Provincia da Habana

A provincia da Habana é unha provincia de Cuba, que comprende o territorio da capital do país, A Habana.

Estatísticas da Provincia da Habana
escudo
bandeira
País: Flag of Cuba.svg Cuba
Superficie: 723,92 km²
Poboación: 2 188 404
Mulleres: 1 149 366
Homes 1 039 036
Localización da Provincia da Habana
La Habana in Cuba
Mapa da Provincia da Habana
Os 15 municipios da provincia da Cidade da Habana

Historia

A Provincia da Habana creouse en 1878, sendo unha das 6 provincias nas que se dividiu a illa, aínda baixo o dominio colonial español. Na división política administrativa de 1976, na que o país quedou dividido en 14 provincias, a primeira provincia da Habana dividiuse en Cidade da Habana (capital) e A Habana, coas áreas que rodeaban a capital. A primeira delas integraba os territorios da rexión metropolitana da Habana, basicamente, os antigos municipios da Habana, Marianao, Guanabacoa, Regla, Santiago de las Vegas e Santa María del Rosario así como outras áreas adxacentes.

O 1 de agosto de 2010 a Asemblea Nacional decidiu outra modificación da organización territorial de Cuba, segmentando a entón coñecida como Provincia da Habana, chamada coloquialmente "Habana Campo" en dúas novas provincias, chamadas Artemisa, ao oeste, e Mayabeque, ao este, o que implicaba que, a partir do 1 de xaneiro de 2011 (data de entrada en vigor da devandita resolución), só hai unha provincia cubana chamada "de La Habana", en lugar de dúas; polo que tamén se acordou o cambio de denominación de "Provincia da Cidade da Habana" pola de "Provincia da Habana", sen necesidade de engadidos importantes, para distinguilo ou individualizalo. Ademais, tres municipios da provincia de Pinar del Río (Bahia Honda, Candelaria e San Cristóbal) foron trasladados á nova provincia de Artemisa.

Entre 1976 e 2010, a administración provincial da entón coñecida como Provincia da Habana tivo a súa sede no territorio da Provincia da Cidade da Habana, xa que carecía de capital propia.

Situación anterior (entre 1976 e 2010):

  • Provincia da Cidade da Habana
  • Provincia da Habana (sede: A Habana)

Situación actual (desde 2011):

  • Provincia da Habana
  • Provincias de Artemisa e Mayabeque.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Antiga provincia da Habana

A antiga provincia da Habana foi unha das 14 provincias que tivo Cuba ata 2011, cando foi dividida nas provincias de Artemisa e Mayabeque. Estaba localizada na parte occidental do país. A capital era a mesma Cidade da Habana. A súa poboación absoluta era de 701.767 habitantes, cunha densidade de poboación de 122,5 hab./km²;. Ocupaba o duodécimo lugar entre as provincias pola súa extensión, e o oitavo lugar pola súa poboación.

Antonio Núñez Jiménez

Antonio Núñez Jiménez, nado o 20 de abril de 1923 en Alquízar, antiga provincia da Habana, e finado o 13 de setembro de 1998 na Habana foi un científico, revolucionario e político cubano.

Camilo Cienfuegos

Camilo Cienfuegos Gorriarán, nado 6 de febreiro de 1932 na Habana e finado o 28 de outubro de 1959 nun accidente aéreo, foi un revolucionario cubano e unha das principais figuras da Revolución cubana. Peza clave na toma da cidade de Yaguajay na ofensiva final revolucionaria.

Foi coñecido cos apelativos de O comandante do pobo, O señor da vangarda, Heroe de Yaguajay ou O heroe do sombreiro alón e foi dos líderes revolucionarios máis queridos e máis chorados polo pobo a causa da súa extracción humilde e o seu carácter xovial.

Eliseo Alberto

Eliseo Alberto de Diego García Marruz, coñecido como Eliseo Alberto e alcumado Lichi, nado o 10 de setembro de 1951 en Arroyo de Naranjo e finado o 31 de xullo de 2011 en México D. F., foi un xornalista, novelista, poeta e guionista cubano que viviu en México desde 1990 e cuxa cidadanía adoptou en 2000.

Francisco Hernández de Córdoba (descubridor do Iucatán)

Francisco Hernández de Córdoba, nado en Córdoba, e finado en Sancti Spíritus, Cuba, en 1517, foi un conquistador español, que pasou á historia pola accidentada expedición que dirixiu entre febreiro e maio de 1517, durante a cal se rexistrou para o Imperio español o que denominaron "o descubrimento da península do Iucatán".

Italo Calvino

Italo Calvino, nado en Santiago de las Vegas (Cuba) o 15 de outubro de 1923 e finado en Siena o 19 de setembro de 1985, foi un escritor italiano.

Os seus traballos máis coñecidos son a triloxía I nostri antenatti ("Os nosos devanceiros", 1952-1959), a colección de relatos curtos Cosmicomics, de 1965, e as novelas Cidades invisibles, de 1972, e Se nunha noite de inverno un viaxeiro, de 1979. De estilo difícil de clasificar, as súas obras ás veces fan lembrar os contos de fadas (Cosmicomiche), e outras son máis realistas (Amores difíciles). Algunhas das súas novelas foron clasificadas como posmodernas, outras como exemplos do realismo máxico e outras como realistas.

La Lisa

La Lisa é un dos 15 municipios da provincia da Habana, en Cuba.

Xurdiu da división político-administrativa realizada no país en 1976, antes desa data estaba integrado no municipio de Marianao. En 2017 tiña unha poboación de 142 124 habitantes.

Provincia de Artemisa

A provincia de Artemisa é unha nova provincia cubana constituída a partir do 1 de xaneiro de 2011, derivada da división da antiga provincia da Habana nas actuais Artemisa e Mayabeque. A provincia de Artemisa comprende a metade occidental (oito municipios) da extinta Habana máis tres municipios contiguos procedentes da provincia de Pinar del Río. A capital é a cidade de Artemisa, que era o municipio máis grande en extensión e poboación da antiga provincia da Habana (1976-2010).

Ramiro Valdés Menéndez

Ramiro Valdés Menéndez, nado en Artemisa, antiga provincia da Habana, o 28 de abril de 1932, é un militar e político cubano, un dos veteranos participantes na Revolución Cubana dende a acción militar que lle deu inicio o 26 de xullo de 1953, o asalto ao Cuartel Moncada.

Ostenta desde 1976 o grao militar honorífico de Comandante da Revolución ademais do título de Heroe da República de Cuba. Foi vicepresidente do Consello de Estado e do Consello de Ministros de Cuba dende 2009 a 2019. No VI Congreso do PCC, foi ratificado como membro do Buró Político.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.