Provincia de Cáceres

Cáceres (en estremeño: Caçris, na fala de Xálima: Cáciris) é unha provincia de España, na parte norte da comunidade autónoma de Estremadura. Limita coas provincias de Salamanca, Ávila, Toledo, e Badaxoz, e con Portugal.

A súa capital é a cidade de Cáceres.

A provincia de Cáceres ten unha poboación de 412.580 hab. (Padrón INE 2005) dos cales o 21,5% vive na capital.

Comarcas da Provincia de Cáceres
Comarca do Alagón Comarca de Alcántara Comarca do Ambroz Comarca de Cáceres Comarca de Campo Arañuelo
Val do Jerte Comarca de La Vera Las Hurdes Las Villuercas Comarca dos Ibores
Comarca de Serra de Gata Comarca de Trujillo Comarca de Valencia de Alcántara
Provincia de Cáceres
Flag of the province of Cáceres
Coat of Arms of the Province of Cáceres
Provincia Cáceres
Capital Cáceres
Área 19.868 km²
Poboación 415.083 hab. (2010)
Densidade 20,89 hab./km²
Concellos 221
Xentilicio Cacereño/a

Véxase tamén

Arroyomolinos, Cáceres

Arroyomolinos é un concello español da provincia de Cáceres, en Estremadura. Ten unha poboación de 770 habitantes (2017).

As Ellas

As Ellas (na fala: As Ellas; en castelán: Eljas) é un concello da provincia de Cáceres, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado ao oeste da comarca da Serra de Gata e é un dos tres municipios nos cales se fala a fala de Estremadura.

Con 970 habitantes en 2014, é o quinto municipio máis poboado da comarca. No seu termo municipal atópase a pedanía do Souto. A vila é coñecida polo seu castelo.

Casar de Palomero

Casar de Palomero é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado ao norte da provincia de Cáceres, pertencendo historicamente á comarca de Tierra de Granadilla, aínda que hoxe intégrase na mesma mancomunidade que os concellos de Las Hurdes. O concello ten a súa capital na localidade homónima de Casar de Palomero.

Casares de las Hurdes

Casares de las Hurdes é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado na comarca de Las Hurdes, ao norte da provincia de Cáceres. A capital municipal está situada na localidade homónima.

Coria

Coria ou Coira é unha cidade e municipio da provincia de Cáceres, Estremadura (España). Conta con 12.767 habitantes e unha densidade de poboación de 12,40 hab/km² (INE 2007).

Cáceres

Cáceres (en estremeño: Caçris, na fala de Xálima: Cáciris) é unha cidade estremeña, de 91.606 habitantes (2007) que viven nunha superficie municipal de 1.768 km², sendo o concello máis extenso de España. É a capital da província homónima, cuxa poboación concentra o 21'45 % do total provincial.

A cidade vella de Cáceres foi declarada Terceiro Conxunto Monumental de Europa en 1968, e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1986.

Estremadura

Estremadura (en estremeño: Estremaúra, en castelán: Extremadura, na fala e portugués: Estremadura) é unha comunidade autónoma instituída na rexión natural localizada no oeste de España. Limita ao norte con Castela e León, ao leste con Castela-A Mancha, ao sur con Andalucía e ao oeste coas rexións portuguesas do Alentexo e as Beiras.

Esta comunidade autónoma ten a súa capitalidade na cidade de Mérida, e está composta polas provincias de Cáceres ao norte e Badaxoz ao sur.

Guadalupe, Cáceres

Guadalupe é un concello español da provincia de Cáceres, en Estremadura. Pertence á comarca de Las Villuercas e tiña en 2014 unha poboación de 2.021 habitantes.

Segundo a tradición un pastor encontrou unha talla da virxe María no río Guadalupe a finais do século XIII ou principios do XIV. Preto do lugar onde se encontrou a imaxe construíuse unha ermida arredor da cal xurdiu o asentamento actual co nome de Puebla de Santa María de Guadalupe. Dende a construción do primeiro santuario Guadalupe converteuse no centro de peregrinación máis importante da península ibérica despois de Santiago de Compostela, condición que mantén na actualidade a través da peregrinación que chega de toda España polos camiños de Guadalupe. Isto débese ao feito de que se Santiago é o patrón de España, a virxe de Guadalupe é a patroa de todas as terras de fala hispana e ostenta o título de raíña das Españas segundo a tradición católica. O actual Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe é considerado como un dos maiores símbolos de Estremadura e a Virxe de Guadalupe é tamén patroa desta rexión. O municipio conta con gran cantidade de monumentos ademais do mosteiro.

