Presidencia da Xunta

A presidencia da Xunta é ostentada pola persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial galego, e de representar a Galicia no exterior. É elixida polo Parlamento de Galicia, entre os seus deputados (artigo 15.2, do Estatuto de Autonomía)[1] escollidos á súa vez por sufraxio universal.

O goberno de Galicia foi establecido o 16 de marzo de 1978 e foi reforzado polo Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, ratificado o 28 de abril de 1981[2]. O seu período de goberno é de catro anos, que poden ser renovables as veces que os galegos e as galegas queiran.

Dende 2009, a presidencia da Xunta de Galicia está rexida polo ourensán Alberto Núñez Feijóo.

Presidencia da Xunta de Galicia
Escudo de la Xunta de Galicia

(Alberto Núñez Feijóo) Junta Directiva Nacional del PP, 4 de septiembre de 2017 Cifuentes-Feijóo (cropped)

TratamentoExcelentísimo señor
ResidenciaResidencia oficial de Monte Pío, Santiago de Compostela
SedePazo de Raxoi, Santiago de Compostela
ÁmbitoComunidade Autónoma de Galicia
Designado porParlamento de Galicia
DuraciónCatro anos, sen límite de mandatos
Primeiro titularXerardo Fernández Albor
Creación22 de xaneiro de 1982
Precedido porEmilio Pérez Touriño
Salario72.679,92 €/ano
Sitio webwww.presidente.gal
ResidenciaPresidenteXunta
Residencia oficial do presidente da Xunta de Galicia, no lugar de Casas Novas, en Compostela.

Atribucións

As atribucións do presidente están presentes na Lei de Galicia 1/1983, de 22 de febreiro, de normas reguladoras de la Junta y de su presidencia (publicada no DOG, o 21 de marzo)​ baseándose no artigo 16.4​ do Estatuto de Autonomía de Galicia e son as seguintes:

  • Representa-la Comunidade Autónoma de Galicia nas relacións con outras institucións do Estado (artigo 10).
  • Subscribir os convenios e acordos de cooperación con outras comunidades autónomas.
  • Convocar eleccións ao Parlamento de Galicia trala súa disolución.
  • Promulgar no nome de El-Rei as leis de Galicia, así como, no seu caso, os Decretos Lexislativos e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
  • Como representante ordinario do Estado en Galicia, corresponde ao Presidente da Xunta manter relacións coa delegación do Goberno aos efectos dunha mellor coordinación das actividades do Estado en Galicia e as da Comunidade Autónoma.
  • Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia do nomeamento do presidente do Tribunal Superior de Xustiza, e das leis e decretos lexislativos de Galicia no Boletín Oficial do Estado.
  • Dirixir e coordina-las actividades da Xunta e ocupa-la representación do Estado en Galicia (artigo 19, do Estatuto de Autonomía).[1]

Dereitos

O presidente da Xunta, posúe tamén uns dereitos conferidos, sobre todo, no artigo 11 na mesma Ley de Galicia 1/1983,[3] entre os que están:

  • A preeminencia que, con arreglo á alta representación da Comunidade Autónoma e á ordinaria do Estado en Galicia, lle corresponde.
  • Que lle sexan rendidos os honores corrrespondentes co arreglo ao establecido na legalidade vixente e ao acordado na Comunidade Autónoma.
  • Recibi-lo tratamento de Excelencia.
  • Utiliza-la bandeira de Galicia como guión.
  • Ocupa-la residencia oficial​ que se estableza, coa correspondente dotación de persoal e servizos.
  • Percibi-la remuneración e gastos de representación que se establezan polo Parlamento de Galicia e figuren nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
  • Recibir con carácter vitalicio o tratamento de Excelentísimo Señor e os honores protocolarios e as precedencias establecidas na lexislación vixente e na que, no seu caso, dite a Comunidade Autónoma.
  • Ser membro nato do Consello Consultivo de Galicia.

Estrutura interna

A presidencia da Xunta, ademais das competencias de representación e de liderado do poder executivo, presenta uns órganos dependentes. Baixo o goberno de Alberto Núñez Feijóo as competencias reservadas son:

Ademais, como as demais consellerías, ten unha secretaría xeral de Presidencia, da que depende o director xeral do Gabinete de presidencia. Tamén depende da Presidencia o gabinete de asesoría xurídica xeral da Xunta.

Lista de presidentes

Ata o de agora, houbo cinco presidentes da Xunta autonómica e dous da preautonómica.

