Protectorado

Denomínase protectorado á soberanía parcial que un Estado exerce, especialmente no referido ás relacións exteriores, nun territorio que non foi incorporado plenamente ao da súa nación e no cal existen autoridades autóctonas propias.

Como exemplo, podemos citar o protectorado que no seu día exerceron España e Francia sobre Marrocos, onde a autoridade sobre a poboación nativa era exercida polo Sultán, existindo forzas militares e policiais autóctonas, pero tuteladas polos exércitos dos países protectores.

Os gobernos destes países estaban representados, no caso da zona controlada por España, polo Alto Comisario, normalmente un xeneral, e no da zona francesa polo Residente Xeral.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bandeira de Brunei

A bandeira de Brunei (en malaio: Bendera Brunei) foi adoptada en 1940 cando o país era un protectorado británico, e foi mantida cando o país obtivo a súa plena independencia o 1 de xaneiro de 1984 como Brunei Darussalam (Estado de Brunei, Morada da Paz).

Botswana

Botswana ou Botsuana, cuxo nome oficial é República de Botswana (en inglés Republic of Botswana, en setsuana Lefatshe la Botswana), é un país soberano sen saída ao mar do sur de África, sendo a súa forma de goberno a república parlamentaria.

O seu territorio está dividido en nove distritos. A súa capital é a cidade de Gaborone.O outrora protectorado británico de Bechuanalandia, Botswana adoptou o seu novo nome ó acadar a súa independencia en 1966.

Xeograficamente o país esténdese sobre un terreo chairego, co 70% da súa superficie cuberta polo deserto de Kalahari. Limita con Suráfrica polo sur e sueste, con Namibia polo oeste e polo norte, con Zimbabue polo nordeste e con Zambia polo norte nun só punto. Ocupa o posto 48 na lista de países por superficie.O país tratou de diversificar a súa economía nos últimos anos, aínda que no 2008 dependía en gran medida dos servizos (45,2%), a industria (52,9%), e a agricultura (1,9%), estreitamente ligado co comercio de Suráfrica.

Casablanca

Casablanca (en amazigh: ⴰⵏⴼⴰ "Anfa" ou "Taddart Tamellalt", e en árabe: الدار البيضاء, ad-Dar al-Baïdaa, en darija: Casa, كازا) é a maior cidade do Marrocos, o seu principal porto e centro económico e comercial do país. A súa poboación segundo o censo do 2004 é de 3 111 977 de habitantes. Sitúase na beira do Océano Atlántico, a 80 quilómetros ao suroeste de Rabat.

Distrito Luuka

Luuka District é un distrito da Rexión Leste de Uganda.

Limita co Distrito Buyende polo norte, co Distrito Kaliro polo nordeste, co Distrito Iganga polo sueste, co Distrito Mayuge polo sur, co Distrito Jinja polo suroeste e co Distrito Kamuli polo noroeste.

O Distrito comezou a funcionar como tal o 1 de xullo de 2010, anteriormente era un condado do Distrito Iganga. Na tradición kisoga, Luuka e un dos cinco principados do Reino de Busoga. Segundo a lenda, Luuka foi fundado en 1737 e tornouse parte do protectorado de Busoga en 1896. O seu goberno tradicional é coñecido como Tabingwa.

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 185.526 habitantes.

Guerra do Rif

A guerra do Rif (1911-1927), tamén chamada guerra de Marrocos ou guerra de África (a pesar de ser os homónimos doutros conflitos armados distintos), foi un enfrontamento orixinado na sublevación das tribos rifeñas (rexión montañosa do norte de Marrocos) contra a ocupación colonial española e francesa, a pesar de afectar principalmente ás tropas españolas.

Illas Salomón

As Illas Salomón (inglés: Solomon Islands) son un país de Oceanía que forma parte da Mancomunidade Británica de Nacións. O seu territorio está formado por máis de 990 illas pertencentes á Melanesia, situadas ao leste de Papúa Nova Guinea.

Iugoslavia

Iugoslavia (serbocroata: Југославија ou Jugoslavija: etimoloxicamente eslavos do sur) foi un estado situado na cordilleira dos Balcáns tras a disolución do Imperio Austrohúngaro.

En 1918 fundouse o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos. En 1929 trocou o nome a Reino de Iugoslavia, ata que foi invadido polas potencias do eixe en 1941, pasando a ser dividido entre elas, quedando só, cunha certa autonomía, o Reino de Croacia, un estado títere de Italia, e unha pequena parte de Serbia, como protectorado alemán.

Tras a derrota do eixe, esa zona foi liberada por guerrilleiros partisanos e, a última hora, tropas do Exército Vermello en 1945. Estableceuse un estado comunista co nome República Federal Socialista de Iugoslavia.

