Provincia de Málaga

A provincia de Málaga está situada na parte oriental da Andalucía, sobre a costa mediterránea desa comunidade. Linda con as provincias de Cádiz e de Granada, polo Oeste e Leste, respectivamente; polo Norte con as provincias de Sevilla e de Córdoba. Ten unha superficie de 7.306 km² e unha poboación de 1.453.409 habitants (2005), distribuídos en 100 municipios; a densidade media demográfica é de cerca de 200 hab/km². A capital é a cidade homónima de Málaga, estando o goberno e a administración dos intereses provinciais encomendados á Deputación Provincial de Málaga.

Ata 1995 a provincia incluía Melilla.

Provincia de Málaga
Flag Málaga Province
Coat of Arms of Málaga Province
Provincia Málaga
Capital Málaga
Área 7.308 km²
Poboación 1.624.145 hab. (2011)
Densidade 222,24 hab./km²
Concellos 100
Xentilicio Malagueño/a

Xeografía

Boa parte do seu territorio está comprendido dentro das serras do Sistema Penibético separadas pola Depresión Intrapenibética, nesta provincia coñecida como a Foxa de Antequera. No Oeste sitúase a comarca da Serranía de Ronda e polo Leste os maiores accidentes orográficos son a serra de Almijara, Tejeda e Alhama. Ao Sur, paralela á Serranía de Ronda érguese a Serra Bermeja. Ao pé da Serranía de Ronda sitúase Foxa de Málaga.

A vexetación espontánea normalmente inclúe matogueira, sendo o palmito (Chamaerops humilis) a planta representativa. Tamén aparecen fragas de piñeiros e pinsapos (comúns na Serra de Grazalema). No interior dominan os bosques de aciñeiras e sobreiras.

Comarcas

A división comarcal da provincia está regulamentada pola Deputación de Málaga, e actuamente son as seguintes:

Espazos protexidos

Son cinco os parques naturais que existen na provincia:

  • Parque natural da Sierra de las Nieves.
  • Parque natural dos Montes de Málaga.
  • Parque natural dos Alcornocales.
  • Parque natural da serra de Grazalema.
  • Parque natural das serras de Tejeda, Almijara e Alhama.

Son seis as paraxes naturais:

  • Cantís de Maro.
  • Desembocadura do Río Guadalhorce.
  • Desfiladeiro dos Gaitanes.
  • Los Reales de Sierra Bermeja
  • Los Reales de Sierra Crestellina.
  • Torcal de Antequera.

Parques Periurbanos:

  • Devesa de El Mercadillo.
  • Piñeiral de El Hacho.
  • Serra de Gracia.

Monumentos Naturais:

  • Tornillo del Torcal.
  • Pinsapos de Las Escaleretas.
  • Falla da Serra del Camorro.
  • Cañón de Las Buitreras.
  • Dunas de Artola ou Cabopino.

Reservas Naturais:

  • Reserva Natural Lagoa de Fuente de Piedra.
  • Lagoa de la Ratosa.
  • Lagoas de Archidona.
  • Lagoas de Campillos.

Véxase tamén

Alhaurín de la Torre

Alhaurín de la Torre é un municipio situado na provincia de Málaga, na comunidade autónoma de Andalucía, España. Pertence á comarca do Val do Guadalhorce e á súa vez está dentro do Área Metropolitana de Málaga a 19 km de Málaga.

É o municipio máis poboado da comarca do Guadalhorce e o terceiro do interior da provincia con 33.567 habitantes, por detrás de Antequera e Rolda. Alhaurín de la Torre experimentou un notable ascenso de poboación na década dos 90 debido á expansión da área Metropolitana de Málaga.

Foi fundada polos fenicios procedentes na súa maioría de Libia e está rodeada pola Sierra de Mijas e a Hoya de Málaga, e atravesada polo río Guadalhorce.

É actualmente cidade sede da Prisión Provincial de Málaga.

Alhaurín el Grande

Alhaurín el Grande é unha cidade do sur de España, situada na provincia de Málaga, Andalucía. Pertence á comarca do Valle del Guadalhorce. En 2009 contaba cunha poboación de 23.319 habitantes segundo o INE, dispersos en 73 km² de superfície.

Historicamente é unha vila de presenza musulmá e que a data de hoxe aínda alberga restos da cultura arábiga, restos arqueolóxicos que veñen explicar a importancia do municipio como enclave estratéxico, sobre todo polas torres de vixilancia das que pouco se conserva, pero que veñen xustificar un papel importante dentro do marco histórico da antiga Al-Ándalus.

