Proído

O proído[1] ou proício[2] é unha sensación peculiar ou irritación incómoda da pel que leva un desexo de rañar a parte en cuestión. Comunmente tamén se lle chama rañeira,[3] ou comechón[4]. O termo médico é prurito[5].

Proído
Clasificación e recursos externos
upright=1.06}}}}}
Un home rañando no lombo
ICD-10L29
ICD-9698
DiseasesDB25363
MedlinePlus003217
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Clasificación

O proído pode presentarse ben diseminado en diversas áreas do corpo (proído xeralizado) ou nunha zona específica (proído localizado).

Etioloxía

Aínda que antigamente se pensaba que o proído era un tipo de dor de baixa intensidade, sábese que é unha sensación distinta á dor; que ten a súa propia liña de conexión co cerebro.[6]

O proído, xa sexa o localizado ou o xeralizado, pode deberse a unha irritación química (por tocar unha determinada planta), causas ambientais (insolación de certa zona cutánea), urticaria, caspa, infeccións fungosas como o pé de atleta e a dentadas ou picaduras de parasitos na pel, no cabelo ou no pube (mosquitos, arañas, pulgas, piollos, carrachas, etc.).

O proído xeralizado pode deberse a doenzas infecciosas, reaccións alérxicas, sarna, doenzas renais ou hepáticas con ictericia así como por reaccións a medicamentos.

Respecto ó mecanismo fisiolóxico polo cal se produce o proído, descubriuse que unha molécula denominada BNP (péptido natriurético B) e que se libera na medula espiñal transmite a sensación de proído ó cerebro. En experimentos con ratos, observouse que eliminando a molécula BNP ou a célula nerviosa receptora desta, os ratos deixaban de rascarse.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para proído.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para proício.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rañeira.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para comechón.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para prurito.
  6. S. K. Mishra, M. A. Hoon.
A pataca na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do cultivo e consumo da pataca na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Non se deben poñe-las patacas en martes e con lúa de forza -en cuarto crecente-, porque senón grelan. Tampouco se deben almacenar nun sitio onde dea a lúa porque se porán verdes.

Unha moza pode adiviña-lo nome do futuro marido deixando na ventá unha pela de pataca durante a noite de San Xoán. Á mañán estará engurrada debuxando a letra pola que comeza o seu nome.

Os vástagos novos da rama da pataca, aplicados en cataplasmas, alivian a dor das escordaduras dos pés ou mans, así como nas queimaduras. Tamén resulta eficaz con este mesmo fin a polpa cocida da pataca . A fécula, seca e en po, alivia o proído da pel nos nenos.

O zume de pataca é lixeiramente espasmolítico e antiácido, polo que tamén se emprega na medicina tradicional contra as gastrites e úlceras.

Lis Quibén recolle a crenza, que non localiza, de que levar unha pataca crúa no peto serve para previ-la reuma .

En Coristanco (A Coruña) celébrase desde 1980 a Festa da pataca, a terceira fin de semana de setembro.

Carcinoma inflamatorio de mama

O carcinoma inflamatorio de mama é un dos tipos máis agresivos de cancro de mama. Pode ocorrer en mulleres de calquera idade e, aínda que de forma extremamente rara, tamén en homes. É denominado inflamatorio porque aparece frecuentemente con síntomas que se asemellan ós dunha inflamación. A pesar do nome, está aínda en investigación se a inflamación contribúe ou non para o desenvolvemento de cancro inflamatorio. Porén, pode manifestar sinais e síntomas variados, frecuentemente sen tumores detectables, sendo por iso indetectable en mamografías ou ecografías.Os síntomas máis comúns son a inchazón de aparición súbita, por veces asociado a alteracións cutáneas e retracción da mamila. Entre outros síntomas están o súbito aumento do tamaño da mama, cor vermella, proído persistente e pel quente no tacto. No inicio, o cancro inflamatorio de mama aseméllase á mastite. Só 50-75% dos casos manifestan esta presentación típica. Os síntomas poden ser completamente atípicos, como trombose venosa.

O cancro inflamatorio é responsable só por unha pequena porcentaxe dos casos de cancro de mama, 1 a 6% nos Estados Unidos, e moitas veces diagnosticado en mulleres mozas, aínda que a idade media de diagnóstico non sexa moi distinto da doutros tipos de cancro de mama (de media 57 anos).

Conxuntivite

A conxuntivite é a inflamación da capa conxuntiva, membrana mucosa que recobre o interior das pálpebras e que se estende á parte anterior do globo ocular.

