Premio Galicia en Feminino

Os premios Galicia en Feminino, promovidos pola Consellaría de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia, foron uns galardóns que recoñecían o labor de profesionais e colectivos a favor da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Os premios foron creados no ano 2001 polo Servizo Galego de Promoción de Igualdade do Home e da Muller mediante resolución de 14 de febreiro de 2001[1]. En 2004 modificáronse as bases mediante resolución de 30 de xaneiro de 2004 para darlle unha maior significación e realce aos mesmos, destacando o labor e o esforzo das mulleres galegas na consecución da igualdade de xénero.[2]

Os premios Galicia en Feminino entregáronse anualmente o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Así os definía Manuel Fraga:

Modalidades

As modalidades convocadas para os premios Galicia en Feminino, cando se creou o premio en 2001, foron:

  • Premio á participación laboral das mulleres.
  • Premio á difusión de imaxe non discriminatoria das mulleres.
  • Premio á participación artístico-cultural das mulleres.
  • Premio á participación social das mulleres.
  • Distinción honorífica pola defensa da igualdade.


A partir de 2004, as modalidades convocadas para os premios Galicia en Feminino, foron as seguintes:[2]

  • Premio Galicia en Feminino: para a figura feminina ou a entidade, asociación, etc. que realizase a actuación máis salientable na consecución da igualdade de oportunidades das mulleres galegas no ano inmediatamente anterior ó da súa convocatoria
  • Premio Galicia en Feminino de participación: para persoas individuais ou entidades, asociacións, etc., das que fora salientable o seu labor nos eidos político, social ou profesional.
  • Premio Galicia en Feminino de cooperación: para persoas individuais ou entidades, asociacións, empresas, clubs deportivos, etc. que se significasen polas súas accións a favor da igualdade de oportunidades para as mulleres galegas.
  • Premio Galicia en Feminino de creación: para unha muller ou grupo de mulleres en recoñecemento do seu labor creativo nos eidos artístico, científico, cultural e divulgador en Galicia.
  • Premio Galicia en Feminino de comunicación: para persoas individuais, colectivos ou empresas, de orixe galega, ou que desenvolvesen o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia.

Galardoadas

Ano 2001

  • Premio á difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres: Marina Mayoral, escritora, profesora e ensaísta.[3]
  • Premio á participación artístico-cultural das mulleres: grupo Leilía[3]
  • Premio á participación laboral das mulleres: Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra (APEC)[3]
  • Premio á participación social das mulleres: Rosa Otero, presidenta da Asociación Antonio Noche, da Coruña.[3]
  • Premio honorífico pola defensa da igualdade: Natividad Marcotegui, directora do Centro Vagalume, de Santiago.[3]

Ano 2002

  • Premio á difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres: Ángela Rodicio, xornalista.[4]
  • Premio á participación laboral das mulleres: María José Jove, vicepresidenta de Fadesa.[6]

Ano 2003

  • Premio á participación laboral das mulleres: Asociación de Mariscadoras Areal, presidenta Dolores Bermúdez.
  • Premio á participación social das mulleres: María Teresa Fernández Cabaleiro, presidenta da Asociación Juan XXIII. [7]
  • Premio honorífico pola defensa da igualdade: Manuela López Besteiro, ex conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Ano 2004

  • Premio de cooperación: Carmen Colmenero, presidenta de Cruz Vermella Galicia.[8]
  • Premio de comunicación: Marisa Real, directora de Club Faro de Vigo.[8]

Ano 2005

  • Premio de cooperación: Irene Cuervo, mestra directora do Centro de Día Ó Mencer, de Ferrol.[9]

Notas

  1. "Resolución do DOG nº 38 do 22/02/2001 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-04-02.
  2. 2,0 2,1 "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-03-16.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Premian a una asociación local por su lucha contra la discriminación de género". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-03-08. Consultado o 2019-03-17.
  4. 4,0 4,1 "En femenino plural para todo el público". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-03-08. Consultado o 2019-03-16.
  5. "Luz Pozo Garza, premiada como símbolo de la participación cultural de la mujer". webcache.googleusercontent.com. Consultado o 2019-03-16.
  6. "Fallece de forma repentina María José Jove, vicepresidenta de la inmobiliaria Fadesa". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-03-23. Consultado o 2019-03-17.
  7. "Xornal Vigo: Alfonso Zulueta y María Teresa Fernández, galardonados con el I Premio a la Solidaridad". xornal.vigo.org. Consultado o 2019-03-16.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 E.PÉREZ/. "Ana Pastor y Kina Fernández galardonadas con los Premios Galicia en Femenino 2004 | Galicia | Galicia - Abc.es". ABC (en castelán). Consultado o 2019-03-15.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 "Una ferrolana, mujer del año". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-03-09. Consultado o 2019-03-17.
Blanca García Montenegro

Blanca García Montenegro, nada en Lugo en 1960, é unha empresaria galega, presidenta do grupo de comunicación El Progreso.

Carmela Arias

Carmela Arias Díaz de Rábago, nada na Coruña o 20 de febreiro de 1920 e falecida na mesma cidade o 27 de outubro de 2009, foi unha empresaria galega, presidenta da Fundación Barrié de la Maza.

Carmen Avendaño

Carmen Avendaño Otero, nada en Lavadores (Vigo) o 21 de novembro de 1954, é unha muller coñecida pola súa loita contra o narcotráfico en Galicia; presidenta e coordinadora da fundación Érguete-Integración.

Mariana Carballal

Mariana Fernández Pérez, nada en Albarellos (Monterrei) o 10 de febreiro de 1962, é unha actriz e directora galega, máis coñecida como Mariana Carballal.

Ángela Rodicio

Ángela Rodicio, sinatura profesional de Ángela Rodríguez González, nada en San Cristovo de Regodeigón, Ribadavia, en 1963, é unha xornalista e escritora galega en lingua castelá, coñecida maiormente por ser correspondente estranxeira en zonas de conflito.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.