Principado

Un principado é unha forma de goberno na que o xefe de estado é un príncipe, este modelo de goberno deuse moito na Idade Media nos períodos que se abarcan do século XV ao XVIII, os principados eran politicamente falando, pequenas rexións que dependían da metrópole medieval.

Os principados actuais

Na actualidade existen, entre outros, os de Liechtenstein, Mónaco e Andorra. Tamén forma parte do nome oficial da Comunidade Autónoma española do Principado de Asturias e da rexión británica de Gales, por motivos históricos. Os títulos de Príncipe de Asturias e Príncipe de Gales osténtano os herdeiros ás coroas de España e Reino Unido, respectivamente.

Tamén atopamos outros tipos de principados, como o de Cataluña, o cal recibiu este nome durante a existencia da Coroa de Aragón. A primeira referencia ao Principado de Cataluña atópase nas Cortes de Perpiñán, de 1350, presididas polo rei Pedro o Cerimonioso. E estivo plenamente vixente ata o século XIX. Hoxe en día, a pesar de que o termo Principado non está recollido no Estatuto de Cataluña, continúa vixente como denominación tradicional.

Na actualidade existen tres Estados soberanos co rango de principado e dúas rexións pertencentes a dous Estados Monárquicos. No caso dos tres primeiros, o príncipe é o xefe do Estado, mentres que nos outros dous casos, o príncipe é o sucesor do trono.

  • Flag of Andorra.svg - Principado de Andorra
  • Flag of Asturias.svg Asturias - Principado de Asturias (España)
  • Flag of Wales (1959–present).svg Gales - Principado de Gales (Reino Unido)
  • Flag of Liechtenstein.svg - Principado de Liechtenstein
  • Flag of Monaco.svg - Principado de Mónaco

Principados históricos

Principado de Cataluña

O Cataluña, o cal recibiu este nome durante a existencia da Coroa de Aragón. A primeira referencia ao Principado de Cataluña atópase nas Cortes de Perpiñán, de 1350, presididas polo rei Pedro o Cerimonioso. e estivo plenamente vixente ata o século XIX. Con todo, no Real Decreto de 30 de novembro de 1833[Ligazón morta] polo que se establece a división provincial de España de Javier de Burgos, o único principado que se menciona é o de Asturias, mencionándose a Cataluña simplemente así. Hoxe en día, a pesar de que o termo Principado non está recollido no Estatuto de Cataluña, continúa vixente como denominación tradicional.

Principado de Kiev

O Principado de Kiev ou Rus' de Kiev foi o primeiro estado eslavo oriental, dirixido desde a cidade de Kiev, agora en Ucraína, desde aproximadamente 880 ata mediados do século XII. Os reinados de Vladimir o Grande (980-1015) e o seu fillo Yaroslav I o Sabio (1019-1054) supuxeron a idade de ouro de Kiev, que viu a aceptación do cristianismo ortodoxo e a creación do primeiro código legal escrito en lingua eslava, o Russkaya Pravda.

Principado de Vladímir-Súzdal

O Principado de Vladímir-Súzdal, Gran Ducado de Vladímir-Súzdal ou Rus de Vladímir-Súzdal foi un dos grandes principados que sucederon á Rus de Kiev como principal potencia eslava desde finais do século XII ata as postrimerías do século XIV. Considerado tradicionalmente como o berce do idioma e a nacionalidade rusas, Vladímir-Súzdal evolucionaría gradualmente ata transformarse no Gran Principado de Moscovia.

O Principado de Lucca e Piombino

O Principado de Lucca e Piombino, o cal o 23 de xuño de 1805 por petición do Senado de Lucca, constituíse o Principado de Lucca e Piombino, que se asignou á irmá de Napoleón Bonaparte Elisa Bonaparte e ao seu marido Felice Baciocchi.