Cornizó

O cornizó (Claviceps purpurea) é un fungo do grupo dos ascomicetos que parasita diversos cereais, especialmente o centeo. Aparece adherido ás espigas coa forma dunha excrecencia alongada de 1 a 5 cm e de cor negra ou púrpura, unha ou dúas por espiga infectada. Tamén recibe os nomes de caruncho, cornecello, cornello, cornicelo, cornilló, cornizolo, dente de can, dentón, gornicelo ou gran de corvo . A denominación caruncho dáselle tamén a outro fungo distinto, que ataca o millo, o Ustilago zeae.O fungo segrega diversas substancias bioquímicas, das que caben destacar o ácido lisérxico e os seus alcaloides derivados: ergotamina, ergocristina, ergocriptina e ergometrina, de acción farmacolóxica diversa e combinada (vasoconstritora, psicoactiva etc.).

Eccema

Un eccema ou dermatite eccematosa é un conxunto de afeccións dermatolóxicas, caracterizadas por presentar lesións inflamatorias diversas talles como: eritema, vesículas, pápulas e exudación.

Tamén se usa ou se aplica este termo para dermatite causadas por contacto cunha substancia para a cal se sensibilizou o paciente (eccema de contacto).

Caracterízase por un tor avermellado da zona afectada seguida dun forte proído; pode espallarse doadamente a outras áreas do corpo.

O eccema pódese clasificar, segundo as súas características, en:

Atópico: o eccema atópico pode presentar moitas variantes, pero en xeral caracterízase por placas de costras vermellas de pel inflamada con constante comechón.

Seborreica: a dermatite seborreica é unha doenza inflamatoria común da pel caracterizada por lesións escamosas xeralmente no coiro cabeludo (non confundir con caspa) e a cara.

De contacto: a dermatite de contacto é o nome que se lle dá a calquera inflamación da pel que se produce cando a superficie da pel entra en contacto cunha substancia que se orixina fóra do corpo.O eccema xeralmente preséntase como reacción a algunha alerxia.

Especia

Especia é o nome xenérico dado a certas plantas que se empregan para preservar ou sazonar os alimentos ou para aromatizar bebidas; tamén reciben a denominación de condimentos aromáticos. Tecnicamente considéranse especias as partes duras, como as sementes ou codias, de certas plantas aromáticas (árbores, plantas herbáceas ou outras), así como, noutros casos, as raíces ou os froitos, en tódolos casos tralo desecamento, mentres que baixo o nome de herbas aromáticas se clasifican as follas e talos dalgunhas plantas herbáceas; ademais, estas poden utilizarse en fresco. Na práctica, especias e herbas aromáticas tenden a considerarse sinónimos.

As especias eran procedentes das rexións tropicais de Asia e das illas Molucas na Indonesia, tamén coñecidas como as Illas das Especias. As especias empregábanse xa na Antigüidade, e as utilizadas na actualidade son practicamente as mesmas.

Etimoloxicamente, a palabra especia provén da palabra latina species. En principio esta palabra servía para designar calquera cousa unitaria da que se falase, resaltando as características que a facían única. Co paso do tempo foi derivando ao significado de "bens" ou "mercancías", sobre todo para referirse a aquelas que proviñan de países afastados, que habitualmente eran sementes, raíces, gromos ou bagas.

Estruga maior

A estruga maior ou ortiga maior (Urtica dioica L.), é a planta máis común do xénero Urtica da familia das Urticaceae. Acada entre 50 e 150 cm. e a característica máis coñecida desta planta é a presenza de pelos urticantes cuxo líquido cáustico (acetilcolina) produce unha irritación con proído intenso na pel cando se toca ou roza. Ten o talo de sección cadrada, follas ovais, co bordo aserrado, as súas flores son miúdas, unisexuais, inconspicuas e agrupadas en glomérulos.

É común en Galiza.

Frieira (medicina)

Unha frieira é unha inflamación da pel producida pola exposición prolongada e repetida ó frío ou á humidade.

O fundamento biolóxico do fenómeno é a constrición dos capilares nas áreas superficiais do corpo, que serve para regular e evitar unha excesiva perda de calor corporal. Cando a constrición dura demasiado tempo por mor da exposición prolongada, a falta do rego sanguíneo produce danos nos tecidos.

