Provincia de Ávila

A provincia de Ávila forma parte da comunidade autónoma de Castela e León. A súa capital é Ávila e conta cunha poboación de 167.032 habitantes e unha superficie de 8.050 km².

Xeograficamente distínguense tres rexións diferenciadas:

  • A zona norte, continuación da Meseta Norte, caracterizada polas súa paisaxe chá e os seus materiais sedimentarios. É unha zona de clima continental con longos e fríos invernos e veráns curtos pero calorosos. Comprende as comarcas da Moraña e a Terra de Arévalo.
  • A zona central, onde se localizan as zonas de montaña (Serra de Gredos, Serra da Paramera, Serra de Ávila, Serra de Villafranca) coas súas grandes formacións de granito que alcanzan a súa maior altitude na Praza do Mouro Almanzor, que con 2.596 metros é o cume culminante da Serra de Gredos e a máis elevada de todo o Sistema Central. O seu clima de montaña caracterízase en moitas zonas por temperaturas moi baixas no período invernal e veráns curtos e pouco calorosos.
  • Para rematar, a zona sur que comprende o Val do Tiétar e o Val do Alberche, caracterizado pola súa baixa altitude e un clima máis benigno. Nesta parte é fácil atopar cultivos de laranxeiras e de oliveiras. As poboacións máis importantes desta zona son Areas de San Pedro e Candeleda.
Provincia de Ávila
Bandera de la provincia de Ávila
Coat of Arms of Ávila Province
Provincia Ávila
Capital Ávila
Área 80,48 km²
Poboación 171.896 hab. (2010)
Densidade 21,26 hab./km²
Concellos 248
Xentilicio Abulense
Laguna Grande
Lagoa grande de Gredos
Adanero

Adanero é unha vila e municipio de España pertencente á provincia de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León. En 2017 tiña unha poboación de 211 habitantes (117 homes e 103 mulleres).

Adolfo Suárez

Adolfo Suárez González, nado en Cebreros (provincia de Ávila) o 25 de setembro de 1932 e finado en Madrid o 23 de marzo de 2014, foi un político español, presidente do Goberno español entre 1976 e 1981. No ano 1981 o Rei concedeulle o título de Duque de Suárez.

Albornos

Albornos é un concello español da provincia de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León.

Aldeanueva de Santa Cruz

Aldeanueva de Santa Cruz é un concello de España pertencente á provincia de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León. Forma parte da comarca de El Barco de Ávila-Piedrahíta e do partido xudicial de Piedrahíta, e está situado na vertente norte da Serra de Villafranca.

Arévalo

Arévalo é unha localidade española, situada ao norte da provincia de Ávila na Comunidade Autónoma de Castela e León. Esta localidade limita ao norte cos municipios de Palacios de Goda e Donvidas; ao oeste con Aldeaseca e Nava de Arévalo; ao sur con Tiñosillos, Orbita, Gutierre-Muñoz e Espinosa de los Caballeros; e ao leste coa provincia de Segovia. Ten unha poboación de 8.099 habitantes (INE 2011).

Arévalo atópase na comarca de La Moraña a 827 metros de altitude, e é bañado polos ríos Adaja e Arevalillo, afluentes ambos do río Douro. A localidade conta cun municipio cunha extensión de 46,07 km². A comarca onde se sitúa Arévalo é coñecida pola súa produción agrícola de cereais de secaño asociados con leguminosas ademais da abundancia do piñeiro galego e os pastos de inverno.

Aveinte

Aveinte é un concello da provincia de Ávila.

Ten unha superficie de 12,78 quilómetros cadrados, unha poboación de 109 habitantes (2005) e unha densidade de poboación de 8,53 hab/km².

Cebreros

Cebreros é unha localidade e concello da provincia de Ávila, en Castela e León.

El Barco de Ávila

El Barco de Ávila é unha localidade pertencente á provincia de Ávila, en Castela e León, España. Pertence ao partido xudicial de Piedrahíta (IV de Ávila). Está a unha altitude de 1009 m, ten unha extensión de 12 km² e posúe unha poboación de 2.588 habitantes (INE 2007)

Endovelico

Endovelico, tamén chamado Endovélico, Enobólico, Endovelicus, Endovellicus ou Vaelico, é un dos deuses galaicos, lusitanos, vetóns e celtiberos prerromanos da Idade de Ferro. O seu nome é de orixe celta e significa 'deus moi bo'.