Entre as festividades máis importantes do municipio cabe destacar os días de San Antón e San Sebastián en xaneiro, o Entroido, a Semana Santa e a feira de maio.

Antequera

Antequera é un municipio de Andalucía, na Provincia de Málaga, España. A súa poboación é de 44.547 habitantes. Está situado na comarca do mesmo nome, a 45 km de Málaga e a 160 km de Sevilla.

Ardales

Ardales é un concello español da provincia de Málaga, na comunidade autónoma de Andalucía. Está situado nas estribacións setentrionais da serra das Neves na súa transición cara aos encoros do Guadalhorce e entre os concellos de Álora, Teba e Casarabonela.

En 2015 tiña unha poboación de 2.527 habitantes. Atópase a unha altitude de 445 metros sobre o nivel do mar e a 52 km da capital provincial, Málaga.

Entre os seus lugares de interese cabe destacar o Castelo da Peña, do século IX, o poboado rupestre de Bobastro, os encoros do Guadalhorce, o Caminito del Rey e a cova prehistórica Doña Trinidad.

Benahavís

Benahavís é un concello español da provincia de Málaga, en Andalucía. Tiña unha poboación de 7.105 habitantes en 2015.

Atópase na comarca da Costa del Sol Occidental, entre Marbella, Estepona e Ronda. É unha vila de montaña, situada a 7 km da costa, na Serranía de Ronda.

Benahavís mestura o tipismo dos tradicionais pobos brancos da provincia de Málaga coa modernidade dunhas infraestruturas turísticas propias do século XXI. O municipio reúne unha decena de campos de golf, diversos recursos para a práctica de deportes de aventura nunha fermosa contorna natural e unha variada oferta gastronómica.

Benalmádena

Benalmádena é un municipio andaluz, situado na costa da provincia de Málaga, coñecida como a costa do Sol. O municipio está integrado no Área Metropolitana de Málaga e na comarca da Costa del Sol Occidental. Baixo esta última división territorial, Benalmádena está mancomunada xunto a outros municipios dentro da Mancomunidade de Municipios da Costa do Sol Occidental.

Comares

Comares é un municipio da provincia de Málaga, situado nos arredores dos Montes de Málaga a 703 metros de altitude. Pertence á comarca da Axarquía.

A súa poboación segundo o padrón municipal en 2003 era de 1.365 habitantes (723 homes e 642 mulleres). O nacemento de Comares está ligado coa chegada dos gregos focenses nas costas de Málaga no século VII a.C. Comares destaca por ser o berce dos Verdiales, un folclore típico da provincia de Málaga.

Coín

Coín é un municipio do sur de España, pertencente á provincia de Málaga, Andalucía. Está situado na comarca do Valle del Guadalhorce, a uns 33 km ao oeste de Málaga e a uns 30 km ao norte de Marbella. Coín é a cabeza do partido xudicial do mesmo nome.

O seu termo municipal ten unha superficie de 127 km² e limita cos municipios de Monda, Guaro, Alozaina, Pizarra, Cártama, Alhaurín el Grande, Ojén e Mijas. Segundo o censo de 2008, contaba cunha poboación de 21.484 habitantes e unha densidade de 169,17 hab/km².

A economía do municipio estivo baseada tradicionalmente na agricultura, coexistiendo coa minería do mármore existente desde os tempos romanos e a cerámica. No entanto, o turismo, a construción e a hostalería substituíron á antiga industria ceramista, aínda que aínda quedan varias canteiras de onde se extrae mármore, dolomita e area para construción basicamente.

Estepona

Estepona é un municipio da provincia de Málaga, na comunidade autónoma de Andalucía, España. Está situada na Costa do Sol e é un destino turístico popular, especialmente durante o verán polo seu clima mediterráneo e os seus 21 km de praias.

Ten unha pequena actividade pesqueira e agrícola. A súa poboación censada é de ao redor de 60.000 habitantes, en continuo crecemento demográfico, que destaca pola súa composición multicultural. Está integrada na Mancomunidade de Municipios da Costa do Sol Occidental.

Os seus habitantes denomínanse esteponeiros.

Marbella

Marbella é unha cidade e concello do sur de España, que pertence á provincia de Málaga, en Andalucía. É a capital da comarca da Costa del Sol Occidental. Está situada á beira do Mediterráneo, entre Málaga e o estreito de Xibraltar e ó carón dos Picos Serra Blanca e Juanar. Segundo os datos do INE a poboación en 2005 era de 124.333 habitantes e a súa extensión de 114,3 km2, cunha lonxitude de costa de 26 km.

Marbella Fútbol Club

O Marbella Fútbol Club, coñecido anteriormente como Unión Deportiva Marbella, é un club de fútbol español da cidade de Marbella, na provincia de Málaga. Foi fundado en 1997 e actualmente xoga na Segunda División B Española.

