Provincia de Guadalaxara

A provincia de Guadalaxara[1] (en castelán: Guadalajara) é unha provincia de Castela-A Mancha, con capital na cidade homónima. Limita ao sur coa provincia de Cuenca, ao oeste coa Comunidade de Madrid, ao norte e noroeste con Castela e León (provincias de Segovia e Soria), e con Aragón (provincias de Zaragoza e Teruel) polo nordeste.

En 2008 tiña 237.787 habitantes, distribuídos nunha superfície de 12.190 km², que se repartían entre 288 municipios, dos cales tres cuartas partes son entidades con menos de 200 habitantes. Preto do 40% da poboación reside na capital.

Provincia de Guadalaxara
Provincia de Guadalajara
Flag Guadalajara Province
Escudo de la provincia de Guadalajara
Provincia Guadalajara
Capital Guadalaxara
Área 12.167 km²
Poboación 251.563 hab. (2010)
Densidade 20,67 hab./km²
Concellos 288
Xentilicio Guadalaxareño/a

Comarcas

Demografía

Artigo principal: Demografía da provincia de Guadalaxara.
Provincia de Guadalaxara. Gráfica de poboación. 1900-2000
División menor: 5.000 habitantes.
Fonte: Instituto Nacional de Estadística de España
Gráfica elaborada por: Wikipedia
Provincia de Guadalaxara. Gráfica de poboación.
División menor: 4.000 habitantes.
Fonte: Instituto Nacional de Estadística de España
Gráfica elaborada por: Wikipedia

Notas

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Atienza

Atienza é un concello español da provincia de Guadalaxara, na comarca de La Serranía (Castela-A Mancha). A súa poboación é de 498 habitantes (INE 2012).

A vila conserva un castelo, orixinario da súa época de esplendor na Idade Media e 12 igrexas. A xente do lugar vive, principalmente, do turismo e do campo.

Forma parte dunhas das rutas do Camiño de Santiago que provén do seu levante, de Cuenca, denominada tamén como a Ruta da la.

Azuqueca de Henares

Azuqueca de Henares é unha cidade de Castela-A Mancha, pertencente á provincia de Guadalaxara. Na provincia, é o segundo en importancia, tras a capital, por poboación e desenvolvemento socioeconómico. Atópase situado no eixo industrial do Corredor do Henares, o que lle reportou un gran desenvolvemento.

Campisábalos

Campisábalos é un concello da provincia de Guadalaxara, en Castela-A Mancha, España. Segundo o censo de 2016 (INE), o concello tiña unha poboación de 68 habitantes.

Condemios de Arriba

Condemios de Arriba é un concello español da provincia de Guadalaxara, comunidade autónoma de Castela-A Mancha.

El Cubillo de Uceda

El Cubillo de Uceda é un concello da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha.

Esténdese por unha área de 32.25 km² e unha poboación de 161 habitantes.

Estación de Guadalaxara-Yebes

Guadalajara-Yebes é a estación de ferrocarril de Adif onde efectúan parada os trens de alta velocidade e grandes liñas que circulan polas L.A.V. Madrid-Barcelona e Madrid-Huesca, situada na provincia de Guadalaxara, entre os termos municipais de Guadalaxara e Yebes, xunto a Ciudad Valdeluz.

Fontanar

Fontanar é un concello de España, na provincia de Guadalaxara, Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha. Ten unha área de 15,46 km² cunha poboación de 1626 habitantes (INE 2007) e unha densidade de 105,17 hab/km². Localízase na comarca da Campiña de Guadalajara a 10 km da capital da provincia, Guadalaxara.

Fuentenovilla

Fuentenovilla é un concello da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Ten unha superficie de 37,34 km² cunha poboación de 588 habitantes e unha densidade de 13,74 hab./km². No ano 2007 a alcaldesa da vila era María Montserrat Rivas de la Torre.

Guadalaxara, España

Guadalaxara (en castelán: Guadalajara) é unha cidade do centro de España, capital da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha, á beira do río Henares.

O seu censo municipal é de 75.493 habitantes (2006) e a área do seu concello abranxe 267,5 km². Está situada a 55 km de Madrid. Rodéaa a autovía A-2; e dispón de parada do tren AVE na súa estación ferroviaria (sita a 7 km da cidade) e máis un servizo de trens de proximidades con Madrid.

Lista de concellos da provincia de Guadalaxara

Lista dos 288 municipios da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha, España.

Luzaga

Luzaga é un concello español, localizado na provincia de Guadalaxara (Castela-A Mancha).

Miedes de Atienza

Miedes de Atienza é un concello español da provincia de Guadalaxara, comunidade de Castela-A Mancha. Ten unha poboación de 87 habitantes (en 2009).

Molina de Aragón

Molina de Aragón é unha localidade e un concello da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela - A Mancha. A súa poboación era de 3.656 habitantes en 2006.

O municipio, de 168 km2, limita polo norte co de Rueda de la Sierra, polo noroeste con Tortuera e máis Embid, polo leste con Campillo de Dueñas e La Yunta, polo sueste con Castellar de la Muela, polo sur con Prados Redondos, polo suroeste con Castilnuevo, polo oeste con Corduente e polo nordeste con Rillo de Gallo.

Provincia de Cuenca

A provincia de Cuenca é unha provincia española situada na parte oriental de Castela-A Mancha. No ano 2006 estaban censadas na provincia 208.616 persoas, nunha área de 17.061 km², repartida entre 238 municipios. Unha cuarta parte da poboación residía na capital.

Limita ao sur coas provincias de Albacete e Cidade Real, ao norte coa provincia de Guadalaxara e máis a Comunidade Autónoma de Aragón, ao leste coa Comunidade Valenciana, e ao oeste coa provincia de Toledo e a Comunidade de Madrid.

Provincia de Soria

A provincia de Soria é unha provincia española da comunidade autónoma de Castela e León. É unha provincia periférica desta comunidade, situada no centro-norte de España. A súa capital é Soria.

Romanillos de Atienza

Romanillos de Atienza é un concello español da provincia de Guadalaxara, comunidade de Castela-A Mancha. Ten unha área 24,01 km² e unha poboación de 57 habitantes (INE, 2005), cunha densidade de poboación de 2,37 hab/km².

Atópase na ruta do Camiño do Cid.

Sigüenza

Sigüenza é unha vila e concello da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. O municipio ocupa unha área de 395 km², e en 2006 tiña unha poboación de 4.629 habitantes. Sigüenza é sede da diocese de Sigüenza-Guadalaxara compartida na actualidade coa capital provincial, Guadalaxara.

Trillo, Guadalaxara

Trillo é un concello español situado na provincia de Guadalaxara a beiras do río Texo na comarca de La Alcarria. Tiña en 2015 unha poboación de 1.436 habitantes.

Ademais da capital municipal, forman parte de Trillo como pedanías Azañón, Morillejo, La Puerta e Viana de Mondéjar.

A construción da central nuclear de Trillo, inaugurada en 1987, supuxo a revitalización económica do municipio. É a central nuclear máis moderna de España.

Valtablado del Río

Valtablado del Río é un concello da comunidade autónoma de Castela-A Mancha, situado na provincia de Guadalaxara. A súa poboación era de 19 habitantes en 2006. Dita 107 km da capital provincial.

Castela-A Mancha Castela-A Mancha  · Concellos da Provincia de Guadalaxara

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.