Provincia de Mondoñedo

A antiga provincia de Mondoñedo foi unha das sete en que estaba dividida Galiza durante a Idade Moderna, desaparecendo a partir de 1833 (edicto de 30 de novembro de 1833[1]) coa nova división provincial que crea o novo Estado liberal, e que partiu o territorio galego nas catro provincias actuais. Mondoñedo pasaría a ser absorbida dentro da nova provincia de Lugo. Aínda que non hai unha data clara de aparición desta provincia, xunto coa Tui, son as últimas en xurdir na documentación, arredor de 1550.

Extensión e límites

A provincia de Mondoñedo ocupaba unha extensión de 2.020 km². Mondoñedo lindaba ao oeste coa provincia de Betanzos, ao sur coa de Lugo, ao leste co Principado de Asturias e ao norte co mar Cantábrico. Os límites, respecto a Betanzos, estaban marcados pola serra da Faladoira, ata a Pena Branca, desde aí o río Sor marcaba a linde. Con respecto a Lugo, estaban sinalados polos que actualmente corresponden ao concello de Abadín e as freguesías de Vilaboa e Vilaoudriz (A Pontenova), pertencendo os tres a Mondoñedo; no Coto de Frades, 961 m, marcábase o triplo confín de Mondoñedo con Lugo e Asturias. Entón como agora, o río Eo desde o lugar de Conforto, e a súa consecuencia, a ría de Ribadeo, sinalaban a divisoria a respecto de Asturias, máis a crista dos montes que conducen á cima do citado Coto de Frades, desde Conforto marcaba a última raia que separaba do Principado. Estes límites sinalados por Labrada, parece que deben corrixirse na ría, pois en sentenza do ano 1580, Castropol estendía a súa xurisdición "dunha parte a outra da ría", polo que se sinalaban unha serie de penedos como límites asturianos na beira esquerda, como Mirasol, Villavella ou O Costal. A división provincial do 1834, situaría de novo o centro das augas como divisoria.

Cidades

Ademais da capital, Mondoñedo, as cidades principais, dentro do que entón se entendía por tal, eran Viveiro e Ribadeo, cuxos organismos reitores non sempre se mostraron conformes coas decisión tomadas na primeira. Mondoñedo era e é cidade episcopal, e a súa diocese abranguía maior superficie que a da provincia.

Subdivisións

Como o resto das provincias, estaba dividida principalmente en xurisdicións e coutos. Entre os primeiros p.ex. Bares e Mogor, Castromaior e Labrada, Galdo, Vilameá, Nois e Foz, Muras, Riotorto e Orrea, Trabada, Miranda etc; entre os coutos: Cabarcos, O Canedo, Burela, Vilaronte, Navea, Oirán etc. As consideradas cidades ou vilas posuían a súa propia xurisdición; ademais de Mondoñedo, Viveiro e Ribadeo, gozaba da mesma consideración Vilanova de Lourenzá.

Caracteres administrativos

As antigas provincias carecían das competencias que terá as provincias contemporáneas. O seu papel principal era o de servir de unidades fiscais. Nun segundo plano servían para a designación dos representantes na Xunta de Galicia, monopolio que practicamente ostentaban as familias fidalgas da cidade episcopal, con dereito a presentar candidaturas ao concello mindoniense.

Notas

  1. Fernández Vilalba, Xosé Isidro (10 de agosto de 2014). "A Provincia de Mondoñedo. Extensión e lindes". www.terraetempo.gal. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 2018-06-22.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Abadín

Abadín ( pronunciación ) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.646 habitantes. (2.896 no 2009, 3.141 no 2006, 3.201 no 2005, 3.256 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «abadinés» ou «abadinense» .

Cervo

Cervo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.369 habitantes (4.847 no 2006, 4.949 no 2005, 4.978 no 2004, 5.060 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervense».

Foro (contrato)

O foro é un tipo de contrato, especialmente agrario, de longa duración ou, eventualmente, perpetuo, polo que unha persoa ou institución —fidalguía e Igrexa— lle cede a outra o uso ou proveito dunha cousa ou ben (xeralmente unha terra), a cambio do cumprimento de diversas condicións previamente estipuladas.