Adoita afectar a un reducido número de partes do corpo, especialmente os pés, as mans, o nariz e as orellas. A inflamación pode causar dor ou proído. Cando cesa a exposión ó frío, a inflamación remite sen necesidade de tratamento nunha ou dúas semanas. Naqueles casos máis difíciles de tratar emprégase a nifedipina.

A xeito de prevención, é necesario protexer as partes máis vulnerábeis do frío e a humidade. Tamén se aconsella a realización de actividade física, pois este mal é máis común en persoas sedentarias. A práctica de deportes aeróbicos axuda a eliminalas, xa que a frieira ten orixe nos problemas circulatorios.

Infección de transmisión sexual

As infeccións de transmisión sexual (ITS), enfermidades de transmisión sexual (ETS) ou máis coñecidas por enfermidades venéreas, son o conxunto de entidades clínicas infectocontaxiosas agrupadas que se transmiten dun a outro individuo soamente por medio de contacto íntimo que se produce, case de maneira exclusiva, durante as relacións sexuais, incluíndo o sexo vaxinal, o sexo anal e mais o sexo oral. Os axentes produtores das infeccións de transmisión sexual inclúen bacterias, virus, fungos e protozoos. Con todo, poden transmitirse tamén polo uso de xiringas contaminadas ou ben por contacto co sangue, e algunhas delas poden transmitirse durante o embarazo ou o parto, desde a nai ao fillo.

Intoxicación por histamina

A intoxicación por histamina, histaminose, é unha enfermidade provocada pola inxestión de alimentos que conteñen niveis elevados de histamina, especialmente peixes azuis conservados a temperaturas inadecuadas ou manipulados en circunstancias pouco hixiénicas, sen relación con antecedentes alérxicos ás proteínas do peixe. Outros alimentos implicados, con moita menos frecuencia, son os queixos curados, a carne (crúa ou transformada en embutidos, xamón etc.), a col fermentada, algunhas bebidas alcohólicas fermentadas e algunhas froitas e hortalizas.

Caracterízase por manifestacións alérxicas, con proído, manchas na pel e edema na cara e pálpebras.

Mastocito

Os mastocitos, tamén chamados células cebadas e ás veces nalgúns textos células mastoides ou labrocitos , son células con función inmunitaria orixinadas na medula ósea e presentes en moitos tecidos, que conteñen moitos gránulos ricos en histamina e heparina. A súa función máis coñecida é interviren nos procesos alérxicos e na anafilaxe, pero tamén teñen un papel protector importante para o organismo ao interviren na curación de feridas e na defensa contra patóxenos.

Ortiga

Ortiga, estruga ou herba do cego (Urtica sp.) é o nome común de varias plantas herbáceas da familia das urticáceas, de talo ergueito e flores verdosas en espiga. Caracterízase polos pelos que cobren as súas follas e que liberan unha substancia que produce proído e inflamación en contacto coa pel. Considérase herba ruín, con todo, é unha das plantas que máis aplicacións medicinais posúen.

Medran en solos ricos, nas proximidades de bosques de arbustos. É moi resistente e pode soportar condicións extremas. Varias especies, especialmente tres, son comúns en Galiza:

A estruga maior (Urtica dioica), a máis común. Acada entre 50 e 150 centímetros. A característica máis coñecida desta planta é a presenza de pelos urticantes cuxo líquido cáustico (acetilcolina) produce unha irritación con proído intenso na pel ao tocala. Ten o talo de sección en forma de cadrado, follas con forma de óvalo, co bordo serrado, as súas flores son miúdas unisexuais, inconspicuas e agrupadas en glomérulos.

A estruga menor (Urtica urens), anual, adoita medrar á beira da estruga maior, ten uns 60 centímetros e produce maior irritación que a anterior, mais posúe menos virtudes terapéuticas.

A estruga membranosa (Urtica membranacea) tamén anual e da mesma altura.

Oxiuríase

A oxiuríase ou enterobíase é unha parasitose intestinal producida por un verme nematodo, Enterobius vermicularis, da orde Rhabditida. É unha enfermidade practicamente universal que afecta exclusivamente ó home, de tódolos grupos socioeconómicos, aínda que resulta moito máis frecuente en zonas de clima temperado e de condicións hixiénicas deficientes. Afecta principalmente meniños e rapaces.

En Europa, África e Asia existe outra especie, E. gregorii, cuxa morfoloxía, ciclo e clínica son idénticos ós da especie tipo.

