Presidencia

A presidencia é un cargo que ostentan as/os líderes de organizacións, empresas e entidades políticas. Etimoloxicamente, presidencia vén do latín prae- 'antes' e sedere 'sentarse'. Orixinalmente o termo referíase a quen presidía unha cerimonia ou asemblea, mais hoxe en día o termo refírese a unha persoa que ten poderes executivos.

Nunha república, a xefatura de Estado recibe o nome de presidenta/e desa república. Nalgúns países con goberno presidencialista a presidencia é tamén da xefatura de goberno (ex: Arxentina, Estados Unidos), namentres, noutros con réxime parlamentario (ex: Italia) o xefatura de goberno é do Primeiro Ministro.

Presidencia

África

América

  • Lista da presidencia do Brasil
  • Lista da presidencia da Costa Rica
  • Lista da presidencia dos Estados Unidos
  • Lista da presidencia de Perú
  • Lista da xefatura de Estado de México

Asia

  • Lista da presidencia do Afganistán

Europa

  • Lista da presidencia de Alemaña
  • Lista da presidencia de España
  • Lista de presidentes de Finlandia
  • Lista da presidencia de Galicia
  • Lista da presidencia de Navarra
  • Lista da presidencia de Portugal
  • Lista da presidencia da Confederación Suíza.
  • Lista da presidencia de Ucraína

Oceanía

  • Lista da presidencia de Filipinas
  • Lista da presidencia de Timor Leste
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
.ar

.ar é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Arxentina.

En contraste con outros NIC, NIC Argentina estableceu que só habitantes do país poden obter un dominio .ar.

Como pasa con algúns administradores de nomes de dominio, NIC Argentina esixe o rexistro de dominios de terceiro nivel. Todo dominio arxentino, agás excepcións, deberá ser un dominio de terceiro nivel de:

.com.ar

.edu.ar

.gov.ar e gob.ar

.int.ar

.mil.ar

.net.ar

.org.ar

.tur.arAs excepcións, debidas na súa maior parte a dominios preexistentes no momento de crearse NIC, ou a razóns gobernamentais son:

argentina.ar

educ.ar

gobiernoelectronico.ar

nic.ar

uba.arRecentemente autorizáronse máis excepcións, sempre para rexistrantes ligados ao goberno nacional (por exemplo hablemostodos.ar)

Os cidadáns particulares só poden ser titulares do dominio de segundo nivel .com, xa que os outros están reservados para organizacións, tanto públicas como privadas. O rexistro de dominios non é arancelado e a súa administración está a cargo da Dirección Nacional do Rexistro de Dominios de Internet no ámbito da Secretaría Legal e Técnica da Presidencia da Nación.

O pasado 8 de setembro de 2008, os dominios .ar sufriron os seguintes cambios:

Permitirán o rexistro de nomes usando caracteres internacionais (IDN), como o ñ, á, é, í ó, ú, ä, ë, ï, ö, e ü.

Os dominios para institucións do goberno cambiarán de .gov.ar para .gob.ar.

Introducirase un novo dominio de segundo nivel .tur.ar para fomentar os sitios de axencias de viaxes e de turismo.

1 de xaneiro

O 1 de xaneiro é o primeiro día do ano do calendario gregoriano. Quedan 364 días para finalizar o ano, 365 nos ano bisestos.

2017

2017 é un ano común do calendario gregoriano, que comezou en domingo.

A ONU declarou ao 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento , coa intención de promover esa actividade económica creando conciencia da importancia de impulsala e desempeñala responsablemente.

O Día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares.

Administrador de Infraestruturas Ferroviarias

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (en castelán: Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), máis coñecido como ADIF ou Adif, é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Fomento de España, que ten como obxectivo a construción de liñas de ferrocarril e a xestión da súa explotación.

ADIF herdou a infraestrutura da extinta RENFE, polo que é propietaria da maioría de liñas de ferrocarril de largo ibérico de España. En 2016 tiña 12 241 quilómetros de vías. Tamén herdou as funcións da empresa pública GIF.

Boletín Oficial del Estado

O Boletín Oficial del Estado (ou, na forma abreviada, BOE) é o diario oficial do Estado Español do que se encarga a Axencia Estatal do Boletín Oficial del Estado, dependente do Ministerio da Presidencia, e no que se publican as normas xurídicas e outras disposicións e actos de inserción pública obrigatoria.

