Premios da Crítica Galicia

Os Premios da Crítica Galicia foron convocados desde 1978 polo Círculo Orensán Vigués. En 1992 faise cargo deles a Fundación Premios da Crítica Galicia. Concédense en varias modalidades: creación literaria, ensaio e pensamento, investigación, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais. Dende 1993 outórgase tamén a distinción de Galego egrexio a unha personalidade caracterizada por manter ao longo da súa vida un firme compromiso coa cultura galega.

Premio da Crítica Galicia 2013
Gañadores e xurados do Premio da Crítica Galicia 2013.

Premios

2011 - 2020

2018 XXXXI Edición

  • Creación: Xabier P. Docampo por A nena do abrigo de astracán.
  • Investigación: José Luis Mascareñas.
  • Iniciativas Culturais e Científicas: Ana Romaní.
  • Cine e Artes Visuais: Álvaro Gago por Matria.
  • Música: Mercedes Peón.
  • Artes Plásticas: Javier Alonso de la Peña.
  • Artes Escénicas: Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.
  • Cultura Gastronómica: Federación de Razas Autóctonas de Galiza (Boaga).

2017 XXXX Edición

2016 XXXIX Edición

  • Creación literaria: María do Cebreiro por O deserto.
  • Investigación: Blanca-Ana Roig por Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega.
  • Música: Uxía Senlle.
  • Iniciativas Culturais: Observatorio da Mariña pola Igualdade.
  • Artes Plásticas e Visuais: Gabriel Tizón.
  • Artes Escénicas: Teatro Atlántico.
  • Cine e Artes Audiovisuais: Alberte Pagán.
  • Cultura gastronómica: Artesáns da Pesca.

2015 XXXVIII Edición

2014 XXXVII Edición

2013 XXXVI Edición

2012 XXXV Edición

2011 XXXIV Edición

  • Creación literaria: Ana Romaní por Estremas.
  • Investigación: Jorge Mira por coordinar o traballo A importancia da similitude interlingüística e o bilingüismo equilibrado cando dúas linguas compiten.
  • Música: Son de seu.
  • Iniciativas Culturais: Proxecto Terra, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
  • Artes Plásticas e Visuais: Ángela de la Cruz.
  • Artes Escénicas e Audiovisuais: Citizen, da Compañía de Teatro Chévere.

2001 - 2010

2010 XXXIII Edición

2009 XXXII Edición

2008 XXXI Edición

2007 XXX Edición

  • Creación literaria: Manuel Rivas por Os libros arden mal.
  • Ensaio e Pensamento: Francisco Sampedro por A violencia excedente.
  • Investigación: Ricardo Gurriarán por Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago 1900-1940.
  • Ciencias e Artes da Representación: Fundación Eugenio Granell.
  • Música: Alalá (programa da TVG).
  • Iniciativas Culturais: Asociación Cultural Xermolo de Guitiriz.
  • Galego Egrexio: Ramón Cacabelos

2006 XXIX Edición

2005 XXVIII Edición

2004 XXVII Edición

2003 XXVI Edición

2002 XXV Edición

2001 XXIV Edición

1991 - 2000

2000 XXIII Edición

1999 XXII Edición

  • Creación literaria: Carlos Casares
  • Ensaio e Pensamento: Ana Santorun Ardone/Marcela Santorun Ardone por Luis Seoane, o alquimista.
  • Investigación: Pilar Rodríguez Suárez
  • Ciencias e Artes da Representación: Virxilio Viéitez
  • Música: Agrupación Musical do Rosal
  • Iniciativas Culturais: Concello de Allariz
  • Galego Egrexio: Milladoiro

1998 XXI Edición

1997 XX Edición

1996 XIX Edición

1995 XVIII Edición

1994 XVII Edición

1993 XVI Edición

1992 XV Edición

1991 XIV Edición

1981 - 1990

1990 XIII Edición

1989 XII Edición

1988 XI Edición

1987 X Edición

1986 IX Edición

  • Creación literaria: Manuel Vilanova por A lenda das árbores de prata
  • Ensaio e Pensamento: Andrés Torres Queiruga.
  • Investigación: Ramón Lorenzo.
  • Ciencias e Artes da Representación: Compañía Luís Seoane.
  • Música: Grupo Universitario de Cámara.
  • Iniciativas Culturais: Cantareliña.

1985 VIII Edición

1984 VII Edición

1983 VI Edición

1982 V Edición

1981 IV Edición

1978 - 1980

1980 III Edición

1979 II Edición

1978 I Edición

Véxase tamén

Ligazóns externas

Biblioteca Galega 120

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.

