Provincia de Ourense

Ourense é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833.

Provincia de Ourense
Coat of Arms of Ourense.svg

Provincia de Ourense - Bandera

Situacion Provincia de Ourense
Capital Ourense
Área 7 273 km2
Poboación 311 680 (2017)[1]
Densidade 42,85 hab./km²
Concellos 92
Xentilicio Ourensán, Ourensá[2]

Datos xeográficos

Localización

Provincia suroriental de Galicia e a única sen litoral marítimo. Limita, a saber:

Superficie, demografía

A provincia de Ourense ocupa 7.273,26 km². Neles, vive unha poboación de 311 680 habitantes (IGE 2017). Como resultado, Ourense ten unha densidade de poboación de 42,85 hab/km²; moi lonxe da media galega. Preto dun terzo da poboación provincial vive na actualidade na capital, e aproximadamente o 45% do censo da provincia reside na comarca de Ourense, onde se atopan, a maiores da capital, tres dos restantes 10 concellos máis poboados da provincia (Barbadás, O Pereiro de Aguiar, e San Cibrao das Viñas).

Evolución da poboación de Provincia de Ourense   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
419.665 476.336 494.283 430.159 339.555 335.219 330.257 326.724 322.293 318.235 318.391 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Localidades importantes

Excepto o da capital, ningún dos outros 92 concellos provinciais acada os 15.000 habitantes. A lista ordenada dos once máis importantes nos inicios do ano 2017 era a seguinte:

Concellos máis poboados (2017)
Posición Concello Poboación
Escudo de Ourense.svg Ourense 105.636
Verín.svg Verín 13.889
Escudo O Carballiño.jpg O Carballiño 13.854
Escudo de O Barco de Valdeorras.svg O Barco de Valdeorras 13.581
Escudo de Barbadás.svg Barbadás 10.791
Escudo de Xinzo de Limia.svg Xinzo de Limia 9.875
Escudo de Pereiro de Aguiar.svg O Pereiro de Aguiar 6.228
Allariz.svg Allariz 6.026
Escudo de Celanova.svg Celanova 5.455
10ª San Cibrao das Viñas.svgSan Cibrao das Viñas 5.184
11ª Ribadavia.svgRibadavia 5.095


Na lista dos concellos da provincia de Ourense poden verse todos.

Orografía

É unha provincia cunha altitude media non moi elevada, pero moi montañosa.

As terras, sitas no oeste da provincia, nos límites coa provincia de Pontevedra e de Lugo, atópanse dentro da Dorsal galega, é dicir, o sistema montañoso occidental de Galiza, con serras como a do Suído ou a do Faro de Avión, que poden acadar nas súas cotas máximas alturas de arredor de 1.000 m: Coto da Puza con 1.035 m., Marcofán de 939 m, Uceiro de 1.003 m, Alledo 1.013 m, atinxindo o punto máis alto no propio Faro de Avión con 1.155 m. Son materiais moi antigos, fundamentalmente graníticos, cortados por fracturas por onde corren os ríos (Arenteiro, Cea, Avia etc.), que conforman os vales. O aspecto de conxunto é macizo e serve de divisoria entre os ríos mencionados e as cuncas do río Ulla, Oitavén, Tea (este afluente do mesmo Miño), ao tempo que actúa como unha primeira barreira fronte á influencia atlántica, mais a súa altura relativamente baixa e os vales transversais non impiden o paso das chuvias, aínda que as atenúan.

A zona centro-oriental é moito máis accidentada, presentando maiores altitudes. Estas atinxen nos puntos máis altos nas serras que limitan coas provincias de León e Zamora: serra da Enciña da Lastra (Tara, 1.099), serra do Eixe (Pena Trevinca, 2.127 m, o punto máis elevado da comunidade), serra Segundeira, serra Calva (Montouto, 2.045 m). No centro domina o Macizo Central ourensán, no que se desenvolven unha serie de serras en disposición radial, de menor altitude, pero que facilmente poden superar os 1.500 m: Cabeza Grande (1.778 m), O Invernadeiro-Queixa (Seixo, 1.707 m), serra de San Mamede (Fonte do Santo, 1.618 m). Este relevo foi orixinado en boa parte polos movementos tectónicos do Neoxeno, formándose como consecuencia, no só alzamentos, senón tamén depresións, máis ou menos amplas e máis ou menos altas, que as veces poden aparecer como amplas foxas. Así no leste temos a depresión do Bolo; ao norte e oeste do val Sil-Miño - que pode abrirse en amplitude e escalonarse, como a de Ourense -; no sur, a Limia, o val de Maceda e o val de Verín.

