Provincia de Huesca

Huesca (en aragónes e cooficial: Uesca[1]; en catalán: Osca) é unha provincia do norte de España, na parte norte da comunidade autónoma de Aragón. Limita coas provincias de Lleida, Zaragoza e Navarra, e tamén con Francia (cos departamentos Pireneos Atlánticos, Altos Pireneos e Alto Garona).

A súa superficie é de 15.626 km². A súa poboación é 228.566 hab. (2010), e a súa densidade de poboación é 14,62 habitantes/km². Está formada por 202 concellos. A súa capital é a cidade de Huesca, onde vive cerca dunha cuarta parte da poboación. Nesta provincia encóntrase o Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido.

Provincia de Huesca
Provincia de Uesca
Flag of Huesca (province)
Escudo d'a probinzia de Uesca
Provincia Huesca
Capital Huesca
Área 15.626 km²
Poboación 228.566 hab. (2010)
Densidade 14,62 hab./km²
Concellos 202
Xentilicio Oscense

Comarcas

Aragon munucipalities.comarcasdehuesca
Nome Capital Provincia
Alto Gállego Sabiñánigo Huesca
Bajo Cinca/Baix Cinca Fraga Huesca, Zaragoza
Cinca Medio Monzón Huesca
Hoya de Huesca/Plana de Uesca Huesca Huesca, Zaragoza
Jacetania Jaca Huesca, Zaragoza
La Litera/La Llitera Tamarite de Litera Huesca
Los Monegros Sariñena Huesca, Zaragoza
Ribagorza Graus Huesca
Sobrarbe Aínsa e Boltaña Huesca
Somontano de Barbastro Barbastro Huesca

As comarcas de Bajo Cinca, Hoya de Huesca, Jacetania| e Los Monegros tamén conteñen municipios da provincia de Zaragoza:

Principais concellos por poboación

Nome Poboación
(2006)
Comarca
Huesca 51.543 (Padrón 2007) Hoya de Huesca
Monzón 16.200 Cinca Medio
Barbastro 15.880 Somontano de Barbastro
Fraga 13.191 Bajo Cinca
Jaca 12.736 Jacetania
Sabiñánigo 9.264 Alto Gállego
Binéfar 9.012 La Litera
Sariñena 4.152 Los Monegros
Tamarite de Litera 3.678 La Litera
Graus 3.472 Ribagorza

Principais concellos por extensión

Nome Extensión
km²
Comarca
Sabiñánigo 586,8 Alto Gállego
Fraga 437,6 Bajo Cinca
Jaca 406,3 Jacetania
Graus 299,8 Ribagorza
Aínsa 284,8 Sobrarbe
Sariñena 275,6 Los Monegros
Val de Hecho 234,4 Jacetania
Benás 233,6 Ribagorza
Ansó 223,1 Jacetania
La Fueva 218,8 Sobrarbe

Notas

  1. Nome oficial da cidade segundo a lei de creación da comarca de Hoya de Huesca/Plana de Uesca. (BOA 27/2002, 26 de novembro) Arquivado 03 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.(en castelán)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Ansó

Ansó é un localidade e un concello da provincia de Huesca. A súa poboación era de 500 habitantes no ano 2007, sobre unha área de 224,05 km², o que facía unha densidade de 2,23 hab/km².

Aragüés del Puerto

Aragües del Puerto (en aragonés: Aragüés de lo Puerto) é un concello na comarca da Jacetania, na provincia de Huesca, comunidade de Aragón. Esténdese por unha área de 64.4 km² onde no ano 2007 vivían 136 habitantes. Encóntrase a 970 metros sobre o nivel do mar.

Bailo

Bailo é un concello na comarca da Xacetania, na provincia de Huesca, comunidade de Aragón. Esténdese por unha área de 164.43 km² onde no ano 2007 vivían 229 habitantes. Encóntrase a 717 metros sobre o nivel do mar.

Barbastro

Barbastro é unha cidade e concello aragonés, pertencente á provincia de Huesca. No ano 2001 tiña 15 053 habitantes. É a cabeza da comarca do Somontano de Barbastro e sede epicopal.

É unha antiga cidade sita na chaira aragonesa, próxima ao lugar onde o río Vero se xunta con o Cinca. Na súa comarca prodúcese un viño acollido á denominación de orixe Viño de Samontano. É un núcleo de servizos e comercio que centraliza a actividade dos vales dos Pireneos orientais.

Dista 21 km da cidade de Huesca e 67 km da Lleida.

Borau

Borau é un pequeno concello da provincia de Huesca. A súa poboación era de 75 habitantes no ano 2005 (INE). Dista 86 km da capital provincial, Huesca. O municipio está situado no noroeste da provincia e da comunidade, nos Pireneos, atravesado polo río Lubierre, tributario do Aragón. Ocupa unha superficie de 41,7 km².