Linguas britónicas

As linguas britónicas son linguas indoeuropeas, do grupo das linguas célticas xunto coas linguas goidélicas.

Lourenzá

Lourenzá é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.259 habitantes (2. 338 no 2014, 2.629 no 2006, 2.677 no 2005, 2.700 no 2004, 2.730 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «laurentino».

Manuel Freire Castrillón

José Manuel Freire Castrillón, nado en Santiago de Compostela en 1751 e finado cara 1820, foi un comerciante, político e xornalista galego.

Mondoñedo

Mondoñedo (do latín mindunietum, medieval) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.991 habitantes, cunha densidade de poboación de 28 hab./km². O seu xentilicio é «mindoniense».

Mondoñedo ten sé episcopal compartida con Ferrol. O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol reside alternativamente nunha e noutra cidade.

Mondoñedo (homónimos)

O topónimo Mondoñedo (do latín mindunietum, medieval) pode referirse a:

Mondoñedo, concello da provincia de Lugo, na comarca da Mariña Central; antes chamada Vilamaior do Val de Brea (Valibria), recibe este nome desde o ano 1112.

Santiago de Mondoñedo, parroquia de dito concello;

Mondoñedo, parroquia do concello;

Mondoñedo, lugar desta última parroquia;

San Martiño de Mondoñedo, parroquia do concello de Foz, sede episcopal até o ano 1112;

Provincia de Mondoñedo, antiga provincia do Reino de Galicia;

Pablo Mosquera Mata

Pablo Alejandro Mosquera Mata, nado en Lugo o 29 de xuño de 1947,, é un médico de familia e especialista en Medicina do Traballo, político e escritor galego, máis coñecido como Bígaro. Alumno de Francisco Rivera Casás, e logo Licenciado en Medicina pola Universidade Complutense de Madrid, foi cofundador en 1989 de partido Unidad Alavesa, co obxectivo da creación dunha comunidade autónoma foral para a provincia de Áraba, de xeito semellante a Navarra. Activista cultural, ten escrito unha decena de libros e moitos artigos, que se suman ós publicados sobre temas médicos.

Pataca

A pataca ( pronunciación ), baloca, batata ou castaña da terra é o tubérculo da planta da pataca ou pataqueira (Solanum tuberosum), unha planta da familia das solanáceas, orixinaria de América do Sur e cultivada en case todo o mundo polo seu tubérculo comestíbel.

Con frecuencia adóitase citar como endémica dos Andes nunha área que coincide aproximadamente co sur do Perú, onde foi cultivada e consumida polo menos dende o VIII milenio a.C. , porén dende hai séculos a planta é cultivada noutras latitudes dando lugar a diversas variedades de patacas.

En Galicia a maior zona de produción do tubérculo é a comarca da Limia, de cuxo comercio procede a principal fonte de ingresos da comarca. En Vilalba (Terra Chá) e Coristanco (comarca de Bergantiños), cultivan a pataca como complemento dos ingresos da actividade agraria e do autoconsumo, resultando un produto de grande sona e calidade en feiras e mercados.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Provincia de Betanzos

A Provincia de Betanzos era unha das sete provincias históricas nas que se dividía o territorio de Galicia na Idade Moderna, entre finais do século XV até a división territorial de España en 1833 feita por Javier de Burgos.

Provincia de Tui

A provincia de Tui foi unha das sete (primeiro cinco) en que estivo dividida Galiza na Idade Moderna, ata a nova división provincial de 1833, en que pasou a ser integrada na nova provincia de Pontevedra, onde actualmente conforma o seu territorio máis meridional. Foi das dúas últimas en ser creadas, aparecendo arredor de 1550. A súa capital era a cidade episcopal Tui.

Ribadeo

Ribadeo é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, a comezos de 2018 tiña 9900 habitantes (en 2015, 9929), despois de superar por primeira vez en 2011 a barreira dos 10 000 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadense».

Riotorto

Riotorto é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.364 habitantes (1.634 no 2006, 1.669 no 2005, 1.726 no 2004, 1.762 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «riotortego» ou «riotortense».

Xove

Xove é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.456 habitantes (3.614 no 2006, 3.636 no 2005, 3.603 no 2004, 3.574 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xovego ou xovense.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.