Premio Nobel da Paz

O Premio Nobel da Paz é un dos cinco premios Nobel instituído polo inventor e industrial sueco Alfred Nobel. Mentres que os de Física, Química, Medicina e Literatura son entregados en Estocolmo, o Premio Nobel da Paz é entregado en Oslo, a capital de Noruega.

Galardoados

2010-2020

2019 Abiy Ahmed
2018 Denis Mukwege e Nadia Murad, pola súa loita contra a violencia sexual en conflitos armados.
2017 Campaña para a Abolición das Armas Nucleares
2016 Juan Manuel Santos
2015 Cuarteto de Diálogo Nacional de Tunisia
2014 Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi
2013 Organización para a Prohibición das Armas Químicas
2012 Unión Europea
2011 Ellen Johnson-Sirleaf, Leymah Gbowee e Tawakkul Karman.
2010 Liu Xiaobo

2000-2009

2009 Barack Obama, presidente de Estados Unidos
2008 Martti Ahtisaari
2007 Al Gore, e o Grupo Intergobernamental sobre o Cambio Climático da ONU
2006 Muhammad Yunus e o Banco Grameen
2005 Axencia Internacional de Enerxía Atómica, Mohamed ElBaradei
2004 Wangari Maathai
2003 Shirin Ebadi, avogada iraniana
2002 Jimmy Carter, ex-presidente de Estados Unidos
2001 ONU, Kofi Annan
2000 Kim Dae-jung

1990-1999

Flickr - Government Press Office (GPO) - THE NOBEL PEACE PRIZE LAUREATES FOR 1994 IN OSLO.
Arafat, Peres e Rabin.
1999 Médicos Sen Fronteiras
1998 John Hume, David Trimble
1997 Campaña Internacional para a Prohibición das Minas Antipersoais (ICBL), Jody Williams
1996 Carlos Filipe Ximenes Belo, José Ramos-Horta
1995 Joseph Rotblat, Pugwash Conferences on Science and World Affairs
1994 Yasser Arafat, Shimon Peres, Isaac Rabin
1993 Nelson Mandela, Frederik Willem de Klerk
1992 Rigoberta Menchú Tum
1991 Aung San Suu Kyi
1990 Mikhail Gorbachev

1980-1989

Dalai Lama & Bishop Tutu. Carey Linde
O Dalai Lama (Nobel 1989) e Desmond Tutu (Nobel 1984) fotografados en Vancouver, Canadá en 2004.
1989 Tenzin Gyatso, décimo cuarto Dalai Lama
1988 Cascos Azuis, Forzas de Paz das Nacións Unidas
1987 Óscar Arias Sánchez
1986 Elie Wiesel
1985 Asociación Internacional de Médicos para a Prevención da Guerra Nuclear
1984 Bispo Desmond Mpilo Tutu
1983 Lech Walesa
1982 Alva Myrdal, Alfonso García Róbeis
1981 Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR)
1980 Adolfo Pérez Esquivel

1970-1979

1979 Tareixa de Calcuta
1978 Mohamede Anwar el-Sadat, Menachem Begin
1977 Amnistía Internacional
1976 Betty Williams, Maireade Corrigan
1975 Andrei Dmitrievich Sakharov
1974 Seán MacBride, Eisaku Sato
1973 Henry A. Kissinger, lle Duc Tho
1972 Destinado ao Fondo
1971 Willy Brandt
1970 Norman Borlaug

1960-1969

1969 Organización Internacional do Traballo (OIT)
1968 René Cassin
1967 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1966 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio
1965 UNICEF
1964 Martin Luther King
1963 Comité Internacional da Cruz Vermella, Liga das Sociedades da Cruz Vermella
1962 Linus Carl Pauling
1961 Dag Hxalmar Agne Carl Hammarskjöld
1960 Albert John Lutuli

1950-1959

1959 Philip J. Noel-Baker
1958 Georges Pire
1957 Lester Bowles Pearson
1956 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1955 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio
1954 Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR)
1953 George Catlett Marshall
1952 Albert Schweitzer
1951 Léon Jouhaux
1950 Ralph Bunche

1940-1949

1949 Lord Boyd Orr
1948 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1947 Friends Service Council (The Quakers), American Friends Service Committee (The Quakers)
1946 Emily Greene Balch, John Raleigh Mott
1945 Cordell Hull
1944 Comité Internacional da Cruz Vermella
1943 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1942 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1941 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1940 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio

1930-1939

1939 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1938 Oficina Internacional Nansen para os Refuxiados
1937 Lord Edgar Alxernon Robert Gascoyne Cecil (vizconde Cecil de Chelwood)
1936 Carlos Saavedra Lamas
1935 Carl von Ossietzky
1934 Arthur Henderson
1933 Sir Norman Angell (Ralph Lane)
1932 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio
1931 Jane Addams, Nicholas Murrai Butler
1930 Lars Olof Nathan Söderblom

