Provincia de Córdoba, España

Córdoba é unha provincia española pertencente a Andalucía, sita na súa parte occidental. A súa capital é a homónima cidade de Córdoba. En 2005 tiña 784.376 habitantes. O 40 % da poboación vive na capital, sendo a densidade demográfica de 57,16 hab./km².

Provincia de Córdoba
Provincia de Córdoba - Bandera
Provincia de Córdoba - Escudo
Provincia Córdoba
Capital Córdoba
Área 13.550 km²
Poboación 803.038 hab. (2010)
Densidade 59,26 hab./km²
Concellos 75
Xentilicio Cordobés/esa

Xeografía

A provincia ocupa unha superficie de 13.769 km². Limita ao norte con Estremadura (provincia de Badaxoz) e Castela-A Mancha (provincia de Cidade Real), ao oeste coa provincia de Sevilla, ao sur coa provincia de Málaga e Granada, e ao leste coa provincia de Xaén.

O clima é mediterráneo continental con temperaturas que na capital oscilan, de media, entre os 9,2 °C en xaneiro e os 27,2 °C en xullo. Tanto neste mes como en agosto, as máximas poden superar en ocasións os 40 °C (46,6 °C o 23 de xullo de 1995, 46,2 °C o 1 de agosto de 2003). As precipitacións na capital son de 536 mm anuais, concentrándose entre outubro e abril.

Comarcas

Artigo principal: Comarcas de Córdoba.
Comarca Superficie Poboación Densidade Concellos
Alto Guadalquivir 1.299 km² 44.127 hab. 745,1 hab/km² 8
Campiña Este - Guadajoz 725 km² 39.260 hab. 311,9 hab/km² 5
Campiña Sur Cordobesa 1.101,8 km² 104.062 hab. 120 hab/km² 11
Subbética 1.597 km² 123.651 hab. 87,48 hab/km² 14
Valle de los Pedroches km² hab. hab/km² 17
Valle del Guadiato km² hab. hab/km² 11
Vega del Guadalquivir 1.691 km² 65.554 hab. 38,76 hab/km² 8

Véxase tamén

Outros artigos

Califa do Toureo

Califa do Toureo é un título honorífico que se concede a os grandes toureiros orixinarios da provincia de Córdoba, España.

O título foi creado polo escritor Mariano de Cavia, quen nomenou o primeiro deles ao chamar Califa do Toureo ao toureiro Rafael Molina, coñecido como Lagartijo. Os seguintes tres califas (Guerrita, Machaquito e Manolete) foron nomeados polo pobo de Córdoba.

O 29 de outubro de 2002, foi nomeado como o quinto Califa do Toureo, Manuel Benítez "El Cordobés", polo Concello de Córdoba, a petición de numerosas asociacións e colectivos da provincia.

Cisternas romanas de Monturque

As cisternas romanas de Monturque (provincia de Córdoba, España) son un xacemento romano descuberto na cidade de Monturque en 1885 mentres se ampliaba o cemiterio. Componse de doce depósitos de auga.

Presa El Salto

O conxunto arquitectónico denominado Presa El Salto situada no termo municipal de El Carpio (Provincia de Córdoba, España) está formado por unha presa e unha central hidroeléctrica coa comunicación entre ambas.Sitúase no km 3,3 da estrada de Pedro Abad-Adamuz (CO-412), no río Guadalquivir. No deseño de estilo neomudéxar colaborou o arquitecto Casto Fernández Shaw, cos enxeñeiros Carlos Mendoza e Antonio del Águila. A súa construción, realizouse entre os anos 1918 e 1922 pola enxeñaría madrileña Mengemor.

Conta cun importante valor social para a poboación da localidade, xa que contribuíu ó desenvolvemento e expansión económica da zona desde a súa construción entre os anos 1918 e 1922.

Andalucía Andalucía  · Concellos da provincia de Córdoba

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.