Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Provincia da Coruña
Escudo de la provincia de A Coruña.svg

Situacion Provincia da Coruña
Capital A Coruña
Área 7.950 km²
Poboación 1 127 196 (2015)
Densidade 141,78 hab./km²
Concellos 93
Xentilicio Coruñés, Coruñesa

Xeografía

La Coruña por el Coronel de Ingenieros D. Francisco Coello. Las notas estadísticas e históricas han sido escritas por D. Pascual Madoz 1865
A Coruña por Francisco Coello, 1865.
Os cantís máis altos de Europa. Teixido, Galicia
Cantís en Teixido, no concello de Cedeira.

A provincia ten unha superficie de 7.950 km².

Pódese acceder a ela por estrada pola autovía A-6, procedente de Lugo, ou pola autoestrada AP-9, que une a capital da provincia con Ferrol e Santiago de Compostela, prolongándose ata as cidades de Pontevedra e Vigo, ambas na provincia de Pontevedra.

Por ferrocarril, son catro as liñas que chegan. Tres delas son de RENFE: Dúas veñen de Castela e León. Unha vén de León e entra a Galiza por Monforte de Lemos, e de alí a Lugo e A Coruña, e outra que vén de Zamora, entra a Galiza por Ourense, continuando por Santiago e A Coruña (liña dobre AVE e mercadorías electrificada). A terceira liña de Renfe é o corredor atlántico, que une Vigo coa Coruña. Por outro lado, FEVE ten unha liña de vía estreita que entra en Galiza cruzando a ría de Ribadeo, desde Asturias, acabando en Ferrol estación á que tamén chega RENFE.

Por aire, son dúas as portas de entrada: o aeroporto da Lavacolla, preto de Santiago de Compostela, e o aeroporto de Alvedro, xunto a cidade de A Coruña.

Por mar, os dous principais portos son o porto da Coruña e o porto de Ferrol, os dous portos teñen chegadas habituais de buques de pasaxeiros.

Ríos

Fervenza do Ézaro
Fervenza do Ézaro.
Rio sesin
Fragas do Eume.

Os principais ríos da provincia son:

Rías e praias

Ría de Arousa (Galiza)
Ría de Arousa

As principais rías da provincia son:

A provincia de A Coruña ten 49 praias con bandeira azul das 128 que hai en toda Galiza[1].

Clima

A provincia ten un clima oceánico, caracterizado por ser temperado e húmido. A choivas son abundantes, sobre todo no inverno. Ten estacións suaves, cunha temperatura media en inverno de 10 °C e de 20 °C en verán.

Poboación

Segundo o IGE, en 2015 vivían na provincia da Coruña 1 127 196 persoas, das que 408 934 o facían nalgunha das tres grandes urbes da provincia (A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol).

Comarcas e concellos da provincia da Coruña
Concellos de Coruña

Comarca da Coruña - Comarca de Santiago - Comarca de Ferrol - Comarca de Bergantiños - Comarca do Barbanza - Comarca de Betanzos - Comarca de Ordes - Comarca de Noia - Comarca do Eume - Comarca de Fisterra - Comarca da Terra de Soneira - Comarca de Arzúa - Comarca do Sar - Comarca do Xallas - Comarca de Muros - Comarca do Ortegal - Comarca da Terra de Melide - Comarca da Barcala
Concellos máis poboados (2015)[2]
# Concello Poboación
Escudo de A Coruña.svg A Coruña 243.870
Escudo de Santiago de Compostela.svg Santiago de Compostela 95.612
Escudo de Ferrol.svg Ferrol 69.452
Escudo de Narón.svg Narón 39.565
Escudo de Oleiros.svg Oleiros 34.693
Escudo de Carballo.svg Carballo 31.283
Arteixo.svg Arteixo 30.950
Ames.svg Ames 30.267
Escudo de Culleredo.svg Culleredo 29.593
10ª Escudo Ribeira.png Ribeira 27.372
11ª Escudo de Cambre (2009).svg Cambre 24.076


Durante todo o século XX a poboación da provincia non deixou de medrar manténdose dende finais do século XX e no prinicio do XXI superando o millón de habitantes.

Patrimonio

Catedral de Santiago de Compostela 10
Catedral de Santiago.

As maiores atraccións culturais e turísticas da provincia son a Catedral de Santiago de Compostela e a Torre de Hércules ambos monumentos declarados patrimonio da humanidade pola Unesco.

Algúns dos museos da provincia da Coruña:

Universidades

Na provincia hai dúas universidades, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña, amais dos centros asociados da UNED.

Economía

Obras do Porto Exterior da Coruña
Obras, Porto Exterior da Coruña abril 2009.

