Provincia de Granada

A provincia de Granada é unha provincia española que forma parte de Andalucía, a súa capital é a cidade homónima de Granada. O xentilicio que designa aos seus habitantes é granadino.

Provincia de Granada
Bandera de la provincia de Granada (España)
Escudo de la provincia de Granada (España)
Provincia Granada
Capital Granada
Área 12.531 km²
Poboación 907.428 hab. (2009)
Densidade 72,41 hab./km²
Concellos 172
Xentilicio Granadino/a

Localización e características

Limita, polo oeste, coas provincias de Málaga e de Córdoba; polo norte con Xaén, polo nordés con Albacete e máis Murcia; polo leste con Almería e polo sur linda co mar Mediterráneo.

Ocupa unha superficie de 12.635 km², cunha poboación de 854.419 habitantes (2005), dos que aproximadamente un 30% viven na capital. A densidade poboacional é de 68,18 hab/km². Está dividida en 172 concellos.

Os principais núcleos de poboación son Granada, a capital, e as localidades de Motril, Guadix, Baza e Loja.

A provincia está cruzada pola serra Penibética, onde salienta a montaña máis alta da Península Ibérica, o Mulhacén, cunha altura de 3.482 metros sobre o nivel do mar. Comparte coa provincia de Almería o Parque Nacional de Serra Nevada.

Comarcas

  • Comarca de Alhama
  • Alpujarra de Granada
  • Comarca de Baza
  • Costa Tropical
  • Comarca de Guadix
  • Comarca de Huéscar
  • Comarca de Loja
  • Los Montes
  • Val de Lecrín
  • Vega de Granada

Véxase tamén

Agrón, Granada

Agrón é un concello andaluz, pertencente á provincia de Granada. Está situado na parte centro-oriental da comarca de Alhama, a uns 31 km dea capital provincial. Limita cos municipios de Ventas de Huelma, Escúzar, Alhendín, Jayena, Arenas del Rey e Cacín.

Aínda que a agricultura e gandaría supón, con diferenza, a maior parte da súa actividade económica, o pobo foi berce do fundador de "Plásticos Andalucía de Granada", empresa de éxito na provincia.

Tras a guerra civil española, producíronse tráxicos sucesos nesta poboación, ao unirse ao bando republicana, polo menos uns vinte mozos que loitaron durante meses até que foron abatidos.

Albolote

Albolote é un concello español da comunidade autónoma de Andalucía, na provincia de Granada.

Limita cos concellos de Peligros, Maracena, Atarfe, Colomera, Iznalloz, Deifontes, Cogollos Vega e Calicasas. Outras localidades apertadas son Monteluz e Pulianas.

Alhama de Granada

Alhama de Granada é un concello de 433 km² e 6.184 habitantes (2005) situado na aba da Serra Tejeda, no occidente da provincia de Granada.

Na zona existen restos prehistóricos que denotan a antigüidade do asentamento humano na zona, antes da chegada dos romanos o territorio onde se asenta Alhama estaba habitado polos túrdulos e os romanos déronlle o nome de Artigi, da época romana consérvase a ponte e os restos dos baños romanos, os árabes déronlle o nome al-h.amma (الحمّة) e fortificárona, converténdose nunha importante localidade do reino de Granada, o 1 de marzo de 1482 pasou a mans da Coroa de Castela e foi sede dun tribunal da Inquisición. Do 2 de febreiro de 1810 ao 17 de agosto de 1812 permaneceu baixo ocupación francesa, o 25 de decembro de 1884 un terremoto destruíu 1.479 casas e causou 480 mortos e 670 feridos.

Almuñécar

Almuñécar é un municipio da provincia de Granada, en Andalucía. Limita cos concellos granadinos de Otívar, Jete, Ítrabo e Salobreña, e co malagueño de Nerja. Está composto por tres núcleos de poboación: Almuñécar, La Herradura e Velilla-Taramay.

É un importante centro turístico, localizado entre o mar Mediterráneo e a montaña, así como un importante produtor de froitas subtropicais como o aguacate, chirimoia, manga ou kiwis.

