Provincia de Cidade Real

A provincia de Cidade Real[1] (en castelán: Ciudad Real) é unha provincia española, situada en Castela-A Mancha, que ten como capital a cidade do mesmo nome. Conta cunha poboación de 506.864 habitantes (2006), e ocupa unha superficie de 19.813 km², que se reparten entre 100 concellos. Limita polo norte coa provincia de Toledo, polo nordeste coa provincia de Cuenca, polo leste coa provincia de Albacete, polo sur coas provincias de Córdoba e Xaén (Andalucía), e polo oeste coa de Badaxoz (Estremadura).

Provincia de Cidade Real
Provincia de Ciudad Real
Flag Ciudad Real Province
Escudo de la provincia de Ciudad Real
Provincia Ciudad Real
Capital Cidade Real
Área 19.813 km²
Poboación 515.529 hab. (2010)
Densidade 26,72 hab./km²
Concellos 102
Xentilicio Ciudadrealeño/a

Xeografía

Relevo

A súa paisaxe está definida pola Meseta Central Ibérica na súa metade setentrional: trátase dun extenso altiplano de horizonte chairo apenas interrompido por outeiros de pouca altura. O sur da provincia está delimitado pola Serra Morena, na que o principal paso cara Andalucía está en Despeñaperros; mentres que no Norte érguense os Montes de Toledo, unha cadea montañosa non moi elevada.

Grande parte do territorio pertence á comarca da Mancha, arredor da cal aparecen as subcomarcas do Campo de Calatrava, o Campo de San Juan e o Campo de Montiel.

Hidrografía

O río Guadiana é a principal cunca hidrográfica; nace nas lagoas de Ruidera, na parte oriental da provincia, desaparecendo e volvendo a aparecer nos arredores da localidade de Villarrubia de los Ojos. Algúns dos seus afluentes importantes na provincia son o Cigüela, o Záncara e o Jabalón.

Clima

O clima da provincia é continental, caracterizado por invernos fríos e veráns moi calorosos.

Notas

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Aeroporto de Cidade Real

O Aeroporto Central Cidade Real (IATA: CQM, OACI: LERL), anteriormente chamado Aeroporto Don Quixote e Aeroporto Madrid Sur-Cidade Real, é un aeroporto privado situado na provincia de Cidade Real, entre a capital provincial, Cidade Real, e a cidade de Puertollano. É o primeiro aeroporto internacional privado de España e ocupa unha superficie de 1.234,45 hectáreas. O investimento alcanzou os 1.100 millóns de euros.

O aeroporto ten unha soa pista de 4.000 metros de lonxitude, 60 metros de anchura e unha orientación 10/28, que permite dar servizos a voos nacionais e internacionais, así como unha rúa de rodadura de 3.000 m de lonxitude. Parte das instalacións dedícanse a voos privados e deportivos. O complexo ten unha área de mantemento, un heliporto e unha zona industrial de 10 km². Ademais, proxectouse como o primeiro aeroporto español conectado ao sistema AVE, non obstante tal estación non chegou a ser construída. A súa capacidade estimada era de máis de 2 millóns de pasaxeiros ao ano.

Dende abril de 2012 está pechado e inactivo.

Alcázar de San Juan

Alcázar de San Juan é unha cidade da comunidade autónoma de Castela-A Mancha, situada no nordés da provincia de Cidade Real. Está situada 150 km ao sur de Madrid e no límite coa provincia de Toledo. Ao oeste de Alcázar de San Juan existen tres lagoas, chamadas La Veguilla, Lagoa do Camino de Villafranca e Lagoa de Las Yeguas, que se converteron nun importante refuxio de aves debido á redución doutros espazos como as Tablas de Daimiel, onde durante todo o ano poden atoparse aves como flamengos e garzas. Alcázar ocupa o décimo posto de Castela-A Mancha en poboación.

Contaba en 2007 cunha poboación de 30.408 habitantes.

Almadén

Almadén é un concello español da provincia de Cidade Real, en Castela-A Mancha. Situado a 589 metros de altitude, ten unha poboación de 6.175 habitantes (2010).

Posúe unhas importantes minas de cinabrio, mineral do que se extrae mercurio. As reservas deste mineral son as máis grandes do mundo e eran xa explotadas en tempos de Estrabón, Vitrubio e Plinio, que aluden ao cinabrio de Almadén ao mencionar a próxima cidade romana de Sisapo, situada no val de Alcudia.

Ballesteros de Calatrava

Ballesteros de Calatrava é unha pequena localidade pertencente a comunidade de Castela-A Mancha, dentro da provincia de Cidade Real atopándose na comarca de Campo de Calatrava. Ten 57,27 km², e está a 656 m sobre o nivel do mar, a 18 km da capital da provincia. Ten 546 habitantes.

Campo de Criptana

Campo de Criptana é un concello da provincia de Cidade Real, na comunidade de Castela-A Mancha. Atópase situado na comarca natural da Mancha, dentro da subcomarca denominada Mancha Alta.

Caracuel de Calatrava

Caracuel De Calatrava é unha pequenha localidade manchega da provincia de Ciudad Real, situada entre Puertollano e a capital de provincia.

