Provincia de Salamanca

Salamanca é unha provincia española, situada no suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.

A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao norte coa provincia de Zamora, ao nordeste coa de Valladolid, ao leste coa provincia de Ávila, ao sur coa de Cáceres e polo oeste confina con Portugal. A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos. Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.

Provincia de Salamanca
Bandera de la provincia de Salamanca
Escudo de la Provincia de Salamanca
Provincia Salamanca
Capital Salamanca
Área 12.349 km²
Poboación 353.619 hab. (2010)
Densidade 28,63 hab./km²
Concellos 362
Xentilicio Salmantino/a

División administrativa

A provincia está dividida en 362 municipios, dos que máis da metade teñen unha poboación inferior a trescentos habitantes (é a segunda provincia española a respecto do número de municipios, por detrás de Burgos). Os municipios máis poboados da provincia son, á parte da capital, Béjar, Ciudad Rodrigo, Santa Marta de Tormes, Peñaranda de Bracamonte, Guijuelo, Alba de Tormes e mais Vitigudino.
Está organizada en cinco partidos xudiciais: Béjar, Ciudad Rodrigo, Peñaranda, Salamanca e Vitigudino, cos escudos dos cales se compón o escudo provincial.

Xeografía física

A altitude media da provincia é de 830 m sobre o nivel do mar.

Clima

O clima é de tipo continental, con invernos fríos e secos e veráns calorosos. A temperatura media é de 3'7°C en xaneiro (podendo baixar, en días de fortes nevadas, a varios graos baixo cero). En verán a temperatura media é de 24'2°C, aínda que pode atinxir ata os 35° ou 40°C.

Comarcas

Gastronomía

Da súa gastronomía, cabe destacar, entre outros, o pernil de Guijuelo, con Denominación de Origen Protegida, e máis unha empanada típica denominada hornazo. Menos coñecidos, fóra da rexión, son o lechazo, cochinillo ou tostón asado, o farinato (procedente de Ciudad Rodrigo), o bollo maimón e mais os chochos de yema. En Salamanca é típica a sopa de allo.

Alba de Tormes

Alba de Tormes é un municipio na provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Alba de Tormes é tamén o nome do seu principal núcleo de poboación. En 2012 tiña 5382 habitantes.

De pouco máis de 3000 habitantes en 1900, a súa poboación foi aumentando durante a maior parte do século XX. A finais de 2005 contaba cunha poboación de 4953 habitantes, 2.457 homes e 2.496 mulleres, nunha superficie de 46,51 km². A súa altitude é de 830 m sobre o nivel do mar.

Limita: ao norte co municipio de Garcihernández, ao leste co municipio de Aldeaseca de Alba, ao sueste con Navales, ao sur con Encinas de Arriba, ao suroeste co municipio de Martinamor, e ao oeste con Terradillos.

A súa economía baséase en cereais, remolacha azucreira, garavanzos e patacas. Cultivo de regadío e de secaño.

Alba de Yeltes

Alba de Yeltes é un municipio na provincia de Salamanca, na Comunidade autónoma de Castela e León, España.

En 2003 contaba cunha poboación de 249 habitantes, 126 homes e 123 mulleres, nunha superficie de 22,36 km². A súa altitude é de 788 m sobre o nivel do mar.

Limita: ó N có municipio de Castraz, ó E có municipio de Aldehuela de Yeltes, ó S có municipio de Dios le Guarde, ó SO có municipio de Tenebrón, ó O có municipio de Ciudad Rodrigo, e ó NO có municipio de Sancti-Spíritus.

Condado de Alba de Yeltes.

Béjar

Béjar é un municipio e cidade da provincia de Salamanca, na comunidade autónoma de Castela e León. É o núcleo de poboación máis importante do sueste salmantino e considérase a capital ou centro de servizos da comarca da Serra de Béjar. Conforma o partido xudicial de Béjar e a Mancomunidade Embalse de Béjar.

No seu termo municipal atópanse os núcleos de poboación de Béjar, Fuentebuena, Palomares, Valdesangil, El Castañar e La Glorieta. Ocupa unha superficie total de 45,74 km² e tiña en 2017 unha poboación de 13.221 habitantes.

