Premio Nobel de Economía

O Premio do Banco de Suecia en Ciencias Económicas en memoria de Alfred Nobel (en sueco Sverixes Riksbanks pris i ekonomisk vetenskap till Alfred Nobels minne) foi instituído en 1969 polo Banco de Suecia (‘‘Sverixes Riksbank’‘), o máis antigo dos bancos centrais, para celebrar o tricentésimo aniversario da súa fundación.

O premio é xestionado pola Real Academia das Ciencias de Suecia, que o outorga anualmente, entregándose á vez que os premios Nobel (excepto o da Paz). Como nos premios Nobel, non pode repartirse entre máis de tres persoas en cada ocasión. O premio non é sufragado pola Fundación Nobel, senón polo Banco de Suecia, mais a cantidade é a mesma que a atribuída aos premios Nobel.

O premio acostuma ser citado como Premio Nobel de Economía, mais non é exactamente parte dos premios instituídos en 1895 por Alfred Nobel (distribuídos desde 1902), o que dou lugar a unha crecente polémica. Os críticos, entre os que se atopan membros da familia Nobel, consideran que o historial de concesións está nesgado para a economía neoclásica, especialmente a Escola de Chicago, e que o 80% dos premiados son estadounidenses (65%) ou británicos (15%). Alegouse tamén que despois dos primeiros anos non houbo suficientes economistas de mérito como para xustificar a concesión. Outro tipo de críticas procede das ciencias, desde as que se discute o carácter científico dos modelos teóricos desta disciplina.

Lista cronolóxica de premiados

2010 - actual

2019 Abhijit Banerjee, Esther Duflo e Michael Kremer
2018 William Nordhaus e Paul Romer
2017 Richard Tahler, polos seus traballos sobre a psicoloxía e o comportamento dos mercados.
2016 Oliver Hart e Bengt Holmstrom, polos seus traballos sobre a eficacia da redacción de contratos.
2015 Angus Deaton, polas súas análises do consumo, a pobreza e o benestar.
2014 Jean Tirole, polos seus traballos sobre o impacto da información asimétrica na xestión dos regulamentadores do mercado.
2013 Eugene Fama, Lars Peter Hansen e Robert Shiller, polo seu estudo sobre a predición da variabilidade das bolsas ao longo prazo.
2012 Alvin Roth e Lloyd Shapley.
2011 Thomas Sargent e Christopher Sims, polas súas pescudas nas causas e efectos macroeconómicos das variacións nos tipos de xuro.
2010 Peter Diamond, Dale T. Mortensen e Christopher Pissarides.

2000 - 2009

2009 Elinor Ostrom, primeira muller a recibir esta distinción e Oliver Eaton Williamson, polas súas análises sobre o goberno económico e os límites das empresas.
2008 Paul Krugman, pola súa análise dos patróns de comercio e a localización da actividade económica.
2007 Leonid Hurwicz, Eric Maskin e Roger Myerson
2006 Edmund Phelps
2005 Robert J. Aumann e Thomas C. Schelling polas súas achegas á comprensión dos conflitos e a cooperación por medio da análise da teoría de xogos.
2004 Finn E. Kydland e Edward C. Prescott
2003 Robert F. Engle, Clive William John Granger
2002 Danel Kahneman, Vernon Smith
2001 George Akerlof, Michael Spence, Joseph Stiglitz
2000 JamesHeckman, Danel McFadden

1990 - 1999

1999 Robert Mundell
1998 Amartya Sen
1997 Robert C. Merton, Myron Schois
1996 James Mirrlees, William Vickrey
1995 Robert Lucas
1994 Reinhard Selten, John Forbes Nash, John Harsanyi
1993 Robert Fogel, Douglas North
1992 Gary Becker
1991 Ronald Coase
1990 Harry Markowitz, Merton Miller, William Sharpe