Principado do Pindo e Voivodato de Macedonia

O Principado do Pindo e Voivodato de Macedonia foi un estado autónomo durante a Segunda Guerra Mundial baixo o control de Italia. O Pindo é unha rexión montañosa en Grecia do Norte e na parte meridional de Albania e Macedonia habitada por vlacos (arrumanos), meglenorrumanos e macedonios

Principado de Moscova

Moscovia, Principado de Moscova é o nome do estado ruso que existiu desde o século XIV ata o XVI. O Gran Principado de Moscova, como se lle coñece a este estado nos documentos rusos, foi o sucesor do Principado de Kiev nos seus territorios setentrionais e o predecesor do Tsarato Ruso, que á súa vez precedía ao Imperio Ruso.

Principado de Antioquía

Denomínase Principado de Antioquía a un dos Estados Cruzados en Terra Santa. Na Primeira Cruzada, o príncipe Bohemundo de Tarento realizou unha vitoriosa campaña militar para recuperar territorios que Bizancio perdera fronte ao avance musulmán. Con todo, unha vez acabada a súa campaña coa toma de Antioquía, Bohemundo retivo o territorio, creando este principado.

Principado de Galilea

O Principado de Galilea foi un dos catro seigneuries do Reino de Xerusalén cruzado, segundo Jean de Ibelin, o comentarista do século XIII. O principado mesmo foi centrado ao redor de Tiberíades, a beiras do Mar de Galilea, pero ao sumarlle os territorios vasalos, o dominio abarcou a toda Galilea e a Fenicia meridional (actualmente o Líbano). O Principado tivo entre os seus vasalos os Ducados de Beirut, Nazaret, e Haifa, os cales moitas veces tiveron un número descomunal de sub-vasalos. A cidade independente de Sidón estivo no medio das terras galileas. Hai razóns para dubidarse da posición de Galilea como o señor dalgunhas deses terreos.

Principado de Capua

O Principado de Capua era un estado independente de facto, ás veces un vasalo do imperio bizantino ou do sacro imperio romano, no sur de Italia entre os séculos VIII e XII. A súa capital epónima era a cidade de Capua.

Andorra

Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.

O Principado foi fundado en 1278, e a súa soberanía está compartida entre o Presidente da República Francesa e o Bispo de Urgell. É unha nación próspera debido sobre todo á súa industria turística, que serve a uns 10,2 millóns de visitantes ao ano, e polo seu status de paraíso fiscal. Non é membro da Unión Europea, aínda que o euro é a súa divisa de facto. Durante moito tempo pobre e illado, acadou unha notable prosperidade desde a segunda guerra mundial e hoxe os andorranos posúen a segunda esperanza de vida ao nacer máis alta do mundo con 85 anos.

Avilés

Avilés é unha cidade e concello do norte de España, situada na costa do Principado de Asturias, nas marxes da Ría de Avilés, a 25 km de Xixón e 27 km de Oviedo.

Cunha poboación de 84.242 habitantes en 2009, é a terceira cidade da comunidade en poboación e forma parte da grande área metropolitana do centro de Asturias.

Comarca

Unha comarca (do latín commarca ou comarcha, á súa vez derivado do termo de orixe xermánica Mark, "confín", "límite", "marca") ou bisbarra é unha subdivisión do territorio que configuran varias poboacións que adoitan ter uns nexos comúns condicionando unha unidade, política, natural ou cultural.

Nos diferentes países do mundo, as comarcas representan unha subdivisión non corresponde coa galega, tendo distintos fins e significado. Na Península Ibérica as comarcas foron un xeito de ordenación do territorio moi estendido, existindo matices entre as distintas rexións e países, así en Portugal unha comarca actualmente designa unha división xudicial correspondente á xurisdición dun Tribunal de Primeira Instancia. No Principado de Asturias, as comarcas englobarían a varios concellos, mais as oito comarcas de Asturias non teñen existencia oficial, empregan un sistema de comarcas funcionais ou áreas de planificación territorial.