Polo sur, os mesmos fenómenos tectónicos aludidos, crearon outra serie de serras de distinta orientación (oeste-leste), que teñen unha menor altura, pero superior á das serras occidentais, e que dificultaron, tradicionalmente, a comunicación con Portugal, salvo pola depresión de Verín: serra do Xurés (Nevosa, 1.539 m), serra do Larouco (Larouco, 1.525 m), serra de Penas Libres (Mairos, 1.083 m), serra da Esculqueira (Penedo dos Tres Reinos, 1.025 m.)

CursoMedioSanLázaro(Piago-Encomenda-OsForcados)
Valgada do río San Lázaro, Macizo Central ourensán

Hidrografía

Arnoia 060115 09
Tramo do río Arnoia

A provincia ourensá vese percorrida por infinidade de ríos. Deles, o máis importante é o Miño, recentemente afluído o Sil neste, nun punto do límite coa provincia de Lugo.

Hidrograficamente a provincia de Ourense está dividida en tres cuncas: a do Miño, a do Limia e a do Douro. A cunca do río Miño ocupa unha boa parte da provincia: 4.837 km² (da que corresponden á subcunca do río Sil 2.545 km²); a do Limia ocupa nesta provincia 1.395 km²; por último, a do Douro, as bacías dos ríos cuxas augas acaban no Douro abranguen 1.117 km².

O Miño ten unha parte pequena do seu curso dentro dos límites provinciais: entra á altura dos Peares e abandónaos en Cortegada de Miño. Á parte do Sil, os seus afluentes principais son o Búbal e o Avia pola dereita, e o Loña, Barbaña, e Arnoia pola esquerda. O Sil, que como é sabido é o afluente principal do Miño, ocupa máis da metade da cunca miñota na provincia, e desde logo na confluencia de ambos, nos Peares, contén maior caudal, facendo bo o refrán: "O Miño leva a fama, e o Sil a auga". O Sil entra na provincia, procedente do Bierzo, pola freguesía de Covas, no concello de Rubiá, ocupando unha posición central na depresión do Valdeorras. Desde os seus confíns serve, na maior parte do seu curso, de límite coa provincia de Lugo, ata Os Peares, punto de unión co Miño. O seu afluente principal é, sen dúbida, o Bibei (97 km), que drena augas das serras máis elevadas da provincia: Macizo Central, serra do Eixe, serra Segundeira, por medio do Xares, Camba, Conso e Navea, principalmente.

O Limia forma de seu unha cunca independente, pois vai dar directamente ao Atlántico, formando o esteiro de Viana do Castelo, en Portugal, onde transmuta o seu nome como Lima. O río Salas, que aflúe pola súa esquerda, é o máis importante tributario.

Varios ríos acaban coas súas augas no Douro, en Portugal; o máis importante é sen dúbida o Támega, que ten unha lonxitude total de 145 km, superior á da maioría dos ríos galegos; o seu afluente máis importante é un segundo Búbal. O resto dos ríos durienses teñen un curto percorrido dentro da provincia, e os máis destacábeis son o Mente e o Diabredo, que a final son subafluentes do Douro, por intermedio do Tuela.

A maioría destes ríos teñen un réxime fluvial de tipo oceánico; os seus máximos niveis de caudal son invernais, como corresponde ao clima atlántico dominante; mais o Sil e os seus afluentes, por mor do montañoso das súas cuncas, gozan de réxime nivo-pluvial, prolongando os máximos caudais durante a primavera, debido ao desxeo.

Con frecuencia o percorrido montañoso encaixa os ríos, obrigándoos a moverse entre bordos de gran pendente, o que ten creado algunhas das paisaxes máis fermosas da provincia, como son os diversos canóns do Sil (o de Covas, na súa entrada en Galiza, ou o comprendido entre Quiroga e os Peares). O cambio de materiais dos solos orixinou ás veces potentes fervenzas, das que cabería destacar a do río Cenza, nese pequeno afluente do Bibei. Por outra banda nesas mesmas vertentes o aproveitamento agrícola, ao tempo que axudaba a fixar as ladeiras, axudou ao embelecemento paisaxístico coa construción de socalcos escalonados, polo normal plantados con videiras. Isto é observábel, dentro dos límites provincias, nas ribeiras do Bibei, á altura do encoro do Vao, ou ben no curso do Miño entre os Peares e a cidade de Ourense.

