Provincia de Albacete

A provincia de Albacete é unha das cinco nas que se divide a comunidade autónoma de Castela A Mancha. Limita ó norte con Cuenca, ó leste coa Comunidade Valenciana, ó sur con Murcia e Granada e ó oeste con Cidade Real e Xaén.

A provincia ten unha poboación de 384.640 habitantes (2005). A súa capital é Albacete e as localidades máis importantes ademais da capital son Hellín, Villarrobledo, Almansa e La Roda.

Provincia de Albacete
Bandera provincia Albacete
Escudo provincia de Albacete
Provincia Albacete
Capital Albacete
Área 14.926 km²
Poboación 401.682 hab. (2010)
Densidade 26,91 hab./km²
Concellos 87
Xentilicio Albaceteño/a

Véxase tamén

Ligazóns externas

Albacete

Albacete é unha cidade española situada ao sueste da Meseta Central, concretamente na rexión histórica da Mancha, aínda que actualmente situada dentro da comarca dos Llanos de Albacete, da que é o seu único municipio. É a capital da provincia de Albacete, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha, e sede do Tribunal Superior de Xustiza de devandita comunidade autónoma.

Albacete, cos seus 166.909 habitantes (212.599 no área de atracción metropolitana), segundo datos do INE de 2008, é a maior cidade en número de habitantes de toda Castela-A Mancha.

As orixes da cidade son incertos, aínda que as primeiras certezas da súa existencia atópanse durante o dominio andalusí da zona, sendo chamada a cidade orixinalmente como Al-Basit, en árabe "A Chaira", en alusión ao carácter chairo da xeografía do lugar.

Almansa, Albacete

Almansa é unha localidade española, pertencente á provincia de Albacete, en Castela-A Mancha. O termo municipal limita coas provincias de Valencia e Alacant e coa Rexión de Murcia. O centro urbano ten unha extensión de 24,43 km².

Almansa está moi vinculada ao Val do Vinalopó (Alacant), sobre todo pola industria zapateira, polas festas de Mouros e Cristiáns e polas relacións comerciais que se manteñen con elas (Villena, Elda, Elx etc).

O 25 de abril de 1707 tivo lugar a batalla de Almansa, no marco da Guerra de Sucesión Española.

Altiplano, Murcia

O Altiplano é a comarca máis setentrional da Rexión de Murcia. Limita ao leste co Alt Vinalopó e o Vinalopó Mitjà (na provincia de Alacant); ao sur coa Comarca Oriental e a Vega Alta del Segura, e ao norte e ao oeste coa provincia de Albacete.

Está constituída polos municipios de Yecla e Jumilla e conta con 56.134 habitantes. Está formada por anchos vales de certa altitude relativa atravesados por unha rede de corgos, a maioría das cales verten as súas augas ao río Segura a través dos corgos do Judío e do Muro. Os vales do Altiplano están rodeados por diversas serras pertencentes ao sistema prebético, entre as que destaca a Serra do Carche como máxima altitude. Destaca pola súa vitivinicultura.

Calasparra

Calasparra é un concello español da Rexión de Murcia, situado na comarca do Noroeste. Actualmente ten 10.214 habitantes (INE 2017).

Está situado a unha altitude de 350 msnm. Limita ao norte con Hellín, na provincia de Albacete, ao oeste con Moratalla, ao sur con Cehegín e ao leste con Cieza.

Ten fama polo seu arroz e en especial a variedade «bomba», que ten denominación de orixe.

Castela

Castela (en castelán: Castilla) é o nome dunha rexión histórica española que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.

A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da Reconquista na cabeceira do Ebro, ante o pulo de cántabros e vascóns. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o Reino de Castela foi nun primeiro momento un condado dependente do Reino de León, que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da Coroa de Castela.

Así, o nome de Castela empregouse na Baixa Idade Media para denominar á Coroa de Castela, o conxunto de todos os territorios dos monarcas da Coroa (por contraposición ao resto de reis hispánicos, os de Aragón, Navarra e Portugal).

Castela-A Mancha

Castela-A Mancha (en castelán: Castilla-La Mancha) é unha comunidade autónoma española que abrangue parte das rexións xeográficas de Castela e A Mancha, e está formada por cinco provincias: Albacete, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara e Toledo. A capital da comunidade autónoma é Toledo. Limita con Castela e León, Comunidade de Madrid, Aragón, Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia, Andalucía e Estremadura.

É a herdeira da rexión histórica de Castela a Nova, exceptuando a provincia de Madrid, que se decidiu que constituíse unha comunidade autónoma uniprovincial tras a división territorial de España posterior á promulgación da Constitución de 1978, e inclúe a totalidade da comarca ou rexión natural da Mancha, ao incorporarse a provincia de Albacete, que antes formaba parte da rexión de Murcia.

Réxese mediante un Estatuto, aprobado en 1983 e reformado por última vez en 2007. O estatuto establece que o poder rexional é exercido pola Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, presidido na actualidade por Emiliano García-Page, do Partido Socialista.