Este estado non puido sobrevivir á caída do bloque oriental, e na Terceira Guerra dos Balcáns (1991 - 2001), Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia e Macedonia do Norte pasan a ser nacións independentes.

O resto do país refundouse como República Federal de Iugoslavia para, despois, ser coñecido como Serbia e Montenegro, ata a separación destes dous países, en 2006.

Kenya

Kenya ou Quenia, oficialmente República de Kenya, é un país da África Oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co Océano Índico. Ten fronteira con Tanzania polo sur, con Uganda polo oeste, con Sudán do Sur polo noroeste, con Etiopía polo norte e con Somalia polo nordés. Kenya abrangue 581 309 km2, e no 2014 tiña unha poboación aproximada de 45 millóns de persoas.Kenya ten un clima cálido, húmido e tropical na liña costeira do Océano Índico. O clima é máis frío nas sabanas arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do Monte Kenya, que ten neve de forma permanente no seu cumio. Máis no interior, na provincia de Nyanza, hai un clima quente e seco que se converte en húmido arredor do Lago Vitoria, o meirande lago tropical de auga doce do mundo. O lago dá paso ás zonas montañosas temperadas e boscosas da veciña rexión occidental. As rexións do nordés na fronteira con Somalia e Etiopía son áreas áridas e semiáridas case desérticas. Kenya é tradicionalmente famoso polos seus safaris, o clima e a xeografía diversos e polas súas grandes reservas e parques nacionais, como Parque Nacional de Tsavo Leste e Oeste, o Maasai Mara, o lago Nakuru e o Parque Nacional de Aberdare. Kenya ten varios lugares Patrimonio da Humanidade como a cidade de Lamu e varias praias famosas como Diani, Bamburi e Kilifi, onde se celebran cada ano competicións internacionais de vela.

A rexión dos Grandes Lagos Africanos, da cal forma parte Kenya, foi habitada polo ser humano dende o Paleolítico inferior. Arredor do primeiro milenio da nosa era, a expansión bantú chegou até a zona dende África Occidental e Central. As fronteiras do estado moderno comprenden a encrucillada das áreas níxer-congo, nilo-saharianas e afroasiáticas do continente, representando a maioría de grupos etnolingüísticos que hai en África. As poboacións bantú e nilóticos constitúen xuntas arredor do 97% dos habitantes do país. A presenza árabe e europea en Mombasa data de comezos da Idade Moderna, e a exploración europea do interior de África comezou no século XIX. O Imperio Británico estabeleceu o protectorado da África Oriental Británica en 1895, que en 1920 deu paso á Colonia de Kenya. Kenya obtivo a independencia en decembro de 1963. Segundo o referendo de agosto de 2010 e a adopción dunha nova constitución, Kenya está dividida en 47 condados semi-autónomos gobernados por gobernadores electos.

A capital, Nairobi, é o centro rexional do comercio. A economía de Kenya é a maior de África Oriental e Central. A agricultura é a principal actividade económica, e o país exporta tradicionalmente té e café, e máis recentemente, flores frescas cara a Europa. O sector terciario tamén é un importante aspecto da súa economía.

Marrocos

Marrocos (en bérber: Amrruk, en árabe: المغرب Al-Magrib) é un país do noroeste de África. A súa longa costa atlántica chega desde o Sáhara Occidental ata o estreito de Xibraltar para dar ao mar Mediterráneo (ao norte), e continúa cara ao leste ata chegar a Alxeria, coa que limita ao leste e sueste.

Nixeria

Nixeria ( [n ), oficialmente República Federal de Nixeria, é unha república federal que comprende 36 estados e máis o Territorio da Capital Federal, Abuja. O país está localizado no oeste de África, e comparte fronteiras terrestres coa República de Benín polo oeste, Chad e Camerún polo leste, e Níxer polo norte. No sur está a costa, co golfo da Guinea no océano Atlántico.

Ó longo da historia, a zona veu nacer varios reinos e imperios, mais o moderno estado de Nixeria ten a súa orixe na colonización británica da rexión dende finais do século XIX e comezos do XX. O país xurdiu da combinación de dous protectorados británicos veciños: o Protectorado do Sur de Nixeria e o Protectorado do Norte de Nixeria. Durante a era colonial, os británicos estableceron estruturas legais e administrativas ó tempo que se mantiveron as xefaturas tradicionais. Nixeria conseguiu a independencia en 1960, mais pouco despois sumiuse nunha guerra civil durante varios anos. Dende entón, o seu goberno alternouse entre dirixentes democraticamente elixidos e ditaduras militares, sendo as eleccións presidenciais de 2011 as primeiras realizadas en termos razoables de liberdade e claridade.Nixeria é considerado como o "Xigante de África", por mor da súa gran poboación e economía. Con aproximadamente 174 millóns de habitantes, Nixeria é o país máis populoso de África e o décimo sétimo máis poboado do mundo. O país está habitado por máis de 500 grupos étnicos, sendo os tres máis grandes os hausas, os igbos e os yorubas.

