Provincia de Salta

A provincia de Salta é unha das 23 provincias da Arxentina. Cobre unha extensión de 155 488 km², e posúe unha poboación de 1.215.207 habitantes (2010). A súa capital é a cidade do mesmo nome..

Está situada na Rexión do Norte Grande Arxentino no noroeste do país. Limita polo norte con Jujuy e Bolivia (Tarija), polo leste con Paraguai, Formosa e Chaco, polo sur con Santiago del Estero, Tucumán e Catamarca e polo oeste con Chile.

Provincia de Salta
Bandera de la Provincia de Salta Escudo de la Provincia de Salta
Capital
poboación (ano)
Salta
535.303 habitantes (2010)
Provincia de Salta (Argentina)
Gobernador Juan Manuel Urtubey (FJRV-PJ)
Superficie 155.488 km²
Poboación
Densidade
1.215.207 hab.(2010)
7,81 hab./km²
Xentilicio salteño/a

Véxase tamén

Ligazóns externas

Andes

Os Andes (quechua: Antis, "rexión dos antis") é unha cordilleira montañosa de América do Sur. O seu percorrido é de norte a sur pola costa occidental do continente, dende Venezuela ata a Patagonia, pasando por Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile e Arxentina. Ten unha lonxitude de máis de 7500 km, unha anchura que oscila entre uns 180 km ata 700 km e a súa altitude media situase o redor dos 4000 metros. O seu punto máis elevado é o pico Aconcagua con 6.959 metros.

Na súa parte meridional unidade e é fronteira natural entre Chile e Arxentina. Na parte central divídese en dous cordóns, Cordilleira Occidental e Cordilleira Oriental, formando entre os dous cordóns unha meseta de grande altitude, chamada Altiplano. Esta separación continua ata Colombia onde antes de chegar ó Mar Caribe divídese en tres cordóns.

Antofagasta, Chile

Antofagasta ( pronunciación ) é unha comuna e unha cidade do litoral do norte do Chile. Limita ó sur con Taltal, ó norte con Sierra Gorda, Mejillones e San Pedro de Atacama, ó oeste co Océano Pacífico e ó leste coa Provincia de Salta, Arxentina.

Capital da Provincia de Antofagasta e capital rexional da Rexión de Antofagasta, segundo o censo nacional, realizado no 2002 polo Instituto Nacional de Estatísticas de Chile, Antofagasta era a quinta cidade máis poboada do país con 285.255 habitantes, por detrás de Santiago, Valparaíso, Concepción e La Serena, e na última proxección demográfica levada a cabo polo INE no 2009, indicaba que a cidade tiña unha poboación estimada de 360.473 habitantes.

Foi fundada en 1870 e era parte de Bolivia, foi ocupada en 1879 polos chilenos e despois da Guerra do Pacífico continuou no poder dos chilenos.

A cidade de Antofagasta encóntrase intimamente ligada á actividade mineira, sendo a zona mineira por excelencia do país. Na última década presentou un sostido crecemento nas áreas de construción, comercio, hospedaxe hoteleira, aumento demográfico, e un notable desenvolvemento urbano.

Caldeira volcánica

Unha caldeira volcánica é unha gran depresión con forma de caldeira que se forma por afundimento despois de que un volcán evacúa todo o magma da súa cámara de magma. Cando nunha erupción se emiten grandes volumes de magma nun curto período de tempo, pérdese o sostén estrutural da zona da codia terrestre que está sobre a cámara de magma. A consecuencia é que a superficie colapsa e afúndese sobre a cámara magmática en gran parte baleira, orixinando unha gran depresión na superficie, que pode ter desde un quilómetro a ducias de diámetro. Aínda que ás veces se describen como cráteres volcánicos, as características das caldeiras son realmente as dunha zona de afundimento, xa que se forman por subsidencia e colapso e non por outras causas, como un impacto. Só se coñecen sete colapsos deste tipo que formaron caldeiras desde o comezo do século XX, o máis recente o do volcán Bárðarbunga de Islandia.

Chaqueño Palavecino

Óscar Esperanza Palavecino, coñecido como Chaqueño Palavecino, nado no Departamento Rivadavia (Salta) o 18 de decembro de 1959, é un cantautor arxentino de música folclórica.