Málaga

Málaga é unha cidade do sur de España, capital da provincia de Málaga, en Andalucía. Está situada no extremo oeste do litoral meridional do mar Mediterráneo, a pouco máis de 100 km ao leste do estreito de Xibraltar.

Nerja

Nerja é un municipio e cidade da provincia de Málaga (Andalucía) e o pobo máis oriental da comarca da Axarquía. É un destino turístico pertencente á Costa do Sol. Ten unha poboación oficial de máis de 22.000 habitantes. Case un terzo dos residentes son estranxeiros, predominantemente ingleses.

Periana

Periana é un municipio español situado na provincia de Málaga, Andalucía. Pertence á comarca da Axarquía e está a 58 km de Málaga e 23 km de Vélez-Málaga.

Ronda

Ronda é unha cidade pertencente á comunidade autónoma de Andalucía, situada no noroeste da provincia de Málaga (España). É a cabeza do partido xudicial homónimo e a capital da comarca da Serranía de Ronda.

No ano 2008 contaba con 36.532 habitantes, que a converten no segundo municipio máis poboado do interior da provincia tras Antequera. O seu termo municipal esténdese sobre unha meseta coñecida como depresión de Ronda e polas serras que a circundan. Ten unha superficie de 481 km² e unha densidade de poboación de 75,95 hab/km².

Ronda ten a súa orixe na Arunda romana que se constituiría a partir de asentamentos ibéricos existentes. Os visigodos déronlle continuidade ata a chegada dos musulmáns, quen consolidaron o seu papel de cabeceira comarcal non perdida ata a data e a súa entidade urbana. O seu emprazamento facilitou a defensa da cidade e púxoa nunha situación estratéxica para dominar os pasos e camiños cara á baixa Andalucía. Isto e a dispoñibilidade de terras aptas para a agricultura concedéronlle finalmente unha importancia histórica notable.

A cidade aséntase ao redor dunha profunda sima á que asoman algúns edificios do seu centro histórico. Por esta razón e pola cantidade dos monumentos que posúe, Ronda converteuse nun centro turístico notable. A cornixa da sima e a ponte que a salva son a imaxe por antonomasia da cidade.

Torremolinos

Torremolinos é un municipio español situado na provincia de Málaga, na costa mediterránea da comunidade autónoma de Andalucía. É a cabeza do partido xudicial homónimo e está integrado na comarca da Costa do Sol Occidental, a mancomunidade do mesmo nome e o área metropolitana de Málaga.

Villanueva del Trabuco

Villanueva del Trabuco é un municipio andaluz da provincia de Málaga, España. Está integrado no partido xudicial de Archidona. Ten unha extensión de 59 km² e unha poboación no 2008 de 5385 habitantes.

Está situado entre o Mediterráneo e a depresión do Guadalquivir dentro do sistema Bético, nas faldras das serras Gorda, de San Jorgue e Gibalto. Áchase a 51 km de Málaga.

Vélez-Málaga

Vélez-Málaga é un municipio da provincia de Málaga, na comunidade autónoma de Andalucía, España. É a capital da comarca da Axarquía, a sede da Mancomunidade de Municipios Costa do Sol-Axarquía e a cabeza do partido xudicial que leva o seu nome. Goza do título de cidade desde o ano 1487.

Con 78 890 habitantes segundo o censo de 2016 (INE), Vélez-Málaga é o terceiro municipio da provincia en canto a poboación. Esta atópase dispersa en varios núcleos urbanos, numerosas urbanizacións costeiras e casaríos no interior. O seu termo municipal abarca unha superficie de 158 km² que se estenden pola veiga do río Vélez e as montañas circundantes, abríndose cara ao Mediterráneo polo sur.

O nome de Vélez-Málaga aparece no Quixote da Mancha: ¡Grazas sexan dadas a Deus, señores, que a tan boa parte conduciunos!, porque, se eu non me engano, a terra que pisamos é a de Vélez Málaga.

Álora

Álora é un concello español da provincia de Málaga, na comunidade autónoma de Andalucía. Está situado no centro da provincia, na comarca do Valle del Guadalhorce.

En 2015 tiña unha poboación de 13.003 habitantes. Atópase a unha altitude de 222 metros sobre o nivel do mar entre tres grandes outeiros xunto ao río Guadalhorce.

Entre os seus lugares de interese cabe destacar o Desfiladeiro dos Gaitanes co seu Caminito del Rey e o castelo de Álora.

Andalucía Andalucía  · Concellos da provincia de Málaga

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.