Ladrillar

Ladrillar (en estremeño, Ladrillal) é un concello estremeño, pertencente á provincia de Cáceres, situado na comarca de Las Hurdes. A capital municipal está situada na localidade homónima.

Miajadas

Miajadas é unha vila situada ao sur da provincia de Cáceres e practicamente no centro xeográfico de Estremadura.

A vila de Miajadas é coñecida como a "Capital Europea do Tomate".

Ten unha poboación de 10 241 habitantes.

Moraleja

Moraleja é un municipio estremeño, pertencente á provincia de Cáceres. En 2008 tiña 7.983 habitantes.

Limita ao norte con Perales del Puerto, ao nordés con Gata, ao suroeste con Zarza la Mayor, ao sueste con Cachorrilla e Pescueza, ao oeste con Cilleros, e ao leste con Huélaga, Casas de Don Gómez e Casillas de Coria.

Navalmoral de la Mata

Navalmoral de la Mata é unha localidade estremeña, pertencente á provincia de Cáceres. Segundo o INE, en 2007 tiña 16.931 habitantes.

Nuñomoral

Nuñomoral é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado ao norte da provincia de Cáceres, na comarca de Las Hurdes. O concello ten a súa capital na localidade homónima de Nuñomoral.

Plasencia

Plasencia é unha cidade e un concello estremeño, pertencente á provincia de Cáceres. Con 39.982 habitantes (2007) constitúe o segundo núcleo máis poboado da provincia e o cuarto da rexión tras as capitais provinciais, Cáceres e Badaxoz, e a capital autonómica, Mérida. É ademais sede episcopal, cun recoñecido casco monumental, que fai dela un destino turístico importante. Así mesmo, por ela pasa o Camiño de Santiago, na Ruta ou Vía da Prata.

San Martiño de Trebello

San Martiño de Trebello (na fala: Sa Martín de Trevellu; en castelán: San Martín de Trevejo) é un concello da provincia de Cáceres que cobre unha superficie de 24,71 km², na que vivían 949 habitantes no ano 2004, cunha densidade de poboación de 38,41 h/km².

Trujillo, Cáceres

Trujillo é unha cidade estremeña, pertencente á provincia de Cáceres. Atópase nun estratéxico nó de comunicacións dentro da rexión. Está a 47 km de Cáceres pola A-58, a uns 60 quilómetros do Parque Nacional de Monfragüe, a uns 90 km de Plasencia e a uns 80 km de Guadalupe. Pola A-5 (Autovía do Suroeste) comunica con Badaxoz a 149 km, con Mérida a 80 km, con Navalmoral de la Mata a 70 km e con Madrid, a tan só 250 km.

Valencia de Alcántara

Valencia de Alcántara é un concello estremeño da provincia de Cáceres, que comprende a vila do mesmo nome e varias pedanías como Alcorneo. Posúe o título de "Moi nobre, antiga e leal Vila". Con máis de 6.000 habitantes, é o undécimo municipio máis grande da provincia e o máis grande da comarca de Valencia de Alcántara. É capital do partido xudicial do mesmo nome.

Limita con Portugal e a provincia de Badaxoz. A súa proximidade á fronteira lusa deu a Valencia de Alcántara unha grande importancia histórica na Idade Moderna. Entre 1644 e 1668 Valencia de Alcántara pertenceu ao Reino de Portugal, e entre o século XVII e o século XVIII construíronse os monumentos máis importantes da localidade, aínda que o municipio é máis coñecido polos seus dolmens prehistóricos.

Valverde do Fresno

Valverde do Fresno (na fala: Valverdi du Fresnu; en castelán: Valverde del Fresno), é un concello da provincia de Cáceres que cobre unha superficie de 197,27 km², na que vivían 2.578 habitantes no ano 2004, cunha densidade de poboación de 13,07 h/km². O seu xentilicio tradicional é «valverdeiro» .

Villamiel

Villamiel é un concello da provincia de Cáceres, na comunidade autónoma de Estremadura. Ten 696 habitantes (2008).

Sitúase a 115 km da capital da provincia Cáceres. Abarca unha superficie total de 73 km² que se sitúan a unha altura media de 744 metros sobre o nivel do mar.

Encadrado dentro da Serra de Gata, posúe un territorio municipal moi grande, con terreos labrados, terras para animais (porcos, ovellas, cabras e vacas), abundante riqueza en canto a verduras e froitas cultivadas, bo viñedo e abundantes pés de oliveira.

Estremadura Estremadura  · Concellos da Provincia de Cáceres

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.