Provincia de Betanzos

A Provincia de Betanzos era unha das sete provincias históricas nas que se dividía o territorio de Galicia na Idade Moderna, entre finais do século XV até a división territorial de España en 1833 feita por Javier de Burgos.

Provincia Betanzos
Superficie aproximada da provincia de Betanzos.

Xeografía

Cunha superficie de 2433 km² e unha poboación de 127 755 habitantes a comezos do século XIX, a provincia de Betanzos era unha das menos extensas e máis densamente poboadas de Galicia. Ao norte lindaba co mar Cantábrico, ao leste coas provincias de Mondoñedo e Lugo, ao sur coas provincias de Lugo e Santiago e ao oeste coas de Santiago e A Coruña, ademais do océano Atlántico.

A provincia tiña unha cidade (Betanzos, a capital), once vilas, con Ferrol e Pontedeume entre as máis destacadas, e 239 parroquias. O seu territorio coincidía case por completo coa parte máis nordés da actual provincia da Coruña. En concreto, a parte máis oriental dos actuais concellos das Pontes e Mañón, incluíndo completamente as parroquias mañonesas de Mogor e Bares, pertencía á provincia de Mondoñedo.

Historia

A provincia de Betanzos xorde como unidade autónoma baixo o reinado dos Reis Católicos; ata entón achábase unida á da Coruña, formando unha provincia única denominada A Coruña - Betanzos. En 1833 perdeu a súa independencia para rematar integrada na actual provincia da Coruña, xunto con grande parte da antiga provincia de Santiago.

Véxase tamén

Bibliografía

Abade, Moeche

Santiago de Abade é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Moeche, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2013 tiña 282 habitantes (145 mulleres e 137 homes), 85 menos ca en 1999. Ten 18 entidades de poboación.

Abegondo

Abegondo é un concello da provincia e comarca da Coruña. Está no partido xudicial de Betanzos e forma parte do consorcio das Mariñas e da área metropolitana da Coruña. Limita con Cambre, Bergondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Mesía, Ordes e Carral. Abegondo ocupa 87,9 km2 de terreo, que se reparte en 19 parroquias.

En 2017 tiña unha poboación de 5467 persoas. O norte do concello é o máis poboado.

A metade norte do concello delimítano o río Barcés e o Mero. Vai subindo de altitude cara o sur, pasando dos 100 aos 400 metros de altitude en Vizoño. Boa parte das augas do encoro de Cecebre están nas súas parroquias do norte: Orto e Crendes. O encoro e as ribeiras do ríos Barcés e Mero están declarados como espazo natural ZEC encoro de Abegondo-Cecebre. Un punto de ancoraxe na AP-9 en Folgoso foi declarado de interese xeolóxico polo perfil estratigráfico da serie de Ordes que mostra. Abegondo forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo.

Entre o patrimonio destacan os castros e mámoas e o posible paso da calzada romana Vía XX per loca marítima por Vizoño, as minarías de ouro no Barcés, a Torre Figueroa e as Torres de Peito Bordel do século XII, o pazo de Quiroga do XVII ou os Cruceiros Bonitos. Dúas variantes do Camiño Inglés, seguen os Camiños Reais e pasan por Abegondo desde A Coruña e Ferrol. Os abegondeses Antonio de Parga e Juan Armada foron ministros nos reinados de Fernando VII e Afonso XIII.

En Mabegondo están o Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo e a cidade deportiva do Deportivo da Coruña.

O xentilicio local é «abegondés»/«abegondesa»

Adriano López Morillo

Adriano López Morillo, nado en Ferrol en 1837 e finado na Coruña o 30 de xaneiro de 1913, foi un militar galego, membro numerario da Real Academia Galega.

Apeadoiro de Aranga

O apeadoiro de Aranga foi un apeadoiro de Adif, situado na parroquia de Vilarraso no concello de Aranga, provincia da Coruña. Próximo ós lugares tanto do Apeadeiro de Orosa coma ó do Apeadeiro, este último na parroquia de Aranga, estaba situado na liña férrea A Coruña-León e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Aranga, Aranga

San Paio de Aranga é unha parroquia que se localiza no centro-leste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 520 habitantes (273 homes e 247 mulleres) distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 643 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Pruzos.

Betanzos

Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010).

Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia. Betanzos viviu o seu auxe no baixo medievo, medrando polo comercio da pesca, o viño e dos fornos, e nela instauráronse fidalguías e gremios importantes. Foi declarada cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465. Betanzos foi capital de provincia entre os séculos XVI e XVIII. As casas de Fonte de Unta, as súas murallas e portas, as súas igrexas como as de San Francisco e Azougue, a Torre de Lanzós ou a Torre do reloxo na igrexa de Santiago fan que sexa a referencia galega do gótico e unha cidade declarada conxunto histórico-artístico.Outro patrimonio de interese de Betanzos son as súas igrexas románicas de Brabío, Pontellas ou Tiobre; os edificios neoclásicos de San Antonio de Padua, o Arquivo do Reino de Galicia ou o pazo de Piadela; e conxuntos modernistas como a Casa Núñez, a escola de García Naveira ou o Parque do Pasatempo.