Canal de Berdún

Canal de Verdún (en aragonés: A Canal de Berdún) é un concello na comarca da Xacetania, na provincia de Huesca, comunidade de Aragón. Esténdese por unha área de 133.3 km² onde no ano 2007 vivían 417 habitantes. Encóntrase a 717 metros sobre o nivel do mar.

Canfranc

Canfranc (en aragonés: Canfrán) é un concello na comarca da Xacetania, na provincia de Huesca, comunidade de Aragón. Esténdese por unha área de 71,6 km² onde no ano 2007 vivían 672 habitantes. Encóntrase a 1.190 metros sobre o nivel do mar.

Castiello de Jaca

Castiello de Jaca (en aragonés: Castiello de Chaca) é un concello na comarca da Xacetania, provincia de Huesca, comunidade de Aragón. Esténdese por unha área de 17.3 km² onde no ano 2009 vivían 265 habitantes. Encóntrase a 921 metros sobre o nivel do mar.

Fago

Fago é un concello da provincia de Huesca, situado na parte máis occidental da bisbarra da Xacetania. É un dos concellos máis pequenos de Aragón, e segundo o padrón de 2012 tiña 29 habitantes, o que supuxo un aumento en relación a 2010, cando contaba con 26 habitantes.

Fraga, Huesca

Fraga é unha localidade e un concello aragonés, de 12.868 habitantes, situado no extremo sueste da provincia de Huesca, no último treito do Val do río Cinca (a 115 km de Zaragoza e a 25 km de Lleida). O municipio, con 435 km² de área, é un dos máis extensos de España. É cabeza do partido xudicial homónimo e capital da comarca do Baix Cinca. Oficiosamente é considerada a capital da Franja de Ponent.

Huesca

Huesca (en aragonés: Uesca, en galego antigo: Osca, oficialmente Huesca/Uesca) é unha cidade española, capital da provincia de Huesca e da Plana de Uesca, situada ao norte da comunidade autónoma de Aragón. O xentilicio correspondente a esta cidade é o de oscense.

Jaca

Jaca (en aragonés: Chaca) é unha cidade e municipio da provincia de Huesca, na Comunidade Autónoma de Aragón, capital da comarca da Jacetania. A súa poboación alcanzaba 13.193 habitantes no ano 2008.

Jaca é sé episcopal católica e etapa na vía aragonesa do Camiño de Santiago.

Jasa

Jasa (en aragonés: Chasa) é un concello na comarca da Xacetania, provincia de Huesca, comunidade de Aragón. Esténdese por unha área de 8.90 km² onde no ano 2007 vivían 121 habitantes. Encóntrase a 944 metros sobre o nivel do mar.

Lobarre

Lobarre (en castelán: Loarre e oficialmente Loarre/Lobarre) é un concello da provincia de Huesca, na comunidade autónoma de Aragón. Situado a 28 km da capital Huesca, abarca 74,6 km² e forma parte da comarca Hoya de Huesca.

Monzón, Huesca

Monzón é un concello aragonés, pertencente á provincia de Huesca, situado na comarca do Cinca Medio. En 2008 tiña 17.050 habitantes.,

Provincia de Zaragoza

A provincia de Zaragoza (en aragonés: Zaragoza, en catalán: Saragossa) está situada no norte de España e no centro da comunidade autónoma de Aragón. Abarca unha superficie de 17.274 km². Limita coas provincia de Huesca ao nordés, coas de Lleida e Tarragona ao leste, Teruel e Guadalaxara ao sur, Soria e A Rioxa ao oeste e Navarra ao noroeste.

A cidade de Zaragoza é ao mesmo tempo capital da provincia homónima e da Comunidade Autónoma de Aragón.

En 2005 a poboación era de 912.072 habitantes e a densidad de poboación de 52,96 habitantes/km².

Santa Cilia

Santa Cilia é un concello na comarca da Xacetania, provincia de Huesca, comunidade de Aragón. Esténdese por unha área de 28.1 km² onde no ano 2007 vivían 193 habitantes. Encóntrase a 649 metros sobre o nivel do mar.

Sariñena

Sariñena é unha vila e un concello español da comunidade autónoma de Aragón, na provincia de Huesca. É a capital da comarca de Los Monegros. A súa poboación era de 4.308 habitantes en 2008. O municipio ocupa unha superficie de 275,6 km².

Tardienta

Tardienta é un concello da provincia de Huesca, na comunidade autónoma de Aragón (España).

Aragón Aragón  · Concellos da provincia de Huesca
Concellos de fala aragonesa na provincia de Huesca

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.