Produto interior bruto

O produto interior bruto ou PIB é o valor monetario total da produción corrente de bens e servizos dun país durante un período (normalmente é un trimestre ou un ano). O PIB é unha magnitude de fluxo, pois contabiliza só os bens e servizos producidos durante a etapa de estudo.

En canto ao cálculo do PIB, pode facerse segundo o custo dos factores ou dos prezos de mercado. A relación entre ámbolos dous obtense restando ao PIB valorado a prezo de mercado, os impostos indirectos ligados á produción (Ti) e restándolle as subvencións á explotación (Su). Aleatoriamente pódense agregar, segundo algúns economistas, os royalties.


O PIB é, sen dúbida, a macromagnitude económica máis importante para a estimación da capacidade produtiva dunha economía. Existen outros tipos de macromagnitudes a considerar partindo do PIB: o produto nacional bruto diferénciase do PIB en que só considera a cantidade fluxo de bens e servizos producidos por nacionais dun país, se ben o PIB non ten en consideración o criterio de nacionalidade.

Gdp nominal and ppp 2005 world map single colour
Mapa mundial do GDP e PPP no 2005

PIB total

É a suma de tódolos bens e servizos que produce un país ou unha economía nun período determinado (Aproximadamente dun ano). Analizado dende o punto de vista do gasto ou demanda, resulta ser a suma dos seguintes termos:


Onde PIBpm é o produto interior bruto valorado a prezos de mercado, C é valor total do consumo final nacional, I é a formación bruta de capital tamén chamada investimento. X é o volume monetario das exportacións e M o volume das importacións. Se estamos interesados en distinguir entre consumo e investimento privados e gasto público G: entón modificamos a fórmula:

PIB nominal e PIB real

O PIB nominal é o valor monetario de tódolos bens e/ou servizos que produce un país ou unha economía a prezos correntes no ano corrente en que os bens son producidos. Porén, en situación de inflación alta, un aumento substancial de prezos, aínda cando a produción non aumente demasiado, pode dar a impresión dun aumento substancial do PIB. Para axustar o PIB segundo os efectos da inflación, defínese o PIB real como o valor monetario de tódolos bens e/ou servizos que produce un país ou unha economía a prezos constantes. Ese cálculo lévase a cabo deflactando o valor do PIB segundo o índice de inflación (ou ben computando o valor dos bens con independencia do ano de produción mediante os prezos dun certo ano de referencia).

PIB per cápita

Artigo principal: PIB per cápita.

O PIB per cápita (tamén chamado renda per cápita ou ingreso per cápita) é unha magnitude que trata de medir a riqueza material dispoñible. Se calcula simplemente como o PIB total dividido entre o número de habitantes (N):


Por exemplo: os cinco países con maior PIB per cápita en 2006, medido en dólares estadounidenses (US$), son:

  1. Luxemburgo (US$76.224)
  2. Noruega (US$65.785)
  3. Islandia (US$56.364)
  4. Qatar (US$53.539)
  5. Irlanda (US$49.533)

PIB e benestar social

O PIB é usado frecuentemente como unha medida do benestar material dunha sociedade. Iso motiva que politicamente se usen as cifras de crecemento económico do PIB como un indicador de que as políticas económicas aplicadas son positivas. Porén tanto o propio Simon Kuznets creador da contabilidade nacional que deu lugar ao uso do PIB como indicador económico, como numerosos autores posteriores, criticaron o uso do PIB como sinónimo de benestar social. Certamente existen algunhas correlacións positivas entre PIB e medidas claramente relacionadas co benestar social, especialmente en países de renda per cápita inferior a $4000 dólares, sendo a correlación para os países de rendas altas bastante peor. Debido a estas críticas propuxéronse medidas relacionadas co PIB, que contabilicen as externalidades negativas e o efecto da actividade económica sobre os ecosistemas, para ter unha medida máis inclusiva e máis directamente relacionada co benestar social, como por exemplo o Índice de benestar económico sostible (IBES).

