Presidente de Chipre

O presidente da República de Chipre ostenta a xefatura deste Estado. O cargo foi creado no ano 1960, despois de que Chipre obtivo a súa independencia do Reino Unido.

República de Chipre
Presidente Mandato Notas
Arcebispo Makarios 1960 - 1974
Nikos Sampson 1974, (15 de xullo - 23 de xullo)
Glafkos Klerides 1974, (16 de xullo - 7 de decembro) Presidente interino
Arzebispo Makarios 1974 - 1977 Segunda vez
Spyros Kyprianou 1977 - 1988
Georgios Vasiliou 1988 - 1993
Glafkos Klerides 1993 - 2003
Tassos Papadopoulos 2003 - 2008
Dimitris Christofias 2008 - 2013 Primeiro presidente comunista de Chipre
Nicos Anastasiades Dende 2013

Cómpre dicir que en 1974 Turquía invadiu o Norte de Chipre, e que en 1983 se creou a República Turca do Norte de Chipre. Desde 1974, o Presidente de Chipre exerce as súas funcións no sur da illa.

Coat of arms of Cyprus (old)
Brasón do Chipre.
13 de agosto

O 13 de agosto é o 225º día do ano do calendario gregoriano e o 226º nos anos bisestos. Quedan 140 días para finalizar o ano.

13 de decembro

O 13 de decembro é o 347º día do ano do calendario gregoriano e o 348º nos anos bisestos. Quedan 18 días para finalizar o ano.

17 de febreiro

O 17 de febreiro é o 48º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 317 días para finalizar o ano, 318 nos anos bisestos.

Chipre

Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κύπρος/Kýpros, en turco: Kıbrıs), oficialmente República de Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κυπριακή Δημοκρατία, en turco: Kıbrıs Cumhuriyeti) é un república que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo, 113 km ao sur de Turquía, 120 km ao oeste de Siria e 150 km ao leste da illa grega de Kastellorizo. Chipre ingresou como membro das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1960 e foi un dos fundadores do Movemento de Países Non Aliñados até o seu ingreso na Unión Europea o 1 de maio de 2004.

Segundo a lei internacional, a illa no seu todo é un estado independente, mais de facto atópase dividida dende o 15 de xullo de 1974 en dúas partes. Os dous terzos do sur forman o Chipre propiamente dito e o resto da illa, o terzo norte, é a coñecido como a República Turca do Norte de Chipre, baixo protección turca e sen recoñecemento internacional. Ámbolos dous territorios teñen a súa capital en Nicosia.

Dimitris Christofias

Dimitris Christofias, en grego Δημήτρης Χριστόφιας, nado en Dikomo o 29 de agosto de 1946 e finado en Nicosia o 21 de xuño de 2019, foi un político chipriota, que foi presidente de Chipre de 2008 a 2013.

Glafkos Klerides

Glafkos Ioannou Klerides (n. 1919) avogado e político, foi presidente de Chipre entre 2003 e 2008.

Tassos Papadopoulos

Tassos Nikolaou Papadopoulos (Τάσσος Παπαδόπουλος), nado en Nicosia o 7 de xaneiro de 1934, é un político chipriota, presidente de Chipre dende o 2003 ata o 2008.

Participou na Conferencia de Londres de 1959 e foi un dos delegados que votou en contra dos acordos de Londres e Zurich. Foi un dos catro representantes do lado grecochipriota na Comisión Constitucional que redactaron a Constitución da República de Chipre.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.