O seu obxectivo é poñer á disposición de tódolos administrados os textos legais de obrigado cumprimento, sendo esta publicación o requisito imprescindible para a entrada en vixencia desas normas. Por tal motivo é unha publicación de referencia para todo xurista e persoa relacionada coa Administración central, aínda que afecte a tódolos cidadáns.

Centro Democrático y Social

O Centro Democrático y Social (CDS) é un partido español de centro promovido por Adolfo Suárez trala súa marcha da UCD en xuño de 1982 para concorrer ás eleccións de 1982, conseguindo 2 escanos. En 1991 Adolfo Suárez deixou a presidencia do partido e acabou converténdose nun partido residual que entre 1995 e 2002 mudou a súa denominación pola de Unión Centrista

En novembro de 2005 o CDS decidiu integrarse no Partido Popular, un sector descontento con esta decisión constituíu o Centro Democrático Liberal o 14 de febreiro de 2006 e outro sector alegando defectos de forma refundou o partido en febreiro de 2007.

Club Atlético de Madrid

O Club Atlético de Madrid S.A.D., coñecido habitualmente como Atlético ou Atleti, é un club de fútbol español, da cidade de Madrid. Foi fundado o 26 de abril de 1903 e actualmente xoga na Primeira división da Liga española de fútbol.

O club exerce de local, dende a tempada 2017-18, no Wanda Metropolitano, despois de máis de medio século xogando no Estadio Vicente Calderón. O Atlético de Madrid é o terceiro club con máis títulos de liga (10), por detrás do Real Madrid e o FC Barcelona. Conta tamén con varios títulos continentais: dúas Europa League, dúas Supercopas e unha Recopa, ademais dunha Copa Intercontinental.

Actualmente o club ocupa o 5º lugar na clasificación histórica da Primeira División, por detrás do Real Madrid, FC Barcelona, Valencia CF e Athletic Club.

Coalición Popular

Coalición Popular (CP, AP-PDL-UL) foi a marca electoral do pacto entre varios partidos para concorrer xuntos ás eleccións municipais de 1983 e eleccións xerais de 1986. A coalición formábana os seguintes partidos:

Alianza Popular,

o Partido Demócrata Popular

e Unión Liberal, posteriormente fusionado co Partido Liberal,Tamén se integraron os partidos de carácter autonómico:

Unió Valenciana,

Unión del Pueblo Navarro,

Partido Aragonés Regionalista

e Centristas de Galicia.Presentou como candidato á Presidencia do Goberno a Manuel Fraga Iribarne.

Coalición Popular obtivo 5 247 677 votos (o 25,97%) e 105 deputados.

Despois destas eleccións, o Partido Demócrata Popular abandonou a coalición. Logo de concorrer en solitario nas eleccións locais de 1987 ó obter un mal resultado, pasou a denominarse Democracia Cristiana e, liderado por Javier Rupérez, integrouse en 1990 no Partido Popular.

Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e a cultura de Galicia na sociedade e asesorar os poderes públicos de Galicia. É un organismo estatutario, previsto no artigo 32 do Estatuto, foi creado o 8 de xullo de 1983. Ten a súa sede no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.

A súa presidenta é Rosario Álvarez, ademais o Consello componse de representantes de entidades e personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega. Xestiona os seguintes arquivos: Arquivo sonoro de Galicia, Centro de documentación sociolingüística de Galicia, Arquivo da emigración galega e Arquivo de comunicación.

Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña é o órgano institucional propio da provincia da Coruña e engloba os 93 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

George H. W. Bush

George Herbert Walker Bush, nado en Milton (Massachusetts) o 12 de xuño de 1924 e finado en Houston o 30 de novembro de 2018, foi o 41º Presidente dos Estados Unidos entre os anos 1989 e 1993. Con anterioridade fora embaixador diante a ONU (1971–1973), director da CIA 1976–1977, e o 43º Vicepresidente dos Estados Unidos co presidente Ronald Reagan (1981–1989). É o pai do 43º presidente dos EUA, George Walker Bush.

Gran Enciclopedia Aragonesa

A Gran Enciclopedia Aragonesa, a miúdo abreviada como GEA, é unha enciclopedia temática sobre Aragón.

