Prensa hidráulica

Unha prensa hidráulica é un mecanismo conformado por vasos comunicantes impulsados por pistóns de diferente área que, mediante pequenas forzas, permite obter outras maiores. Os pistóns denomínanse pistóns de auga, xa que son hidráulicos. Estes fan funcionar conxuntamente ás prensas hidráulicas por medio de motores 2.1.

Bramahsche Presse
Antiga prensa hidráulica.

No século XVII, en Francia, o matemático e filósofo Blaise Pascal comenzou unha investigación referente ao principio mediante o cal a presión aplicada a un líquido contido nun recipiente se transmite coa mesma intensidade en todas as direccións. Grazas a este principio pódense obter forzas moi grandes utilizando outras relativamente pequenas. Un dos aparellos máis comúns para alcanzar o anteriormente mencionado é a prensa hidráulica, a cal está baseada no principio de Pascal.

O rendemento da prensa hidráulica garda similitudes co a panca, pois obtéñense presións maiores que as exercidas, pero aminórase a velocidade e a lonxitude de desprazamento, en similar proporción.

Cálculo da relación de forzas

Cando se aplica unha forza sobre o émbolo de menor área xérase unha presión :

Hydraulic Force, language neutral
Esquema de forzas e áreas dunha prensa hidráulica.

Do mesmo modo no segundo émbolo:

Obsérvase que o líquido está comunicado, logo polo principio de Pascal, a presión nos dous pistóns é a mesma, por tanto cúmprese que:

Isto é:

e a relación de forzas:

Logo a forza resultante da prensa hidráulica é:

Onde:

= forza do émbolo menor en N, D, KgF gF
= forza do émbolo maior en N, D, KgF gF
= área do émbolo menor en m2, cm2, in2
= área del émbolo maior en m2, cm2, in2

Aceite de cacahuete

O aceite de cacahuete é un aceite vexetal preparado xa sexa mediante cocción dos cacahuetes (Arachis hypogaea) ou mediante a súa extracción nunha prensa hidráulica. Este aceite é de cor moi clara e a súa idoneidade para aguantar altas temperaturas convérteo nun aceite ideal na cociña como aceite de fritir. Ten un sabor suave que o fai apropiado para elaborar ensaladas, maionesas e vinagretas.

Este tipo de aceite é moi empregado na cociña asiática (emprégase no wok).

Chocolate

O chocolate (náhuatl xocolatl) é o alimento que se obtén mesturando azucre con dous produtos derivados da manipulación das sementes do cacao: unha materia sólida (a pasta de cacao) e unha materia graxa (a manteiga de cacao). A partir desta combinación básica, elabóranse os distintos tipos de chocolate, que dependen da proporción entre estes elementos e da súa mestura ou non con outros produtos tales como leite e froitos secos. O chocolate atópase en moitas sobremesas así como na repostaría, galletas, bolos, sorbetes, tortas, bebidas.

Empirismo

Seccións: Razoamento científico e Epistemoloxía: o discurso sobre a ciencia.

O empirismo é unha teoría filosófica que pon énfase no papel da experiencia, ligada á percepción sensorial, na formación do coñecemento. Para o empirismo máis extremo, a experiencia é a base de todo coñecemento, no só en canto á súa orixe senón tamén en canto ao seu contido. Pártese do mundo sensíbel para formar os conceptos e estes encontran no sensíbel a súa xustificación e a súa limitación.

O termo empirismo provén do grego ἐμπειρισμός (empeirismós), derivado de ἐμπειρία (empeiría, 'experiencia', 'coñecemento', 'habilidade'), cuxa tradución ao latín é experientia, de onde deriva a palabra experiencia.

O empirismo, baixo este nome e con este significado, xorde na idade moderna como froito maduro dunha tendencia filosófica que se desenvolve sobre todo no Reino Unido desde a Baixa Idade Media. Adoita considerarse en contraposición ao chamado racionalismo, máis característico da filosofía continental europea.

En filosofía, o empirismo é un movemento que cre que as experiencias son as únicas (ou principais) formadoras das ideas, discordando, por tanto, da noción das ideas innatas. En ciencia, o termo empirismo adoita utilizarse ao falar do método científico tradicional (que ten a súa orixe no empirismo filosófico), que defende que as teorías científicas deben basearse na observación do mundo, en vez de na intuición ou na fe.

