Premio Lois Peña Novo

Os premios Lois Peña Novo son galardóns concedidos anualmente pola fundación homónima. O obxectivo dos premios é recoñecer o labor de persoas, entidades ou empresas que traballan a prol da lingua galega no ámbito das administracións públicas. Levan o nome do político e escritor chairego Lois Peña Novo (1893–1967), que foi elixido concelleiro na Coruña en 1920, e foi secretario dos municipios de Vigo, Sada e Lugo.

Premios Lois Peña Novo 2016
Os galardoados na entrega dos premios en 2016.

Galardoados

Ano Concedido a
1995 Policía local de Moaña Concello de Soutomaior Xermán García Cancela e Carlos Díaz Abraira Xulgado do Social nº 2 de Pontevedra Funcionarios do Xulgado de Instrución nº 5 de Vigo
1996 Revista informativa de Policía Local da Coruña Concello de Fene Colectivo de funcionarios do Xulgado de Primeira Instancia nº 8 de Vigo Servizo de Normalización lingüística da Universidade de Santiago
1997 Funcionarios do Concello de Vigo Brigada da Policía científica da Comisaría de Vigo-Redondela Xoaquín Monteagudo Romero Pedro Benavente Jareño
1998 Xosé Antón Gómez Segade Daniel García Ramos (a título póstumo) Concello de Santiago de Compostela Victorino Gutiérrez Aller Luis Rodríguez Ennes e Luisa Blanco Rodríguez
1999 Fernando Tato Plaza Concello de Celanova Benito Montero Prego
2000 Xosé Xoán Barreiro Prado, Luciano Varela Castro e Xoán Manuel Alfaya Ocampo Miguel Ángel González Trigás Concello de Allariz Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
2001 Carlos Varela García Instituto da Lingua Galega Concello de Muros Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional
2002 Paula Soto Viñas, Alberto Carballo Acuña, Daniel Macenlle Díaz e Marta Souto González Concello de Narón Camilo Fernández Valdeorras Rosalino Julián González Serodio Sistema de tradución automática Español-Galego (ES-GA) do Centro Ramón Piñeiro
2003 Ana López-Suevos Fraguela Grupo Academia Postal Concello de Rianxo
2004 Consello de Avogacía Galega Carlos González Horro Concello de Lugo
2005 Pablo Vaamonde García Concello de Cambados Proxecto Terra do Colexio de Arquitectos de Galicia
2006 Xulgados n. 1 e 2 de Primeira Instancia e instrución de Lalín Luis García Mañá Empresa R de telecomunicacións
2007 Antón Seoane-Pampín Montenegro Consultora Galega Gonzalo Navaza e Concello de Catoira
2008 Xesús Ferro Ruibal Manuel Pereira Costas Concello de Vilar de Santos
2009 Emilio González Fernández Hijos de J. Barreras, S.A. Concello da Estrada
2010 Ramón Lorenzo Vázquez Foro Avogados Lugo S.C.P. Concello de Burela
2011 Alba Nogueira López Xosé Rodríguez Cruz Concello de Ames
2012 Luís Villares Naveira Gonzalo Amoedo López Dicionario Xurídico Galego
2013 Clodio González Pérez Colexio Oficial de Avogados de Santiago de Compostela Concello de Valga
2014 Jorge Mira Dalila Dopazo Blanco Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
2015 Ángel Carracedo Álvarez Ricardo Gurriarán Rodríguez Consuelo Castro Rey
2016 Francisco Díaz-Fierros Viqueira Xosé Manuel Cid Fernández Concello de Brión
2017 Sandra Piñeiro Vilas Xurxo Mariño Alfonso Asociación Cultural e Pedagóxica "Ponte nas Ondas"
2018 María Xosé Queizán Manuel González González Xesús Costas Abreu
2019 Manuel Bermejo Patiño Paz Filgueira Paz Carlos Salgado López

Véxase tamén

Ligazóns externas

Brión

Brión é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Carlos Varela García

Carlos Varela García, nado no Carballiño o 22 de abril de 1956, é un xurista galego.

Clodio González Pérez

Clodio González Pérez, nado en Cenlle o 16 de setembro de 1947, é un mestre (xubilado), etnógrafo, historiador e conferenciante galego, membro correspondente da Real Academia Galega, Cronista Oficial do concello de Cenlle, de abundante produción humanística.

Emilio González Fernández

Emilio González Fernández, nado en Santiago de Compostela o 17 de abril de 1943, é un psiquiatra e escritor galego.

Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.

Gonzalo Navaza

Gonzalo Ramón Navaza Blanco, nado en Lalín o 28 de febreiro de 1957, é un escritor galego, tradutor, estudoso da toponimia, actor de teatro e profesor titular de literatura na Universidade de Vigo. Actualmente vive en Peitieiros (Gondomar).

Jorge Mira

Jorge Mira Pérez, nado o 30 de outubro de 1968 na parroquia de Baio (Zas), é un físico, investigador, divulgador científico e colaborador en diferentes medios de comunicación galego. Dende decembro de 2016, é membro correspondente da Real Academia Galega polas súas investigacións desenvolvendo modelos matemáticos para estudar a lingua galega.

Luís Villares

Luís Villares Naveira, nado en Lugo o 8 de agosto de 1978, é un xuíz e político galego de En Marea e portavoz do seu grupo parlamentario.

Manuel González González

Manuel González González, nado en Beba (Mazaricos) o 25 de outubro de 1951, é catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Pablo Vaamonde

Pablo Vaamonde García, nado na Baña en 1956, é un médico galego.

Pedro Benavente

Pedro Ignacio Benavente Jareño, nado en Sabiñánigo (provincia de Huesca) o 31 de xullo de 1950, é un veterinario e escritor galego.

Ramón Lorenzo

Ramón Lorenzo Vázquez, nado en Eirapedriña (Ames) o 16 de setembro de 1935, é un estudoso da lingua galega e da prosa medieval, catedrático de Lingüística e Literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela dende 1981 e membro da RAG desde 1999.

Ricardo Gurriarán

Ricardo Gurriarán Rodríguez, nado no Barco de Valdeorras en 1953, é un historiador galego.

Victorino Gutiérrez

Victorino Gutiérrez Aller, nado en Lalín o 3 de abril de 1937, é un notario e escritor galego.

Xesús Ferro Ruibal

Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón (Moraña) o 28 de setembro de 1944, é un lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.

Xosé Barreiro Prado

Xosé Xoán Barreiro Prado, nado en Foz en 1958, é un maxistrado galego.

Xosé Manuel Cid

Xosé Manuel Cid Fernández, nado en Morgade (Xinzo de Limia) o 14 de maio de 1957, é un pedagogo galego.

Xurxo Mariño

Xurxo Mariño Alfonso, nado en Lugo en 1969, é biólogo, doutor en Ciencias Biolóxicas con especialización en neurofisioloxía pola Universidade de Santiago, profesor na Universidade da Coruña, escritor e divulgador científico en España.

Ángel Carracedo

Ángel María Carracedo Álvarez, tamén coñecido como Anxo Carracedo, nado en Santa Comba o 12 de novembro de 1955, é un Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.