Activo financeiro

Activo financeiro é un título ou sinxelamente unha anotación contable, pola que o comprador do título adquire o dereito a recibir un ingreso futuro de parte do vendedor.Os activos financeiros son emitidos polas unidades económicas de gasto e constitúen un medio de manter riqueza para quen os posúen e un pasivo para quen os xeran. A diferenza dos activos reais, non contribúen a incrementar a riqueza xeral dun país, xa que non se contabilizan no Produto interior bruto dun país, pero si contribúen e facilitan a mobilización dos recursos reais da economía, contribuíndo ó crecemento real da riqueza.O empréstamo que realiza un aforrador a unha empresa é un activo financeiro, neste caso a empresa é a vendedora do activo e o aforrador, o comprador que espera recibir unha corrente de ingresos no futuro. Entre as principais categorías de activos financeiros atópanse os empréstamos, as accións, os bonos e os depósitos bancarios.

Día Internacional da Felicidade

O Día Internacional da Felicidade celébrase o 20 de marzo de cada ano por iniciativa da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que así o aprobou na súa sesión do 28 de xuño de 2012.

A idea de conmemorar este día xorde da proposta do Reino de Bután, que considera que a felicidade é o sentimento máis importante do Produto Interior Bruto. Segundo a revista económica norteamericana BusinessWeek, Bután é o país máis feliz de Asia e o oitavo do mundo. Desde 1970, Bután recoñece a supremacía da felicidade por riba dos ingresos, e adoptou o concepto de Índice de Felicidade Nacional Bruta para substituír o tradicional Produto Interior Bruto.

Con este Día, as Nacións Unidas consideran que a felicidade e o benestar son obxectivos universais na vida dos seres humanos de todo o mundo, polo que os Estados membros deberían contemplar este principio para deseñar e dirixir as súas políticas públicas. A resolución aprobada engadía a necesidade de que a busca e a promoción do desenvolvemento sostible, a erradicación da pobreza, a felicidade e o benestar de tódolos pobos sexan criterios a aplicar nas políticas de crecemento económico, cun enfoque máis incluínte, equitativo e equilibrado.

Dólar internacional

O dólar internacional é unha unidade monetaria hipotética que ten o mesmo poder adquisitivo que o dólar estadounidense ten nos Estados Unidos nun momento dado . Esta unidade mostra canto vale unha unidade dunha moeda local dentro das fronteiras do país. As conversións a dólares internacionais calcúlanse utilizando a "paridade de poder adquisitivo" (PPA). A PPA é a cantidade de unidades monetarias locais que se necesitan para adquirir, dentro do país en cuestión, a mesma cantidade de bens que nos EEUU comprarían cun dólar estadounidense. Os bens deben ser iguais ou polo menos comparables.

O dólar internacional úsase principalmente para realizar comparacións tanto entre diferentes países como ao longo do tempo. Por exemplo, a comparación do Produto Interior Bruto per capita de varios países feita en dólares internacionais, no canto de baseándose simplemente nos tipos de cambio, prové dunha medida con máis validez para comparar estándares de vida.

O dólar internacional é calculado polo Banco Mundial. Naceu nos anos 1960 na Universidade de Pensilvania como parte do "Programa Internacional de Comparación" (International Comparison Program), encargado polo antedito Banco Mundial. O obxectivo era estimar un ingreso per cápita que fose comparable internacionalmente. Debido a tipos de cambio fixos ou só parcialmente flexibles, ademais dos movementos internacionais de capital, non é posible utilizar os tipos de cambio que resultan do mercado de divisas para estes fins comparativos.

O cálculo do dólar internacional é complicado e o resultado só pode interpretarse como unha aproximación do valor verdadeiro. As cifras expresadas en dólares internacionais non poden ser convertidas á moeda doutro país utilizando tipos de cambio de mercado; no canto disto as cifras deben ser convertidas utilizando os tipos de cambio de acordo coa PPA usados no estudo.