Esta riqueza hídrica fixo que se construísen encoros por todos lados, asolagándose con frecuencia algúns dos vales máis ricos da provincia, o que non deixou de provocar protestas en pleno franquismo, sendo destacábeis as provocadas polo encoro do río Xares en Prada, no concello de A Veiga, a fins dos anos 50, e as da presa de Castrelo de Miño, sobre o Miño, no Ribeiro, a comezos dos 60.[Cómpre referencia]

Clima

Climaticamente a provincia de Ourense, como toda Galiza, pertence ao tipo oceánico, caracterizado en liñas xerais por temperaturas suaves ao longo de todo o ano - con máximas estivais e mínimas invernais -, e precipitacións tamén durante todo o ano - con máximos invernais e mínimos estivais -. Porén non é o clima da costa (este mesmo ten sido cualificado de hiper-húmido na súa zona sur). A posición interior do territorio ourensán e a existencia dun relevo elevado propician diferenzas, carecendo por outra banda de homoxeneidade en toda a provincia. Basicamente distínguense catro zonas climáticas ourensás:

Dominio oceánico de transición

Aparece na zona noroccidental da provincia. Sen que chova como na costa, as precipitacións acadan valores en torno aos 1.500 mm, as temperaturas medias anuais, que ostentan o menor gradiente térmico da provincia, son suaves, acadando entre 12 e 14 °C de media. Os veráns poden cualificarse de frescos, pois non se atinxen nin os 20 °C de media. As precipitacións anuais andan arredor dos 1.500 mm, pero hai unha certa aridez estival. Un exemplo é Seoane, no concello do Carballiño:

Seoane
1931-1960 xan feb marz abr mai xuñ xull agost set out nov dec ANUAL
Temp. media (°C) 5,1 6,4 8,4 10,4 12,6 15,7 17,9 17,6 15,7 12,4 7,8 5,5 11,1
Precipitacións (mm) 204 151 185 110 98 50 27 38 57 129 176 199 1423

Dominio oceánico continentalizado

Corresponde á zona meridional da provincia: depresións da Limia e do Támega. As temperaturas medias anuais están entre 10º e 11 °C, e as precipitacións sobre 900 mm anuais. Porén as temperaturas invernais son frías, con abundantes días de xeadas, mentres a seca estival, con alto déficit de precipitacións, pode durar ata catro meses. Este dominio enlaza co da meseta central lucense, pero está rota a continuidade rómpese nos vales do Sil-Miño. Os datos básicos do clima de Xinzo de Limia poden mostralo:

Xinzo de Limia
1931-1960 xan feb marz abr mai xuñ xull agost set out nov dec ANUAL
Temp. media (°C) 4,5 4,9 7,8 9,2 12,2 15,2 17,5 17,7 15,2 11,2 7,8 4,9 10,5
Precipitacións (mm) 94 94 119 67 74 51 20 24 52 93 99 134 921

Dominio oceánico-mediterráneo

Esténdese polos vales do río Miño e do Sil, desde o Ribeiro ao Valdeorras, incluíndose a depresión da capital. A flora, e mesmo os cultivos dominantes, testemuñan o influxo mediterráneo. Son os países do viño. É a zona máis seca da Galiza, con medias de insolación superiores a 2.500 horas/ano e precipitacións por embaixo dos 800 mm. As temperaturas medias anuais rondan os 14º, con veráns calorosos (é doado atinxir e superar os 40º en días estivais), mais os invernos, polo illamento dos vales, son fríos, con frecuentes néboas e xeadas. Un exemplo pode ser a mesma cidade de Ourense:

Ourense
1931-1960 xan feb marz abr mai xuñ xull agost set out nov dec ANUAL
Temp. media (°C) 6,9 7,7 10,8 12,6 16,0 19,4 22,1 21,4 19,2 14,7 10,0 7,7 14,0
Precipitacións (mm) 90 78 99 56 62 42 17 20 43 89 95 128 818

Dominio oceánico de montaña

Basicamente corresponde ás zonas provinciais das serras do Macizo Central e as serras orientais (Eixe, Segundeira). As precipitacións acadan os valores da Galiza costeira nos 1.000 m. de altura, atinxíndose 1.500 mm ou máis. En cotas máis altas supéranse esas cifras. No inverno, as temperaturas medias mensuais poden caer por embaixo do 0 °C. Un exemplo pode ser Mesón de Herosa, a 900 msnm, no concello da Gudiña:

Mesón de Erosa
1931-1960 xan feb marz abr mai xuñ xull agost set out nov dec ANUAL
Temp. media (°C) 3,6 4,2 7,2 8,8 12,0 15,3 17,8 18,0 15,5 11,5 7,7 4,4 10,3
Precipitacións (mm) 157 127 155 120 168 73 13 40 93 124 204 200 1474

Zonas bioxeográficas

CastañodePumbariños
Souto de Rozabales e castiñeiro de Pumbariños.

