Provincia de Castelló

A provincia de Castelló[1][2] (en valenciano: Castelló; en castelán: Castellón) é unha provincia do norte da Comunidade Valenciana, con capital en Castelló de la Plana. Limita polo norte con Cataluña, ao noroeste e oeste con Aragón, e polo leste co mar Mediterráneo. Castelló de la Plana é a única localidade que supera os 50.000 habitantes pois conta con 160.714 habitantes. Despois a segue Vila-real con 44.685 habitantes.

Provincia de Castelló
Província de Castelló
Escudo de la Provincia de Castellón
Provincia Castelló
Capital Castelló de la Plana
Área 6.632 km²
Poboación 604.274 hab. (2010)
Densidade 93,2 hab./km²
Concellos 135
Xentilicio Castellonenco/a

Datos básicos

Comarcas

A provincia contén todas as Comarcas do Norte do País Valenciano e máis as comarcas do Alt Palància e o Alt Millars:

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castellonenco.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
Almassora

Almassora (en valenciano: Almassora, en castelán: Almazora, as dúas denominacións cooficiais) é un municipio da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Castelló. Forma parte da comarca da Plana Alta. En 2009 contaba cunha poboación de 24.963 habitantes segundo o INE.

O concello, situado a beiras do río Millars, está a carón da costa mediterránea. Limita cos concellos de Castelló de la Plana, Vila-real, Onda e Borriana.

A principal actividade económica está relacionada coa industria cerámica de pavimentos e revestimentos cerámicos e un amplo sector de servizos para a cerámica; séguelle o sector da construción e a agricultura de cítricos en plena transformación varietal.

Benicarló

Benicarló é un concello do País Valenciano. Situado na costa norte da provincia de Castelló, na comarca do Baix Maestrat. Ten 26.381 habitantes (INE 2008).

Borriol

Borriol é un municipio da Comunidade Valenciana, situado na provincia de Castelló, na comarca da Plana Alta. A súa poboación residente é de 5.209 habitantes (INE 2014).

Baseada tradicionalmente na agricultura de secaño predominando o cultivo de oliveiras e alfarrobeiras. A proximidade á capital da provincia desenvolveu o sector da industria auxiliar.

Castelló de la Plana

Castelló de la Plana (en valenciano: Castelló de la Plana (oficial), en castelán: Castellón de la Plana), é unha cidade da Comunidade Valenciana, capital da provincia de Castelló e da comarca da Plana Alta. Encóntrase situada na costa mediterránea. Limita con Borriol, Benicàssim, Almassora, l'Alcora e Onda.

Ten 177.924 habitantes (INE 2008). Ademais, é o núcleo principal dunha área metropolitana de 276.977 habitantes.

Club Deportivo Castellón

O Club Deportivo Castellón (en valenciano: Club Esportiu Castelló) é un club de fútbol español, da cidade de Castelló de la Plana na Provincia de Castelló. Foi fundado en 1922 e actualmente milita na Terceira División Española, logo de descender desde Segunda B en 2011 por impagamentos.

L'Alcora

L'Alcora é un municipio da Comunidade Valenciana, situado na provincia de Castelló, na comarca do Alcalatén, da que é capital. A súa poboación residente é de 10.672 habitantes (INE 2014).

É coñecida pola súa cerámica e pola fábrica foi fundada en 1727. Na actualidade, a industria de azulexos de l'Alcora compite coa doutras localidades da provincia. Existe unha importante industria auxiliar e complementaria desta actividade. A agricultura de secaño ten menor interese, predominando o cultivo da amendoeira e o oliveiral. Nas seus muíños de aceite elabórase un aceite de oliva de excelente calidade.

La Vall d'Uixó

La Vall d'Uixó, tamén coñecida coma Vall-Llarga, Vall del Duc ou La Vall, é un concello do País Valenciano situado ao sueste da provincia de Castelló, na comarca da Plana Baixa. Ten 31.978 habitantes (INE 2007).

Les Useres

Les Useres (en castelán e tamén oficial: Useras) é un municipio da Comunidade Valenciana, situado na provincia de Castelló, na comarca do Alcalatén. A súa poboación residente é de 992 habitantes (INE 2014).

A súa economía baséase na agricultura e gandería.