Economía da República Centroafricana

A República Centroafricana é un dos países menos desenvolvidos do mundo cun PIB per cápita de 700 dólares anuais, deficientes comunicacións e un sistema educativo e de formación case inexistente. A maior parte da poboación dedícase á agricultura de subsistencia e a extracción de produtos forestais. A agricultura é responsábel por máis da metade do produto interior bruto. Para o propio consumo cultivase millo, iñame, mandioca e banana. Para exportación cultiva-se café, algodón e tabaco.

O sector madeireiro, cunha explotación de recursos sen control, constitúe unha parte substancial das exportacións. A extracción mineral, a excepción dos diamantes, ouro e uranio, está inexplorada.

A industria depende do sector mineiro e pequenas empresas; e o sector de servizos é, sobre todo, público. Os recursos enerxéticos propios son escasos e o país depende do exterior, con excepción dalgunhas centrais hidroeléctricas. O petróleo é importado do Camerún.

Os principais factores que dificultan o desenvolvemento do país son súa posición central no continente, sen saída para o litoral, un sistema de transportes deficiente, unha man de obra pouco cualificada, e o legado da falta dunha planificación macroeconómico. A loita entre o goberno e faccións rebeldes é outro complicador para a recuperación económica.

Economía de Bangladesh

A economía de Bangladesh creceu unha media de 5 a 6% ao ano desde 1996 a pesar da pouca eficiencia das empresas estatais, da demora en explorar as reservas de gas natural, da escaseza de fontes de enerxía e da demora en facer reformas económicas.

Malia que a metade do produto interior bruto é xerado polo sector de servizos, case 2/3 da poboación vive da agricultura. O desenvolvemento agrícola é dificultado pola elevada fragmentación da propiedade rural e polas choivas irregulares. A produción de alimentos, sobre todo de cereais, é destinada ao consumo interno. O principal cultivo industrial é o arroz, nas áreas de Mymensingh, Rangpur, Comilla e Dacca. A cría de vacún é grande, e os animais son destinados principalmente ao traballo no campo. Unha parte realmente grande da poboación (a 8ª maior do mundo) sofre de malnutrición crónica.

Economía de Chile

A economía de Chile está orientada ó mercado, co elevado nivel de comercio exterior. Ostenta índices notables en canto a competitividade, liberdade económica,, desenvolvemento financeiro, crecemento económico, e conságrase como a economía máis dinámica de América Latina e a segunda a nivel mundial. Ademais, ten a cualificación da débeda externa máis favorable do continente.Durante o comezo da década de 1990, a reputación de Chile como un modelo de reforma económica fortaleceuse cando o goberno democrático de Patricio Aylwin, que asumiu despois do réxime militar, en 1990, profundou a reforma económica iniciada no goberno Pinochet.

O crecemento do produto interior bruto foi en media 8% ó ano entre 1991 e 1997, pero caeu á metade, en 1998 debido á ríxida política monetaria. En 1999 unha seca reduciu o crecemento a negativo. A recuperación comezou en 2003, e acelerouse a 6,1% en 2004 e 2005, mentres a inflación permaneceu baixa. Entre 2003 e 2013 o crecemento real medio da economía foi 5% ó ano, a pesar da crise económica o 2009.

Economía de Corea do Sur

Corea do Sur creceu rapidamente desde a década de 1960, integrada á moderna economía tecnolóxica. Hai catro décadas, a súa produto interior bruto era comparable ao dos países máis pobres do mundo.

Trala Guerra de Corea, os investimentos norteamericanos e xaponeses, habilmente dirixidas polo Goberno coreano cara a sectores estratéxicos, permitiron un crecemento económico que levou ao país a superar a España en PIB en términos de PPA.

Economía de Luxemburgo

Luxemburgo, país cunha economía pequena pero estable e con elevada renda per cápita, benefíciase da súa proximidade con Francia, Bélxica e Alemaña e sempre tiven un crecemento económico sólido, baixa inflación e reducido desemprego. Hoxe, case 60% do seu man de obra é estranxeira.