A provincia de Ourense, pertence á zona bioxeográfica Eurosiberiana, como o resto da Galiza, pero a súa situación especial fai que se atope en transición entre a provincia Atlántica daquela, e a provincia Carpetano-Ibérico-Leonesa que xa forma parte da rexión Mediterránea. Esta zona de transición comprende tamén parte da provincia de Lugo.

A flora está marcada por especies típicas mediterráneas: aciñeiras, sobreiras, érbedos, que mesmo poden formar matos boscosos nas partes máis meridionais e orientais da provincia. A especie típica da flora galega o carballo (Quercus robur), presente na parte occidental da provincia, está substituído no Centro-Sur e Oriente provincial polo carballo cerquiño, que nas comarcas máis orientais denominan rebolos. Nos ríos os amieiros, bidueiras e salgueiros, típicos da provincia Atlántica, conviven nas beiras dos ríos e outros lugares húmidos, con chopos, que son máis mediterráneos. A vexetación degradada, aínda con predominio de toxos e xestas, nas zonas occidentais da provincia, ve xurdir grandes extensións de uces, que tinxen de morado ou branco, abas enteiras dos montes, recobrando a cor amarela a grande altura cos piornos. Aparecen tamén plantas aromáticas, típicas da garriga e do maquis mediterráneo: estebas, lavanda, cantroxo ou azaia (Lavandula pedunculata), tomiño, ourego etc.

A intervención humana mudou a paisaxe boscosa, introducindo eucaliptos, piñeiros e, desde moito máis antigamente, o castiñeiro. Mais entanto o eucalipto está reducido ás terras baixas occidentais, o piñeiro está adaptado en toda a provincia, aínda que a certas alturas medra con dificultade. O castiñeiro forma masas boscosas relativamente extensas en concellos do Macizo Central, como Chandrexa de Queixa ou A Pobra de Trives, mentres noutros son soutos maiores ou menores.

A fauna, consecuentemente, pode contar con especies tanto atlánticas como mediterráneas. Mentres a velenosa víbora de Seoane (Vipera seoanei) está espallada ata o Norte de Galiza, outras especies de réptiles prefiren medios máis cálidos, polo que son relativamente abundantes nesta provincia, entre elas cabe indicar a outra cobra velenosa galega a víbora fociñuda (Vipera latasti). Varias son as especies emblemáticas en perigo, como a perdiz charrela (Perdix perdix) propia das alturas, que ten o límite meridional de expansión precisamente na serra do Xurés.

Zonas protexidas

Ribeira Sacra. Río Sil. Lugo. Galiza
Canón do Sil.

A provincia conta con varias zonas de protección ambiental, con distintas cualificacións:

Parques naturais:

Os dous primeiros son tamén Zonas de Especial Protección de Aves (ZEPA).

Monumentos naturais:

Lugares de Importancia Comunitaria (LIC):

Estes dous últimos lugares están en trámites para seren declarados parques naturais.

Asemade está prevista a declaración de LIC, neste ano de 2007, para:

Notas

  1. IGE (ed.). "Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro. Ano 2017. Ourense".
  2. "gl.wiktionary.org". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2006. Consultado o 04 de xullo de 2008.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Boborás

Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003). Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial.O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boborao ou boborés.

Castro de Armeá

O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.

Castro de Castromao, Celanova

O castro de Castromao é un castro situado no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos. En 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Castro de San Millao

O castro de San Millao é un poboado castrexo situado na parroquia de Santa María de San Millao, no concello ourensán de Cualedro. É coñecido tamén coma Cidá do Castro ou Cidá de Grou.

Comarca da Baixa Limia

A comarca da Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Bande. Pertencen a esta comarca os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.

Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Comarca da Terra de Caldelas

A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.

Comarca da Terra de Celanova

A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Comarca da Terra de Trives

A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. A súa poboación era de 4.111 habitantes no 2017 e unha extensión de 431,71 quilómetros cadrados.

Comarca de Allariz - Maceda

A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

Comarca de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Comarca de Valdeorras

A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. A cal pertencen os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. En total abrangue 969,2 km², caracterízase pola súa elevación, aquí está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Comarca de Verín

A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. A cal pertencen os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Comarca de Viana

A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Viana do Bolo. A cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.

Comarca do Carballiño

A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Comarca do Ribeiro

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia

Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia.

Parroquias de Galicia

Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o Nomenclátor oficial da Xunta, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Galicia Galicia  · Concellos da provincia de Ourense
Provincias de Galicia

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.