1980 - 1989

1989 Trygve Haavelmo
1988 Maurice Allais
1987 Robert Solow
1986 James M. Buchanan
1985 Franco Modigliani
1984 Richard Stone
1983 Gerard Debreu
1982 George Stigler
1981 James Tobin
1980 Lawrence Klein

1969 - 1979

1979 Theodore Schultz, Arthur Lewis
1978 Herbert Simon
1977 Bertil Ohlin, James Meade
1976 Milton Fredman
1975 Leonide Kantorovich, Tjalling Koopmans
1974 Gunnar Myrdal, Friedrich Hayek
1973 Wassily Leontief
1972 John Hicks, Kenneth Arrow
1971 Simon Kuznets
1970 Paul Samuelson
1969 Ragnar Frisch, Jan Tinbergen

Véxase tamén

Ligazóns externas

1999

1999 foi Ano Santo Xacobeo.

Amartya Sen

Amartya Kumar Sen (अमर्त्‍य कुमार सेन), nado o 3 de novembro de 1933 en Shantiniketan, é un economista bengalí, coñecido polos seus traballos sobre os horrores da fame, a teoría do desenvolvemento humano, a economía do benestar e os mecanismos subxacentes da pobreza. Recibiu o Premio Nobel de Economía en 1998 e o Bharat Ratna en 1999 polo seu traballo no campo da matemática económica.

Bertil Ohlin

Bertil Ohlin, nado en Klippan, Kristianstad, Suecia o 23 de abril de 1899 e finado en Estocolmo, Suecia o 3 de agosto de 1979, foi un economista sueco. Gañador do Premio Nobel de Economía en 1977 polas súas achegas teóricas ao comercio e as finanzas internacionais. O seu nome asóciase ao modelo de comercio internacional coñecido como modelo Heckscher-Ohlin.

Foi profesor da universidade de Copenhague e da de Estocolmo. Tamén foi dirixente do Partido Liberal e ministro de Comercio do Goberno sueco en 1944-45. No seu libro "Interregional and international trade" ("Comercio interrexional e internacional"), reelaborou un teorema de Hescksher, que era unha modificación da teoría dos custos comparativos, no que afirmaba que cada nación se especializa na exportación dos bens nos que está mellor dotada desde o punto de vista dos factores de produción utilizados.

Clive Granger

Clive William John Granger, nado o 4 de setembro de 1934 en Swansea e finado o 27 de maio de 2009 en San Diego, foi un economista británico gañador do Premio Nobel de Economía de 2003 canda Robert F. Engle, en recoñecemento polas súas contribucións á análise de series temporais que cambiaron a forma na que os economistas analizan os datos financeiros e macroeconómicos.

Elinor Ostrom

Elinor Ostrom, nada nos Ánxeles (California) o 7 de agosto de 1933 e finada en Bloomington (Indiana) o 12 de xuño de 2012, foi unha politocóloga estadounidense. Foi a primeira muller en gañar un Premio Nobel de Economía, en 2009.

Franco Modigliani

Franco Modigliani, nado en Roma o 18 de xuño de 1918 e finado en Cambridge, Massachusetts o 25 de setembro de 2003, foi un economista italiano, naturalizado estadounidense. Foi galardoado con o Premio Nobel de Economía en 1985.

Gunnar Myrdal

Karl Gunnar Myrdal, nado en Skattungbyn o 6 de decembro de 1898 e finado en Danderyd o 17 de maio de 1987 foi un economista e sociólogo sueco. En 1974, recibiu o Premio Nobel de Economía xunto con Friedrich Hayek por "o seu traballo pioneiro na tería do diñeiro e das flutuacións económicas e pola súa análise penetrante da interdependencia dos fenómenos económicos, sociais e institucionais". É coñecido especialmente nos Estados Unidos polo seu estudo das relacións das razas, que culminaron no seu libro An American Dilemma: The Negro Problem and Modern Democracy. O estudo foi influente na decisión da Corte Suprema dos Estados Unidos de 1954 Brown v. Board of Education. En Suecia, o seu traballo e a súa influencia política foron importantes para o establecemento do Folkhemmet e do estado do benestar.