Preautonomía

Imaxe Presidente Inicio do mandato Fin do mandato Partido
Antonio Rosón Pérez
(Becerreá, 1911–1986)
13 de xullo de 1977 9 de xuño de 1979
1 ano, 10 meses e 27 días
UCD
(José Quiroga Suárez) Adolfo Suárez durante la campaña electoral en Orense. Pool Moncloa. 11 de febrero de 1979 (cropped).jpeg Xosé Quiroga Suárez
(Petín, 1920–2006)
9 de xuño de 1979 22 de xaneiro de 1982
3 anos, 3 meses e 18 días

Autonomía

Imaxe Presidente Inicio do mandato Fin do mandato
Duración
Partido Lexislatura
(Eleccións)
1 Xerardo Fernández Albor 2013 (cropped) Xerardo Fernández Albor
(Santiago de Compostela, 1917–2018)
22 de xaneiro de 1982 26 de setembro de 1987
5 anos, 8 meses e 4 días
Alianza Popular I
(1981)
II
(1985)
2 Fernando González Laxe
(A Coruña, 1952)
26 de setembro de 1987 5 de febreiro de 1990
2 anos, 4 meses e 9 días
PSdeG-PSOE[4]
3 Manuel-Fraga-Iribarne Manuel Fraga Iribarne
(Vilalba, 1922–2012)
5 de febreiro de 1990 2 de agosto de 2005
15 anos, 5 meses e 25 días
PPdeG III
(1989)
IV
(1993)
V
(1997)
VI
(2001)
4 Pereztourino19032007 Emilio Pérez Touriño
(A Coruña, 1948)
2 de agosto de 2005 16 de abril de 2009
3 anos, 8 meses e 14 días
PSdeG-PSOE[5] VII
(2005)
5 Nuñezfeijoo Alberto Núñez Feijóo
(Ourense, 1961)
16 de abril de 2009 presente
10 anos, 4 meses e 4 días
PPdeG VIII
(2009)
IX
(2012)
X
(2016)

Notas

  1. 1,0 1,1 "O presidente no Estatuto de Autonomía". xunta.gal. Consultado o 10-12-2018.
  2. Xunta de Galicia (ed.). "Anteriores Presidentes da Xunta de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2009. Consultado o 07 de xuño de 2008.
  3. "Título II. Del Presidente de la Xunta". noticias.juridicas.com. Consultado o 10-12-2018.
  4. Goberno de coalición con Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego
  5. Goberno de coalición co Bloque Nacionalista Galego

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Antolín Sánchez Presedo

Antolín Sánchez Presedo, de nome completo Antolín Luís Mariano Sánchez Presedo, nado en Betanzos o 5 de abril de 1955, é un político galego membro do PSOE, e deputado no Parlamento Europeo.

Ateneo Republicano de Galicia

O Ateneo Republicano de Galicia (ARGA) é unha asociación política fundada en 1998 na Coruña, que avoga pola implantación da III República en España.

A actividade do ateneo concéntrase na promoción de debates, tertulias e exposicións que propaguen e difundan os valores éticos da tradición liberal republicana. Entre outras campañas, o Ateneo Republicano de Galicia dirixiuse ás consellerías de Cultura e Presidencia da Xunta de Galicia para solicitar que se redacte unha lei que regule a supresión dos símbolos franquistas de Galicia, e propuxo que o Centro da Memoria Histórica de Galicia situado na illa de San Simón, se movese a Ferrol.

Bloque Nacionalista Galego

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza e 7 deputados no Parlamento de Galicia. Tamén chegou a ter un eurodeputado no Parlamento Europeo (Camilo Nogueira), e actualmente conta cun posto na Eurocámara rotatorio entre os seus socios (a representante do BNG é Ana Miranda).

A Voceira Nacional é Ana Pontón, quen desde febreiro de 2016 substitúe a Xavier Vence.

O BNG conta cunha organización xuvenil dende 1988, Galiza Nova, cuxa militancia ten un carácter moito máis independentista que o propio partido.

Centro Galego de Tecnificación Deportiva

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) é un centro de ensino público xestionado pola Secretaría Xeral para o Deporte, dependente da Presidencia da Xunta de Galicia. Asume as competencias vinculadas ó fomento e promoción da cultura física e o deporte en Galicia. Foi fundado en 1987.

Cortes de Castela-A Mancha

As Cortes de Castela-A Mancha (en castelán: Cortes de Castilla-La Mancha) son o órgano lexislativo da comunidade autónoma de Castela-A Mancha. A súa sede atópase no antigo Convento de San Gil, situado na rúa Bajada del Calvario da cidade de Toledo.

As Cortes de Castilla-A Mancha son un de tres órganos que conforman a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, xunto co Consello de Goberno e a Presidencia da Xunta de Comunidades. Actualmente están forman 49 deputados representantes das provincias que conforman a Comunidade.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

As eleccións autonómicas de Galicia de 2012 foron as novenas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celébranse a falta de medio ano para o remate da lexislatura.

Juan Manuel Moreno

Juan Manuel Moreno Bonilla, nado en Barcelona o 1 de maio de 1970, coñecido como Juanma Moreno, é un político español, actual presidente do Partido Popular Andaluz investido presidente da Xunta de Andalucía polo Parlamento de Andalucía o día 16 de xaneiro de 2019.