Embarcación (homónimos)

O termo embarcación pode referirse a:

Un barco, é dicir, unha construción cóncava capaz de aboiar que se utiliza como medio de transporte.

Embarcación, localidade arxentina no norte da provincia de Salta.

Escudo da Arxentina

O escudo de armas da Arxentina é un dos símbolos nacionais do país e foi establecido na súa forma actual en 1944, aínda que ten as súas orixes no selo da Asemblea Xeral Constituínte de 1813.

José Alfredo Martínez de Hoz

José Alfredo Martínez de Hoz, alcumado Joe, nado o 13 de agosto de 1925 e finado o 16 de marzo de 2013, foi un político, economista, avogado e profesor universitario arxentino, célebre sobre todo pola súa participación como ministro de Economía do autodenominado Proceso de Reorganización Nacional entre 1976 e 1981.

Llullaillaco

O Llullaillaco, probabelmente do quechua: Llullaq yaku (auga mentirosa), é un volcán situado a 24° 43' de latitude Sur e 68° 33' de lonxitude Oeste na Cordilleira dos Andes, entre Arxentina e Chile.

Miraflores

O topónimo Miraflores pode referirse a:

En GaliciaMiraflores, lugar da parroquia de Anos, no concello de Cabana de Bergantiños;

Miraflores, lugar da parroquia de Muros, no concello de Muros;

Miraflores, lugar da parroquia do Obre, no concello de Noia;

Miraflores, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Oleiros;

Miraflores, lugar da parroquia de Cores, no concello de Ponteceso;

Miraflores, lugar da parroquia de Padriñán, no concello de Sanxenxo;

Miraflores, lugar da parroquia de Bembrive, no concello de Vigo.

O pazo de Miraflores no concello de Oleiros;

O IES Miraflores, instituto de educación secundaria situado en Oleiros.En ArxentinaMiraflores, localidade da provincia de Catamarca;

Miraflores, localidade da provincia do Chaco;

Miraflores, localidade da provincia de Jujuy;

Miraflores, localidade da provincia da Rioxa;

Miraflores, antigo forte colonial fundado polos españois na provincia de Salta.En ColombiaMiraflores, municipio do departamento de Guaviare;

Miraflores, municipio do departamento de Boyacá.En EspañaMiraflores de la Sierra, localidade da Comunidade de Madrid.

Urbanización Ensenada de Miraflores, pedanía de San Roque.

Cortijo de Miraflores, en Marbella.

Miraflores, Miraflores del Palo e Miraflores de los Ángeles, barrios da cidade de Málaga.

Cartuxa de Miraflores, mosteiro cartuxo na provincia de Burgos.

Palacio de Miraflores, na localidade asturiana de Noreña.

Palacio del marqués de Miraflores, en Madrid.

Parque Miraflores, urbanización de Fuenlabrada.En PanamáMiraflores, sitio das comportas de Miraflores, na canle de Panamá.No PerúMiraflores, distrito de Lima;

Miraflores, distrito de Arequipa;

Miraflores, urbanización de Trujillo.Na República DominicanaMiraflores, sector do Distrito Nacional na República Dominicana.En VenezuelaPalacio de Miraflores, sede do Goberno de Venezuela.

Provincia de Formosa

A provincia de Formosa é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 527.895 habitantes (2010) e a súa capital é Formosa.

Situada na Rexión do Norte Grande Arxentino, limita polo oeste coa provincia de Salta, polo sur co Chaco e polo leste e polo norte con Paraguai.

Esténdese entre os paralelos 22° e 27° de latitude sur e os meridianos 57° e 63° de lonxitude oeste de Greenwich. É atravesada, na súa zona norte, polo trópico de Capricornio que a sitúa na rexión tropical do país. Ocupa gran parte do Chaco Central, coñecido até principios de século XX tamén co nome de "Llanos del Manso".

É a provincia arxentina máis pobre, a de menor desenvolvemento humano e a segunda de menor PRB per cápita do país, ao superar a veciña provincia do Chaco.

O 17 % da poboación provincial é indixente, mentres que o 42 % da poboación vive baixo o limiar de pobreza.

Segundo o INDEC, en 2010 a cidade de Formosa tivo o segundo índice de desemprego máis baixo do país cun 2,2 %.