A súa ría, coa súa marisma, e os ríos Mendo e Mandeo, que pasan por Betanzos e bordean a cidade, son parte da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo. A ribeira de Piadela e a súa parte do encoro forman parte do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre. Destacan destes espazos a súa diversidade de ribeira, e da marisma no caso do Betanzos-Mandeo. Betanzos forma parte da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é betanceiro, brigantino ou popularmente garelo.

Cabrui, Mesía

San Martiño de Cabrui é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 195 habitantes (109 mulleres e 86 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 236 habitantes.

Cambás, Aranga

San Pedro de Cambás é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 439 habitantes (219 mulleres e 220 homes) distribuídos en 38 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 470 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Pruzos.

Cedeira

Cedeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2014 tiña 7.147 habitantes (7.465 no 2009, 7.443 no 2006, 7.429 no 2005, 7.477 no 2004, 7.498 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cedeirense» ou «cedeirés».

Cumbraos, Sobrado

San Xiao de Cumbraos é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Sobrado. Segundo o IGE, en 2014 tiña 239 habitantes (126 homes e 113 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 271 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.Aquí naceu Mateo de Prado (c. 1614-1677), unha das meirandes figuras da escultura barroca galega.

Curtis, Curtis

Santaia de Curtis, tamén coñecida coma Santa Eulalia de Curtis, é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Curtis. Cunha extensión de 31,6 km², tiña segundo o padrón municipal de 2018 unha poboación de 1.772 habitantes (875 mulleres e 897 homes) distribuída en 54 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.793 habitantes.

A parroquia dá nome ao concello. Está dividida en dous distritos: Santaia e Teixeiro. Dos 54 núcleos de poboación, 36 son do distrito de Santaia e 18 do distrito de Teixeiro. A capital municipal áchase na vila de Teixeiro.

Curtis forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo. Varias rutas do Camiño de Santiago pasaban antigamente pola parroquia. Unha variante do Camiño do Norte está sinalizada desde o ano 2010.

Eclesiasticamente denomínase Santa Baia de Curtis e pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Feás, Aranga

San Pedro de Feás é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 114 habitantes (62 homes e 52 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.

Figueroa, Abegondo

San Miguel de Figueroa é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Ten unha extensión de 112 hectáreas e está a unha altitude media de 149 metros. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 204 habitantes (104 mulleres e 100 homes) distribuídos en oito entidades de poboación. Linda cara ao leste coa parroquia de Abegondo, ao oeste coa de Sarandós, ao sur coa de Montouto, todas do concello de Abegondo, e cara ao norte con Cañás, do concello de Carral.

A Torre de Figueroa é un castelo da parroquia que se construíu no século XII, propiedade do marquesado do mesmo nome, e que está protexido e declarado como ben de interese cultural. Figueroa contou co couto de Gundín, fóra dos seus lindes e en Vizoño, entre o século XVII e XVIII. A súa ribeira do Barcés está dentro do ZEC do encoro de Abegondo-Cecebre e ten a carballeira da Chousa declarada como de interese local.

O topónimo oficial Figueroa é unha deturpación de Figueiroa, que xorde do termo latino FĪCĀRĬŎLA (diminutivo de "figueira") entre o século X e o XI.

Irixoa

Irixoa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.421 habitantes. O seu xentilicio (non oficial) é irixoés.

Mesía

Mesía é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.700 habitantes (1.342 homes e 1.358 mulleres) (2.918 no 2010, 3.102 no 2006, 3.174 no 2005, 3.216 no 2004, 3.240 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mesiense».

Muniferral, Aranga

San Cristovo de Muniferral é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 289 habitantes (153 homes e 136 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 389 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.

Nogueira, Sobrado

San Xurxo de Nogueira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Sobrado. Segundo o IGE, en 2014 tiña 117 habitantes (57 homes e 60 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 154 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Provincia de Mondoñedo

A antiga provincia de Mondoñedo foi unha das sete en que estaba dividida Galiza durante a Idade Moderna, desaparecendo a partir de 1833 (edicto de 30 de novembro de 1833) coa nova división provincial que crea o novo Estado liberal, e que partiu o territorio galego nas catro provincias actuais. Mondoñedo pasaría a ser absorbida dentro da nova provincia de Lugo. Aínda que non hai unha data clara de aparición desta provincia, xunto coa Tui, son as últimas en xurdir na documentación, arredor de 1550.

Roade, Sobrado

Santo André de Roade é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Sobrado. Segundo o IGE, en 2014 tiña 121 habitantes (58 homes e 63 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 139 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.Entre Roade e Silvela (do concello de Friol), no monte Campelo, áchase a Base Militar de Campelo.

Escudoreinogaliza.svg Reino de Galiza  · Xurisdicións da provincia de Betanzos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.