Na provincia da Coruña teñen a súa sede as seguintes empresas:

Enerxía

Entre os concellos de Arteixo e A Coruña está a única refinaría que hai en Galiza. A Refinaría da Coruña de Repsol ten capacidade para refinar 180.000 barrís diarios. Na provincia hai máis dun xiga vatio de potencia enerxética en parques eólicos. Hai dúas centrais térmicas de carbón para producir electricidade. Unha é a Central térmica das Pontes con 1.400 mega vatios de potencia e a outra a Central térmica de Meirama de 563 mega vatios, as dúas queimando carbón de importación. Á capacidade eléctrica súmase nos últimos anos dúas plantas de ciclo combinado (gas-vapor). Unha en As Pontes con 800 mega vatios de potencia e outra en Sabón de 400 mega vatios xunto á térmica de fuel oil de 480 mega vatios. Na ría de Ferrol está a planta regasificadora de Reganosa. Súmase a potencia hidráulica dos encoros da provincia.

Portos e aeroportos

A provincia ten dous aeroportos, o Aeroporto da Lavacolla e o de Alvedro. Entre os portos destacan o Porto da Coruña e o de Ferrol.

Concellos

Artigo principal: Lista de concellos da Coruña.

Notas

  1. La provincia de A Coruña recibe 49 banderas azules en sus playas laopinioncoruna.es
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ames

Ames é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2018 tiña 31.278 habitantes (15.015 homes e 16.263 mulleres) (en 2012 29.331 habitantes, 27.900 no 2010, 24.553 no 2007, 23.219 no 2006, 22.228 no 2005, 20.840 no 2004).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «amesán».

Castro de Borneiro

O castro de Borneiro ou da Cibdá é un castro galaico datado a finais da Idade de Bronce, pertencente á coñecida como Cultura castrexa, tamén coñecido como. Sitúase na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), a 500 metros da estrada LC-430 de Ponteceso a Baio. A poucos quilómetros está o famoso dolmen de Dombate. O poboado castrexo ten sido obxecto de escavacións arqueolóxicas e traballos de consolidación que permiten a súa visita. Foi catalogado como Ben de Interese Cultural en 2011

Comarca da Barbanza

A comarca da Barbanza é unha das comarcas oficiais de Galicia, localízase no oeste da provincia da Coruña e a súa capital é Ribeira[Cómpre referencia]. Pertencen a ela os seguintes concellos: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. Ten unha superficie de 244,2 km² e no ano 2014 tiña 67.776 habitantes.

Comarca da Barcala

A comarca de Barcala é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Negreira. Pertencen a ela os concellos da Baña e Negreira.

O nome desta comarca provén do río Barcala, que atravesa a demarcación e forma un val (Val de Barcala) dende o seu nacemento en terras do concello da Baña até a súa desembocadura no río Albariña, que acabará morrendo no Tambre, xusto despois do seu paso pola zona baixa da vila de Negreira.

Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Comarca de Arzúa

A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa. Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca do Deza, xa na provincia de Pontevedra.

Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Comarca de Betanzos

A comarca de Betanzos é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Betanzos. Pertencen a ela os concellos de Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar. Ten unha superficie de 669,3 km² e no 2014 tiña 38.768 habitantes.

Comarca de Ferrol

A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 159.422 habitantes no 2014, distribuídos en 11 concellos.

Comarca de Fisterra

A comarca de Fisterra é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Fisterra. A esta comarca pertencen os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía. Correspóndese co territorio chamado Terra de Nemancos.

Comarca de Noia

A comarca de Noia é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Noia. Pertencen a esta comarca os concellos de Lousame, Noia, Outes e Porto do Son.

Comarca de Ordes

A comarca de Ordes é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Ordes. A esta comarca pertencen os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Comarca de Ortegal

A comarca de Ortegal é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A comarca non conta con capital oficial, se ben é Ortigueira onde se sitúan determinadas estruturas administrativas (Xulgado de Instrución, Delegación de Facenda, Oficina do INSS, Notaría, Rexistro da Propiedade...), que sumado á súa posición xeográfica central e a de ser o concello máis poboado e máis extenso, lle confiren esa condición oficiosa de capital.

Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co concello das Pontes de García Rodríguez (comarca do Eume), ao leste coa comarca da Mariña Occidental -xa na provincia de Lugo- e ao oeste coa comarca de Ferrol, onde se integra o concello de Cedeira, tradicionalmente integrado na comarca do Ortegal por razóns históricas e xeográficas, condición que abandonou nos anos 90 ao producirse a división comarcal de Galicia, por consideralo mellor para os seus intereses.

Comarca de Santiago

A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela. A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Comarca do Eume

A comarca do Eume é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e con capital en Pontedeume. Pertencen a esta comarca os concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Pontedeume e Monfero. Limita ao norte coas comarcas de Ferrolterra e Ortegal, ao sur coa de Betanzos e ao este coa da Terra Chá pertencente á provincia de Lugo.

Comarca do Sar

A comarca do Sar é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Padrón. A esta comarca pertencen os concellos de Dodro, Padrón e Rois.

Monfero

Monfero é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.985 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «monferés».

A maior parte do parque natural das Fragas do Eume está en Monfero, na súa franxa norte.

Parroquias de Galicia

Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o Nomenclátor oficial da Xunta, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Galicia Galicia  · Concellos da provincia da Coruña
Provincias de Galicia

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.