Primeira República Francesa

A Primeira República Francesa (en francés: Republique française) foi fundada o 22 de setembro de 1792, pola Convención Nacional. A Primeira República estivo vixente ata a proclamación do Primeiro Imperio Francés en 1804 baixo Napoleón. Este período está caracterizado pola caída da monarquía, o establecemento da Convención Nacional e o famoso Reinado do Terror, e a creación do Consulado Francés coa subida ó poder de Napoleón.

République française
República Francesa

1792–1804
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Localización de Francia
Capital París
Lingua Francés
Goberno República
Historia
 • Establecido 1792
 • Disolución 1804
Moeda Franco francés

O fin da monarquía en Francia

Baixo a Asemblea Lexislativa, que estivo no poder tras a proclamación da Primeira República, Francia entrou en guerra contra Prusia e Alemaña. En xuño de 1792 o duque de Brunswick, comandante xeneral do exército Austro-Pruso, ameazou coa destrución de París se algo lle sucedía ó rei Luís XVI. Cos exércitos prusianos preto de París, os cidadáns asaltaron o palacio das Tullerías, asasinando a 600 gardas suízos do rei e insistindo na destitución do rei [1]. Un novo temor incitou á acción anti-revolucionaria a violencia adicional, e a primeira semana de setembro de 1792, as multitudes de París asaltaron as prisións da cidade, matando sobre a metade dos presos. Nobres, clérigos, e presos políticos foron asasinados nas súas celas. Isto pasou á historia como as Masacres de Setembro [2] .

A Convención Nacional

A Convención Nacional de Francia 2014-03-06 00-14
Monumento á Convención Nacional

Como resultado á inestabilidade da monarquía constitucional e da violencia pública, un partido de seis membros da Asemblea Lexislativa de Francia foi asignado para a tarefa de supervisar as eleccións. A convención resultante foi fundada coa intención de abolir a monarquía e crear unha nova constitución. O primeiro acto da Convención foi establecer oficialmente a República Francesa e quitarlle ó rei todos os seus poderes políticos. O rei, que por entón non era máis que un simple cidadán chamado Luís Capeto, nome sinxelo dado polos revolucionarios co que lle restrinxían facer vangloria dos títulos acostumados pola realeza e que provén da antiga dinastía dos Capetos da que veñen os Borbóns.[3], foi secuencialmente acusado de varios crimes de altra traizón a partir de decembro de 1792. O 16 de xaneiro de 1793 foi acusado culpable, e o 21 de xaneiro dese mesmo ano foi guillotinado[4].

Entre inverno de 1792 e primavera de 1793, París estivo chea de sanguentos alborotos e fame. A nova Convención fixo pouco para resolver o problema ata a primavera de 1793, estando máis ocupada nas tarefas militares. Finalmente o 6 de abril de 1793, a Convención creou o Comité de Seguridade Pública, encabezado por Maximilien de Robespierre. Este comité instaurou unha política de terror, e a guillotina comezou a acabar cos inemigos da república. Esta etapa é coñecida hoxe como o Reinado do Terror.

A pesar do gran descontento, a Convención Nacional seguiu no poder. En xuño estableceuse a Constitución de 1793, que foi ratificada polo voto popular en agosto. Porén, o Comité de Seguridade Pública era visto como un goberno de emerxencia, e os dereitos que se garantiron coa Declaración dos dereitos do home e do cidadán de 1789 e a nova constitución foron suspendidos por este comité. O comité realizou miles de execucións contra inimigos supostos da recentemente creada república, de modo que a guillotina veu a ser coñecida como “a maquinilla de afeitar nacional”—porque parecía que caía sobre o pescozo de todos[5]. As leis do comité levaron a revolución a límites sen precedentes, introduciron o calendario revolucionario en 1793, pecharon igrexas dentro e fóra de París como parte do movemento de descristianización, xulgaron e executaron a María Antonieta e instituíron entre outras a lei de sospeitosos. Baixo o liderado de Robespierre, membros de varias faccións revolucionarias e grupos foron executados incluíndo os Hébertistas e os Dantonistas, moitos dos cales foran amigos persoais do propio Robespierre[3].

Os esforzos da guerra estaban mellorando en Francia para 1794, por unha parte debidos á excelencia militar de Napoleón Bonaparte. Moitos na Convención Nacional chamaban á volta da normalidade, pero Robespierre negábase. Entre as execucións totales, o medo salvaxe do pobo, e a institución do Festival da Razón, a mediados de 1794 había “moito entusiasmo para terminar o terror, pero ninguén sabía como facelo... A única solución posible era a caída de Robespierre"[6]. Robespierre foi xulgado e executado o 28 de xullo de 1794.