Máis Galicia

Máis Galicia é unha coalición electoral galega, formada para concorrer ás eleccións parlamentarias de marzo de 2009. Está integrada polo Partido Galeguista e por unha das dúas faccións que reivindican o nome de Terra Galega (TeGa) a encabezada por Pablo Padín. O seu candidato á presidencia da Xunta de Galicia é o concelleiro en Cedeira e membro de TeGa Xermán Tobío.

Parque

Un parque é ou ben unha área natural, semi-natural ou unha plantación que se emprega para lecer e xogo de persoas ou ben unha área de protección da vida salvaxe ou hábitats.

Os parques como os parques urbanos ou xardíns urbanos son espazos verdes para a o lecer e que se atopan dentro de cidades, urbanizacións ou outros puntos de interese similares.

Outros parques destínanse á protección de grandes áreas naturais conservadas ou con certo interese de conservacións. Tanto poden ser espazos de gran tamaño, onde abundan especies ou ecosistemas de interese de conservación ou protección, como pequenas áreas cun interese paisaxístico, xeolóxico ou de conservación biolóxica. Algunhas destes parques puideron ser declarado polos estados como áreas e interese e protexidas, ben sexan terreos públicos ou privados.Exemplos de parque ou xardíns urbanos galego son a Alameda de Santiago de Compostela o lucense Parque de Rosalía de Castro, e o dun parque nacional galego declarado como lugar protexido é o das Illas Atlánticas.

Parque nacional

Un parque nacional é, no marco lexislativo español, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

O único parque nacional galego é o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O termo de parque nacional pode ser unha figura legal similar noutros estados para a conservación de espazos naturais.

Parque natural

Un parque natural é, no marco lexislativo galego, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

Partido Popular de Galicia

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular español. No ano 2015 contaba con 1753 concelleiros, e 15 deputados no Congreso dos Deputados. Ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 41 dos 75 escanos.

Partido dos Socialistas de Galicia

Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxase Partido Socialista Obrero Español en Galicia.O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político galeguista e socialdemócrata de ámbito galego, federación do Partido Socialista Obreiro Español en Galicia.

Conta con 1.181 concelleiros e 111 alcaldías, entre elas as de 5 das 7 cidades galegas. Ademais ten 14 deputados no Parlamento de Galicia, 10 no Congreso dos Deputados e 8 no Senado.

Pazo de Raxoi

O Pazo de Raxoi é un edificio civil de Santiago de Compostela de estilo neoclásico francés , sede da corporación municipal da cidade, aínda que ao longo da historia ten acollido outros organismos. O seu nome honra ao arcebispo Bartolomé de Raxoi, que foi impulsor principal da edificación, aínda que non o único.

Premio de poesía Anduriña Voandeira

O Premio de Poesía Anduriña Voandeira é un certame de poesía convocado cada ano pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi e cofinanciado pola Secretaría Xeral da Emigración da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia.

Presidencia da Xunta de Andalucía

A Presidencia da Xunta de Andalucía é, segundo o seu Estatuto de Autonomía, o cargo ocupado pola persoa que preside a Xunta de Andalucía, cuxa actividade dirixe, coordina a Administración da comunidade autónoma, designa e separa os conselleiros e ostenta a suprema representación de Andalucía e a ordinaria do Estado na comunidade. Elíxese polo Parlamento de Andalucía entre os seus membros e é nomeado polo Rei de España.

Xoán Gato

Xoán Gato Díaz, nado en Ferrol o 5 de febreiro de 1946, é un político galego, foi coordinador nacional de Terra Galega e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións do 1 de marzo de 2009 por este mesmo partido. Desde finais de 2010, abandonou esta formación para crear un novo partido chamado Converxencia Galega de corte galeguista e liberal, no que actualmente milita.

Xunta de Andalucía

A Xunta de Andalucía (en castelán: Junta de Andalucía) é a institución na que se organiza o goberno da Comunidade Autónoma de Andalucía. Está integrada polo Parlamento de Andalucía, a Presidencia da Xunta de Andalucía e polo Consello de Goberno da Xunta de Andalucía.

Os presupostos do ano 2010 ascenderon a 33.737.7 millóns de euros e posúe máis de 200.000 empregados directos.

No 2014, a Presidenta da Xunta de Andalucía é Susana Díaz Pacheco, pertencente ao Partido Socialista Obrero Español de Andalucía (PSOE-A). Na Xunta goberna o PSOE desde a creación da primeira Xunta preautonómica o 27 de maio de 1978, cando Plácido Fernández Viagas chegou a presidencia en detrimento de Jaime García Añoveros, de UCD. A presenza do PSOE na presidencia é polo tanto anterior á autonomía de Andalucía e esténdese ao longo de 32 anos e 6 presidencias distintas.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Presidentes da Xunta de Galicia
Institucións
Consellerías
Eleccións
Referendos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.