Protesta

A protesta expresa unha reacción contraria a eventos ou a situación. As protestas poden adoptar moitas formas diferentes, desde as declaracións individuais ás manifestacións masivas. Os protestantes organizan unha protesta como unha maneira pública de que as súas opinións se escoiten nunha tentativa de influenciar á opinión pública ou á política do goberno, ou poden emprender a acción directa tentando decretar directamente as mudanzas desexadas por eles mesmos.

Formas de protesta

Algunhas formas recoñecidas de protesta son:

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
21 de marzo

O 21 de marzo é o 80º día do ano do calendario gregoriano e o 81º nos anos bisestos. Quedan 285 días para finalizar o ano.

4 de abril

O 4 de abril é o 94º día do ano do calendario gregoriano e o 95º nos anos bisestos. Quedan 271 días para finalizar o ano.

Abstención

En política, a abstención é unha das opcións ou posicións posíbeis na que se encadrar perante un escenario de toma de decisións, coma pode ser un referendo ou unha votación. Quen practica a abstención non emite a súa opinión en forma de voto. Ten certos paralelismos co voto en branco, aínda que non son o mesmo. Ás veces o carácter político a abstención aparece reforzado se é precisa unha determinada porcentaxe de votantes sobre o total do corpo electoral para validar o resultado.Nunhas eleccións considéranse "abstencionistas" aqueles electores que non acoden ás urnas. Este tipo de abstención denomínase abstención pasiva. Considérase, en troques, abstención activa á suma de votantes que emiten votos en branco e nulos, aínda que en ocasións se propugna a non participación nunha consulta popular como unha postura política de protesta, cuxos partidarios considerarán polo tanto activa toda a abstención que se produza. Dependendo das lexislacións de cada estado, o abstencionismo pode ser legal -como no Estado español- ou ben unha falta puníbel.

Para os membros dun Parlamento (deputados ou senadores) a abstención e o voto en branco son equivalentes, mentres que a non comparecencia ten distintos efectos, posto que, dependendo do regulamento, pode alterar o quórum e o cálculo das maiorías.

Cantautor

Cantautor é un artista que, por norma xeral, adoita escribir e interpretar a letra e a música das súas propias cancións. Nas súas cancións acostuma incorporar temáticas sociais, políticas e filosóficas. Durante un tempo denominouse a este tipo de música canción protesta.

Desobediencia civil

A desobediencia civil é a negativa a obedecer unha lei, un regulamento, unha organización ou un poder xulgado inicuo polos que o impugnan.

Folga

Unha folga é unha acción emprendida de forma individual, ou por un colectivo social, consistente en deixar de facer algunha actividade, dentro das funcións do colectivo ou individuo, para exercer unha presión social, con vistas á obtención dun obxectivo concreto.

Folga de fame: É unha forma de protesta que consiste en deixar de inxerir alimentos durante o tempo que faga falta ata que a súa reivindicación sexa atendida.

Folga laboral: Internacionalmente a folga é recoñecida como un dereito fundamental dos traballadores (dereito de folga), constitutivo da liberdade sindical. Consiste basicamente en deixar de traballar co obxectivo de conseguir vantaxes laborais ou sociais, aínda que pode ser manifestada doutras formas:

Folga de celo

Folga á xaponesaCando unha folga laboral ou doutro tipo se estende á maioría dos estamentos sociais denomínase folga xeral.

Gran Premio da Arxentina de 1956

O Gran Premio da Arxentina de 1956 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 22 de xaneiro de 1956 no Autódromo 17 de Octubre de Buenos Aires. Foi a primeira carreira da tempada de 1956.

Coa retirada de Mercedes da Fórmula Un, Fangio e Moss comezaron a tempada con novos equipos. Fangio uniríase a Ferrari, mentres que Moss marcharía ao equipo Maserati. A grella na Arxentina estaba composta completamente de coches italianos. Ferrari e Maserati presentaronse con cinco coches cada un. Os outros tres coches foron Maserati: dous equipos privados e Hawthorn co equipo BRM.