Deus da saúde, protector da terra e da natureza, e vinculado ás forestas, aparece asociado ós animais (de feito, outra proposta respecto á etimoloxía do seu nome é que procede de *uailo, 'lobo', co superlativo *andei-, aínda que tamén se lle fai orixinario de *uell, 'bo'). A consideración de Endovélico como céltico ou lusitano non céltico provoca controversia entre os investigadores, como a propia caracterización do pobo lusitano, xa que se venera tamén entre os vettons da provincia de Ávila (en Postoloboso, Candeleda) co nome de Vellicus ou Vaelicus. Logo foi adaptado polos propios romanos, que o asimilaron á Esculapio ou a Serapis pola súa vertente sandadora, que segundo o arqueólogo portugués Vasconcellos era unha característica parcial procedente do seu aspecto ctónico (deus do interior da terra, do subterráneo, do Inframundo, do Hades ou infernal). Este aspecto tamén o relaciona coas minas, sobre todo no santuario de Postoloboso, Ávila, xa que o mesmo santuario era un lugar de extracción de ferro. O monte era o seu lugar de culto, como numen locis ou espírito protector do lugar (similar ás ninfas grecorromanas), relacionándose cons outros numens e divindades ctónicas. Estes santuarios son de difícil acceso, talvez buscando o misticismo e recollemento do oculto entre a frondosidade dos montes e os bosques e dando maior énfase ó carácter sagrado destas divindades, cuxos fieis atoparían nunha especie de peregrinación iniciática moi propia das sociedades teocráticas.

En Rocha da Mina, San Miguel de Mota (Portugal) e nas Minas de Río Tinto (Huelva), debido á poboación lusitana que traballou naquelas minas imperiais. Estes reúnen as características doutros santuarios dedicados a deuses do mundo subterráneo como o santuario de Pánoias en Vila Real (Portugal) dedicado a Serapis e outros deuses e o de Isis en Belo Claudia, Cádiz .

Gavilanes

Gavilanes é un concello español da provincia de Ávila, en Castela e León, situado no Val do Tiétar.

Limita ao norte con Serranillos, ao oeste con Pedro Bernardo, ao sur con Sartajada, Almendral de la Cañada e Navamorcuende (os tres da provincia de Toledo) e ao leste con Mijares.

Tiña en 2015 unha poboación de 619 habitantes.

Gotarrendura

Gotarrendura é un municipio de Castela e León pertencente á provincia de Ávila. No ano 2011 tiña 173 habitantes, cunha superficie de 10,63 km², dando unha densidade de poboación de 16,27 hab./km².

La Aldehuela

La Aldehuela é un municipio de Castela e León pertencente á provincia de Ávila. No ano 2005 tiña 233 habitantes, cunha superficie de 17,04 km², dando unha densidade de poboación de 13,91 hab./km².

O seu alcalde é José Hernández Lázaro, pertencente ao Partido Popular. A corporación está formada por cinco concelleiros devandito partido e un do Partido Socialista Obreiro Español.

Madrigal de las Altas Torres

Madrigal de las Altas Torres é unha localidade e concello de España pertencente á provincia de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León. Trátase dunha das vilas máis significativas da comarca de La Moraña, localizada no norte da provincia. No 2014, o concello contaba cunha poboación de 1.544 habitantes. Isabel I de Castela naceu no lugar o 22 de abril de 1451.

Navaluenga

Navaluenga é un concello da provincia de Ávila na comunidade de Castela e León. Esténdese por unha área de 73.70 km² onde no ano 2009 vivían 2.245 habitantes. Está a 40 km de Ávila, 100 km de Madrid e a 115 km de Toledo.

Pozanco

Pozanco é unha localidade española pertencente á provincia de Ávila, na Comunidade Autónoma de Castela e León.

Provincia de Salamanca

Salamanca é unha provincia española, situada no suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.

A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao norte coa provincia de Zamora, ao nordeste coa de Valladolid, ao leste coa provincia de Ávila, ao sur coa de Cáceres e polo oeste confina con Portugal.

A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos.

Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.