Chinchilla de Monte-Aragón

Chinchilla de Monte-Aragón é un concello español situado na provincia de Albacete, en Castela-A Mancha, na comarca da Mancha de Montearagón e a 15 km da capital da provincia.

En 2011 ten 4.015 habitantes, segundo datos do INE, aínda que segundo datos de consumo de auga estímanse uns 5.000, xa que moitos non están empadroados nesta localidade usada por moitos como "cidade dormitorio" de Albacete. Comprende as pedanías de Casa Blanca de los Rioteros, Estación de Chinchilla, La Felipa, Horna, Pinilla, Pozo Bueno, Pozo de la Peña e Villar de Chinchilla.

Cofrentes

Cofrentes é un concello español da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia. Atópase na comarca do Valle de Cofrentes. Tiña en 2015 unha poboación de 1.097 habitantes.

Atópase na confluencia dos ríos Xúcar e Cabriel, na zona montañosa do oeste da provincia de Valencia, no límite coa provincia de Albacete.

A súa economía baséase na agricultura e gandería, aínda que cunha evolución cara ao turismo, grazas á existencia do Balneario Hervideros de Cofrentes, o máis importante da Comunidade Valenciana. A actividade económica desta poboación xira tamén arredor da central nuclear de Cofrentes.

Comarca do Noroeste

A Comarca do Noroeste é unha comarca da Rexión de Murcia, atravesada polo río Segura. A súa capital é Caravaca de la Cruz.

Limita ao norte coa provincia de Albacete, ao leste coas provincias de Granada e Almería, ao sur co Alto Guadalentín e ao leste coa Vega Alta del Segura e a Comarca do Río Mula.

Fuentealbilla

Fuentealbilla é un concello da provincia de Albacete, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Atópase ao nordeste da provincia e a 43 km da capital, Albacete. En 2009 tiña 2.071 habitantes, segundo datos do INE. Comprende as pedanías de Bormate e Campoalbillo.

Hellín

Hellín é unha localidade e municipio español, pertencente á provincia de Albacete, na Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha. Ten unha poboación de 31.054 habitantes (INE 2008) e un termo municipal de 781,19 km .

La Roda

La Roda é un municipio da provincia de Albacete (España) pertencente á Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha. Está situada a 39 km da capital provincial, a 112 km. de Cuenca e a 185 km de Murcia. É un punto estratéxico na comunicación entre o centro e o levante da Península. O municipio inclúe a actual pedanía de Santa Marta, e o antigo Señorío da Vila do Cerro.

La Roda Club de Fútbol

La Roda Club de Fútbol é un club de fútbol español da cidade de La Roda, na provincia de Albacete. Foi fundado en 1999 e actualmente xoga no grupo XVIII da Terceira División.

Moratalla

Moratalla é un concello español da Rexión de Murcia, situado na comarca do Noroeste. Tiña unha poboación de 8.219 habitantes en 2014.

Limita ao norte coa provincia de Albacete, ao leste con Calasparra, ao sueste con Cehegín, ao sur con Caravaca de la Cruz e ao oeste con Andalucía.

O seu nome é orixinario, segundo indican diversos autores, da época romana, concretamente do topónimo Murata tallea, "a que está amurallada con paus".

Ossa de Montiel

Ossa de Montiel é un concello español situado na provincia de Albacete. Atópase a 85 km da capital da provincia.

En 2007 tiña 2.738 habitantes repartidos en 243,71 km².

Provincia de Alacant

A provincia de Alacant (en valenciano: Alacant, en castelán: Alicante) é a máis meridional da Comunidade Valenciana. Limita ao norte coa provincia de València, ao sur coa Rexión de Murcia, ao oeste con Murcia e a provincia de Albacete (Castela-A Mancha), e ao leste co mar Mediterráneo. A súa capital é a cidade homónima de Alacant. A súa área abrangue 5.863 km², cunha poboación de 1.855.047 habitantes (2015).

As cidades da provincia que superan os 50.000 habitantes son Alacant (328.648 hab.), Elx (227.312 hab.), Torrevieja (88.447 hab.), Orihuela (82.675 hab.), Benidorm (69.045 hab.), Alcoi (59.567 hab.), Sant Vicent del Raspeig (56.302 hab.) e Elda (53.248 hab.).

Provincia de Cidade Real

A provincia de Cidade Real (en castelán: Ciudad Real) é unha provincia española, situada en Castela-A Mancha, que ten como capital a cidade do mesmo nome. Conta cunha poboación de 506.864 habitantes (2006), e ocupa unha superficie de 19.813 km², que se reparten entre 100 concellos. Limita polo norte coa provincia de Toledo, polo nordeste coa provincia de Cuenca, polo leste coa provincia de Albacete, polo sur coas provincias de Córdoba e Xaén (Andalucía), e polo oeste coa de Badaxoz (Estremadura).

Villarrobledo

Villarrobledo é un concello da provincia de Albacete (España).

Castela-A Mancha Castela-A Mancha  · Concellos da Provincia de Albacete

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.