O Directorio

Tras a caída de Robespierre, o club Xacobino foi pechado e os Xirondinos supervivintes foron reinstaurados. En agosto, a Convención Nacional adoptou a Constitución de 1795 e restableceron a liberdade de emprego. O 3 de novembro de 1795, o Directorio foi establecido. Baixo este sistema, Francia estaba dirixida por unhas cortes bicamerais, compostas pola Cámara Alta chamada Consello de Anciáns (250 membros) e a Cámara Baixa chamada Consello dos 500 (500 membros). O poder executivo consistía en cinco membros que formaban o Directorio. Debido á inestabilidade e aos desastres militares franceses en 1798 e 1799, o Directorio só durou catro anos.

O Consulado

O sistema caeu co golpe de Estado do 18 de brumario de 1799, que iniciou un novo período coñecido como o Consulado Francés. Os propios membros do Directorio planearon o golpe. Napoleón Bonaparte foi un dos conspiradores do mesmo, e alzouse co poder como o Primeiro Cónsul. Máis tarde nomearíase a si mesmo como emperador, poñendo fin á Primeira República Francesa e iniciando o Primeiro Imperio Francés.

De xeito inconstitucional a Primeira República estivo formada por:

Notas

  1. Censer, Jack R. and Hunt, Lynn. Liberty, Equality, Fraternity: Exploring the French Revolution. University Park, Pennsylvania: Pennsylvania State University Press, 2004.
  2. Doyle, William. The Oxford History of The French Revolution. Oxford: Oxford University Press, 1989. pp 191-192.
  3. 3,0 3,1 The French Revolution [videorecording] : liberté, egalité, fraternité, a new republic is born in blood / produced & directed by Doug Shultz ; written by Doug Shultz, Hilary Sio, Thomas Emil. [New York, N.Y.] : History Channel : Distributed in the U.S. by New Video, c2005.
  4. Doyle, William. The Oxford History of the French Revolution. Oxford: Oxford University Press, 1989. pp 196.
  5. Liberty, Equality, and Fraternity: Exploring the French Revolution. Jack R. Censer and Lynn Hunt, ed. © 2001 American Social History Productions, Inc. http://chnm.gmu.edu/revolution/browse/timeline/
  6. Interview with Historian David Jordan. The French Revolution [videorecording] : liberté, egalité, fraternité, a new republic is born in blood / produced & directed by Doug Shultz ; written by Doug Shultz, Hilary Sio, Thomas Emil. [New York, N.Y.] : History Channel : Distributed in the U.S. by New Video, c2005.

Véxase tamén

Outros artigos

Antoine Lavoisier

Antoine-Laurent de Lavoisier, nado en París o 26 de agosto de 1743 e guillotinado na mesma cidade o 8 de maio de 1794, foi un químico francés.

As crónicas do sochantre

As crónicas do sochantre é un libro de Álvaro Cunqueiro publicado en 1956 por Editorial Galaxia, e actualmente é un clásico da literatura galega. A obra xunta varias historias de misterio e crime. Está ambientada nos tempos da Primeira República Francesa, e narra as viaxes do sochantre de Pontivy polos camiños da Bretaña acompañado dunha comitiva de finados contadores de historias.

Biel/Bienne

Biel/Bienne é unha cidade de Suíza, situada no cantón de Berna, a media hora por estrada da capital suíza de Berna. Os seus 54.456 habitantes (datos de 2016) convértena na décima cidade do país. É o corazón da industria reloxeira suíza. Dende o 1 de xaneiro de 2005 pasou a denominarse oficialmente Biel/Bienne.

Carlo Goldoni

Carlo Osvaldo Goldoni, nado o 25 de febreiro de 1707 e finado o 6 de febreiro de 1793, foi un dramaturgo italiano, un dos máis grandes de Europa e xunto a Luigi Pirandello un dos máis coñecidos de Italia. Nas súas obras mestura o italiano co dialecto veneciano da lingua véneta e nos últimos anos escribiu algunha comedia en francés.

En galego foi editada a súa obra A pousadeira (La locandiera, 1751), traducida por Cándido Pazó. Foi estreada polo Centro Dramático Galego no Teatro Principal de Pontevedra en 1987, baixo dirección de Ernesto Chao.

Directorio (Francia)

O Directorio foi a penúltima forma de goberno adoptada pola Primeira República francesa, durante a Revolución francesa.

