Premio Nadal

O Premio Nadal de novela convócase desde 1944 por Ediciones Destino (que desde 1990 pertence ao Grupo Planeta). A súa celebridade radica en que é o premio literario máis antigo que se concede en España e na lista de escritores que mereceron este galardón están importantes figuras da literatura española do século XX.

É interesante sinalar, para evitar continuas confusións, que o premio se convoca ao longo dun ano, pero que se entrega o dia 6 de xaneiro do ano seguinte; así, por exemplo, Elena Quiroga gañou, coa novela Viento del Norte o Premio Nadal 1950, pero este premio foi concedido o 6 de xaneiro de 1951.

A contía do premio en 2018 foi de 18.000 € para o gañador, e de 6.000 € para o finalista, ata que en 2010 se eliminou esta última categoría. Entrégase tratas deliberacións e votacións dun Xurado de 5 membros que se fai público no mes de decembro inmediatamente anterior.

Lista de gañadores

Edición Ano Obra gañadora Autor
74a 2018 Un amor Alejandro Palomas
73a 2017 Media vida Care Santos
72a 2016 La víspera de casi todo Víctor del Árbol
71a 2015 Cabaret Biarritz José C. Vales
70a 2014 La vida era eso Carmen Amoraga
69a 2013 Estaba en el aire Sergio Vila-Sanjuán
68a 2012 El temblor del héroe Álvaro Pombo
67a 2011 Donde nadie te encuentre Alicia Giménez Bartlett
66a 2010 Lo que esconde tu nombre Clara Sánchez
65a 2009 Esperadme en el cielo Maruja Torres
64a 2008 Lo que sé de los vampiros Francisco Casavella
63a 2007 Mercado de espejismos Felipe Benítez Reyes
62a 2006 Llámame Brooklyn Eduardo Lago
61a 2005 Un encargo difícil Pedro Zarraluki
60a 2004 El camino de los ingleses Antonio Soler
59a 2003 Los amigos del crimen perfecto Andrés Trapiello
58a 2002 Los estados carenciales Angela Vallvey
57a 2001 El niño de los coroneles Fernando Marías
56a 2000 El alquimista impaciente Lorenzo Silva
55a 1999 Las historias de Marta y Fernando Gustavo Martín Garzo
54a 1998 Beatriz y los cuerpos celestes Lucía Etxebarría
53a 1997 Quien Carlos Cañeque
52a 1996 Matando dinosaurios con tirachinas Pedro Maestre
51a 1995 Cruzar el Danubio Ignacio Carrión Hernández
50a 1994 Azul Rosa Regás
49a 1993 La razón del mal Rafael Argullol Murgadas
48a 1992 Ciegas esperanzas Alejandro Gándara
47a 1991 Los otros días Alfredo Conde Cid
46a 1989-1990 La soledad era esto Juan José Millás
45a 1988 Retratos de Ambigú Juan Pedro Aparicio
44a 1987 La ocasión Juán José Saer
43a 1986 Balada de Caín Manuel Vicent
42a 1985 Flor de sal Pau Faner Coll
41a 1984 La otra orilla de la droga José de Tomás García
40a 1983 Regocijo en el hombre Salvador García Aguilar
39a 1982 La torre herida por un rayo Fernando Arrabal
38a 1981 Cantiga de aguero Carmen Gómez Ojea
37a 1980 Concerto grosso Juan Ramón Zaragoza
36a 1979 El ingenioso hidalgo Federico García Lorca Carlos Rojas
35a 1978 Narciso Germán Sánchez Espeso
34a 1977 Conversación sobre la guerra José Asenjo Sedano
33a 1976 Lectura insólita de El Capital Raúl Guerra Garrido
32a 1975 Las ninfas Francisco Umbral
31a 1974 Culminación de Montoya Luis Gasulla
30a 1973 El rito José García Blázquez
29a 1972 Grrovy José María Carrascal
28a 1971 El cuajarón José María Requena
27a 1970 Libro de las memorias de las cosas Jesús Fernández Santos
26a 1969 Las hermanas coloradas Francisco García Pavón
25a 1968 Un hombre que se parecía a Orestes Álvaro Cunqueiro
24a 1967 Réquiem por todos nosotros José María Sanjuán
23a 1966 La zancada Vicente Soto
22a 1965 El buen salvaje Eduardo Cabalero Calderón
21a 1964 El miedo y la esperanza Alfredo Martínez Garrido
20a 1963 El día señalado Manuel Mejía Vallejo
19a 1962 Muerte por fusilamiento José María Mendiola
18a 1961 El curso Juan Antonio Payno
17a 1960 Ciegas Hormigas Ramiro Pinilla
16a 1959 Primera Memoria Ana María Matute
15a 1958 No era de los nuestros J. Vidal Cadellans
14a 1957 Entre visillos Carmen Martín Gaite
13a 1956 La frontera de Dios José Luis Martín Descalzo
12a 1955 El Jarama Rafael Sánchez Ferlosio
11a 1954 La muerte sienta bien a Villalobos Francisco Alcántara
10a 1953 Siempre en capilla Luisa Forrellad
9a 1952 Nosotros, los Rivero María Medio Estrada
8a 1951 La noria Luis Romero
7a 1950 Viento del Norte Elena Quiroga
6a 1949 Las últimas horas José Suárez Carreño
5a 1948 Sobre las piedras grises Sebastián Juan Arbó
4a 1947 La sombra del ciprés es alargada Miguel Delibes
3a 1946 Un hombre José María Gironella
2a 1945 La luna ha entrado en casa José Félix Tapia
1a 1944 Nada Carmen Laforet

Véxase tamén

Ligazóns externas

6 de xaneiro

O 6 de xaneiro é o sexto día do ano do calendario gregoriano. Quedan 359 días para rematar o ano e 360 nos anos bisestos.

