Provincia de Huelva

Huelva é unha provincia andaluza, situada na zona occidental desta comunidade autónoma. Limita ó oeste con Portugal, ó norte coa provincia estremeña de Badaxoz, ó leste coa andaluza de Sevilla e ó sur é bañada polo océano Atlántico, de forma máis local co golfo de Cádiz. Ten unha extensión de 10.128 km² que se reparten un total de 79 municipios.

Provincia de Huelva
Bandera de la Provincia De Huelva
Escudo Provincia de Huelva
Provincia Huelva
Capital Huelva
Área 10.148 km²
Poboación 518.081 hab. (2010)
Densidade 50,6 hab./km²
Concellos 79
Xentilicio Onubense

Demografía

Huelva ten 483.792 habitantes, segundo o censo de 2005. A densidade de poboación da provincia é de 47,76 habitantes por quilómetro cadrado. O 30% da poboación vive na capital de provincia (ver Huelva).

Xeografía

No norte de Huelva atópase Serra Morena, o que fai un enorme contraste cas chairas do sur da provincia. O parque nacional de Doñana, unha das maiores reservas da biosfera de Europa, atópase nesta provincia.

Clima

O clima onubense é moi caloroso e ten unha grande exposición solar, a temperatura nunca baixa dos 10 °C (excepto na montaña). As precipitacións anuais son de 500 ml no sur e 1000 onde a paisaxe é máis montañosa.

Véxase tamén

Outros artigos

Almonte

Almonte é un concello español da provincia de Huelva, en Andalucía. En 2011 o municipio tiña 22.525 habitantes sendo o terceiro municipio provincial en poboación (só superado por Lepe e Huelva) e a cuarta cidade (superada ademais por Isla Cristina).

Atópase situada a unha altitude de 75 metros e a 55 quilómetros da capital de provincia, Huelva. No termo municipal de Almonte, o máis extenso da provincia de Huelva, atópanse a praia de Matalascañas, a aldea de El Rocío, coñecida pola súa romaría, e o Parque Nacional de Doñana.

Ayamonte

Ayamonte é un concello e cidade española da provincia de Huelva, en Andalucía, situada xunto á desembocadura do río Guadiana. Ten unha poboación de 20.597 habitantes (2010) e unha superficie de 142 km², cunha densidade de 143'2 hab/km².

Polo oeste limita con Portugal.

O concello está formado por catro núcleos de poboación diferenciados entre sí: Ayamonte, cidade que lle dá nome; Punta del Moral, situado na praia oriental de Isla Canela; Pozo del Camino, situado ao leste xunto a Isla Cristina, e a Barriada de Canela, na zona norte de Isla Canela.

Club Deportivo San Roque de Lepe

O Club Deportivo San Roque de Lepe é un club de fútbol español da cidade de Lepe, na provincia de Huelva. Foi fundado en 1956 e xoga na Segunda División B de España.

Costa da Luz

A Costa da Luz está conformada pola costa española do Golfo de Cádiz. É unha rexión do suroeste de Andalucía que se estende polas zonas costeiras das provincias de Huelva e Cádiz, desde a desembocadura do Guadiana ata Tarifa.

El Campillo

O topónimo castelán El Campillo pode referirse a:

El Campillo, concello andaluz da provincia de Huelva;

El Campillo, concello castelán da provincia de Valladolid;

El Campillo de la Jara, concello castelán da provincia de Toledo.

Golfo de Cádiz

O golfo de Cádiz é un entrante do océano Atlántico na costa do suroeste da Península Ibérica, que se encontra entre o cabo de San Vicente, en Portugal, e o Estreito de Xibraltar, polo que as súas augas bañan a costa sur do Algarve, a costa da provincia de Huelva e a costa atlántica da provincia de Cádiz. Esta zona costeira recibe o nome de Costa da Luz.

Huelva

Huelva é unha cidade e concello español, capital da provincia de Huelva, en Andalucía. Está situada na costa suroeste de España, na confluencia dos ríos Tinto e Odiel, que forman a Ría de Huelva. O municipio ten unha extensión de 149 km², e a súa poboación en 2010 era de 149.310 habitantes.