Establecido pola Constitución do Ano III que aprobou a Convención termidoriana, iniciouse o 26 de outubro de 1795, e terminou co golpe de Estado do 18 de brumario do Ano VIII (9 de novembro de 1799) que instaurou o Consulado.

Tras o período do Terror imposto pola á máis extremista dos xacobinos, produciuse un retorno cara a posicións máis conservadoras.

Lista de monarcas de Francia

Os monarcas de Francia gobernaron desde o establecemento do Reino dos Francos no 486 ata a caída do Segundo Imperio Francés en 1870. A primeira dinastía de reis foi a merovinxia, que estivo no poder ata o 751, seguida da dinastía carolinxia, que gobernou ata o 987 (con algunhas interrupcións). A terceira das dinastías gobernantes foi a capetiana, procedente dos descendentes directos por vía masculina de Hugo Capeto, que gobernou entre o 987 ata 1792 e de novo entre 1814 e 1848. As ramas desta dinastía que gobernaron desde 1328, reciben xeralmente nomes específicos, como Valois (ata 1589) e Borbón (ata 1848).

Coa Casa de Bonaparte e a Restauración dos Borbóns no século XIX, o título pasou a ser coñecido como Rei dos Franceses e Emperador dos Franceses, entre 1814 e 1870.

Ademais dos monarcas indicados máis abaixo, a lista de monarcas británicos desde 1340-60 e 1369-1801 tamén foron pretendentes ao trono de Francia.

Durante un breve período de tempo, isto tivo a súa base nos termos do Tratado de Troyes en 1420, cando Carlos VI de Francia recoñeceu ao seu xenro Henrique V de Inglaterra como rexente e herdeiro. Henrique V finou antes que Carlos VI e polo tanto, Henrique VI de Inglaterra, sucedeu ao seu avó Carlos VI como Rei de Francia. A maior parte do norte de Francia estivo en mans inglesas ata 1435, pero en 1453 os ingleses xa foran expulsados de case toda a zona salvo de Calais, que acabaría volvendo a Francia en 1558. Porén, os monarcas ingleses, e máis tarde os británicos, continuaron reclamando o seu dereito ao trono de Francia ata a creación do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda en 1801.

Napoleón I de Francia

Napoleone di Bouonaparte ou Napoleón Bonaparte (en francés [napoleɔ̃ bɔnɑpaʁt]), nado en Ajaccio (Córsega) o 15 de agosto de 1769 e finado en Santa Helena o 5 de maio de 1821, foi emperador de Francia a principios do século XIX e o home máis poderoso e influente de Europa. O seu reinado dá nome a toda unha época da historia de Europa, a unha longa serie de guerras, e simboliza a loita entre as correntes liberais da Revolución Francesa e o absolutismo e tradicionalismo do antigo réxime. A súa impronta quedaría na permanencia das súas reformas legais e administrativas, e no recoñecemento unánime do seu prodixioso talento militar.

República Bátava

A República Bátava (neerlandés: Bataafse Republiek) foi unha República irmá da Primeira República Francesa que comprendía aproximadamente o mesmo territorio que os actuais Países Baixos (a excepción da rexión de Limburgo). Existiu entre 1795 e 1806, cando Napoleón, xa emperador, a transformou no Reino de Holanda.

República Cisalpina

A República Cisalpina foi unha República irmá, un Estado satélite da Primeira República Francesa creado o 29 de xuño de 1797 por Napoleón Bonaparte, pola unión das repúblicas Cispadana e Transpadana.

Situada no norte de Italia, con capital en Milán, comprendía un territorio duns 40.000 km² atravesados polo río Po. Dispoñía dun exército integrado por tropas francesas e autóctonas.

Tomou o nome de República Italiana o 26 de xaneiro de 1802, e despois o de Reino de Italia o 17 de marzo de 1805.

Despareceu como estado despois da denifinitiva derrota de Napoleón na batalla de Waterloo, en xuño de 1815, e tras o Congreso de Viena o seu territorio foi asignado ao Imperio austríaco.

República Cispadana

A República Cispadana (en italiano: Repubblica Cispadana) foi unha República irmá, un Estado satélite da Primeira República Francesa situado no norte de Italia e que existiu entre 1796 e 1797, cando desapareceu para fusionarse coa República Transpadana e dar orixe á República Cisalpina.

República Italiana (1802-1805)

La República Italiana foi unha República irmá, un Estado satélite da Primeira República Francesa, que existiu entre 1802 e 1805, e estaba situado no norte de Italia, con capital na cidade de Milán, e que ocupaba o territorio do antigo Ducado de Milán e parte da Emilia-Romaña.

