Provincia de Mendoza

A provincia de Mendoza é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1.741.610 habitantes (2010) e a súa capital é Mendoza.

Situada na Rexión de Cuyo, limita polo norte coa provincia de San Juan, polo leste coa provincia de San Luis, polo sur coa La Pampa e Neuquén, e polo oeste con Chile; este último límite segue a cordilleira dos Andes.

Cunha superficie de 148 827 km², é a sétima provincia máis extensa do país, polo que ocupa o 5,35% da superficie total do mesmo.

Provincia de Mendoza
Bandera de la Provincia de Mendoza Mendoza province COA
Capital
poboación (ano)
Mendoza
114.822 habitantes (2010)
Provincia de Mendoza (Argentina)
Gobernador Francisco Pérez (FpV-PJ)
Superficie 148.827 km²
Poboación
Densidade
1.741.610 hab. 2010
14,70 hab./km².
Analfabetismo 3,2%

Véxase tamén

Ligazóns externas

América do Sur

América do Sur ( pronunciación ), tamén chamada Suramérica ( pronunciación ), anteriormente coñecida simplemente como América (1507-1538), é o subcontinente austral de América. Está atravesada pola liña ecuatorial no seu extremo norte, quedando así a maior parte do seu territorio comprendida dentro do hemisferio sur. Está situada entre o océano Atlántico e o océano Pacífico, que delimitan os extremos leste e oeste respectivamente, mentres que o mar Caribe delimita polo norte e o océano Antártico o seu extremo sur. Ocupa unha superficie de 17,8 millóns de km², o que representa un 42% do continente americano e un 12% das terras emerxidas, e está habitada polo 6% da poboación mundial.Inclúe hoxe en día doce países: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Güiana, Paraguai, Perú, Suriname, Uruguai e Venezuela, aínda que hai libros que inclúen á nación caribeña de Trinidad e Tobago por atoparse sobre a plataforma continental de Venezuela. Os países que bordean o mar Caribe —Colombia, Venezuela, Güiana, Suriname e Trinidad e Tobago e tamén a Güiana Francesa, que é un departamento de ultramar de Francia, e Aruba, Curaçao e o estado de Bonaire pertencentes ao Reino dos Países Baixos— coñécense en conxunto como o Caribe suramericano, mentres que Arxentina, Chile, Uruguai e o sur de Brasil, forman o Cono Sur, unha rexión do subcontinente que se caracteriza polos máis altos estándares de calidade de vida e desenvolvemento en relación ao resto de Latinoamérica. Colombia e Venezuela, ademais de estaren na rexión Caribe, pertencen tamén xunto a Bolivia, Ecuador e Perú á zona andina e aos países da conca do Amazonas.

Desde o século XVI ata principios do século XIX a maior parte de América do Sur estaba dividida en colonias gobernadas, maioritariamente, por España e Portugal, seguidas por unha colonia do Reino Unido, unha de Francia e outra dos Países Baixos que se foron convertendo en repúblicas, coa excepción da Güiana Francesa convertida en Departamento de Ultramar francés (Rexión Ultraperiférica europea) e as illas Malvinas e illas veciñas. Aínda que o límite actual de América do Sur con América Central se sitúa nunha liña imaxinaria na selva do Darién, foi a partir da construción da Canle de Panamá que se comeza a asociar este país con América Central en medios anglosaxóns. Finalmente no ano 1955, Panamá pasa a formar parte de América Central xeograficamente, pero mantén lazos históricos e culturais con América do Sur.

Andes

Os Andes (quechua: Antis, "rexión dos antis") é unha cordilleira montañosa de América do Sur. O seu percorrido é de norte a sur pola costa occidental do continente, dende Venezuela ata a Patagonia, pasando por Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile e Arxentina. Ten unha lonxitude de máis de 7500 km, unha anchura que oscila entre uns 180 km ata 700 km e a súa altitude media situase o redor dos 4000 metros. O seu punto máis elevado é o pico Aconcagua con 6.959 metros.

