Provincia de Cuenca

A provincia de Cuenca é unha provincia española situada na parte oriental de Castela-A Mancha. No ano 2006 estaban censadas na provincia 208.616 persoas, nunha área de 17.061 km², repartida entre 238 municipios. Unha cuarta parte da poboación residía na capital.

Limita ao sur coas provincias de Albacete e Cidade Real, ao norte coa provincia de Guadalaxara e máis a Comunidade Autónoma de Aragón, ao leste coa Comunidade Valenciana, e ao oeste coa provincia de Toledo e a Comunidade de Madrid.

Provincia de Cuenca
Flag Cuenca Province
Escudo de la Provincia de Cuenca
Provincia Cuenca
Capital Cuenca
Área 17.141 km²
Poboación 217.716 hab. (2010)
Densidade 12,70 hab./km²
Concellos 238
Xentilicio Conquense

Comarcas

Municipios

Cuenca+1000h
Concellos de Cuenca con máis de 1000 habitantes (lista da esquerda)
Concellos de Cuenca maiores de 1.000 habitantes (INE 2010)
Nome Poboación Comarca
1. Cuenca 56.189 Serranía Media-Campichuelo y Serranía Baja
2. Tarancón 15.732 La Mancha de Cuenca
3. Quintanar del Rey 7.910 Manchuela conquense
4. Las Pedroñeras 7.228 La Mancha de Cuenca
5. San Clemente 7.204 La Mancha de Cuenca
6. Mota del Cuervo 6.304 La Mancha de Cuenca
7. Motilla del Palancar 6.195 Manchuela conquense
8. Iniesta 4.694 Manchuela conquense
9. Horcajo de Santiago 4.162 La Mancha de Cuenca
10. Casasimarro 3.361 Manchuela conquense
11. Villamayor de Santiago 3.068 La Mancha de Cuenca
12. El Provencio 2.771 La Mancha de Cuenca
13. Minglanilla 2.669 Manchuela conquense
14. Las Mesas 2.563 La Mancha de Cuenca
15. Belmonte 2.234 La Mancha de Cuenca
16. Villanueva de la Jara 2.231 Manchuela conquense
17. Huete 2.034 La Alcarria
18. La Alberca de Záncara 1.976 La Mancha de Cuenca
19. Sisante 1.960 Manchuela conquense
20. Ledaña 1.931 Manchuela conquense
21. Honrubia 1.761 La Mancha de Cuenca
22. Las Valeras 1.671 Serranía Media-Campichuelo y Serranía Baja
23. Campillo de Altobuey 1.576 Manchuela conquense
24. Casas de Fernando Alonso 1.503 La Mancha de Cuenca
25. Landete 1.376 Serranía Media-Campichuelo y Serranía Baja
26. Arcas del Villar 1.354 Serranía Media-Campichuelo y Serranía Baja
27. Fuente de Pedro Naharro 1.330 La Mancha de Cuenca
28. El Pedernoso 1.304 La Mancha de Cuenca
29. San Lorenzo de la Parrilla 1.288 La Mancha de Cuenca
30. Valverde de Júcar 1.280 La Mancha de Cuenca
31. Villar de Olalla 1.202 Serranía Media-Campichuelo y Serranía Baja
32. Villalpardo 1.143 Manchuela conquense
33. Priego 1.124 La Alcarria
34. Barajas de Melo 1.065 La Alcarria
35. Casas de Benítez 1.055 Manchuela conquense
36. Talayuelas 1.049 Serranía Media-Campichuelo y Serranía Baja
37. Los Hinojosos 1.001 La Mancha de Cuenca

Economía

Cuenca, cunha economía algo deprimida debido principalmente á emigración continuada, parece renacer agora co turismo e o progresivo coñecemento das súas excelentes paisaxes e recursos. A economía estivo tradicionalmente centrada nas actividades agrarias e forestais: cereais, vide, oliveira, azafrán, allos, garavanzos, lentellas, cultivo de fungos (Villanueva de la Jara, Altarejos, Las Pedroñeras, Los Hinojosos, Mota del Cuervo, Poboa de Almenara). A industria céntrase sobre todo no sector derivado da riqueza forestal conquense: serradoiros (Conca, Almodóvar del Pinar) e resinas (Conca, Arcos de la Sierra). Os seus mananciais de augas minerais de gran calidade, principalmente ao norte da provincia, dan lugar a unha industria embotelladora de importancia crecente (por exemplo, as augas de Beteta e de Huerta del Marquesado). Ten no seu territorio os encoros de Buendía, La Toba, Alarcón e Contreras que hoxe día están nunha situación moi deficitaria.