Ciudad Rodrigo

Ciudad Rodrigo é un municipio español na provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León.

Fuentes de Oñoro

Fuentes de Oñoro é un municipio español da provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León. Está a unha distancia de 124 km de Salamanca, a capital provincial, e é fronteira con Portugal.

No 2003 conta cunha poboación de 1.436 habitantes, dos cales 706 son homes e 730 son mulleres, nunha superficie de 57,19 km². A súa altitude é de 725 m sobre o nivel do mar.

Galisancho

Galisancho é un concello da provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España.

Atópase a 30 quilómetros da capital provincial de Salamanca, cunha poboación de 435 habitantes no 2010 e ten unha área de 22.85 km².

Guijuelo

Guijuelo é un municipio da provincia de Salamanca, na comunidade autónoma de Castela e León, España. Dista 48 km de Salamanca, a capital provincial. O xentilicio que designa os seus habitantes é guijuelense.

No 2005 contaba cunha poboación de 5.368 habitantes, dos cales 2.712 homes e 2.656 mulleres, sobre unha superficie de 63,23 km². Posuía polo tanto unha densidade de 84,48 hab./km².

A altitude é de 1.010 msnm. As súas coordenadas geográficas son 40°33′ N - 5°40′ O.

O seu código postal é 37770

Ademais de Guijuelo inclúense os núcleos de Cabezuela de Salvatierra (57 hab.), Campillo de Salvatierra (331 hab.) e Palacios de Salvatierra (39 hab.). Todos eles uniranse nos anos 70 xunto con as localidades de Aldeavieja de Tormes, Nava de Béjar e Fuentes de Béjar, aínda que se independizaron outra vez nos anos 80.

La Alberca, Salamanca

La Alberca é un concello español da provincia de Salamanca, en Castela e León. Pertence á comarca da Sierra de Francia, ao partido xudicial de Ciudad Rodrigo e á Mancomunidade Sierra de Francia.

Tiña en 2015 unha poboación de 1.121 habitantes. O seu termo municipal está formado polas localidades de La Alberca, Las Batuecas e Prado Carreras.

La Encina, Salamanca

La Encina é concello español da provincia de Salamanca, na comunidade autónoma de Castela e León. Intégrase dentro da comarca de Ciudad Rodrigo e a subcomarca do Campo de Robledo. Pertence ao partido xudicial de Ciudad Rodrigo.

O seu termo municipal está formado polas localidades de Cabezal Viejo, La Encina, Valdespinocupa e o despoboado de Robliza. Ocupa unha superficie total de 30,77 km² e, segundo o padrón municipal elaborado polo INE no ano 2014, tiña cunha poboación de 121 habitantes.

Ledesma, Salamanca

Ledesma é un concello da comunidade autónoma de Castela e León, na provincia de Salamanca, bañado polo Río Tormes.

Macotera

Macotera é un municipio na provincia de Salamanca, Castela e León. A finais de 2003 contaba cunha poboación de 1589 habitantes, 814 varons e 775 mulleres, nunha superficie de 32,93 km². A súa altitude é de 890 m sobre o nivel do mar. Limita ao norte co municipio de Nava de Sotrobal, Sotrobal e Peñaranda de Bracamonte, ao leste co municipio de Aldeaseca de Alba, Bóveda del Río Almar, Mancera de Abajo e Salmoral , ao sur co municipio de Santiago de la Puebla, Santa Cruz e Gajates e ao oeste co municipio de Tordillos, Valeros de Gajates e Coca de Alba.

A súa economía baséase en cereais (cultivo de secaño).

Monforte de la Sierra

Monforte de la Sierra é un concello español da provincia de Salamanca, en Castela e León. Pertence á comarca de Sierra de Francia-Quilamas e está situado a 90 km da capital provincial.

Tiña en 2014 unha poboación de 84 habitantes, nunha superficie de 4,36 km². A súa densidade era de 19,27 hab./km².

Peñaranda de Bracamonte

Peñaranda de Bracamonte é un municipio do nordeste da provincia de Salamanca, na comunidade autónoma de Castela e León.

