)
Densidade 304,03 hab./km²
Concellos 54

Historia

A provincia formouse en 1927, cando se separou a antiga provincia de Canarias, con capital en Santa Cruz de Tenerife, en dúas provincias: a provincia de As Palmas e a provincia de Santa Cruz de Tenerife.

Concellos con maior poboación

A data de 1 de xaneiro de 2006 e datos do INE eran os seguintes:

Concello Habitantes
Santa Cruz de Tenerife 223.148
San Cristóbal de la Laguna 142.161
Arona 69.100
La Orotava 40.644
Los Realejos 36.746
Adeje 36.764
Granadilla de Abona 34.595
Puerto de la Cruz 30.585
Icod de los Vinos 24.179
Tacoronte 22.695
Candelaria 21.415
Los Llanos de Aridane 20.173
Guía de Isora 19.320
Santa Cruz de la Palma 17.640
Güímar 16.603
El Rosario 16.111
Santa Úrsula 12.835
San Miguel de Abona 12.609
Santiago del Teide 11.379
Tegueste 10.393

Artigos relacionados

Alajeró

Alajeró é un municipio da illa canaria de La Gomera, pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife.

Ten unha extensión de 49,43 km² e acada unha altitude de 810 metros sobre o nivel do mar. A súa lonxitude de costa é de 14,05 km.

Arafo

Arafo é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no leste da illa de Tenerife, no Val de Güímar.

Este pequeno municipio recibiu en varias ocasións distintos premios e mencións pola limpeza e o coidado da súa contorna.

O volcán de Arafo, que entrou en erupción por última vez no ano 1705, domina unha paisaxe asucada polo barranco de Añavingo, que ten unha gran riqueza en flora canaria. Na Cuesta del Estanque atópase o conxunto etnográfico de los lavaderos, lugar público con pedras de lavar e muíño, declarados Monumento Histórico Artístico en 1984.

Breña Alta

Breña Alta é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife (Canarias). Está situado no leste da illa de La Palma.

Buenavista del Norte

Buenavista del Norte é un concello español situado no noroeste da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias. Limita ao norte e oeste co océano Atlántico, ao leste con Los Silos e ao sur con Santiago del Teide.

Tiña en 2016 unha poboación de 4.832 habitantes, a maioría deles concentrados na capital municipal. Os outros núcleos de poboación que inclúe o concello son: Las Canteras, Los Carrizales, Masca, El Palmar, Las Portelas e Teno.

El Rosario

El Rosario é un concello español situado no nordés da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias. O seu nome procede da patroa do concello, a Virxe do Rosario.

Limita ao norte con San Cristóbal de la Laguna, ao leste con Santa Cruz de Tenerife, ao sur con Candelaria, e ao oeste con El Sauzal e Tacoronte. A capital municipal, La Esperanza, atópase a 322 metros sobre o nivel do mar.

Tiña en 2016 unha poboación de 17.191 habitantes, agrupados nas entidades de Barranco Hondo, Las Barreras, Costanera, La Esperanza, Lomo Pelado, Llano del Moro, Machado, Radazul, Las Rosas, San Isidro e Tabaiba.

El Sauzal

El Sauzal é un concello español situado no nordés da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias.

Limita ao norte co océano Atlántico, ao leste con Tacoronte, ao sur con El Rosario e Candelaria, e ao oeste con La Matanza de Acentejo. A altitude máxima do concello acádase na Cabeza de Toro, de 1.507 metros. A capital municipal atópase a 322 metros sobre o nivel do mar.

Tiña en 2016 unha poboación de 8.873 habitantes, agrupados nas entidades de El Sauzal e Ravelo.

Fasnia

Fasnia é un concello español situado no leste da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias.

Limita ao norte con Güímar, ao oeste con La Orotava, ao sur con Arico e ao leste co océano Atlántico. A súa altitude máxima acádase na Montaña Abreu, de 2.400 metros. A capital municipal atópase a 446 metros sobre o nivel do mar.

Tiña en 2016 unha poboación de 2.783 habitantes, a maioría deles concentrados na capital municipal. Os outros núcleos de poboación que inclúe o concello son: Cruz del Roque, La Sombrera, La Zarza, Las Eras, Los Roques e Sabina Alta.

Garachico

Garachico é un concello español situado no norte da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias.

Limita ao norte co océano Atlántico, ao leste con Icod de los Vinos, ao sur con Santiago del Teide e ao oeste con El Tanque e Los Silos. O concello acada a súa altitude máxima no Cerro de los Roques Blancos, de 2.171 metros. A capital municipal atópase xunto ao mar.

Tiña en 2016 unha poboación de 4.916 habitantes, agrupados nos núcleos de La Caleta de Interián, Las Cruces, Garachico, Genovés, El Guincho, La Montañeta, San Juan del Reparo e San Pedro de Daute.

Garafía

Garafía é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife que está situado no noroeste da illa de La Palma. A capital municipal denomínase Santo Domingo.