Pediculose da cabeza

A pediculose da cabeza (chamada oficialmente no CIE10 pediculose debida a Pediculus humanus capitis e infestación da cabeza debida a piollos), tamén chamada pediculosis capitis, é a infestación dos cabelos e coiro cabeludo polo piollo da cabeza (Pediculus humanus capitis). O seu síntoma máis común é o proído debido ás picaduras que fai o piollo para alimentarse de sangue humano. Durante a primeira infección dunha persoa, o proído pode tardar en aparecer ata seis semanas. Se a persoa é infestada de novo, os síntomas empezan moito máis rapidamente. O proído pode causar problemas para durmir. Porén, xeralmente esta pediculose non é un problema grave. O piollo da cabeza, a diferenza do piollo do corpo, non transmite outras doenzas, polo menos en Europa.O piollo da cabeza transmítese por contacto directo co cabelo doutra persoa infectada. A causa das infestacións polo piollo da cabeza non está relacionada coa falta de hixiene. Outros animais, como cans e gatos non interveñen na transmisión. O piollo da cabeza aliméntase só de sangue humano e só pode sobrevivir no cabelo humano. Cando chegan a adultos miden 2 ou 3 mm de longo. Cando non está adherido ao cabelo humano, só pode sobrevifir uns dous ou tres días. Os humanos tamén poden ser infectados polo piollo do corpo e o piollo pato, que orixinan outras variedades de pediculose. Para facer a diagnose , deben encontrarse piollos vivos no pelo. O uso dun peite especial é de gran axuda para a detección. A presenza de ovos (lendias) baleiras non é suficiente para diagnosticar esta pediculose.Entre os posibles tratamentos están: peitear o pelo frecuentemente cun peite de dentes finos ou afeitar a cabeza completamente, usar varios medicamentos tópicos, como malatión, ivermectina, e dimeticona. A dimeticona, que é un aceite de silicona, ten un baixo risco de efectos secundarios. Os piretroides como a permetrina tamén se teñen usado moito; porén, fixéronse menos efectivos debido á aparición de resistencias. Hai poucas probas sobre a efectividade de medicinas alternativas.As infestacións polo piollo da cabeza son comúns, especialmente en nenos. En Europa, segundo algunhas estimacións afectan do 1 ao 20% de diferentes grupos de persoas estudados. Nos Estados Unidos entre 6 e 12 millóns de nenos inféstanse cada ano. É máis común en nenas. Suxeriuse que historicamente, a infestación polo piollo da cabeza podía ser beneficiosa, xa que protexía contra o máis perigoso piollo do corpo. Ás veces, as infestacións poden estigmatizar á persoa afectada, sen unha razón lóxica.

Pementa de Caiena

A pementa de Caiena ou simplemente caiena (chamada así pola cidade de Cayenne, da Güiana Francesa) é un condimento preparado a partir do chile (froitos dunha ou varias especies de Capsicum , as pementeiras,) desecado e moído, que se emprega como condimento e que adoita comercializarse en po. Ten un común sabor picante —debido a compostos químicos distintos— coas sementes da especie Piper nigrum, chamada con propiedade pementa, negra, verde ou branca, pero carece por completo de relación algunha con ela, xa que é unha especie diferente.

Empreganse varias especies para producir un aderezo de sabor forte, un pouco amargo, lixeiramente afumado e moi picante —entre 30.000 e 50.000 unidades na escala Scoville; sendo as máis usuais o Capsicum baccatum, o Capsicum frutescens e o Capsicum minimum. O Capsicum chinense, que produce as variedades máis picantes, non se utiliza normalmente nesta fórmula.

O proído que produce a pementa de Caiena débese a varios alcaloides, a capsaicina (8-metil-N-vanillil-6-nonenamida, C18H27NO3) e outros compostos semellantess, que estimulan os receptores de calor e dor da epiderme, provocando así unha irrigación sanguínea máis intensa. En resposta á irritación, o cerebro segrega endorfinas, un opiáceo natural que provoca unha sensación de benestar e satisfacción. Estudos científicos comprobaron que este condimento é un analxésico natural, tendo eficacia comprobada na redución da dor. A capsaicina ten tamén efectos sialagóxicos, é dicir, estimula a secreción de saliva, o que facilita a dixestión.

A diferente proporción dos capsaicinoides nas distintas especies de pementos é a responsable dos distintos efectos que provocan. Os alcaloides prodúcense nas glándulas que se atopan xunto ao pedúnculo do froito, e concéntranse nas membranas internas e as sementes; as moeduras que empregan estas últimas son máis fortes, o que son as realizadas só a base da polpa. A pementa de Caiena tamén é unha fonte importante de vitamina C, aínda que o seu efecto é ínfimo nas doses nas que se consome habitualmente.