Alfredo Conde

Alfredo Conde Cid, nado en Allariz o 6 de xaneiro de 1945, é un escritor e político galego en lingua galega e máis tarde exclusivamente en lingua castelá.

Ana María Matute

Ana María Matute Ausejo, nada en Barcelona o 26 de xullo de 1925 e finada na mesma cidade o 25 de xuño de 2014, é unha novelista catalá en lingua castelá. Obtivo o Premio Nacional de Literatura así como tamén o Premio Cervantes, o Premio Nadal, e o Premio Lazarillo. Ex profesora e escritora visitante das universidades de Oklahoma, Indiana e Virxinia. Unha das voces máis persoais e illadas da literatura española e considerada a mellor novelista da posguerra civil[Cómpre referencia]. Foi galardoada case co máximo que as letras hispanas concederon a unha muller.

Carmen Laforet

Carmen Laforet Díaz, nada en Barcelona o 6 de setembro de 1921, e finada en Majadahonda, Madrid o 28 de febreiro de 2004, foi unha escritora española.

Carmen Martín Gaite

Carmen Martín Gaite, nada en Salamanca, o 8 de decembro de 1925 e falecida en Madrid o 23 de xullo de 2000, foi unha escritora española. Recibiu, entre outros, o Premio Nadal e o Premio Príncipe de Asturias das Letras.

Dolores Medio

María Dolores Medio Estrada, nada en Oviedo o 16 de decembro de 1911 e finada na mesma cidade en 1996, foi unha escritora asturiana en lingua castelá. Das súas obras defuma unha representación pesimista do mundo, mais tamén teñen uns aires costumistas cunha marcada orientación social.

Ediciones Destino

Ediciones Destino é unha editorial española con sede en Barcelona, pertencente ao Grupo Planeta, que publica obras en castelán e catalán. Foi fundada en 1942 por Josep Vergés i Matas, propietario e editor da revista Destino, e Joan Teixidor.

Elena Quiroga

Elena Quiroga de Abarca, nada en Santander o 26 de outubro de 1921, e finada na Coruña o 3 de outubro de 1995, foi unha escritora española de orixe galega, membro da Real Academia Española. Nas súas obras, aínda que sempre escritas en lingua castelá, refléctese a pegada o amor por Galicia.

Fernando Arrabal

Fernado Arrabal, nado en Melilla o 11 de agosto de 1932, é un escritor e autor teatral español ligado a Francia.

Francisco Umbral

Francisco Umbral, nado en Madrid o 11 de maio de 1932 e falecido en Boadilla del Monte (Madrid) o 28 de agosto de 2007, chamado en realidade Francisco Pérez Martínez, foi un xornalista, novelista, biógrafo e ensaísta español.

Gustavo Martín Garzo

Gustavo Martín Garzo, nado en Valladolid en 1948, é un escritor español.

Licenciado en Filosofía e Letras na especialidade de Psicoloxía, fundou as revistas literarias Un ángel más e El signo del gorrión. Tamén ten publicado artigos en xornais e outros medios de comunicación.

José María Gironella

José María Gironella, nado en Darnius (Xirona) en 1917 e finado en Arneys de Mar (Barcelona) en 2003, foi un escritor español.

Juan José Millás

Juan José Millás, nado en Valencia o 31 de xaneiro de 1946, é un escritor e xornalista español.

Lucía Etxebarria

Lucía Etxebarria de Asteinza, nada en Valencia o 7 de decembro de 1966, é unha escritora española.

Maruja Torres

Maria Dolors Torres Manzanera, coñecida como Maruja Torres, nada o 16 de marzo de 1943 en Barcelona, é unha xornalista e escritora catalá.

Miguel Delibes

Miguel Delibes Setién, nado en Valladolid o 17 de outubro de 1920 e finado en Valladolid o 12 de marzo de 2010, foi un escritor de novelas, xornalista español e membro da Real Academia Española.

Rafael Sánchez Ferlosio

Rafael Sánchez Ferlosio, nado en Roma (Italia) o 4 de decembro de 1927 e finado en Madrid o 1 de abril de 2019, foi un escritor español, Premio Cervantes no 2004 e Premio Nacional das Letras Españolas no 2009. A súa obra máis coñecida é El Jarama (1955), manifestación eminente da estética do realismo.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965. Investírono doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e recibiu o Pedrón de Ouro no mesmo ano. Tamén en 1980 apareceu o I volume da súa Obra completa, e postumamente os volumes II (1982) e III (1983). En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ao longo da súa vida chegou a usar os seguintes pseudónimos: Al Farish ibn Iaquim Al Galizi, Álvaro Labrada, Ariel García, Benito Moirón, Carlos Sobrado, Cristóbal Xordán, M. Mª Seoane, Manuel da Fonte, Mark Tapley, Patricio Mindonio, Patricio Mor, X. Berenguer, Xusto Cabarcos, Filón o Mozo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.