Provincia de León

León (en leonés: Llión) é unha provincia española pertencente á comunidade autónoma de Castela e León. Está situada no Noroeste da Península Ibérica e a súa capital é a cidade homónima de León. Limita ao norte co Principado de Asturias e Cantabria, ao oeste con Galiza (coas provincias de Ourense e de Lugo), ao sur coas provincias de Zamora e de Valladolid, e ao leste coa provincia de Palencia.

Ten unha superficie de 15.581 km². Posuía unha poboación de 495.902 habitantes (INE 2005). A súa densidade era de 31,82 hab/km².

Lugar de paso entre importantes zonas da Península Ibérica, percorren a provincia leonesa dúas grandes rutas históricas: de Sur a Norte a Vía da Prata, e de Leste a Oeste o Camiño de Santiago.

Ademais do español, nalgunhas zonas de León fálanse outras linguas:

  • Leonés, lingua romance, derivada do latín, e unha das máis antigamente documentadas na Península Ibérica, e que está recoñecida polo estatuto castelán e leonés aínda que non goza de oficialidade e continúa a ser falada na provincia, especialmente en zonas setentrionais da provincia, con especial vividez na comarca de Laciana, no Bierzo e na Cabreira.
  • Galego, falado no Bierzo. Este idioma románico está recoñecido oficialmente no Estatuto de Autonomía de Castela e León pero sen status de oficialidade, en cuxo artigo 4º indícase que "gozarán de respecto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen"[1]. A pesar disto a aplicación práctica necesitou da defensa popular para facelo efectivo.
Provincia de León
Bandera de León
Escudo de León
Provincia León
Capital León
Área 15.581 km²
Poboación 499.284 hab. (2010)
Densidade 32,08 hab./km²
Concellos 211
Xentilicio Leonés/esa

Xeografía política

Comarcas

  • Tierras de León
  • O Bierzo, conta co único ente comarcal recoñecido polo Estatuto de Autonomía de Castela e León e que comprende na actualidade outras antigas comarcas como A Cabreira, os Ancares leoneses ou a Terra de Aguiar; Na parte occidental da comarca fálase o galego amecido co leonés en diversos grados.
  • El Páramo
  • Laciana
  • Valle de Gordón
  • A Maragatería
  • Babia
  • La Cepeda
  • La Valduerna
  • Ribera del Órbigo
  • La Cabrera
  • La Valdería
  • Vega del Esla
  • La Sobarriba
  • La Tercia del Camino
  • Tierra de Campos
  • Tierra de la Reina
  • Omaña
  • Luna
  • Los Argüellos
  • Ordás

Monumentos e lugares de interese

León

Astorga

Ponferrada

  • Castillo de Ponferrada
  • Basílica de la Encina
  • Casa do Concello

Sahagún

  • Igrexa da Peregrina
  • Igrexa de San Lourenzo
  • Igrexa de San Tirso
  • Ermida da Virgen del Puente
  • Ermida de San Juan de Sahagún
  • Restos da Abadía Beneditina

Vilafranca do Bierzo

  • Conxunto histórico urbano
  • Igrexaa de Santiago
  • Igrexaa de San Francisco

Outras localidades:

  • Arbas del Puerto - Colegiata de Santa María
  • Carracedo do Bierzo - Mosteiro
  • Carucedo - As Médulas
  • Castrillo de los Polvazares - Conxunto histórico
  • Compludo -Ferrería
  • Gradefes - Mosteiro de Santa María de Gradefes
  • Lois - Igrexa
  • Mansilla de las Mulas - Recinto murado
  • Peñalba de Santiago - Igrexa mozárabe de Santiago
  • San Miguel de Escalada - Mosteiro de San Miguel
  • Santo Tomás de las Ollas - Igrexa prerrománica
  • Vallecillo (León) - Igrexa de Vallecillo
  • Valporquero de Torío - Cova de Valporquero
  • Villaverde de Sandoval - Mosteiro de Santa María

Notas e referencias

  1. http://www.educa.jcyl.es/es/temas/idiomas-bilinguismo/programa-promocion-lengua-gallega-castilla-leon
Algadefe

Algadefe é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 315 habitantes (2011).

Almanza

Almanza é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 615 habitantes (2011).

Ardón

Ardón é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 609 habitantes (INE 2011).

Benavides

Benavides é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 2808 habitantes (2011).

Bercianos del Páramo

Bercianos del Páramo é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 682 habitantes (2011).

Cistierna

Cistierna é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 3.709 habitantes (INE 2011).

Destriana

Destriana é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 602 habitantes (2011).

Laguna Dalga

Laguna Dalga é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 743 habitantes (INE 2011).

Las Omañas

Las Omañas é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 314 habitantes (INE 2011).

Onzonilla

Onzonilla é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 1.761 habitantes (INE 2011).

Prioro

Prioro é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 405 habitantes (INE 2011).

Sariegos

Sariegos é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 4.568 habitantes (INE 2011).

Valderrey

Valderrey é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 510 habitantes (INE 2011).

Valencia de Don Juan

Valencia de Don Juan é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 5.094 habitantes (INE 2011).

Villabraz

Villabraz é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 121 habitantes (INE 2011).

Villagatón

Villagatón é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 642 habitantes (INE 2011).

Villamañán

Villamañán é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 1.267 habitantes (INE 2011).

Villaquejida

Villaquejida é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 991 habitantes (INE 2011).

Villaselán

Villaselán é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 231 habitantes (INE 2011).

Castela e León Castela e León  · Concellos da provincia de León
100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.