O seu sector industrial, inicialmente dominado polo aceiro, é actualmente diversificado, e inclúe produtos químicos, caucho e outros. O sector financeiro é responsable por 28% do produto interior bruto, e máis que compensou a caída de participación do aceiro na economía.

O país, así como outros da Unión Europea, sufriu coa crise que comezou o 2008, pero o desemprego quedou abaixo da media da UE. A economía contraeuse o 3,6% en 2009, pero recuperouse o 2010 e o 2011.

Economía do Iemen

O Iemen é un país con receitas reducidas, que é altamente dependente da exportación de reducidas xacidas de petróleo, o cal é responsábel por 25% do produto interior bruto e 70% dos encaixes gobernamentais. O país ten tentado contornar os efectos do declinio das xacidas diversificando a economía a partir dun programa de reformas iniciado en 2006 destinado a sectores non-petrolíferos e á atracción de investimentos estranxeiros. En outubro de 2009 o país exportou por primeira vez gas natural liquefeito, como primeiro resultado deste programa de diversificación. En xaneiro de 2010 a comunidade internacional estabeleceu o programa Socios do Iemen, para apoiar os esforzos de diversificación económica, e en agosto do mesmo ano, o Fondo Monetario Internacional aprobou un programa de axuda ao país de 370 millóns de dólares en tres anos. A pesar destas iniciativas ambiciosas, o país continúa a afrontar programas a longo prazo, incluíndo a escaseza de auga e o elevado crecemento poboacional.

Economía do Reino Unido

O Reino Unido é unha das principais nacións industriais e comerciais do mundo. En termos do seu produto interior bruto (PIB), é o quinto no mundo logo dos Estados Unidos, o Xapón, Alemaña e a China. Durante a década pasada, o goberno privatizou considerablemente as súas empresas e contivo o crecemento dos gastos en benestar social.

A súa agricultura é bastante modernizada e atende 60% das necesidades de alimentos do país con menos de 2% da forza de traballo total. Os seus principais produtos son cereais, sementes oleaxinosas, patacas, legumes, gando, ovellas, creación de aves e peixes. O país ten grandes reservas de carbón, petróleo e gas natural, porén, as súas reservas de petróleo e gas están diminuíndo, e o país tornouse o 2005 un importador de combustibles. A produción destes combustibles representa hoxe uns 4% do PIB. Actualmente os servizos, en particular os servizos bancarios, de seguro e os de investimento son os principais compoñentes do PIB.

Industrialización

Coñécese como industrialización o proceso polo que un Estado ou comunidade territorial pasa dunha economía baseada na agricultura, a unha fundamentada no desenvolvemento industrial, e no que este representa: o sostén fundamental do Produto Interior Bruto e a oferta de traballo á maioría da poboación.

En cada Estado os procesos de industrialización se deron en momentos diferentes. A clave a nivel global en Europa e América encóntrase a finais do século XVIII e o XIX, nos que a primeira revolución industrial, coa incorporación de novas tecnoloxías á explotación agrícola e a superación dos traballos artesanais para a industria mediante produción en masa, cambiaron drasticamente o modo económico e social.

As características fundamentais da industrialización son:Abandono do medio rural por amplas capas de poboación en busca de traballo ás cidades.

Expansión e crecemento das urbes en torno ás cales se instalan as grandes empresas industriais.

Emerxencia da burguesía como clase social detentadora dos medios de produción e que defenderá o liberalismo na creación de empresas e o comercio.

Aparición da cultura do proletariado e, con ela, do movemento obreiro que encontra a súa expresión sociolóxica e filosófica no marxismo.

Progresiva desaparición dos modos ilustrados e da nobreza como detentadores da titularidade dos recursos económicos e do poder político.Por extensión fálase de industrialización para referirse a calquera modo de sociedade moi desenvolvida, se ben dende a década dos 50 do século XX. As sociedades con maior poder económico son aquelas que posúen uns altos niveis de desenvolvemento tecnolóxico.