Atendendo á relixión, Nixeria está dividida en dúas metades, entre os cristiáns que viven na parte sur e central do país, e os musulmáns, concentrados nas zonas norte e suroeste. Unha minoría da poboación practica as relixións indíxenas de Nixeria.

No 2014, a economía de Nixeria (PIB) converteuse na máis grande de África, valorada en máis de $500 billóns, e superou a Suráfrica para ser a 26ª economía máis grande do mundo. Ademais, a relación da débeda do seu PIB é de só o 11% (8% menos que a relación de 2012). No 2050, as previsións din que Nixeria será unha das 20 principais economías do mundo. As reservas de petróleo do país xogaron un papel moi importante no crecemento da súa riqueza e influencia. Nixeria é considerado como un mercado emerxente polo Banco Mundial e foi identificado como a potencia rexional de África. Tamén é membro do grupo de países "MINT", que son aqueles identificados como os novos "BRIC"s. Tamén está listada como unha economía dos "Vindeiros once", entre os máis grandes do mundo. Nixeria é membro da Commonwealth de Nacións, da Unión Africana, da OPEC e das Nacións Unidas, entre outras organizacións internacionais.

Polinesia Francesa

A Polinesia Francesa é unha Colectividade de Ultramar Francesa (Collectivité d'outre-mer) localizada ao sur do Océano Pacífico. Componse de varios grupos de illas polinesias, Tahití, nas Illas da Sociedade, é a máis famosa e poboada. A capital, Papeete, localízase nesta illa.

Protectorado Español de Marrocos

O Protectorado Español de Marrocos (en árabe: حماية إسبانيا في المغرب ḥimāyat Isbāniyā fi-l-Magrib) é a figura xurídica aplicada a unha serie de territorios de Marrocos nos que España, segundo os acordos franco-españois asinados o 27 de novembro de 1912, exerceu un réxime de protectorado.

O protectorado consistía en dous territorios do actual Marrocos, xeograficamente separados: a zona do norte de Marrocos, que inclúe as rexións do Rif e Yebala, e a de Tarfaya, lindando coa ex colonia española do Sáhara Español, ao suroeste e ao norte co río Draa como fronteira. Oito meses antes dos acordos, Francia creara o seu propio protectorado sobre a maior parte do actual Marrocos. Con todo, a creación dunha administración colonial sobre os territorios do protectorado no Rif non se produciría ata 1927, unha vez a zona fora pacificada. O protectorado duraría ata o día 7 de abril de 1956, salvo o que se coñecía como o protectorado meridional ou rexión norte das tres en que se dividiu o Sáhara Español.

Serge Haroche

Serge Haroche, nado en Casablanca (daquelas do Protectorado francés de Marrocos) o 11 de setembro de 1944, é un físico francés de ascendencia xudía, laureado co premio Nobel de Física no 2012, canda David Wineland, «pola medida e manipulación de sistemas cuánticos individuais».Serge Haroche traballa no Collège de France e na Escola Normal Superior de París, e desenvolveu investigacións fundamentais sobre a interacción entre a luz e a materia.

Tetuán

Tetuán (en árabe, تطوان Tiṭwān) é unha cidade do norte de Marrocos, localizada nas proximidades do mar Mediterráneo, cerca de Tánxer e de Ceuta. Entre 1913 e 1956, Tetuán foi a capital do protectorado español de Marrocos. Ten 725.000 habitantes (2006).

Tunisia

Tunisia (en árabe : al-Jamhuriya at-Tunisia, الجمهورية التونسية), é un país árabe de África do norte, limitado polo Mediterráneo. É un país do Magreb, coma Marrocos, Mauritania, Alxeria e Libia. Situada no norte do país, a súa capital é Tunes.

Coa independencia o 20 de marzo do 1956, unha asemblea constituínte foi elixida, que aboliu a monarquía bey da dinastía huseinita no poder desde 1705 e proclamou a república o 25 de xullo do 1957 con Habib Bourguiba coma presidente.

Tunisia é un destino popular dos turistas europeos que visitan Hamamato, Monastir, Souse e o Porto El-Kantaoui, o deserto do Sahara no sur, e os sitios arqueolóxicos coma Cartago ou Dougga.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.