Premio Otero Pedrayo

O Premio Otero Pedrayo é un premio honorífico que conceden dende 1977 as deputacións provinciais de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia. Leva o nome de Ramón Otero Pedrayo e recoñece a traxectoria de personalidades que contribuísen a fomentar a cultura galega.

Estrutura

O premio escólleo un xurado onde na actualidade están o presidente da Xunta de Galicia, os presidentes das catro deputacións, o presidente da Comisión de Cultura da Deputación que o convoca (de forma rotatoria, é unha das catro deputacións o que o convoca), o Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, un representante de cada unha das tres universidades galegas, un representante da RAG, outro do Instituto Padre Sarmiento, ademais de cinco persoas independentes designadas pola Xunta, de solvencia científica e literaria.

O galardón en 2018 estaba dotado con 16000 euros.[1]

Premiados

Notas

  1. "Valentín García participa no acto de entrega do Premio Ramón Otero Pedrayo a Margarita Ledo". Consultado o 19 de marzo de 2018.
  2. Deputación de Ourense (ed.). "Os escultores Acisclo Manzano e Manuel Buciños, galardoados co Premio "Otero Pedrayo"". Consultado o 23 de marzo de 2018.
  3. Galicia Confidencial (ed.). "A xornalista Margarita Ledo, primeira muller en recibir o Otero Pedrayo". Consultado o 13 de decembro de 2017.
  4. "A pedagoga Antía Cal e a escritora Mª Xosé Queizán gañan o Premio Otero Pedrayo". Deputación da Coruña. 25 de outubro de 2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Acisclo Manzano

Acisclo Rogelio Manzano Freire, nado en Ourense en 1940, é un escultor galego.

Elixio Rivas Quintas

Elixio Rivas Quintas, nado en Fondo de Vila (A Abeleda, Xunqueira de Ambía) o 31 de agosto de 1925, é un irmán paúl, profesor, lingüista e etnógrafo galego, cun labor salientábel especialmente nos campos da lexicoloxía, a onomástica e a toponimia. É tamén un recoñecido difusor dos valores do Camiño de Santiago.

Francisco Río Barxa

Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo en 1919 e falecido en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.

Fundación Barrié

A Fundación Pedro Barrié de la Maza é unha fundación patrimonial privada, coa finalidade de promover o desenvolvemento e a cultura en Galicia.

Fundación Otero Pedrayo

A Fundación Otero Pedrayo é unha fundación cultural de carácter privado que ten como obxectivo o mantemento e promoción da memoria colectiva sobre o escritor e intelectual ourensan, Ramón Otero Pedrayo, chamado "Patriarca das Letras Galegas", a través das actividades lembradoiras propias dunha fundación destas características, e da custodia da súa Casa-Museo no lugar de Cimadevila, na parroquia de Trasalba, no concello de Amoeiro (Ourense).

Instituto da Lingua Galega

O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971 para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Tivo un papel destacado na elaboración das normas da lingua galega, tanto na súa primeira elaboración, de forma conxunta coa Real Academia Galega, como nas reformas de 1995 e 2004 aprobadas pola RAG .

Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento

O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento é unha institución cultural, constituída o 16 de febreiro de 1944 en Santiago de Compostela, especializada actualmente en estudos científicos sobre arqueoloxía e historia, nomeado en honor ó Padre Sarmiento.

Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos.

Laboratorio de Formas

O Laboratorio de Formas é unha sociedade sen fin de lucro, vencellada ao Grupo Sargadelos e que foi responsábel do deseño e investigación creativa dese grupo económico e artesanal.

Manuel García, Buciños

Manuel García Vázquez, chamado Buciños, nado o 10 de decembro de 1938 en Buciños (Carballedo) é un escultor galego. A vila de orixe deste escultor rematou por configurar o seu nome ata o punto de ser coñecido polo citado topónimo, coma se realmente fose o seu primeiro apelido.

Marcos Valcárcel

Marcos Valcárcel López, nado en Ourense o 3 de marzo de 1958 e falecido na mesma cidade o 5 de decembro de 2010, foi un historiador, xornalista e escritor galego.

Miguel Anxo Araúxo Iglesias

Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar), e falecido o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.

Mosteiro de Santa María de Oseira

O mosteiro de Santa María de Oseira é un mosteiro medieval da parroquia de Oseira, no concello de San Cristovo de Cea. De fundación bieita, ao longo da súa historia tivo unha grande importancia económica e social para a comarca e terras máis afastadas.

Museo Provincial de Pontevedra

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño.

Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928, é un ensaísta, membro do CCG e da RAG, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.

Xosé Fariña Jamardo

Xosé Fariña Jamardo, nado en Caldas de Reis o 26 de abril de 1919 e finado en Madrid o 19 de agosto de 2008, foi un escritor galego. Experto en Administración Local, exerceu como Secretario Xeral en varios concellos e na Deputación de Pontevedra. Publicou numerosos artigos sobre temas literarios e de administración local na prensa de Madrid e de Galicia.

Xosé Trapero Pardo

Xosé Trapero Pardo, nado en Castro de Rei o 29 de setembro de 1900 e finado en Lugo o 10 de outubro de 1995, foi un escritor e xornalista galego.

Xulio Francisco Ogando

Xulio Francisco Ogando Vázquez, nado en Beariz o 11 de decembro de 1913 e falecido en Ourense o 1 de abril de 2005, foi un escritor, académico e dirixente galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.