Ferrari dominou a práctica e ocupou as tres primeiras posicións da grella con Fangio na pole cun tempo 2´2 segundos máis rápido que o segundo. Con todo, Maserati dominou a carreira desde o inicio con Menditeguy e Moss líderando na pista. Fangio ca bomba de combustible defectuosa, fíxose cargo do coche de Musso coche na volta 29 e volveu entrar no quinto lugar. Fangio pasou rapidamente a Behra pero perdeu a súa posición tras facer un trompo. Das voltas 40 á 43 o desastre chegou aos líderes. A caixa de cambios de Castellotti, terceiro, rompeu, Menditguy deixou o liderado cun eixo de transmisión roto, e o motor do novo líder, Moss puxose a fumegar. Fangio, que superara a Behra, pasou ao renqueante Moss na volta 66 e terminou sen rivaís logo dun trompo de Behra. A carreira non estivo exenta de polémica cando o director deportivo de Maserati presentou unha protesta porque Fangio foara empuxado. Con todo, a protesta foi rexeitada polos comisarios e a FIA.

Independencia

A independencia, termos políticos, é a situación dun país que detenta e goza, ademais do dereito de autodeterminación, o de soberanía.

Mahatma Gandhi

Mohandas Karamchand Gandhi (en gujarati, મોહનદાસ કરમચંદ ગાંધી, devanágari मोहनदास करमचन्द गांधी), máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Gujarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución.

Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico, inspirando a outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias e en última análise para o desmantelamento do Imperio Británico e a súa substitución pola Comunidade Británica (Commonwealth). O principio do satyagraha, frecuentemente traducido como "o camiño da verdade" ou "a busca da verdade", tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela. Frecuentemente Gandhi afirmaba a simplicidade dos seus valores, derivados da crenza tradicional hindú: verdade (satya) e non violencia (ahimsa).

Manifestación

Unha manifestación é a exhibición pública da opinión dun grupo activista (económica, política ou social, sobre todo), mediante unha congregación nas rúas, frecuentemente nun lugar ou unha data simbólicos e asociados con esa opinión. O propósito dunha manifestación é mostrar que unha parte significativa da poboación está a favor ou en contra dunha determinada política, persoa, lei etc.

O éxito dunha manifestación adoita ser considerado maior canta máis xente participa.

Nalgunhas manifestacións prodúcense disturbios e violencia contra obxectos (como os coches), establecementos, peóns ou a policía.

Xeralmente, outros mecanismos de protesta como as folgas (especialmente as folgas xerais) van acompañados de manifestacións.

OpenStreetMap

OpenStreetMap (tamén coñecido polas súas siglas OSM) é un proxecto aberto e colaborativo para crear mapas libres, gratuítos e editables. As trazas dos mapas créanse empregando información obtida de dispositivos GPS ou empregando fotografías aéreas ou de satélites e outras fontes como bases de datos da administración. Dende 2016 OSM emprega en España cartografía PNOA para mapeado e edición.

Partido político

Un partido político é unha organización política que ten unha ideoloxía determinada ou persegue un fin determinado. Os partidos políticos forman unidades organizativas e nunha democracia recoñéceselles o dereito a participar nos comicios electorais por medio da presentación de candidatos.

Protestantismo

O protestantismo abrangue o conxunto das igrexas e comunidades cristiás xurdidas no século XVI en Europa Occidental, separadas da Igrexa católica a partir do labor reformador do ex-monxe agostiño Martiño Lutero, iniciador do luteranismo.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Unión Republicana (España 1934)

A Unión Republicana foi un partido político español xurdido trala fusión, en setembro de 1934, de varios grupos radicais: o Partido Radical Demócrata de Diego Martínez Barrio, escindido o 16 de maio dese ano do Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux en protesta polo seu achegamento a CEDA; a Izquierda Radical-Socialista de Botella Asensi, escindida do Partido Republicano Radical Socialista; e o á dereita do propio Partido Radical Socialista, liderado por Félix Gordón Ordás.