Provincia de Jujuy

A provincia de Jujuy é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 672.260 habitantes (2010) e a súa capital é San Salvador de Jujuy.

Situada na Rexión do Norte Grande Arxentino, limita polo oeste con Chile pola Cordilleira dos Andes, polo norte con Bolivia, e polo leste e sur coa provincia de Salta.

Provincia de Santiago del Estero

A provincia de Santiago del Estero é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 896.461 habitantes (2010) e a súa capital é Santiago del Estero.

Situada na Rexión do Norte Grande, limita polo noroeste coa Provincia de Salta, polo norte e nordeste coa Provincia do Chaco, polo sueste coa Provincia de Santa Fe, polo sur coa Provincia de Córdoba e polo oeste coa Provincia de Catamarca e Tucumán. É, detrás de Formosa, a segunda provincia con menor desenvolvemento humano e a terceira de menor PBX por cápita do país.

Salta

Salta é unha cidade, un municipio e a capital da Provincia de Salta, República Arxentina, que ten unha poboación de 535.303 habitantes, sendo a cidade máis poboada da provincia e a oitava do país, cunha área metropolitana denominada Gran Salta, que está composta por once municipios e inclúe unha poboación de 554.125 habitantes (INDEC, 2010) e que se encontra situada ao leste da Cordilleira dos Andes, no Val de Lerma, a 1.187 msnm e cruzada polo río Arenales que a divide en centro, norte e sur.

San Marcos

San Marcos pode referirse a:

Marcos o Evanxelista, autor dun dos catro Evanxeos canónicos.

San Marcos, papa, un dos papas da Igrexa Católica.

Tucumán

A provincia de Tucumán é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1.448.200 habitantes (2010) e a súa capital é San Miguel de Tucumán.

Situada na rexión xeográfica do Noroeste Arxentino, formando tamén parte da Rexión do Norte Grande Arxentino, limita polo norte coa provincia de Salta, polo leste e sur coa de Santiago del Estero e polo oeste e sur coa de Catamarca.

Foi escenario do Congreso de Tucumán entre os anos 1816 e 1820 que, entre outras cousas, declarou a Independencia do Vicerreinado do Río da Prata a España, o 9 de xullo de 1816. É a provincia de menor extensión da Arxentina, ou a segunda máis pequena se non se contan os territorios en disputa de Terra do Fogo como parte desta.

Victorino de la Plaza

Victorino de la Plaza, nado en Payogasta, Salta, o 2 de novembro de 1840 e finado en Buenos Aires o 2 de outubro de 1919, foi un avogado, militar e político arxentino, que ocupou o cargo de Presidente da Arxentina entre 1914 e 1916, despois da morte de Roque Sáenz Peña ata completar o seu mandato.

Estudou Dereito en Buenos Aires e en 1868 logrou o doutoramento. Foi secretario de Dalmacio Vélez Sársfield e colaborou coa redacción do Código Civil arxentino. Foi ministro de Facenda de Nicolás Avellaneda (1876), e ministro de Relacións Exteriores (1882) e de Facenda (1883-1885) na primeira administración de Julio Argentino Roca. Foi elixido vicepresidente na fórmula da Unión Nacional presidida por Roque Sáenz Peña en 1910. Asumiu a presidencia trala morte de Sáenz Pena e gobernou o país entre 1914 e 1916. Correspondeulle velar pola limpeza das primeiras eleccións presidenciais baixo a lei Sáenz Peña de sufráxio universal. Retirado da política, morreu de pneumonía. Contraeu matrimónio en dúas oportunidades. A primeira vez con Dona Ecilda Belvis Castellanos, con quen non tivo fillos. A segunda vez foi coa escocesa Emily Henry, tiveron un fillo, Victoriano de la Plaza Henry.

Xeomorfoloxía

A xeomorfoloxía é unha rama da Xeografía que estuda a relevo da Terra. Para iso, tende a identificar, describir e analizar tales xeitos, entendidas aquí como relevos, así como todos os seus aspectos xenéticos, morfolóxicos, morfométricos e dinámicos, tanto pretéritos como actuais e naturais ou antropoxénicas. O termo ven do grego: Γηος,geos(Terra), μορφή,morfo(forma) e λόγος,logos(estudo, coñecemento).

Provincias
Cidade autónoma

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.