República Partenopea

A República Partenopea, ou República Napolitana (en italiano, Repubblica Napoletana; en francés, République parthénopéenne) ocupou un pequeno período na historia do Reino de Nápoles. Foi o resultado das actividades de Francia como secuela do xacobinismo da Revolución francesa para exportar a revolución, constituíndose así en República irmá, un estado satélite da Primeira República Francesa.

República Piemontesa

A República Piemontesa (en italiano Repubblica Piemontese) foi unha República irmá, Estado satélite da Primeira República Francesa, que tivo unha breve duración, entre 1798 e 1799, no territorio do Piemonte durante o réxime militar imposto pola República francesa.

Non debe confundirse coa República de Alba (coñecida ás veces como República Piemontesa), nin coa República Subalpina, dúas Repúblicas irmás nacidas naqueles anos no Piemonte.

República Transpadana

A República Transpadana foi unha República irmá, un Estado satélite da Primeira República Francesa situado no norte de Italia, no territorio do Ducado de Milán, que existiu entre 1796 e 1797, cando desapareceu para fusionarse coa República Cispadana e dar orixe á República Cisalpina. Tamén se coñeceu co nome de República Lombarda.

República de Alba

A República de Alba foi unha República irmá, un Estado satélite da Primeira República Francesa, de brevísima existencia (do 26 ao 28 de abril de 1796). Proclamada no concello de Alba, no Piemonte (hoxe na provincia de Cuneo), foi recuperada polos piemonteses dous días despos da súa proclamación. Posteriormente, o 19 de abril de 1801, o territorio da República foi anexionado por Francia.

Non debe confundirse coa República Piemontesa nin coa República Subalpina, dúas Repúblicas irmás nacidas nos anos inmediatamente seguintes no Piemonte. Tampouco coa república co mesmo nome que foi proclamada polos partisanos na mesma localidade o 10 de outubro de 1944, durante a Segunda Guerra Mundial, e que foi disolvida o 2 de novembro dese mesmo ano.

República de Alba (1944)

A República de Alba foi un estado de breve duración que existiu desde o 10 de outubro ao 2 de novembro de 1944 en Alba no norte de Italia, como unha resistencia local contra o fascismo italiano durante a Segunda Guerra Mundial.

O seu nome recorda á República de Alba, República irmá napoleónica, Estado satélite da Primeira República Francesa, que existíu en 1796 no Piemonte.

República irmá

O nome de República irmá (République sœur) foi acuñado durante o período do Directorio (1795-1799) da Primeira República francesa para referirse aos estados creados polos exércitos franceses nos territorios "liberados" por eles durante as Guerras revolucionarias, ou proclamadas por revolucionarios locais.

Tratábase de estados satélites que foron organizados seguindo o modelo da Constitución do ano III (26 de outubro de 1795) e nos que implantaron os principios da Revolución francesa.Durante a época napoleónica (1799-1814) foron incorporadas ao Grande imperio francés.

Revolución Francesa

A Revolución Francesa de 1789 xurdiu a consecuencia das ideas da Ilustración e en contra do Antigo Réxime e o poder do clero e da nobreza no Reino de Francia. A Revolución Americana serviría de exemplo aos ideais de liberdade e igualdade.

A revolución dá inicio á era moderna na Francia. Acabou co feudalismo en Francia e proclama os principios de "Liberdade, Igualdade e Fraternidade" (Liberté, Egalité, Fraternité). Acabou tamén cos privilexios da nobreza e de castas e comezaron a imperar os ideais igualitarios.

Óscar I de Suecia

Óscar I, nado o 4 de xullo de 1799 en París, no número 291 da Rue Cisalpina (hoxe: 32, Rue de Monceau), na Primeira República Francesa, e finado o 8 de xullo de 1859, en Estocolmo, Suecia, foi rei de Suecia e de Noruega desde 1844 a 1859.O seu nome de nacemento era Joseph François Oscar Bernadotte. O nome francés Joseph François Oscar en sueco é Joseph Frans Oscar. Pero o propio rei e os escritores modernos escribiron o seu nome como Oscar, mentres que a familia real sueca utiliza a ortografía Oskar.Óscar promoveu a prosperidade económica dos seus dous reinos mellor que os seus antecesores. Buscou a paz e as reformas sociais que permitiran avanzar cara a un estado de dereito e de maiores liberdades, e pretendeu a integración política dos tres reinos nórdicos.

Antigüidade
Idade Media
Época moderna
Época contemporánea
Artigos relacionados

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.