Investigación, desenvolvemento e innovación

Investigación, desenvolvemento e innovación (habitualmente indicado pola expresión I+D+i ou I+D+I) é un concepto de recente aparición, no contexto dos estudos de ciencia, tecnoloxía e sociedade; como superación do anterior concepto de investigación e desenvolvemento (I+D).

Mentres que o de desenvolvemento é un termo proveniente do mundo da economía, os de investigación e innovación proveñen respectivamente do mundo da epistemoloxía e a tecnoloxía, e a súa dinámica relación atópase no contexto da diferenciación entre ciencia pura e ciencia aplicada; calquera deles é de complexa definición. Esko Aho define provocativamente investigación como investir diñeiro para obter coñecemento, mentres que innovación sería investir coñecemento para obter diñeiro, o que expresa moi ben o fenómeno de retroalimentación que se produce cunha estratexia exitosa de I+D+i.Na aplicación política e lexislativa do concepto I+D+i, defínese investigación como a indagación orixinal planificada que persiga descubrir novos coñecementos e unha superior comprensión no ámbito científico e tecnolóxico; desenvolvemento como a aplicación dos resultados da investigación ou de calquera outro tipo de coñecemento científico para a fabricación de novos materiais ou produtos ou para o deseño de novos procesos ou sistemas de produción, así como para a mellora tecnolóxica substancial de materiais, produtos, procesos ou sistemas preexistentes; e innovación tecnolóxica como a actividade cuxo resultado sexa un avance tecnolóxico na obtención de novos produtos ou procesos de produción ou melloras substanciais dos xa existentes. Consideraranse novos aqueles produtos ou procesos cuxas características ou aplicacións, desde o punto de vista tecnolóxico, difiran substancialmente das existentes con anterioridade.O nivel de actividade de I+D+i nun país pódese calcular mediante a cociente entre o gasto en I+D+i e o produto interior bruto (PIB), desglosando o gasto en gasto público e gasto privado (Deducións fiscais I+D+i).Todos os países procuran, na medida das súas posibilidades, potenciar as actividades ligadas á I+D+i a través de políticas de apoio (subvencións, deducións, préstamos bonificados e outras), debido a que un alto nivel de I+D+i implica unha maior fortaleza das empresas, dado que os seus produtos ou procesos diferéncianse positivamente dos da súa competencia. Ademais, moitas das actividades son potencialmente xeradoras de avances sociais en forma de calidade de vida, mellora do medio ambiente, a saúde etc.

Para apoiar esas actividades existe un conxunto de normas UNE: a serie UNE 166000, que inclúe a norma UNE 166001, dirixida aos proxectos de I+D+i, a UNE 166002 sobre requisitos do sistema de xestión da I+D+i e a UNE 166006 relativa a requisitos sobre o sistema de vixilancia tecnolóxica.

Lista de países por PIB (PPA)

Listaxe de países do mundo ordenados segundo o Produto Interior Bruto (PIB) a valores de paridade de poder adquisitivo (PPA), a suma de tódolos bens e servizos finais producidos por un país nun ano.

Os 40 países con maior PIB (PPA) segundo o Banco Mundial (2005) son:

Fonte: Banco Mundial

O PIB (PPA) segundo o Fondo Monetario Internacional no 2006, e estimacións para o 2007, dos 180 países que conforman o FMI:

Fonte: Fondo Monetario Internacional, World Economic Outlook Database, abril de 2007 [1] [2] (Aclaración: As celdas coreadas indican estimacións do FMI)

A continuación, unha listaxe dos 10 países con maior PIB ppa da Unión Europea en millóns de euros, segundo o Eurostat.Fonte: Eurostat

Lista de países por PIB (PPA) per cápita

Esta é unha listaxe de países do mundo ordenados segundo o seu Produto Interior Bruto (PIB) a valores de paridade de poder adquisitivo (PPA) per cápita significando a suma de todos os bens e servizos finais producidos por un país nun ano, dividido pola poboación media do mesmo ano.