Está atravesado polos ríos Verde e Seco.

Arenas del Rey

Arenas del Rey é un municipio español, pertencente á provincia de Granada, en Andalucía. Está situado na parte centro-sur da comarca de Alhama. Limita cos municipios de Cacín, Agrón, Jayena e Alhama de Granada.

O concello arenusco comprende os núcleos de poboación de Arenas del Rey, Fornes, Játar e o Poblado del Embalse (situado xunto ao encoro de Los Bermejales). Arenas del Rey atópase na vertente norte da Serra da Almijara, no val do río Cacín. No ano 2006 tiña 2.202 habitantes. A súa extensión superficial é de 116 km² e ten unha densidade de 18,98 hab/km².

Armilla

Armilla é un concello español da provincia de Granada, en Andalucía. Está situado na Vega de Granada, a 4 km do centro da capital provincial. Limita cos concellos de Granada, Ogíjares, Alhendín e Churriana de la Vega.

Ten unha poboación de 23.623 habitantes (2015) e unha densidade de 5243,21 hab./km². O crecemento demográfico e desenvolvemento urbanístico foi moi importante nas últimas décadas do século XX e primeiros anos do XXI.

A súa economía baseouse tradicionalmente na agricultura con cultivos como o tabaco, aínda que nos últimos anos a actividade económica diversificouse coa construción no concello do Parque Tecnolóxico da Saúde, o Instituto en Formación de Nutrición Animal, a Cidade Deportiva ou o parque comercial Albán.

Atarfe

Atarfe é un cidade da provincia de Granada, en Andalucía. Está situado na parte centro-norte de Vega de Granada. Limita cos concellos de Moclín, Colomera, Albolote, Maracena, Granada, Santa Fe e Pinos Puente. Polo concello discorren os ríos Colomera e Cubillas.

Baza

Baza é unha cidade e un concello da provincia de Granada, España, na comunidade autónoma da Andalucía, cunha área 544,48 km² e cunha poboación total de 21.600 habitantes no ano 2004.

El Padul

El Padul é un concello de 89 km² e 7.961 habitantes (2007) situado no extremo suroccidental de Serra Nevada, no centro da provincia de Granada.

Na zona existen restos prehistóricos que denotan a antigüidade do asentamento humano na zona. Os árabes déronlle o nome Al-Badul.

Federico García Lorca

Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada.Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e falecido en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz, membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), o poeta español máis lido de tódolos tempos. Morreu fusilado polas autoridades franquistas un mes despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu pé ao inicio da Guerra civil española.

Guadix

Guadix é un concello español da provincia de Granada, Andalucía, situada na cara norte da Serra Nevada. É a capital histórica da Comarca de Guadix (coñecida tamén como Accitania). Ten unha poboación de 20.326 habitantes (2008).

É un dos asentamentos humanos máis antigos da Península. En época romana denominábase Julia Gemella Acci e de aí a súa gentilicio, accitanos. O nome actual da cidade remóntase á dominación musulmá, cando a cidade chamábase Wadi Ash (río Ash, arabización do nome Acci), pronunciado wad ish no árabe coloquial granadino. En época do Reino de Granada, Wadi Ash era unha das súas 33 madinas ou cidades amuralladas que contaba con alcazaba. Durante este período a súa demarcación xurisdicional era case idéntica á da actual Accitania.

Cabe mencionar os numerosos monumentos que conforman a súa fisionomía arquitectónica, entre os que destacan a alcazaba árabe que domina a localidade, así como a catedral, na que se superponen diversos estilos, desde o gótico ata o neoclásico que é unha das tres catedrais españolas con planta renacentista (xunto ás de Granada e Málaga). Cabe destacar tamén as súas Covas habitadas.

Motril

Motril é unha cidade española situada no extremo sur da provincia de Granada, cerca do mar Mediterráneo. Motril é a capital da comarca da Costa Granadina.