San Lorenzo de El Escorial

San Lorenzo de El Escorial é un municipio español da Comunidade de Madrid, situado ao noroeste da rexión, na vertente suroriental da Serra de Guadarrama, ao pé do Monte Abantos e Las Machotas, a 47 km de Madrid. É cabeza do partido xudicial homónimo. Recibe popularmente o nome de El Escorial de Arriba, para diferencialo do veciño pobo de El Escorial, que, pola súa banda, é designado como El Escorial de Abajo. Dentro do seu termo, atópanse o Mosteiro do Escorial e o Valle de los Caídos.

Linda ao norte con Guadarrama, ao oeste con Santa María de la Alameda, Robledo de Chavela e a provincia de Ávila, ao leste con Alpedrete e Collado Villalba e ao sur con El Escorial e Zarzalejo. Tamén cerca atópase a inmensa e agradable urbanización de Los Arroyos, que ten gran cantidade de servizos.

O pobo foi fundado en tempos de Carlos III, no século XVIII, e constituído en municipio no século XIX, cando tivo o seu primeiro alcalde. Xurdiu como unha escisión de El Escorial, onde Filipe II construíu a finais do século XVI o Mosteiro do Escorial e constituíu, mediante a anexión das leiras lindeiras, o Real Sitio do mesmo nome. Na parte segregada atopábanse os principais edificios e paraxes deste Real Sitio, incluído o Mosteiro, que na actualidade áchase, xa que logo, no termo de San Lorenzo de El Escorial. Por iso é polo que o citado monumento reciba tamén o nome de Mosteiro de San Lorenzo de El Escorial.

O Mosteiro e o Real Sitio foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco o día 2 de novembro de 1984, coa denominación de "El Escorial, Mosteiro e Sitio".

Ao redor deste edificio, un dos principais monumentos renacentistas españois, articulouse unha potente industria turística e hostaleira, que converteu a San Lorenzo de El Escorial nun dos principais destinos da Comunidade de Madrid.

Desde o 21 de xuño de 2006, o seu termo atópase protexido pola Comunidade de Madrid como Ben de Interese Cultural, na categoría de Territorio Histórico ou Sitio Histórico, figura na que tamén se inclúen os municipios veciños de El Escorial, Santa María de la Alameda e Zarzalejo.

Ávila

Ávila é unha cidade española, en Castela e León, capital da provincia homónima. Situada a 1.128 m de altura, nun promontorio rochoso na beira dereita do río Adaja, afluente do Douro, é a capital de provincia sita a máis altitude de España, e a cuarta cidade máis alta de Europa. A súa área municipal acada 231,9 km². A súa poboación alcanzaba 52.612 habitantes en 2005. O xentilicio para se referir aos seus moradores é "abulenses".

Ávila de los Caballeros é un título honorífico da cidade. Outro é "Ávila del Rey", e aínda "Ávila de los leales". Entre 1482 e 1807 contou con unha universidade.

A cidade caracterízase, especialmente, por estar arrodeada dunha muralla medieval completa, de orixe románica. Tamén é unha das cidades con maior número de igrexas (románicas e góticas) con relación ao número dos seus habitantes. En 2012 o seu término municipal concentraba o 34% do total de poboación da provincia.

Trala fundación romana e a asimilación da poboación autóctona vetona da zona, pois non existen indicios claros dun asentamento prerromano no casco histórico, a cidade pasaría ao poder visigodo. Ávila caeu, do mesmo xeito que a maior parte do territorio peninsular, baixo dominio musulmá a comezos do século VIII, e non sería reconquistada de forma definitiva polas tropas cristiás ata o século XI. Experimentou un notable auxe durante o século XVI, para verse posteriormente sumida nunha prolongada crise e declive ata o século XIX, no cal a construción do ferrocarril conseguiu dar un empuxe ao desenvolvemento económico.

Ávila posúe os títulos de «Ávila do Rei», outorgado por Afonso VII, «Ávila dos Leais» outorgado por Afonso VIII e «Ávila dos Cabaleiros» outorgado por Afonso XI, todos eles presentes na bandeira da cidade. O aceno de identidade é a súa completa muralla medieval, de estilo románico, destacando tamén outras construcións representativas como a catedral do Salvador, cuxo ciborio móntase sobre a muralla, ou a basílica de San Vicente, foi considerada tradicionalmente como «cidade de cantos e de santos» e o seu casco histórico medieval, en excelente estado de conservación, foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1985.

Castela e León Castela e León  · Concellos da provincia de Ávila

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.