Na súa parte meridional unidade e é fronteira natural entre Chile e Arxentina. Na parte central divídese en dous cordóns, Cordilleira Occidental e Cordilleira Oriental, formando entre os dous cordóns unha meseta de grande altitude, chamada Altiplano. Esta separación continua ata Colombia onde antes de chegar ó Mar Caribe divídese en tres cordóns.

Antón Alonso Ríos

Antón Hipólito Alonso Ríos, nado en Camporrapado (Cortegada, Silleda) o 15 de agosto de 1887 e finado en Buenos Aires o 12 de outubro de 1980, foi un mestre, escritor, líder agrarista e político galego que presidiu o Consello de Galiza. Durante os tres anos que durou a Guerra civil fíxose pasar polo “Siñor Afranio” e foi mendigo, traballou nas colleitas e foi criado de casa. Conseguiu sobrevivir asemade que foi vendo como os seus amigos e compañeiros foron apresados, torturados e asasinados.

Chaira

En xeografía, unha chaira é unha grande extensión de terra plana ou con lixeiras ondulacións.

Departamento de Santa Rosa

Departamento de Santa Rosa pode referirse a:

Departamento de Santa Rosa, Guatemala, un departamento de Guatemala.

Departamento de Santa Rosa, Catamarca, un departamento da provincia de Catamarca, Arxentina.

Departamento de Santa Rosa, Mendoza, un departamento da provincia de Mendoza, Arxentina.

Diego Tonetto

Diego Rubén Tonetto, alcumado O Mago, nado o 7 de decembro de 1989 en Guaymallén, Mendoza, é un futbolista arxentino, con pasaporte italiano, que xoga como dianteiro no Estudiantes de Buenos Aires da Primera B Metropolitana (terceira categoría arxentina).

Enzo Pérez

Enzo Nicolás Pérez, máis coñecido como Enzo Pérez, nado en Maipú, Mendoza, o 22 de febreiro de 1986, é un futbolista internacional arxentino que xoga como centrocampista para o CA River Plate e a selección arxentina.

La Paz

O topónimo castelán La Paz pode referirse a:

Arxentina

La Paz, departamento da provincia de Catamarca;

La Paz, localidade do departamento de San Javier, na provincia de Córdoba;

La Paz, departamento da provincia de Entre Ríos;

La Paz, localidade da provincia de Entre Ríos;

departamento La Paz, departamento da provincia de Mendoza;

La Paz, localidade da provincia de Mendoza.Bolivia

A Paz, capital administrativa de Bolivia;

La Paz, departamento con capital en dita cidade;Colombia

La Paz, municipio do departamento de Cesar;

La Paz, municipio do departamento de Santander;

La Paz, inspección municipal do municipio de Anapoima, departamento de Cundinamarca;

La Paz, correxemento do municipio de Cali.España

La Paz, localidade do municipio de La Carlota, na provincia de Córdoba;

La Paz, localidade do municipio de Fuente Vaqueros, na provincia de Granada;

La Paz, localidade do municipio de Gilet, na provincia de Valencia;

La Paz, localidade do municipio de Murcia, na provincia de Murcia;

La Paz, localidade do municipio de Puerto de la Cruz, na provincia de Santa Cruz de Tenerife;

La Paz, barrio de Cádiz;

La Paz, barrio de Granada;

La Paz, barrio de Madrid;

La Paz, barrio de Málaga;

Torrero-La Paz, distrito de Zaragoza.O Salvador

La Paz, departamento.Honduras

Departamento de La Paz, no suroeste do país;

La Paz, cidade capital de dito departamento;México

La Paz, cidade cabeceira do municipio homónimo e capital do estado de Baixa California Sur;

La Paz, municipio do estado de Baixa California Sur;

La Paz, municipio do estado de México.Uruguai

La Paz, localidade do departamento de Canelones;

La Paz, vila do departamento de Colonia;

Leo Marini

Alberto Batet Vitali, coñecido como Leo Marini, nado en Mendoza o 23 de agosto de 1920 e finado o 15 de outubro de 2000, foi un cantante e actor arxentino. Era alcumado "la voz que acaricia" . Destacou principalmente no xénero bolero. Colaborou con bandas como La Sonora Matancera.

