Premio Trasalba

O Premio Trasalba é un galardón anual e de carácter honorífico, que recompensa o labor cultural e galeguista de distintos persoeiros vivos (ou recentisimamente falecidos). Promovido pola Fundación Otero Pedrayo, entrégase ininterrompidamente dende 1983 na casa-museo do escritor Ramón Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro).

Pazo Museo Otero Pedrayo
Casa museo de Otero Pedrayo en Trasalba.

Lista de premiados

Notas

  1. Artigo sobre a entrega do premio 2007[Ligazón morta] a John Rutherford.
  2. "A Coral De Ruada recibirá o Premio Trasalba". Consello da Cultura Galega. 5 de abril de 2018.
  3. "A Fundación Otero Pedrayo premia a Luz Pozo Garza, 'a máis sublime das poetas galegas'". Cultura Galega. 4 de abril de 2019.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Agustín Sixto Seco

Agustín Sixto Seco, nado en Meá (Mugardos) o 3 de decembro de 1926 e finado en Santiago de Compostela o 30 de decembro de 2004, foi un médico e intelectual galeguista.

Antía Cal

Antía Cal Vázquez, nada na Habana o 18 de abril de 1923, é unha pedagoga viguesa.

Augusto Pérez Alberti

Augusto Pérez Alberti, nado en Tortosa o 18 de novembro de 1947, é un xeógrafo galego.

Carlos Baliñas Fernández

Carlos-Amable Baliñas Fernández, nado en Vilarchán (Quireza, Cerdedo-Cotobade) o 16 de decembro de 1930, é un profesor e filósofo galego. É pai do historiador Carlos Baliñas Pérez.

Coral de Ruada

A Coral de Ruada é unha histórica agrupación musical galega con sede en Ourense.

Cristina Pato

Cristina Pato Lorenzo, nada en Ourense o 17 de agosto de 1980, é unha recoñecida gaiteira, compositora e pianista galega.

Francisco Río Barxa

Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo en 1919 e falecido en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.

Isidro Parga Pondal

Isidro Parga Pondal, nado en Laxe o 17 de decembro de 1900 e falecido na Coruña o 4 de maio de 1986, foi un químico galego especializado en xeoloxía. Destacou polos seus estudos en diversos eidos, que foron desde os da xeoquímica de rochas e minerais raros galegos, os areais galegos, o neovolcanismo da península Ibérica e o cartografado xeolóxico.

John Rutherford

John David Rutherford, nado en St Albans (Hertfordshire, Inglaterra) o 1 de xuño de 1941, é un galicianista e hispanista inglés, profesor de lingua e literatura española e lingua e literatura galega, tradutor ao inglés destas linguas, novelista e académico, destacado por ter promovido o coñecemento da cultura galega, especialmente da súa literatura.

Xubilado no 2008, é Profesor Emérito (Emeritus Fellow) de lingua e literatura españolas no Queen's College da Universidade de Oxford.

Ten fonda relación con Ribadeo, de onde dixo 'eu entrei na vida de verdade en Ribadeo'.

Lois Tobío Fernández

Lois Tobío Fernández, nado en Viveiro o 13 de xuño de 1906 e finado en Madrid o 13 de marzo de 2003, foi un diplomático, escritor e tradutor galego. Trala proclamación da Segunda República o 14 de abril de 1931, a sección do seminario que coordinaba Tobío propuxo redactar un Anteproyeito de Estatuto da Galiza, que deu pé ao Estatuto de Galicia de 1936. Traduciu textos de ficción, ensaísticos, filosóficos, políticos e económicos.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Miguel Anxo Araúxo Iglesias

Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar), e falecido o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.

Milladoiro (grupo musical)

Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1979. Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.

Olga Gallego

Olga Gallego Domínguez, nada en Ourense o 8 de decembro de 1923 e finada na mesma cidade o 4 de setembro de 2010, foi unha historiadora galega. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega.

Pura Vázquez

Carmen Pura Vázquez Iglesias, nada en Ourense, no barrio do Polvorín, o 31 de marzo de 1918 e finada na mesma cidade o 25 de xullo de 2006, foi unha poetisa galega. Representante da poesía de posguerra, apostou por unha saída lírica e existencialista fronte a liñas máis combativas. Poetisa en galego e castelán, e irmá da escritora Dora Vázquez, tamén se conta entre as escritoras vencelladas á emigración. Foi a primeira muller que comezou a publicar en galego nos xornais e revistas de Galiza e da emigración tras a guerra civil. Tamén foi unha das pioneiras no eido da literatura infantil e xuvenil.

Ramón Lorenzo

Ramón Lorenzo Vázquez, nado en Eirapedriña (Ames) o 16 de setembro de 1935, é un estudoso da lingua galega e da prosa medieval, catedrático de Lingüística e Literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela dende 1981 e membro da RAG desde 1999.

Xaime Isla Couto

Xaime Isla Couto, tamén coñecido como Xaime Illa Couto, nado en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 1915 e finado en Vigo o 25 de abril de 2012, foi un intelectual e economista galego.

Xaquín Lorenzo

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado en Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo.

Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928, é un ensaísta, membro do CCG e da RAG, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.