Granadilla de Abona

Granadilla de Abona é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife (Canarias). Está situado no sur da illa de Tenerife.

As localidades do municipio son: Los Abrigos, Los Blanquitos, Cruz de Tea, Charco del Pino, Chimiche, El Desierto, Granadilla de Abona, El Médano. El Salto e San Isidro.

Güímar

Güímar é un concello español situado no leste da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias.

Limita ao norte con Arafo, ao oeste con La Orotava, ao sur con Fasnia e ao leste co océano Atlántico. No termo hai dúas zonas diferenciadas: o Val de Güímar e a Comarca de Agache. A capital municipal atópase a 278 metros sobre o nivel do mar.

Tiña en 2016 unha poboación de 19.000 habitantes, a maioría deles concentrados na capital municipal (12.508 hab.). Os outros núcleos de poboación que inclúe o concello son: Aguerche, Balandra-Los Picos, Los Barrancos, La Caleta, Chimaje, El Escobonal, Izaña, Lomo de Mena, La Medida, Pájara, La Puente, Puertito de Güímar, Punta Prieta, El Socorro e El Tablado.

La Orotava

La Orotava é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife (Canarias). Está situado no norte da illa de Tenerife. Ocupa boa parte do Val de La Orotava, nas saias do Teide. Neste val tamén se atopan os municipios de Puerto de la Cruz e de Los Realejos.

Ten unha extensión de 207,31 km² (sendo o maior dos municipios tinerfeños) e unha poboación de 40.644 habitantes (INE, 2007). A altitude do principal centro de poboación é de 390 metros, aínda que a do municipio vai desde o nivel do mar ata os 3718 metros da cima do Teide, situada dentro do territorio do municipio que, xa que logo, é o máis alto de España (aínda que o núcleo de poboación máis alto é o de Valdelinares, na provincia de Teruel). Gran parte do Parque nacional do Teide pertence a este municipio.

O principal núcleo de poboación é La Orotava ou "La Villa". Con todo a poboación está moi repartida entre numerosos núcleos como La Perdoma, San Antonio, Benijos, Barroso, La Florida, Pinolere ou Aguamansa.

Los Silos

Los Silos é un concello español situado no noroeste da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias. Limita ao norte co océano Atlántico, ao leste con Garachico e El Tanque, ao sur con Santiago del Teide e ao oeste con Buenavista del Norte.

Tiña en 2016 unha poboación de 4.786 habitantes, agrupados nos núcleos de La Caleta, El Casco, Erjos, San Bernardo, San José e La Tierra del Trigo.

Puerto de la Cruz

Puerto de la Cruz é unha cidade e municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife, en Canarias. Sitúase no norte da illa de Tenerife, no Val de La Orotava, xunto aos municipios de Los Realejos e de La Orotava.

San Cristóbal de La Laguna

San Cristóbal de La Laguna, coñecida popularmente como La Laguna, é unha cidade e un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife (España). Esta cidade foi capital da illa de Tenerife en tempos anteriores; actualmente a capital é Santa Cruz de Tenerife.

A cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999. Con 148.375 habitantes, é a terceira urbe máis poboada de Canarias. Nela radican o Consello Consultivo de Canarias, a Diocese de Tenerife (diocese da provincia) e a primeira universidade fundada en Canarias.

Entre os monumentos relixiosos da cidade inclúen: A Catedral de Nosa Señora dos Remedios, a Igrexa da Concepción e Real Santuario del Santísimo Cristo de La Laguna. No Convento de Santa Catalina de Siena é o corpo incorrupto de Sor María de Jesús de León Delgado coa reputación miraculosa.

Santa Cruz de Tenerife

Santa Cruz de Tenerife é unha cidade e concello español, capital das Illas Canarias (xunto coas Palmas de Gran Canaria), da provincia de Santa Cruz de Tenerife e da illa de Tenerife.

Santa Úrsula

Santa Úrsula é un concello español situado no norte da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias.Limita ao norte co océano Atlántico, ao oeste con La Orotava, ao sur con Arafo e Candelaria, e ao leste con La Victoria de Acentejo. A altitude máxima do concello acádase no Chipeque, de 1.913 metros. A capital municipal atópase a 284 metros sobre o nivel do mar.

Tiña en 2016 unha poboación de 14.296 habitantes, agrupados nas entidades de El Cantillo, La Corujera, Cuesta de la Villa, El Farrobillo, Santa Úrsula, Tosca Barrios, Tosca de Ana María, La Quinta e La Vera.

Villa de Mazo

Villa de Mazo é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias. Está situado no leste da illa de La Palma.

Ten unha extensión de 71,17 km² e unha poboación de 4.986 habitantes (Instituto Nacional de Estadística, 2011). A súa altitude é de 500 metros sobre o nivel do mar. Neste municipio atópase o único aeroporto civil da illa.

Illas Canarias Illas Canarias  · Concellos da provincia de Santa Cruz de Tenerife
Illas e provincias das Illas Canarias
Illas principais
Outras illas
Provincias

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.