Provincia de Badaxoz

Badaxoz (en castelán: Badajoz, en estremeño: Baajós) é unha das dúas provincias da Comunidade Autónoma de Estremadura, España. Pola súa área, 21.657 km2, é a provincia máis estensa de España. Polo norte limita coa outra provicia extremeña, Cáceres, con Cidade Real (enclave de Rincón de Anchuras) e con Toledo; polo leste confina con Cidade Real e Córdoba; polo sur con Sevilla e Huelva; e polo oeste linda coa antiga provincia do Alto Alentexo (Portugal). A súa capital é a cidade homónima.

Provincia de Badaxoz
Provincia de Badajoz
Provincia de Badajoz - Bandera
Provincia de Badajoz - Escudo
Provincia Badajoz
Capital Badaxoz
Área 21.766 km²
Poboación 692.137 hab. (2010)
Densidade 31,8 hab./km²
Concellos 164
Xentilicio Badaxocense ou pacense

Xeografía

O centro e centro-norte da provincia é un territorio chairo, con declive suave do terreo de leste (Monte Matilla, 914 m) a oeste (Badaxoz, 195 m; Monte Alar, 610 m). O centro-sur (Sierra Vieja, 812 m), e sobre todo o sur, son máis elevados. Na parte meridional, o relevo adquire maior potencia, nas proximidades da linde con a provincia de Huelva, onde se erguen cordais occidentais da Serra Morena: Serra de Tudia, con o Pico de Tentudia (1.104 m) .

O río Guadiana atravesa a parte norte da provincia de leste a oeste, e á altura de Badaxoz, pasa a incurvarse para o sur, conformando en boa medida a fronteira con Portugal . Os maiores ríos badaxocenses pertencen á súa conca; os máis importantes verten nel as súa augas pola marxe esquerda, seguindo, en xeral, unha dirección de corrente sur-norte: Zújar, Guadamez, Matachel, Ardila. Os afluentes da marxe dereita son máis curtos, limitados polos cordais occidentais da prolongación dos Montes de Toledo nos límites provinciais con Cáceres.

Clima

A carencia de grandes serras no oeste fan que as borrascas atlánticas non atopen obstáculos de consideración; con todo Badaxoz está comprendido na zona de influencia do clima mediterráneo. As precipitacións son maiores que no interior e franxa oriental da península, cunha media de entre 500 e 600 mm anuais de media (Badaxoz capital: 506 mm), mentres a temperatura media anual é superior aos 15 °C[1]. Pódese falar dun clima seco e suave.

Demografía

No ano 1998, na provincia de Badaxoz habitaban 663.803 habitantes (un total de 678.103 habitantes para o ano 2005 ). O crecemento vexetativo anual era positivo, cun 0,1 por cada 1000 habitantes. As taxas de natalidade e mortalidade eran de 9,6 e 9,66 respectivamente. Badaxoz capital ten unha poboación de 134.710 habitantes no padrón do ano 1998.

Comarcas

  • A Serena, no leste.
  • A Terra de Barros, ocupa grande parte do centro da provincia.
  • Llanos de Olivenza, no oeste, nos confíns con Portugal.
  • A Serra no sur.

Ao norte do Guadiana, fican: no centro as Vegas del Guadiana, e a oeste os denominados Baldíos de Alburquerque.

Núcleos urbanos

Os municipios máis poboados da provincia de Badaxoz (INE 2007) son:

Notas

  1. J. Vilá Valentí, La Península Ibérica. Barcelona. Ariel. 1968, páxs. 88-69
Almendralejo

Almendralejo é un concello español situado na provincia de Badaxoz, en Estremadura. É a capital da comarca da Tierra de Barros. Tiña en 2015 unha poboación de 34.265 habitantes.

É coñecida como «Cidade Internacional do Viño» e é a sede do consello regulador da D.O. Ribera del Guadiana, a única denominación de orixe de viño en Estremadura. Forma parte tamén da rexión do cava, segundo o seu consello regulador. Tamén é coñecida como «Cidade do Romanticismo» por ser o lugar de nacemento de dous principais poetas deste movemento literario, José de Espronceda e Carolina Coronado.

