Provincia de Lleida

A provincia de Lleida (en aranés: Lhèida) é a máis occidental das catro provincias da Comunidade Autónoma de Cataluña, a súa capital é a cidade homónima de Lleida. A provincia ten 399.439 habitantes, dos que aproximadamente un 30% vive na capital provincial. A superficie da provincia acada 12.150 km2.

Provincia de Lleida
Bandera de la provincia de Lérida
Escut de la província de Lleida
Provincia Lleida
Capital Lleida
Área 12.150 km²
Poboación 439.253 hab. (2010)
Densidade 35,92 hab./km²
Concellos 231
Xentilicio ilerdense (lleidatà)

Comarcas de Lleida

Tamén inclúe Gósol, municipio da comarca do Berguedà (o resto da comarca é da provincia de Barcelona).

Partidos xudiciais

Localidades importantes

Datos de 2004.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Alcarràs

Alcarràs é un concello da provincia de Lleida, en Cataluña, pertencente á comarca do Segrià. Está situado a 8 km de Lleida.

Tiña en 2014 unha poboación de 9.252 habitantes repartidos en 3 entidades de poboación: Alcarràs (capital do concello), Montagut e Vallmanya.

Arres

Arres é un concello do Val de Arán, na provincia de Lleida. Está situado no terçon de Irissa.

Tiña en 2014 unha poboación de 73 habitantes, repartidos en 3 entidades de poboación: Arres de Jos (capital), Arres de Sus e Era Bordeta.

No municipio atópase a Mina Victòria, un antigo xacemento de blenda e chumbo.

Bellver de Cerdanya

Bellver de Cerdanya é unha vila e concello da rexión de Cerdanya.

Bossòst

Bossòst (en catalán: Bossost) é un concello do Val de Arán, na provincia de Lleida. Está situado no terçon de Quate Lòcs, xunto ao río Garona.

Tiña en 2014 unha poboación de 1.140 habitantes.

Canejan

Canejan é un concello español da provincia de Lleida, en Cataluña. Forma parte da comarca do Val de Arán e está situado á dereita do río Garona, na fronteira con Francia.

Cervera

Cervera é un municipio catalán, pertencente á provincia de Lleida. É a capital da comarca da Segarra, situada no centro da parte meridional da comarca, no val do río Ondara.

El Pont de Suert

El Pont de Suert é un concello de Cataluña, España. Pertencente á provincia de Lleida, é a capital tradicional da Alta Ribagorça. Ten unha poboación de 2.553 habitantes (2008).

Foradada

Foradada é un concello da comarca catalá da Noguera, na provincia de Lleida. Segundo datos de 2006 a súa poboación era de 213 habitantes. Inclúe os núcleos de Marcobau, Montsonis, Rubió de Baix, Rubió de Dalt e Rubió del Mig.

Fulleda

Fulleda é un concello da Provincia de Lleida en Cataluña. Pertence á comarca de Les Garrigues.

Poboación en 2004: 114 persoas segundo o Idescat.

Limita cos concellos de: Tarrés, L'Espluga Calba, Vinaixa, Senan, Vimbodí e L'Espluga de Francolí.

Xentilicio: fulledenc/a

La Baronia de Rialb

La Baronia de Rialb é un concello catalán localizado na da provincia de Lleida. Pertenece á comarca da Noguera.

La Coma i la Pedra

La Coma i la Pedra é un concello da provincia de Lleida, en Cataluña, pertencente á comarca do Solsonès. Esténdese pola zona norte do val de Lord, na cabeceira do río Cardener.

Tiña en 2014 unha poboación de 269 habitantes repartidos en 3 entidades de poboación: La Coma (capital do concello), La Pedra e El Port del Comte.

A principal actividade económica do concello é o turismo. Nel atópase a estación de esquí Port del Comte.

La Pobla de Segur

La Pobla de Segur é un concello da provincia de Lleida, en Cataluña, pertencente á comarca de Pallars Jussà. A poboación está dividida polo río Flamisell, que separa os seus dous núcleos máis importantes.

Les

Les é un concello do Val de Arán, na provincia de Lleida. Está situado no terçon de Quate Lòcs, xunto ao río Garona. Tiña en 2014 unha poboación de 968 habitantes.

É coñecido polas súas augas termais (Banhs de Les) e pola tradición do Haro, un tronco de abeto que se planta o día de San Pedro na praza da vila e se queima na noite de San Xoán.

Lladorre

Lladorre é un concello catalán situado na comarca do Pallars Sobirà, na provincia de Lleida. O seu extenso termo municipal ocupa toda a parte setentrional do val de Cardós.

En 1847 anexionou o concello de Tavascan. Nun primeiro momento esa localidade, que sempre foi o núcleo máis poboado, era a capital municipal. Así mesmo, o concello tamén levaba ese nome.

Tiña en 2017 unha poboación de 225 habitantes, agrupados en varias entidades de poboación: Aineto, Boldís Jussà, Boldís Sobirà, Lladorre, Lleret e Tavascan.

Mollerussa

Mollerussa é a capital da comarca do Pla d'Urgell (provincia de Lleida, Cataluña, España).

Ponts, Lleida

Ponts é un concello español da provincia de Lleida, en Cataluña. Atópase no leste da comarca da Noguera, nun eixo importante de comunicacións entre a montaña, a chaira de Lleida e a Cataluña Central.

Importante na época do condado de Urgell, tiña unha poboación de 2.622 habitantes en 2017.

Provincia de Barcelona

A Provincia de Barcelona é unha provincia situado no nordés de España, que compón unha das catro divisións administrativas da comunidade autónoma de Cataluña. Limita ó nordeste coa provincia de Xirona, ó oeste coa provincia de Lleida, ó suroeste coa provincia de Tarragona e ó sur e suroeste co mar Mediterráneo.

Sort

Sort é un concello da provincia de Lleida, Cataluña, España. Foi capital do condado de Pallars, e hoxe é a capital da comarca do Pallars Sobirà. Está situada a beiras do río Noguera Pallaresa, afluente do Segre.

Cataluña Cataluña  · Concellos da provincia de Lleida

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.