Isla Cristina

Isla Cristina é un municipio español situado na costa occidental da provincia de Huelva, Andalucía, a uns 7 km da fronteira portuguesa e encadrado na comarca da Costa Occidental. No ano 2009 contaba cunha poboación de 21.324 habitantes. A superficie do municipio é duns 49,36 km².

As súas orixes remóntanse á fundación dunha colonia pesqueira por cataláns e valencianos tras o terremoto de Lisboa de 1755, que creceu ata obter o seu propio concello en 1833 e absorber despois ao antigo municipio de La Redondela en 1887.A actividade principal é a pesca, favorecida polo seu importante porto. A súa lonxa é a primeira por poxas de peixe fresco de Andalucía e a segunda por tonelaxe, só superada por Cádiz. A actividade turística tamén ten unha presenza remarcable.

No termo municipal atópanse as Marismas de Isla Cristina, protexidas mediante a forma de Paraxe Natural, e tamén varias zonas de piñeiro e matogueira do cinto dunar costeiro pertencentes e xestionados por ICONA-INIA. Debido á súa orientación este-oeste, as postas de sol que acaban entre o mar e a terra serviron de inspiración a varios poetas, chegando a crear a ruta das postas de sol, con citas soadas de afamados poetas como Rafael Alberti, Gerardo Diego, Juan Ramón Jiménez ou Luis Cernuda.

Juan Ramón Jiménez

Juan Ramón Jiménez Mantecón, nado en Moguer (provincia de Huelva) o 23 de decembro de 1881 e finado en San Xoán (Porto Rico) o 29 de maio de 1958, foi un poeta español, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1956, mentres permanecía no exilio desde a súa segunda patria, Porto Rico (onde tamén viviron exiliados outras renomeadas figuras peninsulares, tales como Pau Casals e Francisco Ayala.

Lepe

Lepe é unha cidade da provincia de Huelva, Andalucía, España. No ano 2008 tiña 25.041 habitantes. A súa extensión superficial é de 129 km² e ten unha densidade de 178,0 hab. /km². É o municipio máis poboado da provincia tras a capital.

As súas coordenadas xeográficas son 37º 15' N, 7º 12' Ou. Atópase situada a unha altitude de 18 msnm e a 41 km de Huelva, a capital provincial. Situada a 4 km do litoral atlántico e a 20 de Portugal.

Fundada polos fenicios nun pequeno val da terra chaira da actual provincia de Huelva, Lepe foi poboada por numerosos moradores, dos que garda vestixios (fenicios, romanos, árabes etc.)

A cidade caracterízase actualmente por ser unha localidade punteira en canto á solidez da súa economía, baseada principalmente no sector primario. A renda por habitante é bastante alta, e segue sendo unha das cidades con maior crecemento tanto económico, como demográfico. É por iso que nos últimos anos inténtase promover a capitalidade de Lepe na comarca da Costa Occidental de Huelva.

Debido á próspera economía, Lepe atraeu a moitos inmigrantes de nacionalidades distintas, isto leva a que a cidade sexa unha das localidades andaluzas con maior poboación inmigrante legal e ilegal, respecto da súa poboación nativa.

Do seu termo cabe mencionar os seus 24 km de praia (La Antilla, Nueva Umbría e a parte oriental de Islantilla), así como o porto pesqueiro de El Terrón, a Ermida da Nosa Señora da Bela o a Torre do Catalán.

Martín Alonso Pinzón

Martín Alonso Pinzón, nado en Palos de la Frontera, provincia de Huelva, en 1441 e finado no mesmo lugar o 31 de marzo de 1493, foi un navegante e explorador español, codescubridor de América.

Mosteiro de La Rábida

O Mosteiro de Santa María de La Rábida, máis coñecido como mosteiro de La Rábida é un mosteiro franciscano situado no concello de Palos de la Frontera, na provincia de Huelva.Erixido durante os séculos XIV-XV, destaca polo seu interese artítico a igrexa de estilo gótico-mudéxar, e tamén as estancias decoradas con frescos de Daniel Vázquez Díaz, o claustro e o museo, onde se conservan obxectos conmemorativos do descubrimento de América, e unha escultura de advocación mariana baixo a que se atopa o convento, Nosa Señora dos Milagres (Nuestra Señora de los Milagros) ou Santa María de La Rábida, imaxe de estilo gótico do século XIII aproximadamente esculpida en alabastro.