Os seus produtos máis característicos son os derivados cárnicos, sobremesas como o alajú, bebidas como o resolí, o viño e a augardente de Ribatajada, o queixo, o allo morado de Las Pedroñeras, os cogomelos e o champiñón da Manchuela e o mel da Alcarria.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Arrancacepas

Arrancacepas é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha.No ano 2009 vivían 40 habitantes.

Campos del Paraíso

Campos del Paraíso é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha. Esténdese por unha área de 216.89 km² onde no ano 2009 vivían 922 habitantes. Ten cinco núcleos de poboación: Carrascosa del Campo, Loranca del Campo, Olmedilla del Campo, Valparaíso de Abajo e Valparaíso de Arriba.

Carboneras de Guadazaón

Carboneras de Guadazaón é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha. Esténdese por unha área de 100.65 km² onde no ano 2007 vivían 899 habitantes. Encóntrase a 34 km da capital.

Cuenca, España

Cuenca é unha cidade de España, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha. É a capital da provincia de Cuenca e está situada na confluencia dos ríos Xúcar e Huécar, que forman profundos canóns. En 2008 a súa poboación era de 54.600 habitantes, sendo a sexta cidade de Castela-A Mancha.

Enguídanos

Enguídanos é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha. Esténdese por unha área de 165.35 km² onde no ano 2007 vivían 462 habitantes. Atópase a 85 km de Cuenca.

Iniesta

Iniesta é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha. Esténdese por unha área de 232.30 km² onde no ano 2007 vivían 4.412 habitantes. Encóntrase a 105 km da capital.

La Cierva

La Cierva é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha.No ano 2009 vivían 53 habitantes. Ten 71.48 km² de extensión.

Lagunaseca

Lagunaseca é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha. No ano 2009 vivían 95 habitantes.

Narboneta

Narboneta é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha. Esténdese por unha área de 34.83 km² onde no ano 2007 vivían 74 habitantes.

Pajaroncillo

Pajaroncillo é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha. Esténdese por unha área de 56.91 km² onde no ano 2007 vivían 83 habitantes.

Pozorrubio

Pozorrubio é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha. Esténdese por unha área de 44.66 km² onde no ano 2009 vivían 394 habitantes.

Priego

Para o municipio cordobés, véxase Priego de CórdobaPriego é un municipio de España, na provincia de Cuenca, en Castela-A Mancha. Segundo o INE en 2009 tiña 1138 habitantes. Ten unha área de 80,91 km², cunha densidade de 14,47 hab./km².

Provincia de Cidade Real

A provincia de Cidade Real (en castelán: Ciudad Real) é unha provincia española, situada en Castela-A Mancha, que ten como capital a cidade do mesmo nome. Conta cunha poboación de 506.864 habitantes (2006), e ocupa unha superficie de 19.813 km², que se reparten entre 100 concellos. Limita polo norte coa provincia de Toledo, polo nordeste coa provincia de Cuenca, polo leste coa provincia de Albacete, polo sur coas provincias de Córdoba e Xaén (Andalucía), e polo oeste coa de Badaxoz (Estremadura).

Sisante

Sisante é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha. No ano 2009 vivían 1.958 habitantes.

Tarancón

Tarancón é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha. Esténdese por unha área de 106.84 km² onde no ano 2007 vivían 14.214 habitantes. Encóntrase a 800 metros sobre o nivel do mar.

Uclés

Uclés é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha. Esténdese por unha área de 64.61 km² onde no ano 2007 vivían 257 habitantes.

Uña, Cuenca

Uña é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha. Esténdese por unha área de 23.25 km² onde no ano 2007 vivían 123 habitantes.

Yémeda

Yémeda é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha. Esténdese por unha área de 29.08 km² onde no ano 2007 vivían 27 habitantes.

Castela-A Mancha Castela-A Mancha  · Concellos da Provincia de Cuenca

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.