Badaxoz

Badaxoz (en castelán: Badajoz, en estremeño: Baajós, en galego antigo: Badallouce) é unha cidade española, capital da provincia de Badaxoz, a máis meridional das dúas provincias de Estremadura. En 2018 tiña 150 530 habitantes.

Badaxoz está situado á beira do río Guadiana, e é a porta de entrada natural a Portugal desde a Meseta Central. Badaxoz é a cidade máis grande de Estremadura. Situada ó suroeste de España, conta cunha importante infraestrutura de estradas que a unen con cidades como Sevilla (a 200 km) ou a Autovía de Estremadura (A-5) que a une con Madrid (a 400 km) e Lisboa (a 200 km).

Bienvenida

Bienvenida é un concello español pertencente á provincia de Badaxoz, na comunidade autónoma de Estremadura. Ten unha superficie de 92 km² e en 2016 tiña 2 211 habitantes.

Don Benito

Don Benito é unha cidade de España, na provincia de Badaxoz, Comunidade Autónoma de Estremadura.

Situada na comarca das Vegas Altas, forma xunto á veciña Villanueva de la Serena unha conurbación de gran relevancia en toda a rexión, dando lugar a un centro agrícola, industrial e de servizos cunha grande influencia tanto a nivel comarcal como rexional, que alcanza os 60.000 habitantes.

O termo de Don Benito atópase situado entre os 5º49´7´´ e os 6º12´10´´ de Lonxitude Oeste (Meridiano de Greenwich), e entre os 38º43´27´´ e os 39º5´49´´ de Latitude Norte.

Don Benito, con 561,6 quilómetros cadrados, é un dos termos municipais máis extensos de España.

Contaba en 2012 con 37.048 habitantes, sendo a terceira cidade da provincia en poboación.

Estremadura

Estremadura (en estremeño: Estremaúra, en castelán: Extremadura, na fala e portugués: Estremadura) é unha comunidade autónoma instituída na rexión natural localizada no oeste de España. Limita ao norte con Castela e León, ao leste con Castela-A Mancha, ao sur con Andalucía e ao oeste coas rexións portuguesas do Alentexo e as Beiras.

Esta comunidade autónoma ten a súa capitalidade na cidade de Mérida, e está composta polas provincias de Cáceres ao norte e Badaxoz ao sur.

Guareña

Guareña é un municipio de España, na provincia de Badaxoz, Comunidade Autónoma de Estremadura.

Los Santos de Maimona

Los Santos de Maimona é un municipio de España, na provincia de Badaxoz, Comunidade Autónoma de Estremadura. Ten unha poboación de 8.107 habitantes.

Malcocinado

Malcocinado é un municipio español, pertencente á provincia de Badaxoz (comunidade autónoma de Estremadura).

Medellín, Badaxoz

Medellín é un concello español situado na provincia de Badaxoz, en Estremadura. Pertence á comarca de Vegas Altas, no centro da rexión.

De fundación romana, cabeceira do condado homónimo durante a Idade Media e berce de Hernán Cortés, Medellín conserva, a pesar das desfeitas das guerras e as inclemencias do tempo, un importante patrimonio monumental, cuxos máximos expoñentes son o teatro romano, o castelo medieval e a ponte do século XVII sobre o río Guadiana. A súa economía vira ao redor dunha florecente agricultura de regadío.

Mérida, España

Mérida (en estremeño: Méria) é unha cidade e concello do suroeste de España, situada na provincia de Badaxoz. É a capital da comunidade autónoma de Estremadura e sede das súas institucións de goberno. Cunha poboación de 57.797 habitantes (2011) é a terceira cidade máis poboada da rexión por detrás das capitais provinciais, Badaxoz e Cáceres.

Foi unha importante colonia romana, fundada no ano 25 aC polo emperador Augusto baixo o nome de Augusta Emerita, que exerceu de capital da provincia de Lusitania. Foi tamén capital do Reino Visigodo de España no século VI. En recoñecemento ao seu esplendor pasado, é a capital de Estremadura dende 1983. O seu importante conxunto arqueolóxico e monumental foi declarado pola UNESCO, en 1993, Patrimonio da Humanidade.