Ten unha poboación de 166 habitantes (2009), 9,92 km² de superficie e unha densidade de poboación de 16,73 hab/km².

Cidade Real

Cidade Real (en castelán: Ciudad Real) é unha cidade do centro de España, na Meseta Sur, capital da provincia de Cidade Real, en Castela-A Mancha.

Cidade Real ten 74.014 habitantes segundo o censo do Instituto Nacional de Estadística do ano 2009. A cidade atópase a 628 msnm, e o termo municipal cobre 289,98 km².

A cidade foi fundada por Afonso X o Sabio co nome de Villa-Real. A cidade é sede da Universidade de Castela-A Mancha e da Deputación Provincial.

Daimiel

Daimiel é un concello español da provincia de Cidade Real, en Castela-A Mancha. É un importante enclave vinícola e industrial do Campo de Calatrava, na rexión da Mancha. Foi declarada cidade en 1887 pola Raíña Rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena.

A uns 10 quilómetros da cidade sitúase un dos parques nacionais do Estado e Reserva da Biosfera, o Parque Nacional das Tablas de Daimiel, creado en 1973, con reclasificación en 1980.

Estación de Cidade Real

A estación de Cidade Real (en castelán: Ciudad Real), tamén coñecida como Ciudad Real-Central, é unha estación de tren situada da cidade de Cidade Real, en Castela-A Mancha. Construíuse no ano 1991 entrando en funcionamento ao ano seguinte coa inauguración do tren de Alta Velocidade Española (AVE) entre Madrid e Sevilla con parada en Cidade Real e Córdoba.

Actualmente supón un importante nó de comunicacións ferroviario con conexión á alta velocidade, trens de longo percorrido, media distancia e proximidades. Realizando traxectos cara a Levante (Alacant, Barcelona), Badaxoz, Málaga e outras localidades do sur peninsular.

La Solana

La Solana é un municipio de España, na provincia de Cidade Real, comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Ten unha superficie de 134,18 km² cunha poboación de 16.039 habitantes e unha densidade de 119,53 hab/km².

Montiel

Montiel é unha poboación do sueste da provincia de Cidade Real en España (comunidade autónoma de Castela-A Mancha). Atópase dentro da comarca do Campo de Montiel na marxe esquerda do río Jabalón e dentro do val que forman as ladeiras dos cerros do Castelo da Estrela (ás veces chamado castelo de Montiel), de San Polo e das Camarillas.

Pedro Muñoz

Pedro Muñoz é un concello da provincia de Cidade Real, na comunidade de Castela-A Mancha. Atópase situado na comarca natural da Mancha, dentro da subcomarca denominada Mancha Alta.

Provincia de Córdoba, España

Córdoba é unha provincia española pertencente a Andalucía, sita na súa parte occidental. A súa capital é a homónima cidade de Córdoba. En 2005 tiña 784.376 habitantes. O 40 % da poboación vive na capital, sendo a densidade demográfica de 57,16 hab./km².

Puertollano

Puertollano é un municipio da provincia de Cidade Real, comunidade autónoma de Castela-A Mancha, en España, con 50.838 habitantes (INE 2007).

Conta cunha mina de carbón e unha refinería de petróleo. A súa produción eléctrica vai dende as dúas centrais térmicas de carbón (Viesgo-Enel e Elcogas), ata as últimas instalacións de paneis solares. Esta infraestrutura enerxética converte a Puertollano na cidade industrial por excelencia da comunidade autónoma.

Socuéllamos

Socuéllamos é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela-A Mancha. No ano 2009 vivían 13.173 habitantes.

Tomelloso

Tomelloso é unha cidade manchega, situada ao nordés da provincia de Cidade Real, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. É o municipio con maior poboación da zona e o oitavo de Castela-A Mancha.

Evolución demográfica

Torrenueva

Torrenueva é un concello da provincia de Cidade Real, en Castela-A Mancha, España. A súa superficie é de 142 km² e a poboación de 3.066 habitantes (2005). A altitude do concello é de 721 metros. O principal monumento é a igrexa, de estilo gótico isabelino. Pertenceu á Orde de Santiago desde a Idade Media ata o século XIX. A corporación municipal está formada por 6 concelleiros do Partido Popular e 5 do PSOE.

Valdepeñas

Valdepeñas é unha cidade de España, situada na provincia de Cidade Real, dentro da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha. Comprende ademais do núcleo urbano, o barrio de Consolación a 11 km de distancia na A-4 dirección a Madrid, que se fundou na década de 1940 como núcleo de colonización de terras de labranza e as casas dos Baños del Peral a 7 km pola estrada de La Solana.

É cabeza do partido xudicial que agrupa ás localidades de Moral de Calatrava, Santa Cruz de Mudela, Viso del Marqués, Torrenueva, Castellar de Santiago e Almuradiel.

Etimoloxicamente o seu nome significa Val de penas, por estar situada nun amplo meandro do río Jabalón rodeado de cerros (somonte de Serra Morena que marcan o límite sur da chaira manchega xusto nesta localidade) e por abundar no seu subsolo a rocha calcaria.

Castela-A Mancha Castela-A Mancha  · Concellos da Provincia de Cidade Real

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.