En italiano: contea

En francés: contrée

En inglés: countyAs bisbarras galegas remóntanse tempos atrás, mesmo á época castrexa. De moita importancia é tamén o Parrochiale suevum, datado na segunda metade do século VI e onde se reflicte a organización administrativa e eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dioceses (ademais menciónase a diocese Britoniarum). O manuscrito indica ademais a existencia de pagus (distritos) especificamente suevos. Este documento, realizado en base á conformación do territorio xa existente anteriormente, mantívose en gran parte ata a actualidade.

Comunidade autónoma

Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.

Ducado de Benevento

O Ducado de Benevento foi o territorio longobardo situado máis ao sur na Italia medieval. Centrábase na cidade de Benevento. Foi na práctica un territorio independente do Reino dos Longobardos, agás nos reinados de Grimoaldo ata Liutprando.

Gran Ducado de Moscova

O Gran Ducado de Moscova (en ruso: Великое Княжество Московское, Velikoe Kniazhestvo Moskovskoe) ou Principado de Moscova (en ruso: Княжество Московское, Kniazhestvo Moskovskoe), tamén coñecido como Moscovia, foi un estado ruso que existiu desde o século XIV até o XVI.

O Gran Principado de Moscova, como se coñece a este estado nos documentos rusos, foi o sucesor da Rus de Kiev nos seus territorios máis setentrionais, e o predecesor do Tsarato Ruso que, á súa vez precedería ao Imperio Ruso.

Liechtenstein

Liechtenstein ( [ˈlɪçtn̩ˌʃtaɪ̯n] ) (en alemán: Liechtenstein, [ˈlɪçtn̩ˌʃtaɪ̯n] (AFI), escoitar), oficialmente Pincipado de Liechtenstein ( [ˈlɪktənstaɪn] ) (en alemán: Fürstentum Liechtenstein, [ˈfʏʁstn̩tuːm ˈlɪçtn̩ʃtaɪn] (AFI)) é un minúsculo principado do centro da Europa, encravado nos Alpes, entre a Austria, ao leste, e a Suíza ao oeste. Non ten saída o mar e é coñecido por ser un paraíso fiscal. Aínda que non pertence á Unión Europea, desde decembro de 2011 forma parte do espazo de libre circulación Schengen.

Lingua asturiana

O asturiano (asturianu) é unha lingua románica pertencente ao subgrupo asturleonés, e derivada directamente do latín. É a lingua tradicional do Principado de Asturias. É unha lingua próxima filoxeneticamente ao galego debido a certas características comúns como a conservación do F inicial latino.

Outro dos nomes utilizados tradicionalmente para esta lingua é o de bable, pero en realidade trátase dun heteroglotónimo despectivo procedente da locución "bla, bla". A normalización da lingua lévase a cabo na Academia de la Llingua Asturiana.

Montecarlo

Montecarlo (en francés: Monte-Carlo, en monegasco: Monte-Carlu) é un barrio do principado de Mónaco, coñecido polo seu casino. Aínda que en moitas ocasións se pense que Montecarlo é a capital de Mónaco, isto non é así, xa que todo o Principado é a súa propia capital ao ser unha cidade-estado.

Tamén é coñecido o barrio por acoller o Circuíto de Mónaco, no que ten lugar o Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1.

Tamén é sede desde 1952 do "Reinsurers Rendez-Vous", a reunión anual máis antiga e famosa da industria reaseguradora que se realiza na primeira semana de setembro.

Montecarlo desde fai décadas é un lugar de reunión de membros da realeza, así como de grandes estrelas de cine.

Mónaco

Mónaco (en francés: Monaco, en monegasco: Múnegu, en italiano: Monaco, en occitano: Mónegue), oficialmente Principado de Mónaco (en francés: Principauté de Monaco, en monegasco: Principatu de Múnegu, en italiano: Principato di Monaco, en occitano: Principat de Mónegue) é unha cidade-estado situada ao sur de Francia na costa mediterránea, en Europa. Cunha superficie de 1,9 km² é o segundo país máis pequeno do mundo, despois da Cidade do Vaticano. Debido a ese pequeno tamaño posúe soamente pouco máis de catro quilómetros de fronteira, todas con Francia, aínda que se atopa bastante preto de Italia a 11 km. Cos seus máis de 30.000 cidadáns é o estado soberano con maior densidade de poboación do mundo, chegando practicamente aos 17.000 habitantes por km².