Olivenza

Olivenza (en portugués Olivença) é un concello español, historicamente disputado por Portugal, situado na provincia de Badaxoz (Estremadura), preto do río Guadiana. É sede da comarca de seu nome.

Quintana de la Serena

Quintana de la Serena é un concello español pertencente á provincia de Badaxoz, na comunidade autónoma de Estremadura.

Talarrubias

Talarrubias é un concello español, situado na provincia de Badaxoz, na comunidade autónoma de Estremadura.

Táliga

Táliga ou Talega é un concello español da provincia de Badaxoz, na comunidade autónoma da Estremadura, cunha área 31,42 km² e unha poboación de 791 habitantes (2007). A súa densidade poboacional era de 22,66 hab/km². Os seus habitantes son denominados taligueños.

Valencia de Alcántara

Valencia de Alcántara é un concello estremeño da provincia de Cáceres, que comprende a vila do mesmo nome e varias pedanías como Alcorneo. Posúe o título de "Moi nobre, antiga e leal Vila". Con máis de 6.000 habitantes, é o undécimo municipio máis grande da provincia e o máis grande da comarca de Valencia de Alcántara. É capital do partido xudicial do mesmo nome.

Limita con Portugal e a provincia de Badaxoz. A súa proximidade á fronteira lusa deu a Valencia de Alcántara unha grande importancia histórica na Idade Moderna. Entre 1644 e 1668 Valencia de Alcántara pertenceu ao Reino de Portugal, e entre o século XVII e o século XVIII construíronse os monumentos máis importantes da localidade, aínda que o municipio é máis coñecido polos seus dolmens prehistóricos.

Valverde de Mérida

Valverde de Mérida é un concello da provincia de Badaxoz, na Comunidade Autónoma de Estremadura (España). En 2007 a súa poboación era de 1.159 habitantes.

Villafranca de los Barros

Villafranca de los Barros é un municipio de España, na provincia de Badaxoz, Comunidade Autónoma de Estremadura, que contaba en 2008 cunha poboación de 13.201 habitantes. É coñecida como "Cidade da Música".

Villafranca de los Barros ocupa o centro dunha dilatada conca de fértil terra arcillosa, formando semicírculo as próximas serras de Alange, Hornachos e Fuente del Maestre.

Linda o seu termo municipal, polo Norte cos de Almendralejo e Alange, polo Sur co de Los Santos de Maimona; polo Leste co de Ribera del Fresno e polo Oeste co de Fuente del Maestre. O seu centro urbano ocupa uns 2 quilómetros cadrados. Mediante estradas comarcais pódese acceder a cidades como Ribera del Fresno, Fuente del Maestre, Aceuchal e Pombas; e por ferrocarril con Llerena para Sevilla e con Mérida para Madrid.

Toda a zona está regada por regatos e arroios de prolongado estiaje durante os meses de verán e ata parte do outono, chamados Pendelías, Valdequemao e as Goridas, un dos cales, o de Valdequemao atravesa a poboación de Sur a Norte; o de Pendelías, pasa polo Leste lamiendo os seus muros, xuntándose os dous preto das últimas casas onde toman o nome de Río Cagancha. O outro arroio é o da Goridas, que atravesa o termo pola súa extremidade Este. Toda esta trama fluvial vai desembocar ao Bonhabal, afluente do Matachel, sendo tamén afluente este mesmo do río Guadiana.

Xunto con Almendralejo, é o centro comarcal da comarca Tierra de Barros.

Villanueva de la Serena

Villanueva de la Serena é unha cidade de España, na provincia de Badaxoz, Comunidade autónoma de Estremadura.

Zafra

Este artigo trata sobre un minicipio de Estremadura, para a ferramenta véxase o artigo engra..

Zafra é unha cidade estremeña localizada na provincia de Badaxoz.

Estremadura Estremadura  · Concellos da Provincia de Badaxoz

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.