Premio Cultura Galega das Artes Escénicas

O Premio Cultura Galega das Artes Escénicas é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas que destacasen nese ano polo seu labor no eido das "artes escénicas galegas ou [da] traslación en imaxes e son de creacións narrativas galegas"[1]. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.

Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición[2]. A diferenza do anterior, concedido a Manuel Lourenzo, este premio non ten dotación económica.

Premiados

Notas

  1. Convocatoria dos premios, publicada no Diario Oficial de Galicia, 5/10/2010.
  2. A Xunta crea os Premios da Cultura Galega Arquivado 24 de novembro de 2010 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 5/10/2010.
  3. O xurado dos Premios da Cultura Galega 2012 outorga sete galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural
  4. O xurado dos Premios da Cultura Galega 2013 outorga oito galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural
  5. Premios da Cultura Galega 2014
  6. "Premios da Cultura Galega 2018". cultura.gal. Consultado o 16/12/2018.
Cándido Pazó

Cándido Pazó González, nado en Vigo en 1960, é un autor, director de escena, narrador oral, e actor galego.

Eduardo Alonso

Eduardo Alonso Rodríguez, nado en Vigo o 28 de maio de 1948, é un director teatral galego.

Grupo de Teatro Airiños

O Grupo de Teatro Airiños é unha compañía afeccionada de teatro da parroquia de Asados (Rianxo), sendo a compañía de teatro máis veterana das actuais galegas.

Premio Nacional de Artes escénicas

O Premio Nacional de Artes escénicas foi un galardón outorgado pola Xunta de Galicia e concedido por un xurado de quince persoas de distintos ámbitos da cultura galega, como un dos dez Premios Nacionais da Cultura Galega.

Os premios concedéronse a creadores vivos que destacasen ese ano polo seu labor neste campo artístico do teatro e disciplinas relacionadas, ou en recoñecemento a unha traxectoria. O premio convocouse unicamente en 2008, edición en que os galardoados recibiron 15.000 euros de premio.

Aínda que con vocación de continuidade, a mudanza de goberno producida en 2009 supuxo a interrupción da convocatoria. Ao creárense en 2010 os Premios da Cultura Galega definiuse como continuadora a categoría Premio Cultura Galega das Artes Escénicas.

Premios da Cultura Galega

Os Premios da Cultura Galega son uns galardóns concedidos pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas que destacasen nese ano polo seu labor en diversos campos artísticos. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.

Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición. A diferenza dos anteriores, os premios non teñen dotación económica.

Quico Cadaval

Francisco Cadaval Ayaso, máis coñecido por Quico Cadaval, nado en Ribeira o 27 de marzo de 1960, é un actor, director, adaptador teatral e o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia na década dos noventa.

Sarabela Teatro

Sarabela Teatro é unha compañía teatral fundada en 1980 por Ánxeles Cuña. Entre os seus integrantes ao longo do tempo estiveron, ademais da propia directora, Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Suso Díaz Seoane, Tito Asorey e Nate Borrajo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.