James M. Buchanan

James McGill Buchanan, nado en Murfreesboro (Tennessee) o 3 de outubro de 1919 e finado en Blacksburg (Virxinia) o 9 de xaneiro de 2013, foi un economista estadounidense.

James Tobin

James Tobin, nado en Champaign, Illinois, o 5 de marzo de 1918 e finado en New Haven o 11 de marzo de 2002, foi un economista keynesiano estadounidense.

Jan Tinbergen

Jan Tinbergen , nado na Haia (Países Baixos) en 1903 e falecido na mesma cidade en 1994, foi un matemático e físico neerlandés galardoado co Premio Nobel de Economía o ano 1969.

John Forbes Nash

John Forbes Nash, Jr., nado en Bluefields (Virxinia Occidental) o 13 de xuño de 1928 e finado en Monroe Township (Nova Jersey) o 23 de maio de 2015 foi un matemático estadounidense que realizou contribucións fundamentais na teoría de xogos, a xeometría diferencial e as ecuacións en derivadas parciais.En 1994 compartiu o Premio Nobel de Economía cos teóricos de xogos Reinhard Selten e John Harsanyi e en 2015 recibiu o premio Abel. A súa loita contra a esquizofrenia é a base da biografía escrita por Sylvia Nasar, A Beautiful Mind, e do filme homónimo protagonizado por Russell Crowe.

Kenneth Arrow

Kenneth Joseph Arrow, nado en Nova York en 1921, é un economista norteamericano, gañador do Premio Nobel de Economía en 1972.

Paul Krugman

Paul Robin Krugman, nado o 28 de febreiro de 1953 en Albany, Nova York, é un economista, divulgador e xornalista norteamericano, próximo ás formulacións neokeynesianos.

Paul Samuelson

FPaul Anthony Samuelson, nado o 15 de maio de 1915 e finado o 13 de decembro de 2009, foi un economista norteamericano que recibiu o Premio Nobel de Economía en 1970.

Richard Stone

John Richard Nicholas Stone, nado o 30 de agosto de 1913 en Londres e falecido o 6 de decembro de 1991 en Cambridge en 1991, foi un economista e profesor universitario inglés que recibiu o Premio Nobel de Economía no ano 1984.

Robert Alexander Mundell

Robert Alexander Mundell, nado o 24 de outubro de 1932, é un economista do Canadá. Foi premiado co Premio Nobel de Economía en 1999.

Theodore Schultz

Theodore William Schultz, nado o 30 de abril de 1902 en Arlington, Dakota do Sur e falecido o 26 de febreiro de 1998, foi un economista estadounidense, gañador do Premio Nobel de Economía en 1979. Foi galardoado con este premio debido ás súas investigacións sobre economía agrícola. Escribiu, entre outros libros, Economic growth and agriculture e Economic crises in world agriculture

William Vickrey

William Spencer Vickrey, nado en Victoria (Columbia Británica o 21 de xuño de 1914 e finado en Harrison (Nova York) o 11 de outubro de 1996 foi un profesor de economía canadense. Vickrey foi galardoado co premio Nobel de Economía en 19966 con James Mirrlees polas súas investigacións na teoría económica dos incentivos baixo información asimétrica, converténdose no primeiro premio Nobel nado na Columbia Británica.

O anuncio do premio tivo lugar xusto tres días antes do seu pasamento. Vickrey faleceu mentres viaxaba a unha conferencia sobre estudos georgistas que el axudara a fundar e á que non faltara en vinte anos. O seu colega do departamento de economía da Universidade de Columbia C. Lowell Harriss aceptou o premio no seu nome. Só hai outros tres casos en que o premio Nobel fose presentado postumamente.

Premios
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.