Palos de la Frontera

Palos de la Frontera é unha localidade andaluza, da provincia de Huelva. No ano 2006 tiña 8.415 habitantes. A súa extensión superficial é de 50 km² e ten unha densidade de 168,3 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 23 metros e a 14 quilómetros da capital da provincia, Huelva.

Situada á esquerda do río Tinto, moi preto da desembocadura e unión co río Odiel.

Palos de la Frontera é coñecida como o berce do descubrimento de América (como afirma no seu escudo), xa que nesta cidade xestouse e preparouse a primeira viaxe de Cristovo Colón facía o que el cría as Indias. Partiron do porto desta cidade o 3 de agosto de 1492, chegando o 12 de outubro de devandito ano a certas illas do actual continente americano que por entón era descoñecido polos europeos.

Provincia de Badaxoz

Badaxoz (en castelán: Badajoz, en estremeño: Baajós) é unha das dúas provincias da Comunidade Autónoma de Estremadura, España. Pola súa área, 21.657 km2, é a provincia máis estensa de España. Polo norte limita coa outra provicia extremeña, Cáceres, con Cidade Real (enclave de Rincón de Anchuras) e con Toledo; polo leste confina con Cidade Real e Córdoba; polo sur con Sevilla e Huelva; e polo oeste linda coa antiga provincia do Alto Alentexo (Portugal). A súa capital é a cidade homónima.

Punta Umbría

Punta Umbría é un concello español da provincia de Huelva, en Andalucía. No ano 2010 tiña 14.714 habitantes. A súa extensión superficial é de 38 km² e ten unha densidade de 387,2 hab/km².

Atópase situada a unha altitude de 7 metros e a 21 quilómetros da capital de provincia, Huelva. Hoxe Punta Umbría presenta unha fisionomía moi distinta da que viron os ingleses, de cuxa presenza quedou a singular arquitectura das casas de madeira nas que pasaban o verán e ás que aínda se coñecen como "casas dos ingleses". Un dos atractivos turísticos da cidade é precisamente unha casa museo onde se recrea o modo de vida dos británicos nesta zona de Andalucía a finais do século XIX e principios do século XX.

Ría de Huelva

A Ría de Huelva é un estuario que se atopa ao sur da provincia de Huelva, esténdese entre as localidades de Huelva, Punta Umbría e Palos de la Frontera, formado pola confluencia dos ríos Odiel e Tinto e recibindo as augas diariamente do océano Atlántico.

Ás súas beiras atópase a cidade de Huelva, o Mosteiro de La Rábida de Palos de la Frontera, Punta Umbría, o Porto de Huelva e o Polo Químico. Dentro do medio natural son importantes as pequenas illas de Enmedio, Saltés, do Burro, Bacuta, da Liebre (catalogadas pola Xunta de Andalucía como Reservas integrais) que conforman a Paraxe Natural de Marismas do Odiel e as distintas lagoas da zona. De importancia arqueolóxica foi o achado a principios dos anos 1920 nas súas augas do denominado "Depósito da Ría de Huelva" datado no 1.200 a.C. con diferentes obxectos datados na idade de bronce ou nos anos 1970 de figurillas representado ás divindades sirias Reshef e Anath.

Río Odiel

O Odiel é un pequeno río da provincia de Huelva, España, que desauga xunto co río Tinto no Océano Atlántico, logo de percorrer 150 km.

Santa Bárbara

O nome de Santa Bárbara pode referirse a:

Bárbara de Nicomedia, mártir do século III, nomeada santa polo cristianismo;Como topónimo pode referirse a:

Santa Bárbara de Casa, concello andaluz da provincia de Huelva;

Santa Bàrbara, concello catalán da provincia de Tarragona;

Santa Bárbara, parroquia do concello asturiano de Samartín del Rei Aurelio;

Santa Bárbara, cidade de Honduras;

Andalucía Andalucía  · Concellos da provincia de Huelva

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.