Provincia de Barcelona

A Provincia de Barcelona é unha provincia situado no nordés de España, que compón unha das catro divisións administrativas da comunidade autónoma de Cataluña. Limita ó nordeste coa provincia de Xirona, ó oeste coa provincia de Lleida, ó suroeste coa provincia de Tarragona e ó sur e suroeste co mar Mediterráneo.

Provincia de Barcelona
Flag of Barcelona province(official)
Escudo de la provincia de Barcelona
Provincia Barcelona
Capital Barcelona
Área 7.733 km²
Poboación 5.511.147 hab. (2010)
Densidade 712,68 hab./km²
Concellos 311
Xentilicio barcelonés,-a

Xeografía

Sucan esta provincia ríos de escasa importancia como o río Llobregat, polo menos se os comparamos co maior río que pasa por Cataluña, o Ebro.

Os accidentes xeográficos máis importantes son a Depresión central catalá, os Pireneos, que alcanzan o norte da provincia e diversas serras, coma as de Tallat e Montseny.

Demografía

Esta provincia ten unha das poboacións provinciais máis elevadas de España: 5 226 354 habitantes segundo o censo do 2005. O núcleo máis importante é a cidade de Barcelona, que ten aproximadamente un terzo da poboación da provincia. Ten unha altísima densidade de poboación: case 680 habitantes/km².

É unha provincia moi dinámica, grazas ás súas actividades industriais e comerciais.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
1.054.541 1.800.638 2.232.119 3.929.194 4.620.056 4.736.277 5.507.813

Divisións administrativas

Comarcas

A provincia de Barcelona está dividida nas seguintes once comarcas:

Concellos

Artigo principal: Lista de concellos de Barcelona.

Os vinte concellos máis habitados da provincia son os seguintes (2007):

  1. Barcelona (1.595.110 habs.)
  2. L'Hospitalet de Llobregat (251.848 habs.)
  3. Badalona (216.201 habs.)
  4. Terrassa (202.136 habs.)
  5. Sabadell (201.712 habs.)
  6. Mataró (119.035 habs.)
  7. Santa Coloma de Gramenet (116.765 habs.)
  8. Cornellà de Llobregat (84.477 habs.)
  9. Sant Boi de Llobregat (80.727 habs.)
  10. Sant Cugat del Vallès (74.345 habs.)
  11. Manresa (73.140 habs.)
  12. Rubí (70.494 habs.)
  13. Vilanova i la Geltrú (63.196 habs.)
  14. El Prat de Llobregat (62.663 habs.)
  15. Viladecans (61.718 habs.)
  16. Castelldefels (58.955 habs.)
  17. Granollers (58.854 habs.)
  18. Cerdanyola del Vallès (57.758 habs.)
  19. Mollet del Vallès (51.365 habs.)
  20. Esplugues de Llobregat (46.286 habs.).

Véxase tamén

Outros artigos

Arenys de Mar

Arenys de Mar é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Maresme. Segundo datos do INE tiña 14.688 habitantes en 2010.

É un importante porto pesqueiro, o principal da provincia de Barcelona e recreativo, tanto é así que o porto e os seus servizos é o motor principal da economía do municipio.

Artés

Artés é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca de Bages.

Begues

Begues é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Está situado a uns 400 metros de altitude e a 30 km ao suroeste de Barcelona.

É o concello máis grande do Baix Llobregat e a maior parte da súa superficie pertence ao Parque Natural do Garraf. Tiña en 2017 unha poboación de 6.830 habitantes.

Campins

Campins é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.

Cardona

Cardona é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Bages.

Tiña en 2014 unha poboación de 4.921 habitantes, agrupados en 2 entidades de poboación: a capital Cardona e a localidade de La Coromina.

Cabe destacar o seu castelo que domina a localidade e a Montaña de Sal, formación xeolóxica xa explotada na época dos romanos.

Castellterçol

Castellterçol é un concello catalán pertencente á provincia de Barcelona. Forma parte da comarca do Moianès. Segundo o censo de 2014 tiña 2 400 habitantes.

Castellví de Rosanes

Castellví de Rosanes é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Atópase no sector máis setentrional do macizo de Ordal, entre os ríos Anoia e Llobregat.

Tiña en 2017 unha poboación de 1.826 habitantes agrupados en varias entidades e urbanizacións: Els Àngels, Can Sunyer del Palau, Castellví de Rosanes, Miralles, El Taió e Valldaina.

Centelles

Centelles é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca de Osona.

Collbató

Collbató é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Atópase aos pés da montaña de Montserrat.

Tiña en 2017 unha poboación de 4.394 habitantes agrupados en varias entidades e urbanizacións: Can Dalmases, Els Clots, Collbató, La Font del Còdol, La Fumada, Les Illes, Pla de Can Migrat, Pla del Castell e El Pujolet.

Cubelles

Cubelles é un municipio costeiro de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona. Situado na comarca do Garraf, está a 50 km de Barcelona (é a última poboación costeira da provincia de Barcelona e da comarca do Garraf polo lado sur) e a 40 km de Tarragona.

El Bruc

El Bruc é un municipio español da provincia de Barcelona, Cataluña, situado na comarca de Anoia.

Gualba

Gualba é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.

Martorell

Martorell é un municipio da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, comunidade autónoma de Cataluña, España. Situado á beira do Llobregat, é un importante nudo de comunicacións.

Moià

Moià é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña. É a capital da comarca do Moianès.

Montseny

Montseny é un municipio pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Vallès Oriental, en Cataluña. Está situado en pleno Parque Natural do Montseny.

Sant Joan Despí

Sant Joan Despí é un municipio e cidade española situado na comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, en Cataluña.

Súria

Súria é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Bages.

Tiña en 2014 unha poboación de 5.999 habitantes, agrupados a maioría deles na capital municipal. Hai no concello outra pequena localidade, El Fusteret, antiga colonia industrial.

Cabe destacar o seu castelo, a serra do Portell del Llop e a ermida de Sant Salvador Vell del Quer.

Torrelles de Llobregat

Torrelles de Llobregat é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Atópase a uns 20 km ao oeste da cidade de Barcelona.

O centro urbano atópase no medio de vales de piñeiros e cerdeiras. Tiña en 2017 unha poboación de 5.950 habitantes agrupados no núcleo histórico e en tres grandes urbanizacións: Can Güell, Can Guey e Cesalpina.

Vallromanes

Vallromanes é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.

Cataluña Cataluña  · Concellos da provincia de Barcelona

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.