Salamanca

Salamanca é unha cidade española, capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Castela e León. Está situada na comarca do Campo de Salamanca, xunto ao río Tormes, e forma parte da rexión histórica do Reino de León.

Tiña unha poboación de 154.462 habitantes, e a súa área metropolitana acadaba os 213.399 (datos de 2010), sendo a segunda área máis poboada da comunidade, tras Valladolid. Un estudo demográfico realizado no 2005 dicía que era a quinta capital de provincia máis densamente poboada por km² de España.

Salamanca é famosa sobre todo por dous motivos: por posuír unha das universidades máis antigas e prestixiosas de España (de aí o refrán "O que a natureza non dá, Salamanca non presta", "Quod natura non dat, Salamantica non prestat") e polo seu espléndido patrimonio histórico-artístico, intrinsecamente ligado á cálida e áurea pedra arenita de Villamayor.

A Universidade de Salamanca, é a universidade, en activo, máis antiga de España, fundada en 1218 por Afonso IX de León, e foi a primeira de Europa que ostentou o título de Universidade polo edicto de 1253 de Afonso X o Sabio e a bula do Papa Alexandre IV en 1255.

En 1988 a cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Dentro do patrimonio arquitectónico destacan as súas dúas catedrais, a Catedral Vella e a Nova, a Casa das Cunchas, a Praza Maior, o Convento de San Esteban e as Escolas Maiores. Desde o 2003, a Semana Santa en Salamanca está declarada de Interese Turístico Internacional. No 2002 foi Capital Europea da Cultura. No 2005 acolleu a celebración do XV Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno.

Pola súa parte, o sector servizos (co turismo cultural e a Universidade) é a principal fonte de ingresos da cidade. É especialmente relevante a actividade educativa durante o verán, xa que conta cunha grande afluencia de estudantes procedentes de moitos países, que na súa maioría veñen para aprender ben o castelán e asistir a diversos cursos estivais.

Santa Marta de Tormes

Santa Marta de Tormes é un municipio na provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Está a unha distancia de 3 km de Salamanca, a capital provincial.

Trabanca, Salamanca

Trabanca é un concello español da provincia de Salamanca, en Castela e León. Pertence á comarca de Vitigudino e á subcomarca de La Ramajería e tiña en 2017 unha poboación de 212 habitantes.

Debido á súa situación nun cruzamento de camiños, conforma un importante punto de entrada ao Parque Natural de Arribes del Duero. Dentro deste, é unha das localidades que máis lugares e actividades propón para coñecer as tradicións socioculturais da zona. Un deses lugares é o Centro de Recepción de Visitantes, que ofrece información sobre os puntos de interese e os establecementos destacados dentro do parque.

Villares de la Reina

Villares de la Reina é un concello español situado na provincia de Salamanca, en Castela e León. Atópase na comarca de La Armuña, 4 km ao nordés do centro de Salamanca.

Tiña en 2017 unha poboación de 6.256 habitantes, agrupados en varios núcleos de poboación: Aldeaseca de la Armuña, Polígono Los Villares, Villares de la Reina, Fuente Serrana, El Helmántico, a Urbanización La Mina, a Urbanización El Viso e a Urbanización Las Bizarricas.

Vilvestre

Vilvestre é un concello castelán, pertencente á provincia de Salamanca. Está situado na comarca da Ribera, xunto ao río Douro. Dista 96 km de Salamanca.

En 2008 contaba cunha poboación de 512 habitantes, dos cales 255 homes e 257 mulleres, nunha superficie de 46,52 km².

A súa altitude é de 592 m sobre o nivel do mar.

Vitigudino

Vitigudino é un municipio da provincia de Salamanca, Castilla y León, situado a 67 km da capital provincial, Salamanca.

En 2003 tiña 3.016 habitantes (1.498 homes e 1518 mulleres), nunha superficie de 52,33 km².

A súa altitude é de 769 m sobre o nivel do mar.

É cabeza dun dos cinco partidos xudiciais nos que se divide a provincia.

Castela e León Castela e León  · Concellos da provincia de Salamanca

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.