Bieito Ledo

Bieito Ledo Cabido, nado no lugar de Padroso (Xunqueira de Ambía) o 23 de febreiro de 1944, é un escritor e editor galego. Na actualidade é director de Ir Indo Edicións.

Cadernos da Escola Dramática Galega

Os Cadernos da Escola Dramática Galega (que até o número 54 foron chamados Cuadernos da Escola Dramática Galega) eran unha publicación periódica de textos e materiais teatrais en lingua galega que viu a luz por primeira vez en maio de 1978. Xurdiu como unha iniciativa da Escola Dramática Galega e foi impulsada por Manuel Lourenzo e Francisco Pillado Maior. Continuaron baixo o nome Cadernos de Teatro a partir de 1994.

Charo Portela Yáñez

Charo Portela Yáñez, nada en Pontevedra en 1963, é unha escritora galega.

Cidades

Cidades é un conxunto de 41 poemas escritos por Fran Alonso, publicado por Edicións Xerais de Galicia na Colección Merlín (1996) na primeira edición e na Colección Sopa de Libros (2013) na segunda edición. A obra foi finalista do certame Premio Lazarillo de Literatura Infantil no ano 1996 e gañadora no ano 1997 ao mellor libro do ano dentro da categoría de literatura infantil e xuvenil no certame literario Premio Rañolas e asemade, dedicoúselle unha mención especial nos Premios da Crítica Galicia. É o primeiro libro de literatura infantil escrito polo autor.

Enrique Xavier Macías Alonso

Enrique Xavier Macías Alonso, nado en Vigo en 1958 e finado ibídem o 4 de novembro de 1995, foi un compositor galego.

Grupo Atlántica

O grupo Atlántica foi unha agrupación artística galega, creada en 1980 co propósito de reactivar as artes plásticas en Galiza. O grupo tivo unha curta vida no panorama artístico, realizaron cinco exposicións comisariadas polo colectivo entre 1980 (a primeira delas foi en Baiona) e 1983.

En 1981 recibiu o Premios da Crítica Galicia na categoría de Iniciativas culturais.

Guedellas de seda e liño

Guedellas de seda e liño é unha novela xuvenil de María Victoria Moreno publicada en 1999 pola Editorial Galaxia.

Dedicatoria: “Para o meu mestre don Rafael Lapesa, que gañou con palabras e para as palabras o meu corazón. Para os meus alumnos, que sempre encheron de luz a miña vida”.

A novela recibiu unha mención nos Premios da Crítica Galicia 2000 e unha Mención especial White Ravens 2002.Segundo Montse Pena "Moreno volve situarnos perante un mundo de contrastes: a suavidade da seda fronte á rudeza do liño, ou dito doutro xeito, a felicidade fronte á tristura, o xusto fronte ao inxusto, a bondade contra a maldade, quizais porque teima en nos advertir da futilidade e da diversidade da existencia humana".

Luís García Mañá

Luís Manuel García Mañá, nado en Ourense o 19 de outubro de 1950, é un policía, escritor e político galego.

Manuel Vilanova

Manuel Vilanova Rodríguez, nado en Barbantes (Punxín) en 1944 e finado en Vigo o 5 de marzo de 2019, foi un profesor e escritor galego.

R (telecomunicacións)

R é o nome comercial de R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., unha empresa galega de telecomunicacións. Na actualidade é propiedade da sociedade de risco inglesa CVC Capital Partners. En xullo de 2015 a empresa chegou a un principio de acordo para a súa integración con Euskaltel, valorándose á empresa en 1 155 millóns de euros.

Ramón Lorenzo

Ramón Lorenzo Vázquez, nado en Eirapedriña (Ames) o 16 de setembro de 1935, é un estudoso da lingua galega e da prosa medieval, catedrático de Lingüística e Literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela dende 1981 e membro da RAG desde 1999.

Ricardo Gurriarán

Ricardo Gurriarán Rodríguez, nado no Barco de Valdeorras en 1953, é un historiador galego.

Salvador García-Bodaño

Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 é un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultiva exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. É procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.

Uxío Labarta

Uxío Santiago Labarta Fernández, nado en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1949, é un biólogo, investigador, economista, político e xestor público galego, vinculado ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e ao CSIC.

Xaquín Marín

Xaquín Bieito Marín Formoso, nado en Ferrol o 10 de outubro de 1943, é un debuxante e ilustrador galego.

Xosé Armesto Faginas

Xosé Francisco Armesto Faginas, nado en Tui o 5 de outubro de 1945 e finado en Vigo o 3 de novembro de 2006, foi un escritor e xornalista galego.

Xosé Bar Boo

Xosé Bar Boo, nado en Vigo o 25 de setembro de 1922 e finado en Santiago de Compostela o 21 de febreiro de 1994, foi un arquitecto galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.