Mendoza, Arxentina

A cidade de Mendoza é a capital da provincia homónima, na Arxentina. En termos de poboación, en 2001 tiña 110.993 habitantes. Localízase no oeste do país, nas beiras da Cordilleira dos Andes, sendo un importante centro de produción de viño e aceite, ademais de ser dos máis importantes puntos turísticos da Arxentina. Mendoza foi fundada no ano 1561 por Pedro del Castillo. A súa área é de 57 km². O xentilicio da cidade é mendocino/a.

Nicolás del Caño

Nicolás del Caño, nado en Córdoba, o 6 de febreiro de 1980, é un político arxentino, Deputado nacional pola provincia de Mendoza e dirixente do Partido dos Traballadores Socialistas (PTS).

Palmira (homónimos)

O topónimo Palmira pode referirse a:

Palmira, antiga cidade aramea;

Palmira, municipio cubano da provincia de Cienfuegos;

Palmira, localidade arxentina da provincia de Mendoza;

Palmira, cidade colombiana do departamento de Valle del Cauca;

Palmira, correxemento panameño da provincia de Chiriquí;

Palmira, correxemento panameño da provincia de Colón;

Palmira, correxemento panameño da provincia de Los Santos;

Palmira, vila venezolana do estado de Táchira;

Nueva Palmira, cidade e porto uruguaio do departamento de Colonia.

Pedro Ramiro López

Pedro Ramiro López, nado en San Rafael (Arxentina) o 12 de setembro de 1978, é un eclesiástico católico latino, misioneiro e superior de Taxiquistán dende 2013.

Provincia da Pampa

A provincia da Pampa é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 316.940 habitantes (2010) e a súa capital é Santa Rosa. Limita ao oeste coa provincia de Mendoza, ao sur co río Colorado que a separa da provincia de Río Negro, ao leste coa de Buenos Aires e ao norte con San Luis e Córdoba. Os límites das provincias da Pampa, Río Negro, Mendoza e Neuquén, atópanse nun punto, na intersección do río Colorado coa traza errónea do meridiano X Oeste de Buenos Aires (68º 15' O).

Trátase dunha das provincias máis novas do país, xa que foi recoñecida politicamente en 1952. Até ese ano foi un Territorio Nacional (Territorio Nacional da Pampa), que debido á lei Nº 14037 sancionada na cámara de deputados, o Territorio Nacional da Pampa, xunto ao Territorio Nacional del Chaco transformáronse en provincias pola promulgación de Juan D. Perón (entón presidente da Arxentina).

Sitúase no centro do país, contendo as últimas características da pampa húmida (cara ao noroeste), con signos distintivos da Patagonia cara ao oeste e sur, e entre eles unha gran franxa con orientación noroeste-sueste denominada «caldenal», zona que alberga bosques de caldén, unha árbore que conta nesta provincia co seu centro de dispersión mundial.

Provincia de Neuquén

Neuquén é unha provincia arxentina situada no centro-oeste do país. A súa área é de 94.078 km2, cunha poboación no ano 2008 de 547.742 habitantes. A súa capital é a cidade homónima de Neuquén.

Quino

Joaquín Salvador Lavado, máis coñecido como Quino, nado en Guaymallén (provincia de Mendoza), o 17 de xullo de 1932, é un humorista gráfico arxentino. A súa obra máis famosa é a tira cómica de Mafalda, publicada entre 1964 e 1973.

Santiago Pampillón

Santiago Pampillón, nado en Mendoza o 29 de marzo de 1942 e falecido en Córdoba o 12 de setembro de 1966, foi un obreiro e estudante integralista arxentino, asasinado pola policía. Desde entón correntes estudantís das máis diversas tendencias invocan o seu nome como símbolo do activismo universitario.

Provincias
Cidade autónoma

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.