Mónaco é unha monarquía constitucional e un Principado gobernado pola Casa de Grimaldi dende o ano 1297, sendo hoxe o Xefe de Estado o Príncipe Alberte II. Con todo, a pesar de ser un estado independente, a defensa do Principado é responsabilidade do Estado francés. Mónaco é o nome do país, así como o nome da súa única cidade e capital. A miúdo é considerado como un paraíso fiscal, sendo a maioría dos seus habitantes xente rica de países estranxeiros, os cales supoñen en torno ao 84% da poboación.

Normandos

Os normandos (Normando: Normaunds; francés: Normands; latín: Normanni), literalmente "homes do Norte", en alemán, foron invasores escandinavos, viquingos na súa maioría daneses, pero tamén noruegueses e suecos (os varegos) que comezaron a ocupar o noroeste de Francia (o que se coñece como Normandía) na segunda metade do século IX. Eran descendentes dos pobos nórdicos ("Norman" provén de "Norseman") Viquingos (Inglés antigo wicingas—"piratas")

de Dinamarca, Islandia e Noruega que, baixo o seu líder Rolo, acordaron xurar lealdade a Carlos o Simple de Francia occidental. A través de xeracións de asimilación e mestura coas poboacións nativas francas e Galo-Romanas, os seus descendentes adoptaron gradualmente a cultura de base carolinxia do oeste de Francia.A identidade cultural e étnica dos normandos xurdiu inicialmente na primeira metade do século X, e continuou evolucionando ao longo dos séculos seguintes.A dinastía normanda tivo un grande impacto político, cultural e militar na Europa medieval e Próximo Oriente. Os normandos eran famosos polo seu espírito marcial e eventualmente pola súa piedade Católica, converténdose en expoñentes da ortodoxia católica na que se asimilaron. Adoptaron a Lingua galorromana da terra franca na que se estableceron, e o seu dialecto coñeceuse como Norman, Normaund ou Francés Normando, unha importante linguaxe literaria. O Ducado de Normandía, que se formou polo tratado coa coroa francesa, foi un gran feudo da Francia medieval e baixo Ricardo I de Normandía forxouse nun principado unido e formidable na tenencia feudal.Os normandos destácanse tanto pola súa cultura, como a súa singular arquitectura románica e as súas tradicións musicais, e polos seus significativos logros e innovacións militares. Os aventureiros normandos fundaron o Reino de Sicilia baixo Roger II logo de conquista do sur de Italia e Malta aos Sarracenos e bizantinos, e unha expedición en nome do seu duque, Guillermo o Conquistador, levou á conquista normanda de Inglaterra na Batalla de Hastings en 1066. A influencia cultural e militar normanda estendeuse desde estes novos centros europeos aos Estados cruzados do Próximo Leste, onde o seu príncipe Bohemundo I fundou o Principado de Antioquía en Levante, tamén en Escocia e País de Gales en Gran Bretaña , Irlanda ou nas costas do norte de África e as Illas Canarias.

O legado dos normandos persiste hoxe a través da linguas e dialectos rexionais de Francia, Inglaterra e Sicilia, así como tamén os diversos arreglos culturais, xudiciais e políticos que introduciron nos seus territorios conquistados.

Oviedo

Oviedo (en asturiano: Uviéu ou Uvieo, en galego eonaviego: Ovedo) é un concello e cidade do norte de España de orixe medieval (século VIII), capital do Principado de Asturias. Cunha poboación de 225.155 habitantes (2010) é a segunda cidade da comunidade logo de Xixón. Ovetenses emprendedores bautizaron con este nome a tres cidades americanas: en Paraguai, na República Dominicana e nos Estados Unidos de América.

É, ademais, a capital comercial e de negocios, e o centro administrativo e universitario da rexión.