A cociña asiática, en especial a indonesia, a tailandesa e a hindú, adoptaron axiña a pementa de Caiena tras a súa introdución polos europeos.

Aínda que as doses contidas na pementa de Caiena non teñen riscos, a capsaicina provoca irritación, inflamación e incluso lesións por queimadura se se aplica en exceso. En casos extremos, os síntomas poden incluír convulsións, cambras musculares ou similares; estas concentracións empréganse nos sprays de pementa utilizados como arma de autodefensa.

Psoríase

A psoríase é unha doenza autoinmune que se caracteriza por manchas anormais na pel. Estas manchas na pel son polo xeral vermellas, resecas, con proído e descamación. Nas persoas coa pel escura as manchas poden adquirir a cor púrpura. A psoríase varía en función do seu tamaño e poden ser manchas localizadas ou estendidas por todo o corpo. As lesións na pel poden desencadear cambios psoriáticos na rexión afectada, o cal é coñecido como fenómeno de Koebner.Existen cinco tipos principais de psoríase: vulgar, guttata, inversa, pustulosa e eritrodérmica. A psoríase de placas, tamén coñecida como psoriasis vulgaris, supón arredor do 90% dos casos. Preséntase polo xeral como manchas vermellas con escamas brancas na parte superior. As áreas do corpo que adoitan ser as máis afectadas son a parte posterior dos antebrados, canelas, área do embigo e o coiro cabeludo. A psoríase guttata presenta lesións en forma de pinga. A psoríase pustulosa presenta pequenas bóchegas non infecciosas cheas de brume. A psoríase inversa forma parches vermellos nos pregos da pel. A psoríase eritrodérmica ocorre cando a erupción se estende moito e pode desenvolverse a partir de calquera dos outros tipos. As unllas das mans e dos pés vense afectadas na maioría das persoas con psoríase nalgún momento da súa vida. Isto pode provocar manchas ou cambio de cor nas unllas.Considérase que a psoríase é unha doenza xenética que é desencadeada por factores ambientais. En estudos de xemelgos, os xemelgos idénticos teñen tres veces máis de posibilidades de verse afectados en comparanza cos xemelgos non idénticos. Isto suxire que os factores xenéticos predispoñen a psoríase. Os síntomas adoitan empeorar durante o inverno e con certas menciñas, como beta bloqueadores ou antiinflamatorios non-esteroides. As infeccións e o estrés psicolóxico poden xogar un papel determinante na doenza. A psoríase non é unha doenza contaxiosa. O seu mecanismo subxacente implica o sistema inmunitario en reacción ás células da pel. A diagnose baséase polo xeral en sinais e síntomas.Non existe cura para a psoríase mais diversos tratamentos poden axudar a controlar os síntomas. Estes tratamentos inclúen cremas de esteroides, cremas de vitamina D3, luz ultravioleta e menciñas inmunosupresoras, como o metotrexato. Arredor do 75% dos casos poden ser controlados só con cremas. A doenza afecta entre o 2 ó 4% da poboación. Os homes e as mulleres vense afecatadas por ela coa mesma frecuencia. A doenza pode comezar a calquera idade, mais polo xeral comeza na idade adulta. A psoríase está asociada cun incremento no risco de padecer artrite psoriásica, linfoma, unha doenza cardiovascular, o mal de Crohn e depresión. A artrite psoriásica afecta ó 30% dos individuos con psoríase.

Ruda

A ruda de xardín ou arruda (Ruta graveolens), chamada simplemente ruda, é unha especie herbácea da familia Rutaceae, nativa do sur de Europa. Adóitase cultivar como planta ornamental e de xardín, en especial polas súas follas azuladas e pola súa tolerancia a solos secos e á calor. Tamén se cultiva coma herba medicinal e condimento.

En Galiza non aparece espontánea, si a súa semellante ruda brava ou de montaña (Ruta montana), porén ten sido cultivada dende hai séculos, coma planta de horta e xardín.

Sarna

A escabiose, raña ou sarna é unha enfermidade da pel causada polo ácaro parasito Sarcoptes scabiei, chamado comunmente arador da sarna. É unha ectoparasitose de distribución mundial en todas as razas. É unha afección cosmopolita, extremadamente contaxiosa. Alcanza a todas as capas da poboación e constitúe unha dermatose moi frecuente e de fácil tratamento.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.