Premio Leopardo das Neves

Alcume que se lles dá aos titulares da medalla de honra de “Conquistador dos cumios máis altos da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas”, ou, logo da súa desaprición, das repúblicas que a conformaban. Os montes que o forman son:

  • Comunismo: 7495 m.
  • Pobeda: 7439 m.
  • Lenin: 7134 m.
  • Ghorsenevscaia: 7105 m.
  • Ghan Tegri: 7010 m.

Ao comezo, só pertencían a esta categoría os catro primeiros, pero as tensións políticas entre a URSS e China fixeron inviábel a escalada do Pobeda, e o Ghan Tegri substituíuno.

Chus Lago é a única muller que os escalou todos.

Monte Ismail Samani

O Monte Ismail Samani (en taxico Qullai Ismoili Somoni) é a montaña máis elevada de Taxiquistán, situada no Pamir, identificada por expedicións científicas soviéticas en 1932 foi denominado Monte Stalin, en 1962 o nome foi mudado a Monte Comunismo e en 1998, coa caída da Unión Soviética, ao seu actual nome.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.