Morella

Morella é un concello da Comunidade Valenciana, España. Situada ao norte da provincia de Castelló, é a capital da comarca de Ports, en pleno Maestrazgo. O seu termo municipal ten 413,5 km², o terceiro en extensión da Comunidade Valenciana. Conta con 2.854 habitantes (INE 2008).

Nules

Nules é un municipio da Comunidade Valenciana, situado na provincia de Castelló, na comarca da Plana Baixa. A súa poboación residente é de 13.456 habitantes (INE 2014).

A economía nulense baseouse tradicionalmente na agricultura, con claro predominio do cultivo de cítricos. O agricultor nulense desenvolveu un variedade de clementina (clemenules) que ten un gran mercado exterior. Na actualidade estase a potenciar tamén o desenvolvemento do turismo como unha nova actividade económica para a cidade, que virá a completar a achega de agricultura e industria, así como o sector servizos.

Peníscola

Peníscola (en castelán e tamén oficial: Peñíscola) é un municipio da Comunidade Valenciana, situado na costa norte da provincia de Castelló, na comarca do Baix Maestrat. Conta cunha poboación de 7.560 habitantes (INE 2008).

Segorbe

Segorbe (en valenciano: Sogorb) é un municipio da Comunidade Valenciana, situado no sur da provincia de Castelló, na comarca do Alto Palancia. A súa poboación residente é de 9.233 habitantes (INE 2014).

Segorbe foi ata 1960 sede da diocese de Segorbe, e é na actualidade, xunto con Castelló de la Plana, cabeza da diocese de Segorbe-Castelló. Conserva un importante patrimonio arquitectónico concentrado na súa zona antiga, que foi declarado Ben de interese cultural no seu conxunto.

Suera

Suera (en castelán e tamén oficial: Sueras) é un municipio da Comunidade Valenciana, situado na provincia de Castelló, na comarca da Plana Baixa. A súa poboación residente é de 599 habitantes (INE 2014).

A súa economía baséase na agricultura.

Vila-real

Vila-real é unha cidade e concello da provincia de Castelló, na Comunidade Valenciana, na comarca da Plana Baixa. O censo de 2011 asignáballe 51.357 habitantes. É a décimo cuarta poboación valenciana por número de habitantes e a terceira ao norte da Área Metropolitana de Valencia, só superada por Castelló e Sagunt.

Durante a primeira metade do século XX adicouse ó cultivo da laranxa. Na actualidade, posúe unha importante industria de azulexos. É tamén coñecida internacionalmente polo Villarreal Club de Fútbol.

Vilafranca, Castelló

Vilafranca (en castelán e tamén oficial: Villafranca del Cid) é un municipio da Comunidade Valenciana, situado na provincia de Castelló, na comarca do Alt Maestrat. A súa poboación residente é de 2.352 habitantes (INE 2014).

A súa economía baséase na industria téxtil.

Vinaròs

Vinaròs é un concello do País Valenciano. Situado no extremo norte da costa da provincia de Castelló, na comarca do Baix Maestrat. Ten 27.912 habitantes (INE 2008).

Xert

Xert é un municipio da Comunidade Valenciana, situado na provincia de Castelló, na comarca do Baix Maestrat. A súa poboación residente é de 819 habitantes (INE 2014).

Na Mola Murada, montaña dentro do municipio, atópanse restos dun gran poboado da Idade de Bronce. A súa economía baséase na agricultura e gandería.

Xilxes

Xilxes (en castelán e tamén oficial: Chilches) é un municipio da Comunidade Valenciana, situado na provincia de Castelló, na comarca da Plana Baixa. A súa poboación residente é de 2.853 habitantes (INE 2014).

A súa economía baséase na agricultura, especialmente no cultivo de laranxas. Na actualidade estase a desenvolver rapidamente o sector turístico, xa que o concello ten praia. Hai que destacar tamén a industria cerámica tan presente na provincia de Castelló.

Xodos

Xodos (en castelán e tamén oficial: Chodos) é un municipio da Comunidade Valenciana, situado na provincia de Castelló, na comarca do Alcalatén. A súa poboación residente é de 126 habitantes (INE 2014).

A súa economía baséase na agricultura e gandería. Destacan seu castelo, a torre do Callís, a igrexa parroquial e o parque natural do Penyagolosa.

Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana  · Concellos da provincia de Castelló

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.