Lista de presidentes dos Estados Unidos de América

O Presidente dos Estados Unidos é o xefe de estado dos Estados Unidos de América. Baixo a Constitución estadounidense, o Presidente é tamén o xefe do Goberno Federal dos Estados Unidos e o comandante en xefe das Forzas Armadas dos Estados Unidos de América

Os poderes do Presidente dos Estados Unidos son amplos. Ademais de ser a cabeza do poder executivo do goberno federal, que inclúe ó redor de 4 millóns de funcionarios, entre elas un millón de persoal militar en servizo activo, ten importantes funcións nas áreas lexislativa e xudicial.

É, ademais, o encargado das relacións internacionais do país.

A elección do presidente dos Estados Unidos de América ten unha importancia crucial, xa que afecta directa ou indirectamente a todo o mundo. Unha lexislatura dura 4 anos, reelixible.

Mariano Rajoy

Mariano Rajoy Brey, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1955, é un político galego, presidente do Goberno de España desde 2011 ata 2018, durante as X e a XII lexislaturas e presidente do Goberno en funcións durante a breve XI lexislatura de España.

Rajoy serviu como ministro nos gobernos de José María Aznar en diversas carteiras entre 1996 e 2003, e como vicepresidente do Executivo de 2000 a 2003. Entre 2003 e 2004, cando foi elixido presidente do Partido Popular, desempeñou o cargo de secretario xeneral da formación.

Na actualidade é presidente do Partido Popular —foi reelixido no XVII Congreso celebrado en Sevilla en febreiro de 2012—, e se desempeñou como líder da oposición parlamentaria durante os dous mandatos (2004-2008 e 2008-2011) do Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.

Como resultado da vitoria do seu partido por maioría absoluta nas eleccións xerais do 20 de novembro de 2011, o 21 de decembro de 2011 se converteu no sexto presidente do Goberno da democracia. Renovou mandato para unha segunda lexislatura tras ser investido polo Congreso dos Deputados e por maioría simple o 29 de outubro de 2016, desempeñando o cargo ata a moción de censura do 1 de xuño de 2018.

Presidencia da Xunta

A presidencia da Xunta é ostentada pola persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial galego, e de representar a Galicia no exterior. É elixida polo Parlamento de Galicia, entre os seus deputados (artigo 15.2, do Estatuto de Autonomía) escollidos á súa vez por sufraxio universal.

O goberno de Galicia foi establecido o 16 de marzo de 1978 e foi reforzado polo Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, ratificado o 28 de abril de 1981. O seu período de goberno é de catro anos, que poden ser renovables as veces que os galegos e as galegas queiran.

Dende 2009, a presidencia da Xunta de Galicia está rexida polo ourensán Alberto Núñez Feijóo.

Presidente do Goberno de España

O Presidente do Goberno é o Xefe do Goberno de España. A elección do presidente realízase no Congreso dos Deputados, mediante un proceso chamado Investidura, tras ser elixido polo Congreso, é nomeado polo Rei ante o cal toma xuramento.

As funcións do Presidente do Goberno están establecidas na Constitución Española nos artigos 97 ao 116. A residencia oficial e sede do Goberno é o Palacio da Moncloa en Madrid.

Unión do Povo Galego

A Unión do Povo Galego (UPG) é un partido autodefinido como "comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional". Ao seu redor fóronse aglutinando durante os anos setenta os sectores que logo confluirían no BNG. Ten 1.300 militantes e o seu voceiro dende 1965 é Terra e Tempo. O seu secretario xeral é Néstor Rego e dende o XII Congreso Nacional, o posto da presidencia da UPG quedou vacante trala decisión de Bautista Álvarez de non volver presentarse á presidencia, tras ostentar este cargo dende 1977, sendo tamén o cofundador da UPG.

A Unión da Mocidade Galega que se constituíu en 1977 é a organización xuvenil do partido.

Vicepresidencia

A vicepresidencia é un cargo que se outorga a un funcionario (de carreira ou de facto) do Goberno, ou un empresario que está baixo o presidente na xerarquía organizacional. O nome deriva do latín «vice» (en lugar de).A vicepresidencia do país ocúpase de substituír ó cargo da presidencia en caso de ausencia, temporal ou definitiva. É a persoa que, ben o pobo, ou ben a presidencia do Goberno de xeito directo, nomea para que o substitúa no cargo sen requirir novas eleccións ou discusións parlamentarias.

A vicepresidencia manterase mentres a presidencia manteña legalmente a cabeza do Goberno. As viaxes do cargo da presidencia non o inhabilitan do seu cargo.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.