Fontes: Fondo Monetario Internacional, World Economic Outlook Database, abril de 2007 [1] [2] (Aclaración: As celas coreadas indican estimacións do FMI)

Lista de países por PIB nominal

Países do mundo ordenados segundo o seu Produto Interior Bruto (PIB) a prezos nominais, a suma de tódolos bens e servizos finais producidos por un país nun ano.

Fonte: Banco Mundial [1]Fonte: Fondo Monetario Internacional, World Economic Outlook Database, abril de 2007 [2] (Aclaración: As celdas coreadas indican estimacións do FMI)Nota: A cifra para Afganistán inclue o mercado do opio.

París

Esta páxina é sobre a capital de Francia. Para a figura mitolóxica vexa Paris.

París (en francés Paris [pa.ʁi] ) é a capital de Francia, Chef-lieu da Illa de Francia e a única comuna-departamento do país. Atópase nun meandro do río Sena no centro da Conca parisiense, entre a confluencia do río Marne e o Sena augas arriba, e o Oise e o Sena augas abaixo.

A cidade de París dentro dos seus límites administrativos ten unha poboación estimada de 2 190 327 habitantes (2016). Con todo, durante o século XX, a área metropolitana de París espallouse alén dos límites da comuna. A súa área urbana, a segunda máis grande de Europa, ten unha poboación de 11 174 740 habitantes (1999).A rexión de París (Illa de Francia) é, xunto con Londres, o centro económico máis importante de Europa. Con 500,8 mil millóns de euros (630 mil millóns de dólares), produciu unha cuarta parte do Produto Interior Bruto (PIB) de Francia no 2006. La Défense é o primeiro barrio de negocios de Europa, alberga a sede social de case a metade das grandes empresas francesas, así como a sede de vinte das 100 máis grandes do mundo. París tamén acolle ou acolleu a moitas organizacións internacionais como a Unesco, a OCDE, a Corte Penal Internacional e o Club de París.

A cidade é o destino turístico máis popular do mundo, con máis de 26 millóns de visitantes estranxeiros por ano. Adoita considerarse como a cidade máis fermosa, elegante e espectacular do mundo por contar con moitos dos monumentos máis famosos e admirados do orbe: a Torre Eiffel, a Catedral de Notre-Dame, os Campos Elisios, o Arco do Triunfo, a Basílica do Sacré Cœur, d'Os Inválidos, o Panteón, o Arco de La Défense, a Ópera Garnier ou o barrio de Montparnasse, entre outros. Tamén alberga institucións de recoñecemento mundial: o Louvre, o Museo de Orsay e o Museo Nacional de Historia Natural de Francia.

Periferias de Grecia

As rexións administrativas de Grecia, denominadas periferias (en grego: περιφέρειες), son trece (nove no Continente e catro grupos de illas), entidades administrativas de primeiro nivel do país, cada unha composto por varias unidades de segundo nivel, orixinalmente prefecturas e desde 2011, unidades rexionais.

Renda per cápita

A renda per cápita ou PIB per cápita é a relación que hai entre o PIB (Produto Interior Bruto) dun país e a súa cantidade de habitantes. Para conseguilo, hai que dividir o PIB dun país pola poboación deste.

É un indicador comunmente usado para estimar a riqueza económica dun país. Numerosas evidencias mostran que a renda per cápita está positivamente correlacionada coa calidade de vida dos habitantes dun país.

Unión Euroasiática

A Unión Económica Eurasiática (UEEa), tamén coñecido como Unión da Euroasia (UEa) ou Unión Euroasiática (UEa) é unha unión económica que foi planeada para ser establecida por un tratado o 29 maio de 2014, os líderes son Belarús, Casaquistán, e Rusia. A Unión entrará en efecto o 1 xaneiro 2015 se o tratado é aprobado polos parlamentos dos tres países.O UEa creará un mercado económico de 170 millóns de persoas e un produto interior bruto de 2.7 billóns de dólares. Armenia, Kirguizistán, Taxiquistán e Uzbekistán xa amosaron o seu interese de entrar na unión.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.