Presa de Zamáns

O Encoro do Alcalde Pérez-Lorente[1], habitualmente coñecido como presa de Zamáns, é un pantano artificial creado en 1960 no río Zamáns[2], na parroquia de Zamáns, no concello de Vigo. A súa capacidade é de 2,2 hm³ e ocupa unha superficie de 20 hectáreas. Na zona de maior profundidade acada os 29 metros.[1]

Abastece de auga potábel á cidade de Vigo. Até a construción da presa de Eiras en 1977 era o único sistema de abastecemento de auga da cidade.[3]

Coordenadas: 42°09′31″N 8°41′58″O / 42.1584739, -8.6993954

Encoro de Zamáns
Embalse de Zamáns (3356005910)
Localización administrativa
EstadoEspaña
Localización xeográfica
ContinenteEuropa
CuncaRío Zamáns
Características
Superficie20 hectáreas
Profundiade máxima29 m
Capacidade2,2 hm³
Outros datos
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaPontevedra
ConcelloVigo
Tipo e usopantano artificial
abastecemento de auga potable
Mapa
Spain Galicia location map

Localización do Encoro de Zamáns

Notas

  1. 1,0 1,1 Galicia Máxica (ed.). "Embalse de Zamáns". Consultado o 21 de maio de 2018.
  2. O río Zamáns tamén se coñece habitualmente como río Amial ou río Vilaza
  3. Faro de Vigo (ed.). "La cincuentona presa de Zamáns". Consultado o 25 de outubro de 2015.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Lista de encoros de Galicia

Esta é unha lista dos encoros existentes nos ríos galegos, ordenada por provincias e cos nomes dos ríos nos que se atopan.

Zamáns

O topónimo galego Zamáns pode se referir a:

Zamáns, parroquia do concello de Vigo;

Presa de Zamáns, encoro do río Vilaza en dita parroquia;

Río Zamáns, afluente do río Miñor que nace en dita parroquia.

Zamáns, Vigo

San Mamede de Zamáns é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Bembrive, Valadares, Vincios e Cela. Pertence ó arciprestado de Louriña. Segundo o IGE, no 2013, tiña 834 habitantes (413 homes e 421 mulleres).

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.