Principado de Asturias

O Principado de Asturias (en asturiano: Principáu d'Asturies, en galego eonaviego: Principao d'Asturias) é unha comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica. Limita con Galiza ao oeste, con Cantabria ao leste, con Castela e León ao sur, e co Mar Cantábrico ao norte. Coincide coa antiga provincia de Oviedo e recibe o nome de Principado por razóns históricas, ao ostentar o herdeiro da Coroa de España o título de Príncipe de Asturias. A súa capital é Oviedo, aínda que Xixón é a cidade máis poboada.

Asturias segundo o seu Estatuto de Autonomía está considerada comunidade histórica no seu artigo 1. Posúe un órgano de autogoberno medieval chamado Xunta Xeral fundado no ano 1388, como consecuencia da súa transformación en Principado por orde de Xoán I de Castela. Tamén posúe unha lingua propia, o asturiano ou bable, lingua que, aínda non sendo considerada lingua oficial, posúe un status xurídico de protección. A parte máis occidental da comunidade, coñecida como Terra Eo-Navia, é de fala galega.

Provincia de León

León (en leonés: Llión) é unha provincia española pertencente á comunidade autónoma de Castela e León. Está situada no Noroeste da Península Ibérica e a súa capital é a cidade homónima de León. Limita ao norte co Principado de Asturias e Cantabria, ao oeste con Galiza (coas provincias de Ourense e de Lugo), ao sur coas provincias de Zamora e de Valladolid, e ao leste coa provincia de Palencia.

Ten unha superficie de 15.581 km². Posuía unha poboación de 495.902 habitantes (INE 2005). A súa densidade era de 31,82 hab/km².

Lugar de paso entre importantes zonas da Península Ibérica, percorren a provincia leonesa dúas grandes rutas históricas: de Sur a Norte a Vía da Prata, e de Leste a Oeste o Camiño de Santiago.

Ademais do español, nalgunhas zonas de León fálanse outras linguas:

Leonés, lingua romance, derivada do latín, e unha das máis antigamente documentadas na Península Ibérica, e que está recoñecida polo estatuto castelán e leonés aínda que non goza de oficialidade e continúa a ser falada na provincia, especialmente en zonas setentrionais da provincia, con especial vividez na comarca de Laciana, no Bierzo e na Cabreira.

Galego, falado no Bierzo. Este idioma románico está recoñecido oficialmente no Estatuto de Autonomía de Castela e León pero sen status de oficialidade, en cuxo artigo 4º indícase que "gozarán de respecto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen". A pesar disto a aplicación práctica necesitou da defensa popular para facelo efectivo.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Santiso de Abres

Santiso de Abres (en castelán e oficialmente San Tirso de Abres e en eonaviego San Tiso d'Abres) é un concello da Comunidade autónoma do Principado de Asturias. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «santiseiro».

O municipio limita polo norte, o sur e polo oeste coa Provincia de Lugo (concellos de Trabada na zona norte e da Pontenova na zona sur) e polo leste con Taramundi e A Veiga, ambos do Principado. É o concello máis occidental do Principado.

Ten unha extensión de 31,51 km² e 590 habitantes (2006), densidade 18,72 hab/km². É atravesado de oeste a leste polo río Eo, a súa maior altitude é o Pico Xunqueira de 664 metros.

TPA7

TPA7 ou Televisión del Principado de Asturias é a principal canle de televisión autonómica de Asturias, xestionada polo ente público Radiotelevisión del Principado de Asturias. Ten a súa sede e estudos na Universidade Laboral de Xixón. Comezou as súas emisións o 20 de decembro de 2005.

Villablino

Villablino é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 10.353 habitantes (INE 2011).

Villablino, é a capital da comarca leonesa de Laciana; atópase entre as comarcas de Babia, Omaña, O Bierzo e o Principado de Asturias. Constitúe o maior centro comercial, económico e social do noroeste de León. O seu concello é o 6º da provincia no que refire a poboación. A poboación do municipio, que é de 10.860 habitantes, diminuíu case nun 25% (ao redor de 3.700 habitantes) entre 1996 e 2006.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.