1920-1929

1929 Frank Billings Kellogg
1928 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio
1927 Ferdinand Buisson, Ludwig Quidde
1926 Aristide Briand, Gustav Stresemann
1925 Sir Austen Chamberlain, Charles Gates Dawes
1924 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio
1923 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio
1922 Fridtjof Nansen
1921 Karl Hjalmar Branting, Christian Lous Lange
1920 Léon Bourgeois

1910-1919

1919 Thomas Woodrow Wilson
1918 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio
1917 Comité Internacional da Cruz Vermella
1916 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio
1915 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio
1914 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio
1913 Henri La Fontaine
1912 Elihu Root
1911 Tobias Michael Carel Asser, Alfred Hermann Fried
1910 Oficina Internacional pola Paz

1901-1909

1909 Auguste Marie François Beernaert, Paul Henri Benjamin Balluet d'Estournelles, barón de Constant de Rébecque.
1908 Klas Pontus Arnoldson, Fredrik Bajer
1907 Ernesto Teodoro Moneta, Louis Renault
1906 Theodore Roosevelt, Jr.
1905 Bertha von Suttner
1904 Instituto do Dereito Internacional, organización privada destinada ao estudo e desenvolvemento do Dereito internacional.
1903 William Randal Cremer
1902 Élie Ducommun, Charles Albert Gobat
1901 Jean Henri Dunant, Frédéric Passy

Véxase tamén

Ligazóns externas

1937

1937 foi Ano Santo Xacobeo.

Al Gore

Albert Arnold Gore Jr., nado o 31 de marzo de 1948 en Washington, DC, é un político americano que foi vicepresidente da Administración Clinton entre 1993 e 2001. Pertence ao Partido Demócrata. É o gañador do Premio Nobel da Paz de 2007, xunto co Panel Intergubernamental do Cambio Climático. É tamén asesor da empresa Google.

Betty Williams

Betty Williams, nada en Belfast o 22 de maio de 1943, é unha militante pacifista norteirlandesa a favor dos dereitos dos nenos e das mulleres, galardoada co Premio Nobel da Paz en 1976.

Denis Mukwege

Denis Mukengere Mukwege, nado o 1 de marzo de 1955, é un xinecólogo congolés. É o fundador do Hospital Panzi de Bukavu, onde está especializado no tratamento de mulleres que sufriron unha violación en grupo por forzas rebeldes e militares. Mukwege converteuse nun experto mundial na reconstrución interna do dano causado por esta clase de agresións sexuais.Mukwege tratou milleiros de mulleres que foron vítimas de violacións de guerra dende a Segunda Guerra do Congo, algunhas delas máis dunha vez, levando a cabo 10 cirurxías ó día. El ten descrito como as súas pacientes chegan ó hospital, polo xeral en terribles condicións, e algunhas veces até espidas. En 2014 Mukwege foi galardoado co Premio Sakharov da Unión Europea. Un ano antes, en 2013, recibiu o primeiro dos tres nomeamentos para o Premio Nobel da Paz. O 28 de maio de 2015, Mukwege foi honrado como Doutor en Leis pola Universidade Harvard.En 2018 Mukengere e Nadia Murad recibiron xuntos Premio Nobel da Paz polo seu esforzo en erradicar a violencia sexual como arma de guerras en conflitos armados.

Eisaku Satō

Eisaku Satō (佐藤栄作), nado en Tabuse (Kumage, Yamaguchi) o 27 de marzo de 1901 e finado en Toquio o 3 de xuño de 1975, foi un político xaponés, primeiro-ministro de Xapón entre 1964 e 1972. Gañou o Premio Nobel da Paz en 1974.

Ernesto Teodoro Moneta

Ernesto Teodoro Moneta, nado en Milán o 20 de setembro de 1833, e finado o 10 de febreiro de 1918, foi un militante pacifista italiano, distinguido co premio Nobel da Paz en 1907.

Frédéric Passy

Frédéric Passy, nado en París o 20 de maio de 1822 e finado en Neuilly-sur-Seine o 12 de xuño de 1912, foi un economista francés que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1901 xunto con Henri Dunant.

Jimmy Carter

James Earl "Jimmy" Carter, Junior, nado en Plains (Xeorxia) o 1 de outubro de 1924, é un político estadounidense do Partido Demócrata. Foi presidente dos Estados Unidos de América (1977-1981), gobernador do estado de Xeorxia (1971-1975) e senador na Asemblea Xeral de Xeorxia (1962-1966). Carter recibiu o Premio Nobel da Paz en 2002, galardoado polos seus esforzos infatigables para atopar solucións pacíficas aos conflitos internacionais, por impulsar a democracia e os dereitos humanos, e por fomentar o desenvolvemento económico e político dos pobos.

