Premio San Martiño de normalización lingüística

Os Premios San Martiño de Normalización Lingüística son uns premios convocados anualmente pola Asociación Cultural O Brado da Estrada para premiar a persoas e colectivos que destacan polo seu labor de promoción do idioma galego. Os premios teñen tres categorías: A Estrada e Comarca de Tabeirós-Terra de Montes, Galicia enteira e Toda unha vida.

Premios San Martiño de normalización lingüística
Premios San Martiño de normalización lingüística.

Premiados

Notas

  1. "Resólvense os Premios San Martiño de Normalización Lingüística". Cultura Galega. 2 de novembro de 2017. Consultado o 5 de novembro de 2018.
  2. Pampín, Silvia (26 de outubro de 2018). "Manuel Pereira, Uxía Senlle e Xosé María Lema, Premios San Martiño de Normalización Lingüística". Faro de Vigo. Consultado o 30 de outubro de 2018.
Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Chano Piñeiro

Luciano Manuel Piñeiro Martínez, máis coñecido coma Chano Piñeiro, nado en Forcarei o 12 de outubro de 1954 e finado en Vigo o 21 de marzo de 1995, foi un cineasta galego. Ata os anos 1990 en que empeza a despuntar o cine en galego, Chano Piñeiro foi considerado unanimemente o director galego por excelencia. Encarnou coma ninguén a ansia por facer cine en Galicia e en lingua galega.

Diario Cultural

Diario Cultural é un programa informativo diario que se emite en bloques de mañá, sobremesa e tarde, especializado na cultura que a Radio Galega comezou a emitir en outubro de 1990. Programa decano na información cultural en Galicia, é un dos máis veteranos da radiodifusión galega e da Península Ibérica. O programa, ideado e dirixido desde os seus inicios por Ana Romaní, está conducido por ela e mais Xiana Arias, Belén Regueira e Paula Ribeiro desde setembro de 2018.

Francisco Pillado Mayor

Francisco Pillado Mayor, nado na Coruña o 18 de maio de 1941, é un escritor e persoeiro do mundo do teatro galego.

Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos.

Luís Davila

Luís Davila Malvido, nado en Pontevedra en 1972 e criado en Bueu, é un deseñador gráfico, ilustrador e viñetista galego, coñecido polo seu traballo O Bichero para Faro de Vigo.

Manuel Reimóndez Portela

Manuel Reimóndez Portela, nado en San Miguel de Castro (A Estrada), o 26 de marzo de 1916 e finado na mesma parroquia o 20 de xuño de 1994, foi un médico, escritor e político galego.

Olimpio Arca

Olimpio Arca Caldas, nado en Cuntis en 1928 e finado na Estrada o 25 de novembro de 2014, foi un mestre e escritor galego.

Uxía Senlle

Uxía Domínguez Senlle, nada en Sanguiñeda (Mos), o 19 de novembro de 1962, é unha cantante galega.

Victorino Gutiérrez

Victorino Gutiérrez Aller, nado en Lalín o 3 de abril de 1937, é un notario e escritor galego.

Xoaquín Fernández Leiceaga

Xoaquín María Fernández Leiceaga, nado en Noia o 6 de xaneiro de 1961, é un economista e político galego, voceiro parlamentario do PSdeG-PSOE.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.