Na antigüidade clásica o empírico referíase ao coñecemento que os médicos, arquitectos, artistas e artesáns en xeral obtiñan a través da súa experiencia dirixida cara ao útil e técnico, en contraposición ao coñecemento teórico concibido como contemplación da verdade á marxe de calquera utilidade.

Estaca

Chámaselle estaca a un elemento construtivo utilizado para cimentación de obras, que permite trasladar as cargas até un estrato resistente do solo, cando este se encontra a unha profundidade tal que fai inviable, técnica ou economicamente, unha cimentación mediante zapatas ou placa.

As estacas poderán traballar individualmente, é dicir, estar illadas, ou traballar en grupo, estando as estacas enlazadas nas súas cabezas por un cepado.

Pola forma en que transmiten as súas cargas ao terreo temos as estacas flotantes, ou estacas de fuste, cando as cargas se transmiten fundamentalmente polo fuste, por rozamento, e úsanse cando non atopamos un estrato do solo óptimo; e as estacas columna, ou estacas de punta, que transmiten as cargas principalmente pola punta, sobre un terreo firme. Tamén entre estas dúas opcións poden darse outras intermedias.

Poden estar constituídas de:

Formigón in situ

Formigón prefabricado

Aceiro

Madeira

Solucións mixtas, como poden ser as estacas de aceiro tubular cheo e rodeado de morteiro.A forma da sección transversal da estaca adoita ser circular ou case circular (cuadrada, hexagonal ou octogonal).

Hidrostática

A hidrostática é a rama da mecánica de fluídos que estuda os fluídos en estado de repouso, tales como gases e líquidos. As bases principais da hidrostática son o principio de Pascal e o principio de Arquimedes

Hidráulica

A hidráulica é unha rama da física e da enxeñaría que se encarga do estudo das propiedades mecánicas dos fluídos.

A palabra hidráulica vén do grego ὑδϱαυλικός hydraulikós que, á súa vez, vén de "tubo de auga", palabra composta por ὕδωϱ hýdor, "auga" e αὐλός aylós, "tubo".

A hidráulica, aplicación da mecánica de fluídos en enxeñaría, usa dispositivos que funcionan con líquidos, polo xeneral auga e aceite.

Prensa

O termo prensa pode referirse a:

Máquinas

Prensa hidráulica, a que exerce a súa forza mediante circuítos hidráulicos.

Prensa mecánica, máquina que deforma ou comprime materiais mediante a aplicación de presión.

Prensa rotativa, tamén chamada rotativa, é a imprenta empregada para imprimir diarios ou revistas de gran tirada.

Prensa ou prelo, máquina usada en tipografía para imprimir textos.

Prensa, parte do lagar que serve para espremer o zume da froita, a máis común a prensa de viño.Medios de comunicación

Prensa escrita: conxunto das publicacións, habitualmente periódicas (periódicos e revistas), tamén chamado prensa, nome que provén da máquina empregada para a súa impresión.Prensa amarela ou sensacionalista, a que presta especial atención a feitos rechamantes.

Prensa salmón ou económica.

Prensa do corazón ou rosa, que trata da vida de persoas famosas.

Prensa gratuíta, a que non ten custo para o seu consumidor.

Prensa de integración, a destinada a colectivos sociais marxinais.

Principio de Pascal

En física, o principio de Pascal ou lei de Pascal, é unha lei enunciada polo físico e matemático francés Blaise Pascal (1623–1662) que se resume na frase: "a presión exercida por un fluído incompresíbel e en equilibrio dentro dun recipiente de paredes indeformábeis, transmítese con igual intensidade en todas as direccións e en todos os puntos do fluído".O principio de Pascal pode comprobarse utilizando unha esfera oca, perforada en diferentes lugares e provista dun émbolo. Ao encher a esfera con agua e exercer presión sobre ela mediante o émbolo, obsérvase que a auga sae por todos os buratos coa mesma velocidade e, polo tanto, co mesma presión.

Podemos ver aplicacións do principio de Pascal nas prensas hidráulicas, nos elevadores hidráulicos e nos freos hidráulicos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.