O seu mandato estivo marcado por importantes éxitos en política exterior, como os tratados sobre a Canle de Panamá, os Acordos de paz de Camp David (tratado de paz entre Exipto e Israel), o tratado SALT II coa URSS e o establecemento de relacións diplomáticas coa República Popular da China. En política interior, o seu goberno creou os ministerios de enerxía e educación e reforzou a lexislación sobre protección ambiental.

Desde que abandonou a Casa Branca, dedicouse a un labor de mediación en conflitos internacionais e a pór o seu prestixio ao servizo de causas humanitarias. En 2002, recibiu o Premio Nobel da Paz e distinguiuse en literatura, sendo autor de numerosos libros.

Klas Pontus Arnoldson

Klas Pontus Arnoldson, nado en Gotemburgo o 27 de outubro de 1844 e finado en Estocolmo o 20 de febreiro de 1916, foi un político, xornalista e pacifista sueco, galardoado co premio Nobel da Paz en 1908.

Kofi Annan

Kofi Atta Annan, nado en Kumasi, Ghana, o 8 de abril de 1938 e finado en Berna o 18 de agosto de 2018, foi Secretario Xeral da Organización das Nacións Unidas e laureado co Premio Nobel da Paz no 2001.

Lech Wałęsa

Lech Walesa, nado o 29 de setembro de 1943 en Popowo, é un político polonés.

Lester Bowles Pearson

Lester Bowles "Mike" Pearson, nado en Newtonbrook (Ontario) o 23 de abril de 1897 e finado en Otava o 27 de decembro de 1972, foi o décimo cuarto primeiro ministro do Canadá, tendo gobernado o país entre o 22 de abril de 1963 e o 20 de abril de 1968, ademais ganador do Premio Nobel da Paz en 1957.

Louis Renault

Louis Renault, nado en Autun o 21 de maio de 1843 e falecido en Barbizon o 8 de febreiro de 1918, foi un xurista e educador francés. En 1907, xunto con Ernesto Teodoro Moneta, gañou o Premio Nobel da Paz.

Nathan Söderblom

Lars Olof Nathan Söderblom, nado en Trönö (Suecia) o 15 de xaneiro de 1866 e finado en Uppsala o 12 de xullo de 1931, foi un teólogo e crego luterano sueco, que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1930.

Thomas Woodrow Wilson

Thomas Woodrow Wilson, nado en Staunton (Virxinia) o 28 de decembro de 1856 e finado en Washington, DC o 3 de febreiro de 1924, foi un escritor e político estadounidense, presidente dos Estados Unidos dende 1913 ata 1921.

UNICEF

O Fondo das Nacións Unidas para a Infancia, máis coñecido como UNICEF foi creado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 11 de decembro de 1946 co nome de Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para a Infancia, tiña como misión atender as necesidades dos nenos e nenas na China e Europa tras a Segunda Guerra Mundial e cando a ONU decidiu en 1953 que tivera tempo indefinido mudou o seu nome para o actual. A súa sede central está en Nova York e colabora cos países en desenvolvemento para procurar o benestar infantil. En 1965 foille concedido o Premio Nobel da Paz

Primeiro foi coñecido como UNICEF, acrónimo de United Nations International Children's Emergency Fund (en galego, Fondo Internacional de Urxencia das Nacións Unidas para a Infancia). En 1953, UNICEF convértese en organismo permanente dentro do sistema de Nacións Unidas, encargado de axudar os nenos e protexer os seus dereitos. O seu nome foi reducido a fondo das Nacións Unidas para a Infancia (United Nations Children's Fund), pero mantívose o acrónimo UNICEF polo que é coñecido ata agora.

Outorgóuselle o Premio Nobel da Paz en 1965 e o Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 2006.

Wangari Maathai

Wangari Muta Maathai, nada en Nyeri o 1 de abril de 1940 e finada en Nairobi o 26 de setembro de 2011, foi unha activista medio-ambiental e política kenyana. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 2004 polo seu labor en defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de árbores. Foi a primeira muller africana en recibilo. A doutora Maathai foi membro electa no parlamento e ministra de Medio Ambiente e Recursos Naturais dentro do goberno presidido por Mwai Kibaki até novembro de 2005. O seu último libro foi The Challenge for Africa (Pantheon, Nova York, 2009).

Willy Brandt

Willy Brandt, nado como Herbert Ernst Karl Frahm en Lübeck o 18 de decembro de 1913, e finado o 8 de outubro de 1992 en Bonn, foi un xornalista alemán, e Primeiro Ministro da Alemaña Occidental entre os anos 1969 e 1974.

Premios
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.