Recibe os títulos de "Moi Nobre e Leal Cidade de Motril", que aparecen no escudo municipal.

Peligros

Peligros é un concello español, pertencente á provincia de Granada, en Andalucía. Está situado na parte central da Vega de Granada. Limita cos concellos de Calicasas, Güevéjar, Pulianas, Maracena e Albolote. Na actualidade, Peligros alberga a sede social do Diario Ideal de Granada. En 2013 tiña 11.126 habitantes. A súa extensión superficial é de 9 km² e ten unha densidade de 1097,24 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37°13' N, 3º37' O. Atópase situado a unha altitude de 680 metros e a 9 quilómetros da capital de provincia, Granada.

Salobreña

Salobreña é un concello español da provincia de Granada, en Andalucía, situado na parte centro-oeste da costa granadina. Limita cos municipios de Los Guájares, Vélez de Benaudalla, Motril, Almuñécar, Ítrabo e Molvízar.

Este municipio, a beiras do mar Mediterráneo, compono tres núcleos de poboación: Lobres, Caleta-La Guardia e Salobreña. O núcleo principal de poboación está situado nunha roca coroada por un castelo árabe. No seu termo municipal desemboca o río Guadalfeo.

Santa Cruz del Comercio

Santa Cruz del Comercio (ou simplemente Santa Cruz) é unha localidade española pertencente a provincia de Granada, na comunidade de Andalucía. Está situado na parte centro-norte da comarca de Alhama, a uns 51 km da capital granadina. O concello é un enclave en Alhama de Granada.

O concello santacruceño está formado polos núcleos de Santa Cruz del Comercio e Valenzuela, tamén chamado Seco de Lucena.

Santa Fe, Granada

Santa Fe é un concello andaluz da provincia de Granada. Segundo o INE, en 2009 tiña 15.430 habitantes. No concello atópase o Aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén.

Está situada na parte centro-oeste da comarca da Vega de Granada, e é unha das cincuenta e unha entidades que compoñen a Área Metropolitana de Granada. Limita cos municipios de Fuente Vaqueros, Pinos Puente, Atarfe, Granada, Vegas del Genil, Las Gabias, Chimeneas e Chauchina. Outras localidades próximas son Belicena, Bobadilla, Cijuela e Láchar.

O concello santaferino está formado polos núcleos de Santa Fe, El Jau e a maior parte de Pedro Ruiz, situado entre o límite municipal de Santa Fe e o de Fuente Vaqueros. Este municipio é capital de partido xudicial, así como da subcomarca da Vega Baja de Granada.

Víznar

Víznar é unha localidade e concello español pertencente á provincia de Granada, na comunidade autónoma de Andalucía. Está na parte central da Vega de Granada, a uns nove quilómetros da cidade de Granada. A súa superficie é de 13 km². Atópase a unha altitude de 1050 metros e ten unha poboación de 978 habitantes (INE, 2017).

Foi entre esta localidade e a veciña de Alfacar onde o escritor Federico García Lorca foi asasinado en 1936.

Zafarraya

Zafarraya é un municipio andaluz situado ó sur do Poniente Granadino (provincia de Granada), no sueste de España. Limita cos concellos granadinos de Loja e Alhama de Granada e cos concellos malagueños de Periana e Alfarnate. O concello está situado no Campo de Zafarraya, que constitúe o maior polje da Península Ibérica.

Zagra

Zagra é unha localidade e municipio español que pertence á provincia de Granada, na comunidade autónoma de Andalucía. Conta cunha superficie de 11,19 km², unha poboación de 961 habitantes (2010) e unha densidade de poboación de 85,88 hab/km², dista de Granada 72 quilómetros e 20 de Loja.

No seu libro "Anales de Granada", Francisco Henríquez de Jorquera realiza unha descrición da vila de Zagra, cuxo castelo defende aos reis granadinos. Este pobo, situado a lombos do Monte Hacho, veu pasar xentes desde a prehistoria: romanos, visigodos e árabes.

Andalucía Andalucía  · Concellos da provincia de Granada

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.