En 1935 integrouse na Frente Popular xunto cos socialistas, comunistas, Izquierda Republicana, nacionalistas e outros grupos progresistas.

Tralo triunfo frontepopulista nas eleccións de 1936, o líder da Unión Republicana, Martínez-Barrio, desempeñou interinamente a Presidencia da República trala destitución de Niceto Alcalá-Zamora, ata o nomeamento de Manuel Azaña.

Trala guerra, Unión Republicana converteuse, xunto con Izquierda Republicana, nunha das principais organizacións republicanas no exilio.

Xaxún

Xaxún, ou xexún, é a abstinencia dalgunha ou de todas as comidas, e nalgún caso tamén da bebida, durante un período de tempo. O xexún tamén pode implicar a abstinencia de determinados tipos de alimentos, como a carne, e mesmo incluír a abstinencia sexual temporal. O xaxún pode realizarse por razóns relixiosas, médicas ou como forma de protesta (folga de fame).

O xaxún cristián ten a súa orixe na Biblia, practícano os católicos, os anglicanos, os ortodoxos e algunhas denominacións protestantes norteamericanas como a Igrexa Metodista Unida. As igrexas reformadas europeas critican o xaxún como algo puramente externo, sen relación coa salvación do individuo.

Os xudeus practican o xaxún durante sete días do seu calendario.

O xaxún tamén forma parte integral do hinduísmo aínda que está baseado en costumes locais ou crenzas persoais.

Os musulmáns practican o xaxún durante o mes de Ramadán, coa prohibición de comer, beber e ter practicas sexuais polo día.

Xogos Olímpicos de 1956

Os XVI Xogos Olímpicos de 1956 foron realizados na cidade de Melbourne, en Australia, entre os días 22 de novembro e 8 de decembro, coa participación de 72 estados, representados por 3314 atletas, sendo 376 mulleres.

Por primeira vez unha das modalidades deportivas dos Xogos non foi realizada nin na cidade nin no país anfitrión, xa que a hípica transferiuse a Estocolmo, Suecia, disputándose cinco meses antes de Melbourne polo que se impedía a entrada de cabalos estranxeiros no país.

Infelizmente, a política internacional, extremadamente tensa naqueles días de guerra fría, foi responsable dos primeiros boicots e desistencias dos Xogos Olímpicos. A invasión da Hungría por tropas soviéticas naquel ano causou a desistencia de España, Países Baixos e Suíza. Os exipcios, iraquís e libaneses boicotearon o evento en protesta pola presenza anglo-francesa, intervindo con tropas na cuestión do Canal de Suez.

Xogos Olímpicos de 1980

Os Xogos Olímpicos de 1980 foron celebrados en Moscova (Unión Soviética) entre o 19 de xullo e o 3 de agosto. Inaugurounos o presidente Leonid Brezhnev e contaron coa participación de 5.179 atletas de 80 estados, o máis baixo comparecemento ós Xogos dende Xogos Olímpicos de 1956|Melbourne 1956]], debido ó maior boicot realizado na historia olímpica, cando a inxerencia da política no deporte chegou a seu punto máis alto e decisivo.

No comezo de 1980, como protesta contra a invasión soviética de Afganistán, o presidente norteamericano Jimmy Carter anunciou o boicot da súa nación ós Xogos Olímpicos de Moscova no ano seguinte, conclamando ós seus aliados polo mundo a daren o mesmo exemplo; 69 estados seguiron o camiño dos Estados Unidos, levando estes Xogos a un nivel de calidade máis baixo. Mesmo así, producíronse algunhas marcas e desempeños excepcionais e até atletas de países que apoiaron a acción americana acabaron participando individualmente baixo a bandeira olímpica.

Este comezo dos anos 80 representou o pior momento vivido polos Xogos Olímpicos e polo Comité Olímpico Internacional en toda a súa existencia, co, obviamente, xa agardado boicot pola URSS e os seus aliados ós Xogos seguintes nos Ánxeles, facendo que os seus dirixentes temesen pola extinción das Olimpíadas.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.