Premio de poesía Díaz Jácome

O Certame de poesía Díaz Jácome para novos creadores é un certame de poesía convocado polo Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, co afán de estimular a creación poética entre a mocidade, que se vén realizando dende o ano 1999. Este premio está adicado a Xosé Díaz Jácome, natural de Mondoñedo.

Gañadores

2018: XIX Certame de poesía para novos creadores Díaz Jácome

  • 1º Premio: Berta Dávila Fernández, por Limiar.
  • 2º Premio: Alexandre Fernández Peón, por Crónica bélica da devastación en cinco minutos.
  • 3º Premio: Laura López Esteban, por Renacer.

2014: XIV Certame de poesía para novos creadores Díaz Jácome

  • 1º Premio: Aleixandre Lago Barcala, por Poesías.
  • 2º Premio: Iris Carro González, por A luz agochada entre as sombras.
  • 3º Premio: Alba Sánchez Ares, por Pingas de bángoz.

2013: XIV Certame de poesía para novos creadores Díaz Jácome

  • 1º Premio: Rafa Lobelle, por Da retranca dos teus ollos.
  • 2º Premio: Juan Manuel Castiñeira Ramallo, por Petan na alma silencios.
  • 3º Premio: Andrea Maceiras, por Auga lonxincua.

2012: XIII Certame de poesía para novos creadores Díaz Jácome

  • 1º Premio: Anxo Mena, por Comezando a loita.
  • 2º Premio: Jesús Castro Yáñez, por Paisaxe con afogado.
  • 3º Premio: María Helena López González, por Poñentes.

2011: XII Certame de poesía para novos creadores Díaz Jácome

2010: XI Certame de poesía para novos creadores Díaz Jácome

  • 1º Premio: Xacobo Casal Villares, por Residencia no mar.
  • 2º Premio: Lucía Barrera, por Infinda sonata.
  • 3º Premio: Noelia Martínez, por Vagarosamente inxénua.

2009: X Certame de poesía para novos creadores Díaz Jácome

2008: IX Certame de poesía para novos creadores Díaz Jácome

2007: VIII Certame de poesía para novos creadores Díaz Jácome

  • 1º Premio: Lucía Mosquera Novoa
  • 2º Premio: Noelia Sánchez Conde
  • 3º Premio: Rocío Leira Castro
Alicia Fernández

Alicia Fernández Rodríguez, nada en Escairón (O Saviñao) o 15 de novembro de 1987, é unha poeta galega.

Andrea Maceiras

Andrea Maceiras Lafuente, nada na Coruña o 6 de novembro de 1987, é unha escritora e profesora galega.

Elías Portela

Elías Portela Fernández, nado en Cangas en 1981, é un poeta e tradutor en galego, castelán e islandés, lingua na que publica baixo o pseudónimo de Elías Knörr.

A súa obra baséase nas posibilidades das palabras e na busca dunha inspiración completamente externa ó autor. Adapta nos seus textos imaxes e conceptos poéticos doutros idiomas, entre eles a súa lingua artificial propia, Lwyma.

Rafa Lobelle

Rafael Lobelle González, coñecido como Rafa Lobelle, nado en Vilameá (Chantada) o 16 de outubro de 1988, é un poeta e escritor galego.

Santiago (nome)

Santiago, Xácome ou Xacobe é un nome propio da onomástica galega que provén do hebraico יַעֲקֹב (Ia'akov), que significa (segundo a etimoloxía popular contida na Biblia) "sostido polo calcaño". Xacob foi o nome do patriarca que despois se chamou de Israel. O nome de Santiago ou Xacobe é típico en occidente, no mundo hebraico e no islámico. Iago, Xaime, Tiago e Diego son variantes galegas do nome.

Tamara Andrés

Tamara Andrés Padín, nada en Combarro (Poio) o 8 de agosto de 1992, é unha escritora e tradutora galega.

Xesús Castro Yáñez

Jesús Castro Yáñez, nado en Baltar (A Pastoriza) en 1992, é un poeta galego.

Xosé Daniel Costas

Xosé Daniel Costas Currás, nado en Moaña o 6 de xullo de 1981, é un poeta galego.

Xosé Díaz Jácome

Xosé Díaz Jácome, nado en Mondoñedo o 19 de abril de 1910 e finado na Coruña o 6 de setembro de 1998, foi un xornalista e escritor galego.

Xurxo Martínez

Xurxo Martínez González, nado en Coia (Vigo) en 1984, é un escritor e investigador galego.

Óliver Escobar

Óliver Escobar Rodríguez, nado en Xove o 30 de setembro de 1979, é un poeta e politicólogo galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.